Rosalia

60 %
40 %
Information about Rosalia

Published on June 5, 2008

Author: guest202c88

Source: slideshare.net

Description

Pra Habana, poema de Rosalía con imaxes de Manuel Ferrol; comparación entre a emigración galega a América e a emigración actual

PRA A HABANA ROSALÍA DE CASTRO EUROPA

I

   Vendéronlle os bois, Vendéronlle as vacas, O pote do caldo E a manta da cama.

  Vendéronlle o carro E as leiras que tiña, Deixárono soio Coa roupa vestida.

   — María, eu son mozo, Pedir non me é dado, Eu vou polo mundo Pra ver de gañalo.

   Galicia está probe, E á Habana me vou... ¡Adios, adios, prendas Do meu corazón!

 

II

   Cando ninguén os mira Vénse rostros nubrados e sombrisos, Homes que erran cal sombras voltexantes Por veigas e campíos.

   Un, enriba dun cómaro Séntase caviloso e pensativo, Outro, ó pe dun carballo, queda inmóbil Coa vista levantada hacia o infinito.

   Algún cabo da fronte recrinado Parés que escoita atento o murmurío Da augua que cai, e eisala xordamente Tristísimos suspiros.

   ¡Van a deixa-la patria!... Forzoso, mais supremo sacrificio. A miseria está negra en torno deles ¡Ai! ¡e adiante está o abismo!...

 

III

O mar castiga bravamente as penas, E contra as bandas do vapor se rompen As irritadas ondas Do cántabro salobre.

     Chílan as gaviotas ¡Alá lonxe!... ¡moi lonxe! Na prácida ribeira solitaria Que convida ó descanso e ós amores.

   De humanos seres a compauta línea Que brila ó sol, adiántase e retórcese, Mais preto e lentamente as curvas sigue Do murallón antiguo do Parrote.

   O corazón apértase de angustia, Óiense risas, xuramentos se oien, E as blasfemias se axuntan cos suspiros...

¿Onde van eses homes?    Dentro dun mes no simiterio inmenso Da Habana, ou nos seus bosques, Ide a ver que foi deles...

¡No eterno olvido para sempre dormen!... ¡Probes nais que os criaron, E as que os agardan amorosas, probes!

 

IV

   “ Ánimo, compañeiros!, Toda a terra é dos homes. Aquel que non veu nunca máis que a propia A iñorancia o consome.

Ánimo! A quen se muda Dio-lo axuda! E anque ora vamos de Galicia lonxe, Verés desque tornemos  O que medrano os robres!

Mañán é o dia grande, á mar amigos! Mañán, Dios nos acoche!”

  No sembrante a alegría, No corazón o esforzo E a campana harmoniosa da esperanza, Lonxe, tocando a morto!

 

V

   Este vaise e aquel vaise E todos, todos se van. Galicia, sen homes quedas Que te poidan traballar.

Tes en cambio orfos e orfas E campos de soledad, E nais que non teñen fillos E fillos que non tén pais.

E tes corazóns que sofren Longas ausencias mortás, Viúdas de vivos e mortos Que ninguén consolará.

 

A maior parte das fotografías da emigración galega pertencen a Manuel Ferrol . As demais fotografías pertencen a diversos medios de comunicación e páxinas persoais de fotografía de flickr.com Música: Na lúa : “Camiño de ferro”, in Contradanzas Luar na lubre : “Marcha procesional do Mato”, in Ara Solis MIlladoiro : “Invernía”, in Castellum honesti

Música:

Na lúa : “Camiño de ferro”, in Contradanzas

Luar na lubre : “Marcha procesional do Mato”, in Ara Solis

MIlladoiro : “Invernía”, in Castellum honesti

Add a comment

Related pages

Rosalia (Heilige) – Wikipedia

Die heilige Rosalia Sinibaldi „la Santuzza“ genannt (* um 1130 in Palermo, Sizilien; † 4. September 1166 ebenda), war eine Jungfrau und Eremitin auf ...
Read more

Vorname Rosalia - Bedeutung und Herkunft - Baby-Vornamen.de

Alles zum Mädchennamen Rosalia wie Bedeutung, Herkunft, Namenstag und Beliebtheit auf Baby-Vornamen.de
Read more

Rosalia Lombardo – Wikipedia

Rosalia Lombardo (* Dezember 1918; † 6. Dezember 1920) war ein italienisches Kind, dessen Mumie sich im Gruftgewölbe des Kapuzinerkonvents in Palermo ...
Read more

Unternehmen - Rosalia AG

Wer die Welt verändern will, muss sich beteiligen. Gute Einfälle und gute Erzeugnisse haben viele. Woran es bisweilen hapert, sind finanzielle ...
Read more

Heimat

Busgruppen willkommen! In der Region Rosalia finden Gruppenreisende immer ein passendes Angebot ! mehr ... Radfahren und Wandern. Die Region Rosalia ist ...
Read more

Rosalia Lombardo: Rätsel der schönsten Mumie der Welt ...

Heute gilt Rosalia Lombardo vielen als "schönste Mumie der Welt". Dass sich der Zauber ihres kindlichen Antlitzes so erhalten konnte, ist zwei Menschen zu ...
Read more

Rosalia von Palermo - Ökumenisches Heiligenlexikon

Statue in der Kathedrale in Palermo woodcreeper. Rosalia war der erst spät entstandenen Überlieferung zufolge Tochter des zur griechischen Bevölkerung ...
Read more

Neusiedler See Burgenland: Region Rosalia

Region Rosalia. Nur wenige Kilometer von der Landeshauptstadt Eisenstadt und ca. 38 km vom Neusiedler See entfernt liegt eine beschauliche, kleine Region ...
Read more

Rosalia, alles über die heilige Rosalia - Hier finden Sie ...

Rosalia, alles über die heilige Rosalia - Hier finden Sie alles über Heilige, Namenstage, Legenden mit Hintergrundinformationen, Geschichte, usw.
Read more

Rosalia (festival) - Wikipedia, the free encyclopedia

In the Roman Empire, Rosalia or Rosaria was a festival of roses celebrated on various dates, primarily in May, but scattered through mid-July. The ...
Read more