Torre de Babel / Meteora

50 %
50 %
Information about Torre de Babel / Meteora
Travel

Published on March 14, 2014

Author: anahermidaruibal

Source: slideshare.net

Description

Diferenzas e semellanzas entre a Torre de Babel e Meteora (Grecia).

Torre de Babel / Meteora Ana Hermida Ruibal O establecemento dos repertorios culturais e literarios Doutoramento en Tradución (bienio 2001-2003) Universidade de Vigo

Torre de Babel

1. Torre de Babel

1.1. Torre de Babel: Localización ♦ A «Torre de Babel» é o nome da construción mencionada no libro do Xénese 11, 1-9. ♦ A súa hipotética localización sería en Xinar (Babilonia, en Oriente Medio), onde os hebreos imaxinan que empezou a vivir o home; de alí viñeron seus antecesores.

1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «Toda a terra falaba unha soa lingua e usaba as mesmas palabras. Ó emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí». (Xénese 11, 1-2).

1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «Dixéronse uns ós outros: —“Imos facer ladrillos e cocelos no lume”. O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento. E nisto propuxeron: —“Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome sonado, para non nos perder pola ancha face da terra”.» (Xénese 11, 3-4).

1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «Baixou o Señor para ve- la cidade e a torre que os homes construían, e pensou: —“Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que lles veña á cabeza». (Xénese 11, 6).

1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros». (Xénese 11, 6).

1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construí- la cidade». (Xénese, 11, 8).

1.2. Torre de Babel: Xénese ♦ «A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra». (Xénese, 11, 9).

1.3. Torre de Babel: Mito ♦ Segundo nos conta a sagrada Biblia no Antigo Testamento (Xénese 11, 1-9), os descendentes de Noé, a medida que crecían en número, víronse forzados a vivir cada vez a máis distancia dos seus fogares patriarcais.

1.3. Torre de Babel: Mito ♦ Por iso, intentaron construír unha torre para gabear ata o ceo, o que provocou a ira divina. Como castigo, o propio Iahvé creou a confusión de linguas que existe hoxe en día no mundo.

1.4. Torre de Babel: A tradución ♦ Segundo este mito, antes da Torre de Babel non eran necesarias as traducións.

Meteora

2. Meteora

2.1. Meteora: Localización ♦ Meteora sitúase no centro de Grecia, na provincia de Trikala, a escasos quilómetros da vila de Kalambaka (ou Kalampaka)...

2.1. Meteora: Localización ♦ ... ó lado do val de Tesalia, á beira do río Pinios (ou Peneios).

2.2. Meteora: Os rochedos ♦ En Meteora existen, coma se o tempo non pasase, rochedos xigantes que saen impoñentes, case verticais, cada un separado do outro...

2.2. Meteora: Os rochedos ♦ ... e que sosteñen, nos seus peñascos, misteriosos mosteiros.

2.2. Meteora: Os rochedos ♦ Preto dun milleiro de altísimas rochas, que ó lonxe semellan un bosque de pedra, xorden fronte a fronte, creando un sentimento de medo e éxtase e convidando á reflexión.

2.2. Meteora: Os rochedos ♦ Meteora significa precisamente «suspendido no aire». Vintecatro mosteiros poboan estes enormes rochedos, como se de niños de aguia se tratasen.

2.2. Meteora: Os rochedos

2.2. Meteora: Os rochedos

2.2. Meteora: Os rochedos

2.2. Meteora: Os rochedos

2.2. Meteora: Os rochedos ♦ Os rochedos encóntranse a 300 ou 400 metros de altura sobre a bela chaira de Tesalia.

2.2. Meteora: Os rochedos ♦ No período terciario, hai 50 ou 60 millóns de anos, estas formacións xeolóxicas tiveron orixe na erosión das augas que conformaban unha lagoa salgada que ocupaba a chaira de Tesalia.

2.3. Meteora: Historia ♦ Os primeiros monxes (palabra que vén do grego «monakhós», que significa «solitario») chegaron a Meteora no século XI en busca de paz espiritual, retiro ascético e meditación.

2.3. Meteora: Historia ♦ Durante os primeiros séculos de vivencia en Meteora (séc. XI, XII e XIII), os monxes escalaron estas rochas...

2.3. Meteora: Historia ♦ ... viviron coma eremitas en grutas naturais...

2.3. Meteora: Historia ♦ ... e pasaron o tempo rezando e meditando.

2.3. Meteora: Historia ♦ Aínda quedan vestixios, testemuñas daqueles tempos, incrustados nas rochas coma lapas.

2.3. Meteora: Historia ♦ No século XIV, había monxes de abondo vivindo nas covas das rochas, o que deu orixe á fundación do mosteiro da Transfiguración (o Gran Meteoro). Nos séculos seguintes fundáronse vinte e tres mosteiros máis, dos cales só seis están habitados actualmente; catro deles poden visitarse.

2.3. Meteora: Historia ♦ As comunidades de monxes ortodoxos que habitaron nos mosteiros recibían o curioso nome de «estilitas», ascetas chamados así por viviren sobre un «stylos» (columna).

2.4. Meteora: Transporte ♦ Debido á localización especial destas construcións, os monxes que habitaban nalgúns mosteiros tiveron que habituarse a viaxar nunha especie de «teleféricos» rudimentarios para saír do mosteiro. Aínda os empregan hoxe en día.

2.4. Meteora: Transporte

2.4. Meteora: Transporte ♦ Antigamente os monxes subían e baixaban en bolsas feitas de rede, axudándose dunha nora que estaba dentro do mosteiro. Hoxe en día só se usan para transportar comida, outros obxectos e algún monxe ancián. ♦ As escaleiras colgantes de corda ou madeira, co tempo, foron substituídas por escaleiras talladas na mesma rocha.

2.4. Meteora: Transporte

2.4. Meteora: Transporte

2.5. Meteora: Imperio Otomano ♦ Cando o imperio bizantino caeu nas mans dos turcos, os sultáns permitiron que estas comunidades relixiosas medrasen. ♦ Os mosteiros illados axudaron a manter vivas as tradicións relixiosas ortodoxas e a cultura helénica durante a Idade Media e a ocupación otomana (1453-1829).

2.6. Meteora: Sublevación Nacional ♦ No século XVIII, Meteora converteuse nun centro de acollida dos gregos que escapaban dos señores feudais otomanos e dos klephts, guerreiros rebeldes que fustrigaron os turcos e participaron na loita pola independencia no século XIX. ♦ Meteora tivo un papel moi importante durante a Sublevación Nacional de 1821.

2.7. Meteora: Interiores ♦ Os mosteiros gardan preciosos frescos, tesouros eclesiásticos, bibliotecas con valiosos manuscritos e iconas exquisitas; estes son excelentes exemplos da arte bizantina e posbizantina. ♦ No mosteiro da Transfiguración, o comedor transformouse nun museo.

2.8. Meteora: Filosofía ♦ Este verso reza: Aqueles que pensan nas cousas de arriba non pensan nas cousas de abaixo.

2.9. Meteora: O paraíso Cando se para nestes mosteiros illados e se mira a chaira de Tesalia aló embaixo, enténdese por que os eremitas escolleron esta paraxe para servir a Deus e achegarse a el.

3. Torre de Babel / Meteora ¿Existe algunha analoxía entre o mito da torre de Babel e Meteora?

Torre de Babel Meteora

Torre de Babel Meteora

3.1. Torre de Babel Meteora A verticalidade: aínda que para fins diferentes, tanto a torre de Babel coma Meteora buscan a verticalidade: chegar ó ceo.

3.1. Torre de Babel Meteora ♦ Segundo o libro do Xénese (11, 3), a torre de Babel foi construída para que os descendentes de Noé non se perdesen pola ancha face da terra; ademais, fálase tamén da ambición humana de conquista-lo ceo. ♦ Os monxes ortodoxos querían chegar ó ceu para estaren máis preto de Deus. ♦ A paisaxe de Meteora proporcionáballes moita paz para se sentiren máis próximos do Señor (física e psiquicamente).

3.2. Torre de Babel Meteora O papel das escaleiras e as cordas

3.2. Torre de Babel Meteora

3.2. Torre de Babel Meteora

3.2. Torre de Babel Meteora ♦ No exterior da torre de Babel había unha escaleira espiral exterior ó edificio que ía percorrendo toda a torre. ♦ Para acceder ós mosteiros de Meteora, normalmente hai que subir escaleiras. Ata hai un século, as escaleiras eran de madeira e de corda (eran colgantes).

3.3. Torre de Babel Meteora Reduto de persoas

3.3. Torre de Babel Meteora ♦ A torre de Babel foi un reduto dos descendentes de Noé. Quixéronse agrupar, para vivir nunha mesma torre e non estaren espallados pola Terra. ♦ Meteora foi e é un reduto de monxes ortodoxos gregos en busca de paz espiritual, meditación e estar preto de Deus. Ó agrupárense, fundaron ata vinte e catro mosteiros.

4. Conclusións ♦ A pesar de seren mundos totalmente diferentes, vemos que a torre de Babel e Meteora teñen algúns puntos en común. ♦ Con este pequeno traballo, espérase que esta colección de imaxes permita reflectir sobre diversos aspectos destes dous mundos dentro do repertorio cultural ó que pertencen.

Torre de Babel / Meteora FIN

Add a comment

Related presentations

Krishna Holidays is a well established Adventure and Tour operating company in Ris...

Learn about Fastport Passport, we offer expedited passport and visa solutions nati...

71A_Slides_Tusrismo

71A_Slides_Tusrismo

November 10, 2014

Slides sobre Turismo e Intercâmbio

Casa Batlló

Casa Batlló

June 3, 2009

Aircraft leasing is an important decision and before making such an important purc...

Private jets can be hired by companies and individuals to travel in jets in a more...

Related pages

B. Nou Barris - Novetats de novel·la. Novembre 2013 by ...

Nocturn de Sant Felip Neri. Barcelona : Meteora, 2013 BYATT, A. S. La Torre de Babel. Madrid : Alfaguara, 2011 CAMILLERI, Andrea. La Sonrisa de Angelica.
Read more

Come costruire il tavolo in tranzit per l'ester egg HD ...

Salve a tutti ragazzi qui è AleXDXD666 e in questo videotutorial vi farò vedere come si costruisce il tavolino in tranzit per fare l'ester egg ...
Read more

Road Trip Album | chossclimbers.com

Meteora Part 1; Meteora Part 2; Meteora Part 3; Meteora Part 4; Meteora Part 5; The Wrap-Up; Rainy Riglos. ... Torre Principal; El Cohete Lunar; Trip Out ...
Read more

Surfmusik Internetradios aufnehmen für kostenlose MP3 Musik

Mit dem Radiograbber von Surfmusik kann man kostenlos alle Onlineradios, Webradios, Netradios, Internetradios und auch alle anderen Radios im Internets mit ...
Read more

Moab Area | chossclimbers.com

Moab Area; Zion; St. George; American Fork Canyon; ... Meteora Part 5; The Wrap-Up; Rainy Riglos. ... Torre Principal; El Cohete Lunar; Trip Out;
Read more

Roger Clanchet Torra | Facebook

Roger Clanchet Torra is on Facebook. ... Babel Catal à. Books. Ful ... Eva Guillamet Photography, Editorial Meteora, SomNegra, Romànic obert, ...
Read more

Usenet.nl – finest downloads since 1979

Access to the Usenet including free newsreader – get a @runtime@ free trial!
Read more