Secuencias de lingua e literatura na rede

75 %
25 %
Information about Secuencias de lingua e literatura na rede
Education

Published on March 7, 2009

Author: xanocebreiro

Source: slideshare.net

Description

Claves para a súa elaboración e exemplos

Secuencias didácticas de Lingua e literatura na rede

Aproximación ao concepto Coñécense como secuencias didácticas, diferentes propostas de realización de tarefas , desenvoltas a través de actividades en progresión coa finalidade de encarar a elaboración dun produto . En Lingua, conectan co enfoque comunicativo-funcional, enriquecendo aqueles labores nos que o alumnado se enfronta a procesos de interacción e aprendizaxe colaborativa guiados polo docente.

Aproximación ao concepto Responden ao modelo dos proxectos de traballo e fórmulas afíns, que se caracterizan sobre todo por: · Responder a estratexias por descubrimento e interacción, con participación activa do alumnado · Marcar obxectivos de investigación e/ou produción para compartir · Integrarse no contexto cultural real con propostas significativas · Abordar o traballo de maneira secuencial progresiva, evoluíndo do máis básico ao máis complexo · Encarreirar o emprego de recursos variados seguindo unhas pautas · Ofrecerlle ao alumnado, que sabe como e cando se avalía o labor, oportunidades de reflexión e autoaavaliación

· Responder a estratexias por descubrimento e interacción, con participación activa do alumnado

· Marcar obxectivos de investigación e/ou produción para compartir

· Integrarse no contexto cultural real con propostas significativas

· Abordar o traballo de maneira secuencial progresiva, evoluíndo do máis básico ao máis complexo

· Encarreirar o emprego de recursos variados seguindo unhas pautas

· Ofrecerlle ao alumnado, que sabe como e cando se

avalía o labor, oportunidades de reflexión e autoaavaliación

Unidades básicas Os exercicios só esixen traballar, de maneira normalmente mecánica e descontextualizada, un contido puntual. Soen inserirse no modelo explicación > exemplificación > exercicios, propio das estratexias expositivas, m ais tamén poden usarse dentro deste enfoque para axudar a consolidar coñecemento. Un exercicio típico: cubrir ocos. As actividades supoñen o traballo dunha (sub)competencia ao activar a contextualización do labor. Son habituais as actividades de lectura comprensiva ou interpretativa, de creación a partir dun modelo, etc. As tarefas implican o uso de distintos recursos seguindo diferentes pasos para elaborar un texto complexo, solucionar un problema, etc. Conteñen, logo, unha serie de actividades secuenciadas. Poden axudar ao desenvolvemento conxunto de varias competencias. Unha tarefa é, por exemplo, a realización dunha presentación a partir de consultas de fontes, elaboración dun guión, etc.

Unidades básicas Así pois, unha tarefa implica a necesidade de realizar un traballo de produción composto por diferentes actividades en conexión, con emprego de distintos recursos e estratexias. Unha secuencia estará composta de varias tarefas ou dunha tarefa complexa. http://www.flickr.com/photos/68217672@N00/236828415

Variantes As secuencias didácticas constitúen un modelo flexíbel que se adapta aos nosos obxectivos didácticos http://www.flickr.com/photos/68217672@N00/236828415 Evidentemente, estas non son as únicas propostas con potencialidade para o desenvolvemento conxunto das competencias. Outras opcións interesantes son os grupos interactivos de aprendizaxe dialóxica, os proxectos con saídas didácticas, a realización de actos públicos... A Proxectos de escrita para a mellora das producións de tipos textuais: Posta en situación + Produción inicial + Obradoiros (extracción de características, estratexias de mellora...) + Revisión e produción final l + B Outras opcións para a construción de coñecemento: Diferentes estratexias para a secuenciación efectiva do labor

Algunhas claves para a súa elaboración 1. Será preciso previamente: · partir de determinados contidos curriculares · decidir cal é o contexto -real ou simulado- que permitirá desenvolver mellor diferentes competencias · determinar que produto terá que elaborar o alumnado e que recursos terá que manexar Por exemplo: traballo coa prensa; xornalistas que comentan criticamente novas de actualidade dun ámbito de interese; múltiples competencias implicadas; confección dun guión dun programa de radio, gravación e publicación como podcast nun blogue... contidos novos e previos necesarios para comprender e realizar a tarefa contexto ou situación real de aplicación competencias que se pretende desenvolver produto e recursos necesarios (tipo de actividades, fontes, ferramentas, guías)

· partir de determinados contidos curriculares

· decidir cal é o contexto -real ou simulado- que permitirá desenvolver mellor diferentes competencias

· determinar que produto terá que elaborar o alumnado e que recursos terá que manexar

Algunhas claves para a súa elaboración 2. Deberemos construír cando menos os seguintes elementos: · facer unha presentación desafiante e motivadora da tarefa · crear unha serie de subtarefas ou actividades ordenadas de xeito que preparen para saber elaborar o produto · achegar materiais e recursos que apoien o proceso · definir os criterios e indicadores de (auto)avaliación que debe manexar o alumnado No seu deseño axustarémonos ao que sabe (facer) o alumnado para encamiñar a construción de novo coñecemento e a ampliación das súas destrezas.

· facer unha presentación desafiante e motivadora da tarefa

· crear unha serie de subtarefas ou actividades ordenadas de xeito que preparen para saber elaborar o produto

· achegar materiais e recursos que apoien o proceso

· definir os criterios e indicadores de (auto)avaliación que debe manexar o alumnado

Algunhas claves para a súa elaboración 3. Principais tipos de actividades: 3. 1. Achegamento a situacións problemáticas ou rechamantes, necesidades reais, modelos das producións obxectivo... A través de intercambios dialóxicos, chuvia de ideas, visionamentos, recompilacións, etc. Para avaliar previamente o alumnado, introducir o tema, motivar. http://www.flickr.com/photos/54154809@N00/2357929109

Algunhas claves para a súa elaboración 3. Principais tipos de actividades: 3. 2. Lectura comprensiva, interpretativa e/ou reflexiva de textos reais -que poden combinar diferentes códigos- e presentación de resultados. Posibilidades na gradación da lectura: - identificar características - resumir trasladando a outro formato - esquematizar establecendo relacións - explicar significados contextuais - contrastar actitudes, ideas ou opinións de diferentes textos - facer unha valoración razoada persoal/colectiva - extraer, analizar ou revisar estruturas textuais - clasificar elementos... Para descubrir claves e extraer e organizar o coñecemento preciso para elaborar o produto.

- identificar características

- resumir trasladando a outro formato

- esquematizar establecendo relacións

- explicar significados contextuais

- contrastar actitudes, ideas ou opinións de diferentes textos

- facer unha valoración razoada persoal/colectiva

- extraer, analizar ou revisar estruturas textuais

- clasificar elementos...

Algunhas claves para a súa elaboración 3. Principais tipos de actividades: 3. 3. Procura de maior información, tratamento e recolleita en presentacións ordenadas: mapas conceptuais, gráficos, series, exposicións... 3. 4. Creación guiada con planificación. Presentación oral das producións escritas e mais do proceso de elaboración. Para compoñer, reelaborar e comunicar o coñecemento http://www.flickr.com/photos/13785701@N03/1558646354

Secuencias con TIC As secuencias didácticas poden integrar os recursos da rede en maior ou menor medida: Só consultas puntuais ... ..... Desenvolvemento pleno na web 2.0 selección, tratamento e partilla da información na rede produción (tamén combinada) con aplicacións da web publicación en blogue, wiki...

Secuencias con TIC O seu desenvolvemento pleno na rede supón, para o profesorado, o deseño en espazos web de tarefas complexas que condicionen e guíen o uso de múltiples recursos dixitais . + traballo conxunto das competencias básicas + integración das distintas linguaxes audiovisuais e dos xéneros hipertextuais As webquest son exemplos de secuencias de traballo na rede e poden recoller perfectamente ese amplo uso de ferramentas dixitais (aínda que non é o máis habitual), pero non son a única opción nin parecen a máis axeitada se: > non pretendemos traballar o manexo e procesamento de varias fontes de información nin distribuír o traballo segundo roles > temos uns obxectivos que nos levan a organizar dun xeito menos ríxido os pasos a seguir

> non pretendemos traballar o manexo e procesamento de varias fontes de información nin distribuír o traballo segundo roles

> temos uns obxectivos que nos levan a organizar dun xeito menos ríxido os pasos a seguir

Secuencias con TIC Tres esixencias engadidas á hora de deseñar secuencias na rede: i. Coñecemento (práctico) mínimo das ferramentas fundamentais que ofrece a web ii. Profundamento nas posibilidades didácticas de tales ferramentas na nosa materia iii. Disposición para a revisión permanente e a adaptación ás novas necesidades

Secuencias con TIC i. Coñecemento (práctico) mínimo das ferramentas fundamentais que ofrece a web .: A propia rede ofrece guías para a formación: (vídeo)titoriais, wikis e blogues sobre TIC no ensino... .: É preciso adicarlle tempo a experimentar con algunhas das ferramentas empregadas naquelas experiencias didácticas que coñecemos e consideramos interesantes .: Convén converternos en usuarios activos da rede: consultando blogues da materia, xestionando espazos propios, participando en redes sociais educativas... !! Precisamos adquirir destrezas, non planos de rutas (sempre variábeis)

.: A propia rede ofrece guías para a formación: (vídeo)titoriais, wikis e blogues sobre TIC no ensino...

.: É preciso adicarlle tempo a experimentar con algunhas das ferramentas empregadas naquelas experiencias didácticas que coñecemos e consideramos interesantes

.: Convén converternos en usuarios activos da rede: consultando blogues da materia, xestionando espazos propios, participando en redes sociais educativas...

Secuencias con TIC ii. Profundamento nas posibilidades didácticas das ferramentas web na nosa materia Algunhas claves segundo os tres ámbitos sinalados antes: Unha escolma de ferramentas, neste wiki - selección, tratamento e partilla da información Podcast exposicións orais, xéneros radiofónicos, lecturas interpretativas, narracións... - publicación Blogues espazo de traballo, disposición de creacións, diario persoal ou portfolio... Wiki

Secuencias con TIC As secuencias contribúen á adecuación da didáctica da lingua e literatura ás necesidades dun alumnado maioritariamente nativo dixital, que precisa aprender a ler (criticamente) na rede e a empregala de maneira creativa . Formación contextualizada e para o futuro usos que fan os mozos e mozas das TIC en fotologs, redes sociais como tuenti... para accederen a contidos multimedia do seu interese, mostrarse, facer amizades, intercambiar experiencias... posibilidade de reencamiñar eses usos e ampliar ferramentas e contornos con finalidades educativas para desenvolver a lectura dixital, crear contidos, cuestionar, intercambiar producións e informacións, aprender a colaborar...

Secuencias con TIC En lingua e literatura, a rede facilita e motiva: · o enfrontamento con situacións e textos reais no contexto dixital: prensa, documentos sonoros... · a práctica con novos usos da lingua e da expresión literaria e audiovisual · o achegamento, tan necesario no caso das linguas minorizadas, ás expresións culturais máis innovadoras · amplas posibilidades de interacción · a elaboración de textos e artefactos creativos con ferramentas intuitivas · a consulta de fontes en múltiples formatos

· o enfrontamento con situacións e textos reais no contexto dixital: prensa, documentos sonoros...

· a práctica con novos usos da lingua e da expresión literaria e audiovisual

· o achegamento, tan necesario no caso das linguas minorizadas, ás expresións culturais máis innovadoras

· amplas posibilidades de interacción

· a elaboración de textos e artefactos creativos con ferramentas intuitivas

· a consulta de fontes en múltiples formatos

Secuencias con TIC Algunhas indicacións do currículo

Tarefas Exemplos Publicación en Traballo en/con Preparación dunha tertulia ou debate sobre un tema determinado e creación de podcast. Blogue colectivo Rede social, marcadores, podcast Revisión e confección de textos xornalísticos de opinión Blogue Blogue / Rede social, prensa dixital, historia en banda deseñada 1. Produción de tipos de texto ou de xéneros textuais El post de la Nùria Viñetas pola paz El siglo XXI Algunhas posibilidades

Tarefas Exemplos Publicación en Traballo en/con Escolma, comentario e presentación audiovisual de textos das lecturas. Wiki / blogue Wiki / rede social, podcast Obradoiro literario na web: análise de textos, (re)creación baixo pautas, translacións, animacións. Blogue Blogue, bibliotecas dixitais, presentacións, liñas do tempo 2. Manipulación ou adaptación de textos Lleguir poesía Greguerías Veamos poesía Algunhas posibilidades

Tarefas Exemplos Publicación en Traballo en/con Creación dun mapa lingüístico dun grupo diverso.. Blogue Blogue, xeolocalización, podcast Presentación das claves da obra dun autor ou dunha etapa literaria. Blogue Rede social, marcadores, mapas mentais, xeolocalización, liñas do tempo, presentacións, vídeo 3. Investigación e realización de proxectos Dialectos Machado Narrativa de vangarda Algunhas posibilidades

Tarefas Exemplos Publicación en Traballo en/con Organización dunha saída: planificación, elaboración de materiais de apoio. Blogue Blogue, xeolocalización Presentación de recursos literarios achados en textos de distintos ámbitos: prensa, publicidade... Wiki / Blogue Wiki / Blogue, presentacions multimedia ... Investigación e realización de proxectos Organizamos unha saída Barroco y fútbol Algunhas posibilidades

Para as fontes, consúltense estes favoritos . Luciano Fernández Remexer Na Lingua

Add a comment

Related presentations