Resumo t1 naturais_6

50 %
50 %
Information about Resumo t1 naturais_6

Published on September 28, 2015

Author: fizpimen

Source: slideshare.net

1. TEMA 1 NATURAIS 6º ORGANIZACIÓN DAS PLANTAS As plantas son seres vivos que non se desprazan. Fabrican o seu propio alimento mediante a fotosíntese (grazas á luz do Sol). Son seres vivos pluricelulares. As plantas divídense en células, que se agrupan en tecidos, órganos, aparatos ata chegar á planta enteira. A célula vexetal e de tipo eucariota (núcleo ben definido). Realiza as 3 funcións vitais (nutrición, relación e reprodución). Está formada por: Parede celular: envoltura ríxida que rodea á célula. Membrana plasmática: envoltura fina que rodea á célula. Citoplasma: líquido viscoso do interior da célula. Orgánulos: flotan no citoplasma e realizan distintas funcións. Entre eles están o núcleo e os cloroplastos (teñen clorofila, substancia verde que permite captar a enerxía do Sol). Os tecidos vexetais teñen funcións determinadas: encárganse do crecemento, da protección, de absorber, soporte... e condutores (vasos leñosos – [zume bruto] levan substancias da raíz ata a folla; vasos liberianos – [zume elaborado] levan substancias da folla ao resto da planta). O reino vexetal divídese en anxiospermas (producen flores e sementes; raíz, talo, follas e flores); ximnospermas (como as anteriores, pero a semente non está nun froito –piñeiro); fentos (raíz, talo e follas .- reprodúcense por esporas) e as carrizas (reprodúcense por esporas e non teñen órganos verdadeiros). Nas plantas atopamos 2 grandes aparatos: vexetativo (formado por raíz, talo e follas), e o aparato reprodutor (formado por flor, semente e froito). Raíz: órgano subterráneo. Ten as funcións de soster a planta, absorber auga e minerais do solo e transporte destes cara ao talo. Algúns almacenan substancias de reserva (cenoria). Talo: dá soporte e permite transporte de nutrientes. Algúns serven para almacenar substancias de reserva (cacto). Poden ser herbáceos (fráxiles -herbas) ou leñosos (ríxidos e duros –árbores e arbustos). Follas: fabrican o alimento mediante a fotosíntese. envés face Débenlle a cor verde á clorofila (substancia que capta a enerxía do Sol para realizar fotosíntese). As plantas respiran (collen O2 e expulsan CO2). Por outra banda, durante a fotosíntese, captan CO2 e expulsan O2. Este intercambio de gases realízase a través dos estomas (pequenos orificios situados no envés das follas). As algas e algunha bacteria tamén realizan a fotosíntese. REPRODUCIÓN DAS PLANTAS: pode ser asexual (non están implicados gametos masculinos e femininos) e sexual (o aparato reprodutor, a flor, ten gametos masculinos – graos de pole dos estames - e femininos – óvulos do pistilo. Únense mediante a fecundación). A FLOR só aparece durante a época reprodutiva. A maioría das flores son hermafroditas (teñen órganos masculinos e femininos) O óvulo é o gameto feminino que se forma no pistilo. O pistilo está composto polo estilo, o estigma e mais o ovario. O pole é o gameto masculino e fórmase nos estames. Os estames están compostos pola antera e o filamento. A SEMENTE fórmase na flor a partir do óvulo fecundado polo pole. É un órgano que contén un novo ser vivo, o embrión. Compoñentes dunha semente: *O embrión, que dará orixe a unha nova planta. *Tecidos de reserva, a partir dos que o embrión se nutrirá nas primeiras fases do desenvolvemento. *Tecidos que forman unha cuberta protectora. OS FROITOS poden ser secos (noz, abelá, améndoa...) ou carnosos (mazá, pera, pexego...). Célula Tecido Órgano Aparato Individuo

Add a comment

Related pages

Resumo | LinkedIn

View 29679 Resumo posts, presentations, experts, and more. Get the professional knowledge you need on LinkedIn.
Read more

RESUMO DA MATÉRIA MATEMÁTICA - Matemática para Todos

RESUMO DA MATÉRIA MATEMÁTICA. I) NÚMEROS NATURAIS: SIGNIFICADO, ... T1 T2 T3 T4 T5 T6 Jeremias, outro amigo de Zorobabel, mostrou suas notas.
Read more

Tectonics and paleogeography along the Amazon river

The main structural and geomorphological features along the Amazon River are closely ... R2-T1 and T1-T2-R3 are the ... Recursos Naturais, 6, 1 ...
Read more