advertisement

TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS

100 %
0 %
advertisement
Information about TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS
Education

Published on March 8, 2014

Author: cabeiroweb

Source: slideshare.net

Description

Co motivo da celebración do Día internacional da Muller Traballadora, no CEIP PORTO_CABEIRO, fixemos unha recompilación de algunhas das protagonistas femininas que existiron ao longo das diferentes etapas históricas.
advertisement

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA CEIP PORTO-CABEIRO CURSO:2013-2014

ELAS TAMÉN FORON IMPORTANTES LUCY A. D. URRACA ARDIPITECUS TROTULA S. HATSHEPSUT MARY W. AGNÓDICE CLEOPATRA CLARA CAMP. CEIP PORTO-CABEIRO

LUCY AUSTRALOPITEHECUS D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * LUGAR: Etiopía hai 3.200.000 anos. (foi descuberta en 1974) * O seu nome completo sería “Lucy Australopithecus Afarensis” e foi durante anos, considerada a avoa da humanidade por ser o primeiro prehomínido do que se acharon restos case completos. * Este foi o exemplar máis antigo de especie máis semellante aos actuais humanos, medía aproximadamente 1 metro e pesaba ao redor de 27 kilos en vida. * Foi descuberta por Donald Johansone o seu equipo de arqueólogos. Puxéronlle LUCY en honra á canción dos Beatles “lucy in the sky with diamons”. CEIP PORTO-CABEIRO

ARDIPITECUS RAMIDUS D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * LUGAR: Etiopía hai 4.400.000 anos. (foi descuberta no 2009) * Esta femia apodada como ARDI polo seu descubridor TOM WHITE, desbancou a LUCY coma a avoa da humanidade, posto que os seus restos datan de máis dun millón de anos antes. * Medía ao redor de 120 cm e pesaba sobre 27 kilos. Vivía nos bosques e a súa actividade era arbórea, (é dicir: facía vida nas árbores. * Ardi posúe características intermedias entre os simios e os primeiros homínidos, pois aínda que vivía nas árbores, tamén camiñaba a dúas patas e a súa cadeira indica que camiñaba erguida. CEIP PORTO-CABEIRO

HATSHEPSUT “ A FARAONA” D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * É unha das 5 mulleres que ostentou o cargo de nobre dama no Antigo Exipto. * Nace sobre o 1500 a. de C. * Filla de TUTMOSE e ALMOSE, pertence á XVIII disnatía. * Trás a morte do seu home Tutmose II, correinou durante un tempo co seu sobriño, Tutmose III, aínda neno. * Proclamouse Raíña co apoio do clero de Amón ( Hapaseneb), e do Arquitecto Real,Senenmut quedando o seu sobriño relegado a outras actividades menores. * Esixiu os atributos masculinos do seu cargo, facéndose representar coma un home e aparecendo con barba postiza. CEIP PORTO-CABEIRO

HATSHEPSUT “ A FARAONA” D Í A * Foi a primeira muller que desafiou a orde establecida pola tradicional sociedade exipcia para convertese nun dos faraóns máis poderoso de Exipto. D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * Aínda que foi unha gobernante pacífica, durante o seu reinado tivo que afrontar seis conflitos militares, tres con Nubia e outros tres coas tribus de Siria e Palestina. * Baixo o seu mandato realizáronse exploracións no territorio do Punt (actual Somalia), de onde se obtiveron incienso, mirra, ouro, marfil, así coma especies animais descoñecidas... CEIP PORTO-CABEIRO

HATSHEPSUT “ A FARAONA” D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A OBELISCO. TEMPLO DE KARNAK TEMPLO DE HATSHEPSUT EN DEIR-EL-BAHARI * Desempeñou unha grande labor constructora en Tebas, o templo de Salet na illa Elefantina, o recinto das barcas sagradas de Luxor, o gran templo de Amón en Karnak, cun dos obeliscos máis grandes xamais realizados (27 m. por enriba do templo), e mandou construir en Deir-el-Bahari un dos templos máis fermosos e visitados na actualidade. CEIP PORTO-CABEIRO

HATSHEPSUT “ A FARAONA” D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * Falecidos os seus maiores apoios e a súa filla Neferura, a suá presenza esváecese. * Tutmosis III afronta o poder e as estatuas de Hatshepsut foron derrubadas e enterradas no deserto, as súas imaxes borradas de todos os templos e o seu nome borrado de todos os rexistros e listas de reis, posiblemente nun desexo de reescribir a historia prescindindo da figura dunha gobernanta. CEIP PORTO-CABEIRO

AGNÓDICE (HAGNODICEA) D Í A D A M U L L E R * Naceu en Atenas no ano 300 a. de C. ( s.IV a. de C.) * Pertencía a alta sociedade ateniense * Co pelo curto e vestida de home foi estudar Medi cina a Alejandría con Herófilo o médico de Alejandro Magno. * Quería estudar Medicina nunha época en que as mulleres tiñan prohibido curar a outras persoas e mesmo ser atendidas cando estaban enfermas. T R A B A L L D O R A CEIP PORTO-CABEIRO

AGNÓDICE (HAGNODICEA) D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * No ano 350 a. de C. consegue os mellores resultados no exame de medicina, obtendo o título no que hoxe sería a escpecialidade en Xinecoloxía, converténdose na primeira muller ateniense médica. * Volveu a Atenas e exerceu a súa profesión vestida de home, acadando un gran prestixio entre a aristocracia ateniense. * Cóntase que un día escoita chorar a unha muller parturienta. Como a muller non se quería deixar axudar por un home AGNÓDICE reveloulle quen era. Dende entón á súa consulta acodía cada vez máis xente. * Os seus éxitos espertaron as envexas dos outros médicos e denunciáronna. É entón cando decide revelar que é unha muller. * Foi acusada de inflixir a lei e é condenada á pena de morte. CEIP PORTO-CABEIRO

AGNÓDICE (HAGNODICEA) D Í A * Ante a decisión de executar a Agnódice as mulleres atenienses alzáronse en sinal de protesta e ameazaron con morrer ao seu lado. D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * A oposición das mulleres tivo éxito e Agnódice foi liberada permitíndoselle exercer a medicina. AGNÓDICE ANTE O TRIBUNAL * Posteriormente o Consello Ateniense aboliu a lei que prohibía ás mulleres estudar Medicina CEIP PORTO-CABEIRO

CLEOPATRA VII “A ÚLTIMA RAÍÑA DE EXIPTO” D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A *CLEOPATRA FILOPATORNEA THEA “gloria do seu pai” * Naceu en Alejandría no ano 69 a. de C. e morreu no ano 30 a. de C. * É filla de Ptolomeo XII Auletea (“o flautista”) e de Cleopatra VI, pertencentes a dinastía greco-exipcia dos Lágidas ou tolomeos. * Foi unha muller moi completa en educación ,aínda que considerada dotada de gran intelixencia, eficaz estratexa e atractivo persoal, pero sen escrúpulos. * Era políglota: falaba ata nove línguas: exipcio, grego, árabe, arameo, latín... * Instruída en Música, Física, Astronomía, Medicina, Matemática... CEIP PORTO-CABEIRO

CLEOPATRA VII “A ÚLTIMA RAÍÑA DE EXIPTO” D Í A D A M U L L E R * Compartiu o poder cos seus dous irmáns: Ptolomeo Dionisio XII e Ptolomeo XIV. * No ano 48 a. de C. enfrentouse ao seu irmán Ptolomeo Dionisio XII e tivo que fuxir a Siria. * Máis tarde volveu ao poder, coa axuda do gobernador romano Julio César, compartindo o trono co seu outro irmán aínda un neno. * A partir do ano 44 a. de C. reinou soa. T R A B A L L D O R A * Julio César chegou a Exipto perseguindo ao seu rival Pompeio JULIO CÉSAR JULIO CÉSAR CEIP PORTO-CABEIRO

CLEOPATRA VII “A ÚLTIMA RAÍÑA DE EXIPTO” D Í A D A * Cleopatra preséntase ante Julio César envolta nunha alfombra, conseguiu vencer a Ptolomeo Dionisio XII que morre afogado ao volcar a súa embarcación na Batalla do Nilo no ano 47 a. de C. M U L L E R T R A B A L L D O R A * Casou con César e tivo un fillo, “Cesarión”. *Despois do nacemento do seu fillo acompañou a Julio César a Roma, pero cando foi asasinado voltou a Exipto onde fixo envelenar ao seu irmán Ptolomeo XIV. * Trala morte do seu irmán asociou ao poder ao seu fillo Cesarión CEIP PORTO-CABEIRO

CLEOPATRA VII “A ÚLTIMA RAÍÑA DE EXIPTO” D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * No ano 41 a. de C. alíase con Marco Antonio( un xeneral de Julio César), e fai que a coroe en Alexandría. * Con el tivo tres fillos: Alejandro Helios, Ptolomeo e Cleopatra Selene. * Marco Antonio gobernou oriente e formou u reino independente. MARCO ANTONIO * No ano 31 a. de C. o romano Octavio Augusto enfrentou a Marco Antonio e a Cleopatra na batalla naval de “Actium” e gañoulles. * Marco Antonio e Cleopatra refuxiáronse en Exipto, onde el se atravesou cunha espada crendo morta á raíña. * Cleopatra suicídase deixándose morder por unha cobra antes que ser levada a Roma por Octavio Augusto coma un trofeo. Con ela desaparece o milenario trofeo dos faraóns. CEIP PORTO-CABEIRO

DONA URRACA D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * Naceu en Burgos contra o ano 1081 e finou en Saldaña de Burgos o 8 de marzo de 1126. * Era filla de Alfonso VI e da súa terceira dona Constanza de Borgoña * Foi Raíña de Galicia, León, Castela e Toledo dende a morte do seu pai o 30 de xuño de 1109 ata o 8 de marzo de 1126. * Aos 12 anos, en 1093, casa con Raimundo de Borgoña, da familia condal de Borgoña e vén a Galicia para compartir con el o seu goberno. * Sempre leais ao monarca leonés, non renunciaron á dignidade do seu cargo. Así en documentos de 1095 e 1105, referidos á concesión de dereitos aos burgueses composteláns, asina coa expresión Urraca Regina CEIP PORTO-CABEIRO

DONA URRACA D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * A súa condición de muller non foi obstáculo para eliminar a súa autoridade trala morte do seu primeiro home en 1107, momento en que asina como totius Gallecie imperatrix. * Entre outras residencias galegas, parece ser que viviron no casal de Fente en Monterroso, aínda que os labores de goberno obrigáronna a pasar tempadas noutras localidades coma Santiago de Compostela e Caldas de Reis. * Ela e o seu home exerceron xustiza, formaron exércitos, concederon privilexios e recadaron tributos con plena autonomía, isto permitiu pacificar un reino que dende a prisión do rei García de Galicia, fora foco de inestabilidade nobiliar e eclesiástica. CEIP PORTO-CABEIRO

DONA URRACA D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * Do bo entendemento coa nobreza eclesiástica é testemuño o bautismo do seu fillo Afonso Raimundez polo bispo Diego Xelmirez, da harmonía coa nobreza autóctona fala a encomenda da educación deste ao poderoso conde Pedro Froilaz de Trava * Coa morte de Raimundo (1107) procura que lle aseguren ao seu fillo os seus dereitos sobre o Reino de Galica. Isto vólveselle en contra . * * Trala morte de Alfonso VI, coroase como Raiña de León e convértese na primeira raíña titular da Historia de España. * Urraca busca alianzas para consolidar o seu poder. * Casa con Alfonso o Batallador ( monarca navarroaragonés), e iníciase un periodo bélico e inestable. * Coroan ao seu fillo Afonso Raimundez no ano 1111, pero o rei navarro-aragonés impídeo. * No ano 1112 volve a reunirse co seu fillo (que estaba prisioneiro) , e volta a confiarllo a Froilaz de Trava. CEIP PORTO-CABEIRO

DONA URRACA D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * As desavinanzas co seu marido son cada vez maiores, e esto lévaa a un entendemento con Diego Xelmirez. * En 1115 rompe o seu matrimonio con Alfonso o Batallador e este é expulsado dos seus reinos. *A partir deste momento cogoberna co seu fillo do que son testemuñas certas crónicas coma a Historia Compostelana e decenas de documentos asinados conxuntamente coma reis, especialmente en Galicia. * No que atinxe a Galicia, acada un acordo co Bispo Compostelano no que é recoñecida coma raíña, sen prexuízo da condición real do seu fillo, a quen se lle asigna o goberno do Reino de Toledo. * Urraca morreu de parto no ano 1126, e Afonso Raimundez foi, finalmente, coroado en León co nome de Afonso VII CEIP PORTO-CABEIRO

TROTULA DE SALERNO * Nace en Italia no ano 1110. * Pouco se sabe da súa vida persoal.Estudou na Escola de Medicina de Salerno. * Morre no ano 1160. * Parece que se casou con Johannes Platearius de profesión médico e tivo 2 fillos tamén médicos. D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A UN SABER REVOLUCIONARIO * Nun mundo dominado polos homes no que as mulleres podían acceder ao coñecemento tras o muros dun mosteiro, unha muller abriuse camiño. * Trotula de Salerno converteuse na primeira muller en escribir e tratar sobre temas de xinecoloxía e obstetricia, así como nunha médica capaz de tratar enfermidades coma o cancro, doenzas oculares ou problemas de pel. * As súas ideas foron tan eficaces e novidosas que ata o século XX existiron voces que quixeron dubidar da súa existencia. CEIP PORTO-CABEIRO

TROTULA DE SALERNO D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A OBRA: * A obra de Trotula foi tan revolucionaria para o seu tempo que xa dende o século XII, empezaron a levantarse voces afirmando que era practicamente imposible que unha muller poidera ter escrito esos libros e déronlle a súa autoría ao seu marido. *No libro Passionibus Mulierun Curandorum (As Doenzas das Mulleres), expuxo temas tan perigosos para o seu tempo como intentar eliminar a crenza de que todos os males da muller lle viñan da menstruación ou que os problemas de infertilidade non só podían ter a súa orixe nelas, senón tamén nos homes. Defendeu tamén o uso de herbas para mitigar as dores do parto, algo totalmente prohibido no seu tempo. Esta ampla obra de 60 capítulos no que fala do embarazo, o parto, o puerperio, a fertilidade … converteuse un texto imprescindible nas universidades europeas ata o século XVI. *Ornatu Mulierun: nesta obra defende a hixiene como necesaria para a prevencióndas infeccións e enfermidades nas mulleres, algo totalmente novidoso na Idade Media. CEIP PORTO-CABEIRO

MARY WOLLSTONECRAFT D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A (Inglaterra 1759-1797)   CEIP PORTO-CABEIRO

MARY WOLLSTONECRAFT D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * Está considerada unha das precursoras da filosofía feminista. * A súa temperá defensa da igualdade, os seus ataques ao feminismo convencional e á degradación da muller foron a antesala da aparición do movemento feminista. * As súas ideas filosóficas e mailos seus conflitos persoais foron considerados como importantes influencias en posteriores obras feministas. * Wollstonecraft oponse e recrimina a explotación de que son vítimas as mulleres máis pobres, obrigadas ao traballo asalariado, privadas de calquera perspectiva profesional polos prexuízos e a falla de educación, reducidas a buscar e obter un bo marido. CEIP PORTO-CABEIRO

CLARA CAMPOAMOR D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * Naceu en Madrid o 12 de febreiro de 1888 * Traballou de modista,dependenta de comercio e telefonista. * En 1909 é funcionaria do corpo de correos e telégrafos do Ministerio do goberno . * En 1914 aproba as oposicións no Ministerio de Instrucción Pública o que a leva a ser profesora de taquigrafía e mecanografía na Escola de Adultas. * Tamén foi tradutora de francés e auxiliar de mecanógrafa. * O posto que a leva a interesarse pola política e incluso a escribir algún artigos foi o de secretaria de Salvador Cánovas. * Estudou bacherelato (1923), matriculándose na Facultade de Dereito licenciándose en 1924. * Aos 36 anos foi unha das primeiras avogadas do país. * Viviu en Francia, Arxentina e Suiza. * Morre en Suíza o 30 de abril de 1972. CEIP PORTO-CABEIRO

CLARA CAMPOAMOR D Í A D A M U L L E R T R A B A L L D O R A * Foi unha política española, defensora dos dereitos da muller e a principal impulsora do sufraxio feminino en España. * As súas ideas sobre a igualdade da muller, achégana ao PSOE e escribe o prólogo do libro Feminismo socialista de Maria Cambrils, dedicado a Pablo Iglesias. * Pertenceu ao comité organizador da Agrupación Liberal Socialista. * * Foi elexida deputada ao pertencer ao Partido Radical. * Formou parte da Comisión encargada de elaborar o proxecto para a Constitución da nova República. * Coa guerra civíl exiliouse e publicou en París “A revolución española vista por unha republicana” O sufraxio universallógrase en España en 1931 e exércese por primeira vez polas mulleres nas eleccións de 1933 CEIP PORTO-CABEIRO

TRABALLO ELABORADO POLOS MESTRES- ALUMNOS DO CEIP PORTO-CABEIRO COLABORAN EQUIPO DA BIBLIOTECA – EQUIPO EDLG – EQUIPO TICS

Add a comment

Related presentations

Related pages

TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS, DÍA DA MULLER ...

Os mestres do CEIP PORTO-CABEIRO, seleccionan diferentes mulleres importantes pola súa traxectoria ao longo das diferentes etapas históricas.
Read more

TRALAS PEGADAS DO HOME NA HISTORIA. 1. INTRODUCIÓN: a ...

TRALAS PEGADAS DO HOME NA HISTORIA. 1. INTRODUCIÓN: a) XUSTIFICACIÓN ... de mulleres importantes ao longo da historia: semana do 3 ao 7 de marzo
Read more

Tralas pegadas da historia nas beiras do Anllóns

... PUBLICACIÓNS :: Tralas pegadas da historia nas beiras do Anllóns. Galego | Concello de Cabana. Secuencia de imaxes do Concello de Cabana ...
Read more

Pegadas del cráneo - YouTube

Pegadas del cráneo ... La historia de dos siamesas que viven en un mismo cuerpo - Duration: 1:23. by Este ban 543,493 views. 1:23
Read more

Tralas pegadas de Díaz Castro: un roteiro interactivo ...

Inicio > Proxectos Educativos › Tralas pegadas de Díaz Castro: ... Historia e Sociedade da USC. Nº de alumnos: 200 Nivel educativo: Educación ...
Read more

VIDEOS de CABEIRO - Pontevedra - Redondela - A Igrexa ...

O XADREZ NA HISTORIA , ... TRALAS PEGADAS DE MULLERES HISTÓRICAS. ... os mestres do CEIP PORTO-CABEIRO fixeron unha selección de mulleres que ...
Read more

Roteiros | A Lus do Mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro ... Historia e Sociedade. Xermolos ...
Read more