RIO LIMIA

50 %
50 %
Information about RIO LIMIA

Published on March 8, 2014

Author: joselopezmourenza

Source: slideshare.net

LONXITUDE: 135 km (68 km en Galicia e 67 km en Portugal) CUNCA: 3.699 km 2 (1.329 km2 en Galicia e 2.370 km2 en Portugal.

CLIMA Atlántico, con zonas de influencia mediterránea.

RÉXIME: pluvial, con augas altas no inverno. CAUDAL: 28 m3/s

NACEMENTO: Monte Talariño (Sarreaus) a 975 m de altitude. SARREAUS

Faramontaos XINZO DE LIMIA Nace na serra do Larouco e xúntase co Limia en Xinzo de Limia.

O Limia en Xinzo de Limia

A Limia

Canle da Antela Construída para drenar a lagoa da Antela. O Limia na Limia O Limia en Ponteliñares

Fírveda Nace na parroquia de Vila (Calvos de Randín). No concello de A Porqueira forma un pequeño cavorco con varias fervenzas. Brañas de Golpellás. A Fírveda (A Porqueira)

Cadós Nace na serra do Leboreiro e xúntase co Limia no encoro das Cunchas. Encoro das Cunchas. O Limia no canón dos Infernos, o único tramo sen encorar na Baixa Limia.

Grou (Pedrouzos) nace na serra do Leboreiro e xúntase co Limia en Grou, no canón dos Infernos. Unha das cabeceiras do Grou na serra do Leboreiro

Salas nace na serra da Pena e os seus principais afluentes son Barxa, Calvos, Mao, e Cabaleiros. Xúntase co Limia en Lobios. Encoro do Salas

Agro Nace na serra do Leboreiro e xúntase co Limia no encoro de Lindoso. O principal afluente é o río da Montaña. Río da Montaña en Queguas

Lobios Nace do Pico da Nevosa (Xurés) e xúntase co Limia en Fondevila (Lobios). O Lobios en Saa

Caldo Nace nos cumes do Xurés e xúntase co Limia nas proximidades de Lobios. O seu principal afluente é o Vilameá. Recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais. Corga da Fecha Vilameá

Encoro de Lindoso e serra de Santa Eufemia.

Encoro de Lindoso Entrimo e ao fondo o encoro de Lindoso.

Castro Leboreiro Nace en Portugal, na vertente oeste da serra do Laboreiro e durante parte do seu percorrido fai fronteira co concello de Entrimo. Xúntase co Limia no encoro de Lindoso. O río en Castro Laboreiro

Adrào Nace na localidade de Adrão e percorre uns 8 km ata a confluencia co Limia. Central de Lindoso Froufe Nace na Serra Amarela e xúntase co Limia no encoro de Touvedo.

PONTE DA BARCA

ARCOS DE VALDEVEZ Vez Nace na serra de Soajo e ten un percorrido de 36 km. Vade Nace nas proximidade de Portela de Vade e xúntase co Limia en Ponte da Barca.

PONTE DE LIMA

Estorades PONTE DE LIMA Lagoa de San Pedro, na chaira de Inundación do río Estorades LANHESES Portuzelo

VIANA DO CASTELO

DESEMBOCADURA: Océano Atlántico

XEOLOXÍA O Limia descende rápido desde o nacemento á depresión da Antela ou da Limia por onde discorre mainamente para precipitarse á saída da mesma, en fortes pendentes ata entrar en Portugal, onde discorre por un val estreito. Na desesembocadura forma un esteiro con amplas zonas de marismas.

A depresión da Limia orixinouse pola relaxación posterior á Oroxénese Alpina na que se ergueron e afundiron grandes bloques aproveitando antigas fallas primarias. A zona deprimida está cuberta por un depósito aluvial do Cuaternario constituído por areas, arxilas, turba e lignito que acada nalgunhas zonas os 200 m de profundidade. A depresión estivo ocupada por unha lagoa que se desecou para aproveitamento agrícola no ano 1958.

As rochas dominantes en gran parte do curso son os granitos.

Nas cabeceiras do Vilameá (afluente do Caldo) hai un val glaciar.

FERVENZAS Nos afluentes do río Limia que baixan das serras con bruscos desniveis, hai numerosos rápidos e fervenzas. Río Limia no Canón dos Infernos, nun tramo libre entre os encoros das Cunchas e Lindoso. Fírveda (A Porqueira)

As Forcadiñas, no río Chao de Requeixo (Salas) Fecha Carneira, no río de Salgueiros (Salas)

Rego da Portela (Salas) Río Salas Pozo Negro no Salas, en Cela

As Olas, no río Mao (Salas)

Fecha do Fragón, (Río da Montaña-Agro) Fecha de Venceáns (Río da Montaña-Agro)

Pozo Caído (Río Pacín ou da Montaña-Agro) Río da Montaña en Queguas (Agro)

Río Vilameá (Caldo) Río Corga da Fecha(Caldo)

Río Castro Leboreiro en Castro Laboreiro Pozas do Mallón (río Castro Leboreiro)

Rego de Gemieira

Pozo Negro no río Adrão (Soajo)

FLORA A vexetación do río é a típica das áreas húmidas. Nas beiras aparecen pequenos bosques de salgueiros, amieiras, sanguiños, bidueiros, freixos, érbedos e carballos. Nos prados que se asolagan, e no río hai xuncos, espadainas, lirios amarelos, ambroíños, ranúnculos, oucas, lentellas de auga, pe de boi ... Espadanas, oucas, herba das rans… Salgueiros

Antelas (Scispus lacustris) e salgueiros. Salgueiro (Salix salviifolia)

Herba das rans (Lemna minor) Espadana ou lirio (Iris pseudacorus) Callitriche stagnalis

FAUNA AVES: destaca a biodiversidade das chairas e pozas da Limia: crían o somorgullo pequeno (Tachybaptus ruficolli), a cegoña branca (Ciconia ciconia), o alavanco real, a galiña de río, a avefría (Vanellus vanellus), becacina cabra (Gallinago gallinago), cerceta real (Anas crecca), mazarico rabinegro (Limosa limosa), bilurico común (Tringa totanus) e pernileiro (Burhinus oedicnemus).

Pódense ver ademais: somorgullo cristado, garzas (pequena e real), garzota, cerceta areeira, pato cullerete, rascón de auga, píllara (real, dourada grande e areeira), biluricos (patirrubio, alinegro, bailón e patinegro), mazaricos (rabipinto, común e galego), cabra do aire, patuda, carrán (mouro e común), martiño peixeiro, curuxa das xunqueiras, anduriña das barreiras, lavandeiras, aguia (peixeira, perdiceira e albela), peneireiro cincento, miñato (abelleiro, real e queimado), azor, gabián, gataforn ela, falcón (peregrino e pequeno) Mergullón

MAMÍFEROS: lontra, morcegos (Rhinolophus eurygal, Myotis myotis, Barbastella barbastellus. RÉPTILES: cobra sapeira, escánceres, sapoconc ho común... PEIXES: troitas, anguías, escalos, carpa s (nos encoros)... ANFIBIOS: rás, salamántigas, limpafontes. .. E unha gran variedade de invertebrados. Morcego nun muíño á beira do río. Ra verde

ESPAZOS PROTEXIDOS -Parque Nacional “PenedaGerês” -Parque Natural e LIC “Baixa Limia-Serra do Xurés”. -LICs “Veigas de Ponte Liñares”, “Río Lima” , “Lagoas de Bentiados e San Pedro de Arcos*”, “Brañas de Golpellás”, “Brañas do río Calvos”, “Veigas do río Salas” (estas tres últimas pendientes de aprobación). -ZEPA “A Limia”. *Humidal Ramsar Parque Natural “Baixa Limia-Serra do Xurés”.

Pozas de Sandiás, antigas areeiras naturalizadas.

Veigas de Ponte Liñares, na Limia.

APROVEITAMENTO Subministro de auga para abastecemento de poboacións, regadío, industrias; produción de enerxía eléctrica, pesca, lecer... ENCOROS: As Cunchas, Salas (Río Salas), Lindoso, Touvedo... e varias minicentrais. En distintos puntos da beira do Limia e os seus afluentes hai surxencias termais que son aproveitadas en baños e balnearios (Bande, Lobios, Caldas de Gères). Os Baños de Bande Río Caldo en Lobios.

Muíño en Sarreaus Muíño no Nau Muíño en Gemieira

Pesca deportiva Deportes en Ponte de Lima Ruta na lagoa de San Pedro Presa das Cunchas

DATOS HISTÓRICOS O val do Limia estivo poboado desde tempos moi antigos como atestiguan os menhires, as mámoas e os castros. Na lagoa da Antela descubríronse poboados palafíticos con achádegos de puntas de frecha datadas no 2600-2500 a.C. Pola Limia e polo Xurés pasaba unha vía romana e nas beiras do río consérvanse vilas termais e acampamentos. En toda a zona consérvase un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico de distintas épocas. Dolme “Casiña da Moura” no río Salas “Pedra Alta”, un menhir na Limia.

Acampamento romano “Aquis Querquenis” En Bande. Miliarios romanos no Río Caldo. Vila termal romana en Riocaldo.

Torre de Sandiás (A Limia) Igrexa prerrománica de Santa Comba de Bande. Torre da Pena (A Limia)

PONTES Río Caldo Faramontaos A Porqueira Río Agro (Entrimo)

Arcos de Valdevez Ponte da Barca

Ponte de Lima Viana do Castelo (Ponte de Eiffel)

LENDAS O RÍO DO ESQUECEMENTO. O mito clásico do río Leteo no que as almas dos mortos bebían o esquecemento á entrada dos felices Campos Elíseos localízase en Galicia no río Limia. Na antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se atrevese a vadealo perdería a memoria. O historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non se atrevían a cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu primeiro, e logo foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen que non perdera a memoria.

CURIOSIDADES Na depresión da Limia atopábase a lagoa máis grande de España con 9 km de longo, 5 de ancho e 3 m de profundidade, uns 40 km2 de superficie, e unha enorme riqueza biolóxica. Foi desecada polo IRYDA en 1958 para aproveitar o espazo como terreo agrícola. Na actualidade so quedan a canle de desecación e algúns encharcamentos estacionais. O espazo está ocupado por leiras de patacas e cereais. Detalle do mapa de Domingo Fontán (1845)

PROBLEMAS Alteración de ecosistemas (desecación, encoros, obras...), especies invasoras, contaminación...

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

Add a comment

Related presentations

Related pages

Río Limia - Wikipedia, a enciclopedia libre

O río Limia (en portugués rio Lima) é un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal. Curso. Nace a 975 m de altitude no monte Talariño, na ...
Read more

Lima (Fluss) – Wikipedia

Rio Lima; span. Río Lima) ist ein ... Er durchquert in Galicien unter anderem Xinzo de Limia (oder Ginzo de Limia), von wo er seinen offiziellen Namen ...
Read more

Festa do Esquecemento - Wikipedia, a enciclopedia libre

Décimo Xunio Bruto atravesa o río Limia. Batalla entre castrexos e romanos. Lexionario. A Festa do Esquecemento, ...
Read more

Limia (river) - Wikipedia, the free encyclopedia

The Limia River (Lima in Portuguese, Portuguese pronunciation: ) is in Galicia, Spain, and Portugal, with a length of 108 kilometres (67 mi). The source of ...
Read more

Category:Rio Lima - Wikimedia Commons

Category:Rio Lima. From Wikimedia Commons, the free media repository. ... Español: Limia es un rio de España y Portugal. Português: Rio Lima, ...
Read more

Rafting en el Río Limia - YouTube

Rafting en el Río Limia Sillypollas Produntions. Subscribe Subscribed Unsubscribe 21 21. Loading ... VI Abrazo ao rio Limia - Duration: 2:41.
Read more

Xinzo de Limia – Wikipedia

Xinzo de Limia ist eine Stadt im Nordwesten Spaniens. Sie liegt in der Provinz Ourense, innerhalb der Autonomen Region (Comunidad Autónoma) Galicia nahe ...
Read more

Limia River - Wikidata

cawiki Riu Limia; dewiki Lima (Fluss) enwiki Limia (river) eswiki Río Limia; euwiki Limia (ibaia) fiwiki Lima (joki) frwiki Lima (fleuve) glwiki Río ...
Read more

Rio Limia-O río do Esquecemento. O gran Limia, hoxe é un ...

Río Limia, encoro das Conchas totalmente eutrofizado e cheo de microcistina en agosto de 2011 Causas: a porquería que chega da Limia dende fai ...
Read more

río Limia - Free definitions by Babylon

río Limia - Free definition results from over 1700 online dictionaries. Cart (0) Products. ... Rio Limia. REDIRECCIÓN Río Limia; Ver más en Wikipedia ...
Read more