advertisement

Tarefa.SON MULLER, E QUE?

67 %
33 %
advertisement
Information about Tarefa.SON MULLER, E QUE?
Education

Published on March 5, 2014

Author: Socri

Source: slideshare.net

advertisement

Tarefa: SON MULLER, E QUE? Ao longo dos temas sobre a Historia da Literatura Galega anterior ao séc.XX, vistos até agora, só mencionamos a catro mulleres: a soldadeira María Balteira, na Idade Media; a condesa de Altamira e Francisca de Isla, na Ilustración, e, agora no Rexurdimento, a Rosalía de Castro, acompañada tamén no período finisecular por Francisca Herrera Garrido. Só catro mulleres para chegar á xenialidade de Rosalía!? Só ela se atreveu a saír do papel asignado á muller por unha sociedade tradicionalmente machista? Ningunha outra ousou escribir? Ningunha se atreveu a usar o galego con dignidade? Non houbo máis mulleres na Historia? U-las? Ou será que a Historia foi escrita só polos homes e só para os homes? Parece evidente que mulleres, habelas, houboas! O que haberá que facer é buscalas até atopalas…

Tarefa: SON MULLER, E QUE? Esta tarefa é para realizar no grupo-aula. Todo o alumnado debe implicarse no reparto do labor e cada un debe asumir as súas responsabilidades. O labor máis entretido é a busca de información. O máis aburrido, a selección da información. O máis difícil a conversión desa información en coñecemento, ao crear algo novo, redactando unha NOVA HISTORIA DA LITERATURA GALEGA. O labor máis divertido é o deseño e a elaboración artística do produto final nunha presentación (tamén pode recollerse todo nun documento de texto). A tarefa consiste en elaborar unha historia da literatura galega, mais na que só aparezan mulleres. Non se trata de analizar a presenza das mulleres ao carón dos homes, como elementos subsidarios. Na nosa Historia non haberá homes, só mulleres como únicas protagonistas, como o foi Rosalía no seu momento (e aínda hoxe) sen que ningún home lle poida facer sombra.

Tarefa: SON MULLER, E QUE? Os pasos a seguir serán: 1. Buscar información sobre as mulleres das que falamos (as páxinas que se indican son unha pequena suxerencia, mais na rede será máis difícil atopalas que en vellos libros e enciclopedias varias): • María Balteira • http://www.culturagalega.org/album/docs/Carmen %20Blanco.pdf • http://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Balteira • Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira http://gl.wikipedia.org/wiki/Isabel_Castro_e_Andrade • Francisca de Isla (non atopei información na rede) http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?i d=184 • Rosalía de Castro http://marlou- literaturagalega.blogspot.com.es/p/rosalia-de- castro.html • Francisca Herrera Garrido http://gl.wikipedia.org/wiki/Francisca_Herrera_G arrido

Tarefa: SON MULLER, E QUE? 2. Buscar máis mulleres a través dos seguintes sitios: •As mulleres na Historia http://culturagalega.org/album/docs/linatempo.pdf •Album de mulleres http://www.culturagalega.org/album/ •Índice de mulleres http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=116 •As letras das mulleres http://www.culturagalega.org/album/detalle_especial.php?id=166 •Páxina web de intelectuais galegas http://www.edu.xunta.es/centros/iesponteareas/?q=system/fil es/100+mulleres+galegas.pdf 3. Ollar as seguintes reportaxes: • Historia de ser muller (1) http://youtu.be/oPgetuRj77A •Historia de ser muller (2) http://youtu.be/Jzd7anObQoQ •Historia de ser muller (3) http://youtu.be/z5g0w00G7WI 4. Consultar a seguinte presentación : http://www.slideshare.net/trafegandoronseis/muller-na-lite2 5. Ler e escoitar o poema de Rosalía Tecín soia a miña tea http://sondepoetas.blogspot.com/2008/05/tecn-soia-mia-tea.html

Tarefa: SON MULLER, E QUE? 6. Completar a información: •Descubrindo que as mulleres temos dereitos: •Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá http://gl.wikipedia.org/wiki/Declaraci%C3%B3n_dos_De reitos_da_Muller_e_da_Cidad%C3%A1 •Texto cos artigos da Declaración… http://gl.wikisource.org/wiki/Declaraci%C3%B3n_dos_D ereitos_da_Muller_e_da_Cidad%C3%A1 •Botándolles unha ollada aos seguintes documentos: •Artigo xornalístico: De como ser muller e non morrer no intento http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=266&se ccion=13# •Artigo xornalístico: O papel da muller galega na nosa Alta Idade Media http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=729&se ccion=13 •Artigo ensaístico: O personaxe feminino na novela do século XX http://www.letrasgalegas.org/servlet/SirveObras/p2/047 09485479303095207857/p0000001.htm

Tarefa: SON MULLER, E QUE? 7. Organizar toda a información recollida por etapas, seguindo a Historia da Literatura e da Lingua Galega. 8. Elaborar unha presentación partindo da información seleccionada: •En power point •En prezi •Nun documento de texto 9. Expoñer na aula o resultado da investigación, o produto final. 10. Xerar un debate en torno á presenza- ausencia da muller na Literatura.

Add a comment

Related presentations

Related pages

Tarefa: SON MULLER, E QUE? - alinguademarlou.blogaliza.org

Tarefa: SON MULLER, E QUE? 6. Completar a información: •Descubrindo que as mulleres temos dereitos: •Declaración dos Dereitos da Muller e da
Read more

Rosalía de Castro on Pinterest | Nova, Dia De and Literatura

Tarefa: SON MULLER, E QUE? ... e a muller que converteu a súa obra en paradigma da cultura galega. Os collages que aparecen no libreto son obra de ...
Read more

Rosalía de Castro - slideboom.com

Tarefa: SON MULLER, E QUE? 5. Completar a información: Descubrindo que as mulleres temos dereitos: Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá http ...
Read more

Angela - Documents

1. angela Presentación realizada por Angela Alcalde (PCPI-2) arredor da Tarefa: SON MULLER, E QUE?
Read more