advertisement

Rio Lérez

67 %
33 %
advertisement
Information about Rio Lérez

Published on March 8, 2014

Author: joselopezmourenza

Source: slideshare.net

advertisement

LONXITUDE: 60 km SUPERFICIE DA CUNCA: 449,5 km CONCELLOS: Forcarei, Cerdedo, A Estrada, 2 Campo Lameiro, Cotobade, Barro e Pontevedra

CLIMA Atlántico, con precipitacións máis abundantes no curso alto.

RÉXIME: Pluvial. O mes de augas máis altas é febreiro e o de maior estiaxe, setembro. CAUDAL: 21,2 m /s 3

NACEMENTO: Monte do San Bento, na Serra do Candán, a 900 km de altitude.

ACIBEIRO Andón (Forcarei) Ponte do Cregos (Forcarei)

Sorribas O Lérez en Forcarei. Freixeira

CERDEDO Castro nace na aba oeste da serra do Cando e xúntase co Lérez en Cerdedo. Ponte de San Antón sobre o río Castro (Cerdedo).

Couto Laceiras O Lérez en Cerdedo O Lérez en Pedre

Quireza nace nas Pedras Brancas (A Portela-A Estrada) e xúntase co Lérez pasado Pedre. Río Vesacarballa, afluente do Quireza, en Sabucedo.

O Lérez entre San Xurxo de Sacos e Campo Lameiro.

O Lérez entre San Xurxo de Sacos e Campo Lameiro.

O Lérez en Lodeiro (Campo Lameiro)

Calvos Maneses O Lérez en Cutián

O Lérez en Gargallóns (Campo Lameiro)

O Lérez entre Calvelo (Cotobade) e Xeve (Pontevedra).

Almofrei nace ao pé da serra do Cando e despois de 26 km de percorrido desemboca no Lérez en Bora (Pontevedra). É o afluente máis longo de de máis caudal do Lérez.

O Lérez en Bora

O Lérez en Monteporreiro-Pontevedra

O Lérez en MonteporreiroPontevedra

Lérez (Pontevedra)

PONTEVEDRA

Tomeza (Gafos) Rons Esteiro do Rons Ponte da Condesa (Tomeza) Encoro de Pontillón de Castro

DESEMBOCADURA: Ría de Pontevedra (Océano Atlántico)

XEOLOXÍA O Lérez descende desde a Serra do Candán con fortes pendentes encaixándose e abríndose repetidas veces ao longo dos seus cursos alto e medio, para discorrer lentamente no seu curso baixo. Forma un amplo esteiro no fondo da ría de Pontevedra. No seu percorrido abondan as fallas que dan lugar a numerosas fervenzas. Canón do Lérez, entre San Xurxo de Sacos (Cotobade) e Campo Lameiro.

FERVENZAS Chamosa (Rego de Sorribas, Forcarei) Presqueiras (río Carballás-Castro)

Presqueiras (río Carballás-Castro)

Cavadosa (Río Seixo-Castro)

Pozo Sangoento (Río Seixo-Castro) Pozo Fumegas (Río Seixo-Castro)

Río Vesacarballa (Quireza-Lérez) en Sabucedo.

Río Almofrei en Ponte Arrotea.

Río Almofrei en Arrotea. Río Almofrei en A Fontenova.

Río Almofrei en Bora.

Rego da Fillagosa (Lérez-Pontevedra)

FLORA Nos bosques do Lérez atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros, sanguiños, carballos e no curso baixo eucaliptos e mimosas. Nas augas remansadas hai espadainas, lirios, oucas, lentellas de auga, bricios, espigas de auga, Myriophylum, pe de boi... e nas beiras fentos (dentabrú, fento macho, fento femia, Blechnum...), herba salgueira, lúpulo, hedras, valdeba, silva, salgueiriño, amarelle, menta de auga, violeta, reina, adelfiña, molinia...

Senecio nemorensis Lythrum salicaria Dentabrú ou Palla Real (Osmunda regalis) Molinia caerulea

FAUNA Nas augas do Lérez hai troita, salmón, escalo, anguía, reo e na zona de influencia das mareas, muxes. Tamén hai unha boa representación de réptis, anfibios, aves, mamíferos e insectos. Lontra (Lutra lutra) Picapeixes (Alcedo Athys)

ESPAZOS PROTEXIDOS O Lérez está protexido como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e LIC en dous tramos, o “Río Lérez”, desde San Xurxo de Sacos ata a cidade de Pontevedra, “Serra do Cando”, desde Cerdedo a Aciveiro e “Serra do Candán” nas proximidades do nacemento.

APROVEITAMENTO Subministro de auga para as poboacións, a agricultura e a industria, pesca, enerxía eléctrica. Hai centrais eléctricas no Lérez e no Almofrei.

Pontillón de Castro A cidade de Pontevedra e varias vilas das dúas marxes da ría de Pontevedra abastécense de auga do Lérez e do encoro do Pontillón de Castro, no seu afluente o Rons.

MUÍÑOS Ponte do Crego (Forcarei) Río Vesacarballa en Sabucedo.

Rego de Verducido Almofrei en Arrotea

SERRADOIROS Do Mestre, río Vesacarballa (Sabucedo). Fábrica do Pitirro (Forcarei)

Fonte do Lérez: construída a comezos de século e actualmente abandoada. As augas abrollan a carón do río e empregáronse en bebida para problemas do aparello dixestivo. Balneario de San Xusto (Cotobade). Pechou en 1934, aínda que algunhas persoas seguen empregando a súa auga. As augas abrollan ao pé do Lérez e empréganse en baños (para a pel) ou bebidas (para problemas dixestivos.

DATOS HISTÓRICOS Ao longo do curso do Lérez consérvase un rico patrimonio etnográfico e histórico: mosteiros de Acibeiro (Forcarei) e Lérez (Pontevedra), pontes, muíños, serrerías, núcleo histórico de Pontevedra... Mosteiro de Lérez Mosteiro de Acibeiro

PONTES Pontella no río Seixo. Arrotea (Río Almofrei) Ponte de San Antón (Cerdedo)

Ponte de Pedre, no Lérez Ponte romana da Cavadosa (Río Seixo) Pasos no Almofrei (Bora) Borela (Río Almofrei)

A Ponte do Burgo, a máis antiga das numerosas pontes que cruzan o Lérez en Pontevedra. A súa fundación atribúese ao mítico Teucro quen, rematada a Guerra de Troia, viaxou a Galicia onde fundou a cidade de Pontevedra. Mais a súa orixe é romana, formaba parte da vía XX onde asentaba a mansio Turoqua; no lugar atopáronse dous miliarios. Sufriu varias modificacións ao longo da historia.

TRADICIÓNS Sempre te encontro lavando no río Lérez Lixeiro. Quen me dera ser o río onde te lavas primeiro (cantiga popular)

LENDAS O río do Seixo (afluente do Castro-Lérez) forma unha ampla poza na que cae formando unha fervenza de 5 m de altura. Varias lendas falan da Serpe bichoca que garda un tesouro. Os que tentan collelo morren.

CURIOSIDADES En Monteporreiro houbo, a comezos do século XX unha empresa que embotellaba augas dos mananciais medicinais que abrollan a carón do río co nome de “Augas do Lérez”.

PROBLEMAS Contaminación, presas que alteran o curso do río e os ecosistemas, especies invasoras...

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

Add a comment

Related pages

Río Lérez, ría de Pontevedra - Wikipedia, a ...

Conca do río Lérez, marcada en azul escuro: O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.
Read more

DESCUBRIENDO RINCONES DE GALICIA: RÍO LÉREZ - YouTube

Like si tu tambien sales a relajarte al rio y suscribete si no te has dado cuenta de la difernecia de longitudes de mi pelo cuando estoy en casa ...
Read more

EPA Pontevedra

Comunicacións internas e chat. V ersión sin Flash. Premede as teclas CTRL e +, ou CTRL e - para axustar a páxina ao voso monitor: Centro EPA Río Lérez
Read more

Rio Lerez Pontevedra - Local Business | Facebook

Rio Lerez Pontevedra. 85 likes · 21 talking about this · 3,892 were here. Local Business
Read more

RIO LEREZ - YouTube

RIO LEREZ XOAN ARCO DA VELLA. Subscribe Subscribed Unsubscribe 159 159. ... RIO ALMOFREI - COTOBADE - Duration: 2:38. XOAN ARCO DA VELLA 151 views.
Read more

Boletín de Notas - EPA Pontevedra

Tlf: 986-861586 - Fax: 986-853169 - E-mail: epa.rio.lerez@edu.xunta.es: EPA Pontevedra . Curso 2015-2016 - Boletín de Notas . Axuda : 02 ...
Read more

Lérez - Wikipedia, a enciclopedia libre

Lérez, lugar da parroquia de Tenorio, no concello de Cotobade. O río Lérez, que desemboca na ría de Pontevedra. O río Lérez, afluente do río Barbanza
Read more

Río Lérez - Wikimedia Commons

Río Lérez. From Wikimedia Commons, the free media repository. Jump to: navigation, search.
Read more

O RÍO LÉREZ

Blog sobre el Río Lérez ... A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, recoñece os espazos naturais de interese local como unha das ...
Read more

Río Lérez | Concello de Pontevedra

Tel. 986 804 300 | contacto@pontevedra.gal | Concello de Pontevedra, un modelo de cidade. Web oficial con información xeral e servizos para os cidadáns.
Read more