Tema 9 A prehistoria

73 %
27 %
Information about Tema 9 A prehistoria
Education

Published on March 3, 2014

Author: rubempaul

Source: slideshare.net

TEMA 9 A PREHISTORIA 1º ESO

INTRODUCIÓN ● ● A prehistoria abrangue un longo período de tempo que se inicia coa orixe da especie humana, hai máis de dous millóns de anos, e dura ata a invención da escritura (3.500 a.C.) Distínguense varias etapas: – – Neolítico – ● Paleolítico. Idade dos Metais. Os restos humanos máis antigos da Península Ibérica teñen unha antigüidade de 900.000 anos e foron descubertos en Atapuerca (Burgos).

FASES DA PREHISTORIA P R E H IS T O R IA ID A D E D E P E D R A ID A D E D O S M E T A IS ID A D E P A L E O L ÍT IC O N E O L Í T IC O ID A D E ID A D E DO DO DO COBRE BRONCE FERRO

ORIXE DO SER HUMANO E DA AGRICULTURA

1 OS PRIMEIROS SERES HUMANOS

● ● ● En África, hai seis millóns de anos, algúns primates iniciaron un lento proceso de evolución, xurdindo os primeiros homínidos que, co paso do tempo, deron lugar á especie humana. Denomínase proceso de hominización ao conxunto de cambios que converteron os primeiros primates en seres humanos: posición vertical e a marcha bípede, o desenvolvemento do cerebro, a liberación das mans para fabricar utensilios, a diminución do tamaño das mandíbulas e dos dentes, e a linguaxe foron algúns dos cambios máis importantes. Ainda que o primeiro ancestro humano foi o Australopithecus, considérase que o primeiro ser humano foi o Homo habilis ao que lle seguiron o Homo erectus, o Homo neanderthalensis e o Homo Sapiens Sapiens, este último co aspecto físico e a complexidade cerebral do ser humano actual.

2 O PALEOLÍTICO (2.300.000 a.C. - 8.000 a.C.)

● ● O Paleolítico é o primeiro período da Prehistoria, que se inicia coa aparición do ser humano. O termo significa pedra antiga. As primeiras sociedades prehistóricas eran depredadoras, isto é, vivían da caza, da pesca e da recolección de froitos. ● Organizábanse en pequenos grupos (tribus) ● Eran nómades e vivían en covas e sinxelas cabanas. ● ● O homo erectus descubriu o lume e os neanderthalensis aprenderon a facelo mediante distintas técnicas, o que lles permitiu quentarse, iluminar as covas, escorrentar os animais e cociñar os alimentos. A fabricación de instrumentos é un dos signos que diferencian a especie humana do resto dos animais. Os seres humanos do Paleolítico axudábanse de instrumentos elaborados de sílex, óso, madeira ou hasta que se foron perfeccionando co paso do tempo. Exemplos: bifaces, raspadeiras, puntas de frecha, propulsores, anzois ou arpóns.

INSTRUMENTOS PALEOLÍTICOS CROIO DE CUARCITA PUNTA DE FRECHA RASPA ARPÓN DE HASTA BIFACE DE SÍLEX AGULLA DE ÓSO

CAMPAMENTO PALEOLÍTICO

3 A ARTE DAS CAVERNAS

● ● ● ● ● No Paleolítico xurdiron as primeiras crenzas relixiosas e mostras artísticas. Os primeiros seres humanos mediante cerimonias rituais invocaban as forzas da natureza para pedirlles que propiciaran a caza ou os protexesen. Os primeiros enterramentos feitos polos neanderthais reflicten unha preocupación polo que acontecía despois da morte. Hai uns 30000 anos, o homo sapiens sapiens deixou mostras de pintura sobre as paredes das covas e os abrigos rochosos (pintura rupestre), que se pensa tiñan un significado propiciatorio da caza. As covas con pinturas serían santuarios para as cerimonias rituais. Tamén deixou mostras de arte mobiliar (plaquetas, estatuíñas, gravados…) sobre óso, pedra e marfil, algunhas relacionadas co culto á fertilidade, como as Venus Paleolíticas.

ARTE PALEOLÍTICO

PINTANDO NA COVA

PINTANDO NA COVA

4 O NEOLÍTICO (8.000 a.C. - 5.000 a.C.)

● Durante o Neolítico (“pedra nova”) os seres humanos comezaron a producir alimentos: – Cultivando a terra (orixe da agricultura) – Domesticando animais (nacemento da gandaría). ● Os historiadores falan de revolución neolítica. ● Todo isto implicou cambios no seu estilo de vida: – – Utilizaron novas técnicas como a elaboración de cerámica, o tecido e a minaría. – ● Fabricaron novos instrumentos de pedra puída adaptados aos novos labores agrícolas (machados, fouces, aixadas, muíños). Volvéronse sedentarios e construíron os primeiros poboados. A agricultura e a gandaría xurdiron de forma autónoma en varias rexións do mundo: Iniciouse no Crecente Fértil e posteriormente en India, China, América. A partires do VII milenio a.C. o neolítico espallouse por Europa.

REVOLUCIÓN NEOLÍTICA

ÚTILES NEOLÍTICOS

DIFUSIÓN DO NEOLÍTICO

5 A IDADE DOS METAIS

● ● ● ● ● ● A metalurxia iniciouse no Oriente Próximo cara ao V milenio a.C. obtendo obxectos de metal: cobre, bronce e ferro. O uso da forxa, a fundición e a siderurxia foron as técnicas que se empregaron. Actividades como a metalurxia supuxeron a división do traballo e a aparición dos artesáns. As novas mercadorías estimularon os intercambios xurdindo o comercio e desenvolvéronse as primeiras técnicas de navegación e a roda. As aldeas neolíticas fóronse transformando en verdadeiras cidades, con moitos habitantes, edificios e murallas, gobernadas por xefes, reis ou caudillos, nas que apareceron grupos sociais diferenciados, algunhos dos cales acumulaban riqueza e poder. En Europa, a partires do V milenio a.C., construíronse os megálitos, edificacións con grandes pedras que tiñan finalidade conmemorativa, funeraria ou relixiosa (culto): menhir, dolmen e crómlech. RODA DE UR METALURXIA

METALURXIA DO BRONCE

METALURXIA

DOLMEN MENHIR CRÓMLECH

6 OS PRIMEIROS POBOADORES DA PENÍNSULA IBÉRICA E GALICIA

● ● ● ● ● ● ● A presenza de seres humanos na Península Ibérica remóntase ao Paleolítico inferior (900.000 a.C. - 100.000 a.C.): En Atapuerca atopáronse os restos máis antigos: o homo antecessor (uns 900.000 anos). Os primeiros poboadores vivían en campamentos ao aire libre. En Galicia os restos datan de hai 500.000 anos e destacan os xacementos de Piteira, Gándaras de Budiño e Arbo. Do Paleolítico Medio (100.000 a.C. - 40.000 a.C) hai presenza de neanderthais. En Galicia é salientable o xacemento de Cova Eirós (Triacastela). Durante o Paleolítico Superior (40.000 a.C. - 10.000 a.C) o Homo Sapiens Sapiens habitou toda a Península. En Galicia son característicos os depósitos de moluscos ou cuncheiros. As primeiras comunidades neolíticas apareceron no VI milenio a.C. na área mediterránea. Nos depósitos máis antigos salienta a cerámica cardial, decorada con incisión de cunchas En Galicia, o neolítico desenvólvese a partires do 5.000 a. C, iniciándose dúas manifestacións singulares: a construción de megalitos e os petroglifos. CERÁMICA CARDIAL

AS PINTURAS RUPESTRES ZONA CANTÁBRICA ● Representacións animais. naturalistas ÁREA MEDITERRÁNEA OU LEVANTINA de ● Técnica máis esquemática. ● Figuras humanas e animais con gran ● Polícromas e de cores vivas. ● De gran tamaño. ● Monócromas. ● Cova de Altamira (Cantabria) ● Valltorta. dinamismo.

7 A IDADE DOS METAIS NA PENÍNSULA IBÉRICA E GALICIA

● ● ● ● ● ● ● No III milenio a.C. a metalurxia espallouse pola Península Ibérica. Durante a Idade do Cobre (3.000 a.C – 1.700 a.C.) acadaron moita difusión o megalitismo e a Cultura do Vaso Campaniforme. Destaca o poboado de Los Millares. En Galicia destacan os enterramentos megalíticos e o inicio da ourivería. Na Idade do Bronce (1.700 a.C. - 1.000 a.C.) é salientable a cultura de El Argar, no sueste da Península. Galicia, rica en estaño, necesario para o bronce, son abundantes os obxectos desta aliaxe. Xunto aos megálitos aparecen enterramentos en cistas, pequeñas caixas formadas por catro pedras. Desta época é o tesouro de Caldas de Reis. O desenvolvemento da metalurxia do ferro que dá orixe á Idade do Ferro (I milenio a.C.) iniciase coa chegada dos pobos colonizadores (celtas, fenicios, gregos e cartaxineses. En Galicia desenvolveranse os incineración) campos de furnas (necrópoles de

MEGALITOS E PETROGLIFOS EN GALICIA DOLMEN DE DOMBATE LABIRINTO DE MOGOR CHAN DA ARQUIÑA CAMPOLAMEIRO CASA DA MOURA CASTRIÑO DE CONXO

FIN

Add a comment

Related presentations

Related pages

TEMA 6. A PREHISTORIA | Viaxe a Ítaca

A IDADE DOS METAIS Para imprimir: A PREHISTORIA Repaso PREHISTORIA. Skip to navigation; ... TEMA 9. A CIVILIZACIÓN ROMANA; 2º ESO: CC.SS. HISTORIA. TEMA 1.
Read more

TEMA 9: LA PREHISTORIA - quintoentabletas (y ahora en 6º)

TEMA 9: LA PREHISTORIA INTRODUCCIÓN La Historia de la humanidad se divide en dos periodos: la Prehistoria y la Historia. La Prehistoria: dura varios ...
Read more

1º ESO. Tema 9: La Prehistoria - es.scribd.com

DEMOS 1. Ciencias sociales, geografía e historia Primer Curso www.vicensvives.es Índice 01 La Tierra, un planeta del Sistema Solar La Prehistoria
Read more

Tema 9. La Prehistoria | nuestrassociales

Empezamos fuerte con la parte de Historia.... tan fuerte que en estas dos semanas vamos a estudiar unos 5 millones de años. ¿Te imaginas todo lo que la ...
Read more

SOCIALES1LAUREL: TEMA 9. LA PREHISTORIA

Las imágenes que contienen las entradas se emplean única y exclusivamente con fines educativos. A pesar de ello, si se considera que vulneran los ...
Read more

Copy of Tema 9 LA PREHISTORIA by Roberto Gutiérrez on Prezi

Make your likes visible on Facebook? Connect your Facebook account to Prezi and let your likes appear on your timeline. You can change this under Settings ...
Read more

Ciències Socials: TEMA 9: LA PREHISTÒRIA (1r. d'ESO)

La Prehistòria abraça un període de temps que comença amb l’origen de l’espècie humana, ara fa més de dos milions d’anys, i s’estén fins l ...
Read more