un rio.Xeneralidades

0 %
100 %
Information about un rio.Xeneralidades

Published on March 8, 2014

Author: joselopezmourenza

Source: slideshare.net

OS RÍOS

Un río é unha corrente permanente de auga que discorre por un leito fixo. Os ríos desembocan ou verten as súas augas no mar, completando o ciclo da auga na biosfera. Algúns desembocan en lagoas, ou noutro río (afluentes).

Xeralmente os ríos están organizados en redes. afluentes río principal

DOIRAS ou TORRENTES: cursos de auga temporais mentres duran as choivas.

REGATOS, REGOS, REGUEIROS: ríos de pouco caudal.

O nacemento dos ríos é o lugar onde se orixinan. Sempre é o seu punto mái alto. Nacen nunha fonte, das augas resultantes de derreterse o xeo dos glaciares, en lagos ou en terreos lamaguentos. nacentes CURSO ALTO: zona próxima ao nacemento, nas rexións montañosas. As augas descenden rapidamente. CURSO MEDIO: de discorrer máis lento ao atravesar terreos máis chans. O leito é a longa ou estreita canle excavada polo río e por onde circula a súa auga. O curso é o percorrido do río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. CURSO BAIXO: próximo á desembocadura, sen apenas corrente. DESEMBOCADURA

MANANCIAIS: lugares onde a auga infiltrada abrolla á superficie.

Curso alto. Río Xesta.

Curso Medio. Río Conso.

Curso baixo. Río Tines.

A CUNCA FLUVIAL é o conxunto dos terreos que verten as augas nun río. Distínguense das adxacentes pola liña divisoria de augas. A un lado e outro da mesma, as augas van parar a un ou a outro río. As cuncas levan o nome do río. A VERTENTE HIDROGRÁFICA é o conxunto de cuncas que verten as súas augas a un mesmo mar (Cantábrica, Atlántica...).

VERTENTES GALEGAS

O CAUDAL dun río é a cantidade ou volume de auga que pasa por un punto determinado nun segundo. Exprésase en m3 por segundo (m3/s). Para coñecer o aforo ou realizar a medición do caudal dun río, cómpre calcular a área da súa sección transversal e a velocidade media da corrente.

O caudal medio diario é o volume de auga desprazado nun segundo durante as 24 horas do día. Cos caudais medios diarios dos 365 días do ano pódese coñecer o caudal medio anual ou módulo do río.

Para medir a velocidade emprégase un aparello chamado molinete ou correntómetro que se introduce no río a pequenos intervalos, de xeito que se poida coñecer a velocidade nun grande número de puntos distribuídos regularmente en forma de rede en toda a sección transversal.

Os ríos máis grandes do mundo 1-Amazonas 2-Nilo 3-Río Azul 4-Huang He (Amarelo) 5-Paraná 6-Congo 7-Lena 8-Mackenzie 9-Níxer 10-Ienisei 11-Mekong 12-13-Missisippi 14-Obi 15-Volga 18-Indo 19-Amur 21-Murray

O río Amazonas é máis longo (6.800 km), máis caudaloso (118.860 m3/s) e coa conca máis extensa do mundo (7.050.000 km² ), con máis de 1.000 afluentes

O río máis longo de Galicia é o Miño (307,5 km). O Miño en Tui.

O Sil é o río máis caudaloso de Galicia. Río Sil entre A Rúa e Petín.

Os ríos presentan ás veces subidas extraordinarias das augas, son crecidas (enchentas) e baixadas anormais de caudal (estiaxes). Variacións de caudal no Sil.

Enchenta no Umia

RÉXIME : variacións do caudal dun río ao longo do ano e os fenómenos relativos á súa alimentación. Pode ser: regular ou irregular, pluvial ou nival DEPENDE DE: -relevo -mananciais da conca -clima -natureza dos terreos -vexetación -acción do ser humano

O TRABALLO XEOLÓXICO DOS RÍOS Os ríos son importantes axentes do modelado terrestre e os principais transportadores de materiais desde as terras aos océanos. Realizan tres accións interrelacionadas: a erosión, o transporte e a sedimentación.

A EROSIÓN orixinada polas correntes é o desgaste e remoción dos materiais do leito do río. É máis forte no curso alto. Erosión lineal: profundizando no leito Erosión areolar: desgaste das ladeiras do val. Nas cabeceiras dos ríos a erosión é remontante (cara atrás).

A forza da auga en movemento pode arrastrar area, grava fina e arxila. As pedras vanse desfacendo por abrasión ( rozan contra o fondo e as ladeiras) e por procesos químicos.

RÁPIDOS Fórmanse cando a inclinación da pendente pola que discorre o río é moi pronunciada e o río corre con moita velocidade.

Nos rápidos dos ríos de montaña, polo efecto da abrasión fórmanse pozas, pilacóns ou marmitas de xigante , ocos máis ou menos cilíndricos de distintas dimensións. En moitos deles adoita atoparse unha pedra case esférica que, empurrada pola corrente en espiral que se produce na poza xira producindo o desgaste da rocha.

Pozas ou olas Ola do Pombar. Río Quiroga.

Pozo sangoento. Río Seixo, afluente do Lérez.

Río Belelle

CANÓNS: fórmanse cando o río atravesa un terreo duro e se encaixa. Canón do Eume

Canón do Sil

Canón do Miño. As Neves.

FERVENZAS, CATARATAS.... Fórmanse cando o río atopa unha ruptura de pendentes cunha diferencia de nivel moi grande e a auga cae en vertical. A forza erosiva das fervenzas é moi grande. Dependendo da natureza do terreo desprázase cara atrás con maior ou menor velocidade.

ETAPAS DA EVOLUCIÓN DUNHA FERVENZA ORIXE DAS FERVENZAS Falla no percorrido do río Diferencia de capacidade erosiva entre o curso principal e un afluente. Distinta resistencia dos materiais

ETAPAS DA EVOLUCIÓN DUNHA FERVENZA ETAPAS DA EVOLUCIÓN DUNHA FERVENZA

A catarata máis alta do mundo é o salto Anxo en Venezuela (980 m).

A catarata máis ancha do mundo é a Victoria, no río Zambeze en África (ZambiaZimbabue) (1,7 km de ancho e 108 m de alto ).

A catarata máis caudalosa do mundo é a Khone, no río Mekong (Laos), con 11.300 m3/s).

Catarata de Iguazú (Anxentina-Brasil). Cun caudal de 1.744 m3/s Formada por 275 saltos de hasta 80 m de altura.

En Galicia as fervenzas tamén se chaman cadoiros, cachóns, abanqueiros, cachoeiras, ruxidas, saltos, caeiras, freixas... A fervenza máis alta de Galicia é o salto do Cenza, un afluente do Bibei, em Vilariño de Conso.

Cadoiro do Toxa Seimeira de Vilagocende

O TRANSPORTE é o movemento dos materiais erosionados. As areas grosas, gravas e coios son arrastrados polo fondo. A area miúda e o barro son transportados en suspensión e os sales resultantes da descomposición das rochas van disoltos na auga. Río con minerais de ferro. A Pobra do Brollón.

A SEDIMENTACIÓN é a acumulación progresiva dos materiais transportados no leito do río, sobre o leito de inundación e na desembocadura do río.

No curso medio diminúe a pendente, anchea a canle e o val vai collendo forma de artesa. As augas circulan con menor velocidade, polo que diminúe a acción erosiva e de arrastre. O leito do río vaise enchendo con materiais máis grandes (coios, gravas e na parte final areas) que se depositan.

O Miño en Ourense

Praia no Umia

O acumulamento de sedimentos pode producir situacións de inestabilidade que fagan que o río modifique o seu curso e excave novas canles nos propios sedimentos. Fórmanse meandros, e se as curvas se van acentuando poden chegar a intercomunicarse e formar lagoas (estrangulación).

No curso baixo, preto da desembocadura, a pendente é escasa, a auga perde velocidade e non pode arrastrar os materiais. Predomina a sedimentación. Os depósitos de aluvións preséntanse ás veces escalonados a ámbalas partes da canle do río formando terrazas fluviais. Estas orixináronse debido aos cambios do nivel da auga e a erosión sobre o leito anterior. Terrazas fluviais no Umia

Cando os sedimentos se depositan no centro e ao longo do leito forman barras, que poden dar lugar a illas. Esteiro do Miño

Se a desembocadura do río ten lugar en mares abertos ou zonas de correntes, fórmanse esteiros, amplos espazos nos que os sedimentos non sobresaen da auga porque o mar arrástraos.

Esteiro do Ulla.

Esteiro do Umia

Esteiro do Tambre

Barras no esteiro do Miño.

Barra en Esteiro (Muros).

En mares pechados e de escasa corrente os materiais acumúlanse na desembocadura ata case taponala. O río vese obrigado a abrirse paso por entre os materiais depositados por distintos brazos, formando así illas denominadas deltas . Delta do Nilo Delta do Ebro

Delta mareal do Umia.

HISTORIA DA VIDA DUN RÍO Fase inicial Fase media ou xuventude. Madurez plena. Madurez temperá. Vellez

MONTAXE: Adela Leiro TEXTOS: Adela Leiro, Manuel Núñez. FOTOS: Adela Leiro, Internet, Sixpac DEBUXOS: Mon Daporta

Add a comment

Related presentations

Related pages

LOPEZMOURENZA - HubSlide

HubSlide is the easiest way to upload & share PowerPoint & PDF presentations online; embed in Blogs, Slideshows, Transcript & more
Read more