Recursos samain

50 %
50 %
Information about Recursos samain

Published on October 26, 2016

Author: yolick

Source: slideshare.net

1. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 1 Correccióndetexto:RebecaFernándezFacaleAlejandraCampoPenín A FESTA DOS CALACÚS A FESTA DAS CABAZAS MATERIAIS SAMAÍN, 2016SAMAÍN, 2016 CEIP EUSEBIO DA GUARDA A Coruña EQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPO DINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓN LINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGA EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. CEIP DE GALÁN EQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPO DINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓN LINGUALINGUALINGUALINGUALINGUA GALEGA CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)GALEGA CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)GALEGA CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)GALEGA CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)GALEGA CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA) INFANTIL e PRIMARIAINFANTIL e PRIMARIA

2. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 2 A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense a carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes. O cristianismo, adoptando o aninovo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como Día de Todos os Santos, e no século XII, o día seguinte, estableceríao como Día dos Defuntos. 1.- Que día comezaba o aninovo celta? 2.- Que fan as ánimas dos finados ao comezo do aninovo celta? 3.- Que día celebra o cristianismo o aninovo dos celtas? 5.- Que camiño seguirá esta ánima para chegar á casa dos seus parentes? AS ORIXES DO SAMAÍN TextosdeRafaelLópezLoureiro,AsociaciónparaaRenovaciónPedagóxicaeCultural«MartínSarmiento»eSindicatoGalegodeEnsinoeInvestigación.

3. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 3 Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas. Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu interior unha candea que escintile pola noite. Os celtas tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente. Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos defuntos. Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior. 1.- Que fai a rapazada cando chega o outono? 2.- Que facían os celtas coas caveiras dos inimigos mortos? 3.- Por quen tiñas os celtas un gran respecto? TextosdeRafaelLópezLoureiro,AsociaciónparaaRenovaciónPedagóxicaeCultural«MartínSarmiento»eSindicatoGalegodeEnsinoeInvestigación. A LENDA DAS CABAZAS, CATRO TEXTOS

4. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 4 O ENCRUCILLADO DO SAMAÍN 1.-CELTAS2.-CABAZAS3.-MAN4.-ÁNIMAS 5.-CRISTIANISMO6.-OUTONO A FOTOCOPIA DA CABAZA S A M A I N 1 5 6 2 3 4 HORIZONTAIS 1.- Antigos habitantes de Galicia. 2.- Planta que se recolle no outono e na que, despois de tallada, se lle pon unha candea para poñer medo á xente. 3.- Illa na que aínda se celebra o aninovo celta. 4.- Espíritos que voltan visitar ás súas familias e ás súas vellas casas na noite do aninovo celta, o 31 de outubro. 5.- Relixión que adoptou o 1 de novembro como Día de Todos os Santos. 6.- Época do ano na que se celebra o Samaín.

5. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 5 A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE Ao final do día, María estaba pensando a que ía xogar. Mentres, a escuridade come- zaba a entrar pola ventá. Pouco a pouco, a escuridade foi cubrindo todo o cuarto. En tanto que María xogaba, bailaba e ría, alguén andaba por alí. Como quen non quere a cousa, a escuridade foi esvarando pola pa- rede. María decatouse, pero non sentiu ningún medo. Rapidamente, a escuridade foi ocu- pando toda a habitación. A miña amiga a escuridade, de Ella Burfoot. Baía Edicións

6. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 6 QUE LEMBRAS DA LECTURA? 1.- Que estaba pensando María ao final do día? 2.-Que foi cubrindo pouco a pouco a escuridade? 3.-Que tres cousas facía María no seu cuarto? 4.- Por onde esvaraba a escuridade? 5.- Arrodea as cousas que dean medo.

7. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 7 QUE LEMBRAS DA LECTURA? 6.- Que camiño debe seguir a escuridade para chegar a María. Coloreao.

8. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 8 OsBolechasvanáfestadosCalacús,dePepeCarreiro.Edit.ANosaTerra Os Bolechas van ir á festa dos Calacús que fan na escola e teñen que levar cadanseu calacú. Tata leva unha laranxa porque é pequeno e aín- da non pode cun cabazo. Velaí van todos co papá á parada do autobús es- colar. OS BOLECHAS

9. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 9 1.- A que festa van ir os Bolechas? 2.- Onde vai ser a festa? 3.-Que leva Tata para a festa? 4.- Porque leva Tata unha laranxa? 5.- Con quen van todos os rapaces? 6.- Que tipo de transporte van coller os Bolechas? 7.- Que animal aparece nas imaxes dos Bolechas? Arrodea a súa silueta. QUE LEMBRAS DA LECTURA?

10. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 10 O LABIRINTO DO MOUCHO Que camiño terá que seguir o morcego para che- gar a casa do seu amigo o moucho?

11. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 11 O LABIRINTO DA OLA Que camiño terá que percorrer a araña para chegar á súa arañeira?

12. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 12 1 2 3 4 5 Escolle a túa cabaza. O tamaño non importa, pero procura que estea máis verde que madu- ra. Aguantará máis tempo. Coa axuda dun familiar maior corta a parte superior da ca- baza e gárdaa. Servirache de tapa. Colle unha culler e baleira o interior da cabaza. Límpaa moi ben para que quede só a tona dura do exterior. Talla unha cara que dea moito medo. Cun coitelo ide tallando os ollos, o na- riz, a boca... Decora a cabaza, colócalle unha candea no in- terior e xa está. Colócaa na fiestra, na terraza, nun valado, no camiño e... a meter medo á veci- ñanza! COMO SE TALLA UNHA CABAZA?

13. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 13 UN MORCEGO Pinta de negro as ás do morcego. Pinta, tamén de negro, unha pinza de madeira, con rotuladores ou témpera. Recorta as ás e os ollos e monta as dúas cousas sobre a pinza. Xa tes o morcego! MODELO

14. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 14 OUTRO MORCEGO Pinta de negro as ás do morcego, as orellas e o cilindro do papel hixiénico. Recorta as ás, os ollos e as orellas do morcego. Pégaas sobre o cilindro negro e debúxalle a boca. 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345678901 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 MODELO

15. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 15 DÚAS PANTASMAS Pinta e recorta as pantasmas. Pégaas en cadansúa palliña e xa tes dous monicreques.

16. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 16 UNHA CABAZA PARA O SAMAÍN Recorta a cabaza, pícalle os ollos, o nariz e a boca e pégalle papel celofán de cores nos ocos. Cólgaa dun fío ou pégaa na fiestra.

17. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 17 A CAVEIRA ARREPIANTE!!! Colorea de negro a caveira. Pícalle os ollos, a boca e o nariz. Recórtaa e pégalle papel celofán de cores pola parte posterior. Cólgaa dun fío ou pé- gaa na fiestra.

18. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 18 UN ESQUELETO DE MEDO Recorta o esqueleto seguindo as liñas, pícalle os furados e móntao con encadernadores.

19. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 19 MEDIO MORCEGO Serás quen de completar o morcego? Coloréao, recórtao e cólgao dun fío.

20. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 20 UN ANTEFACE PARA O SAMAÍN Colorea o anteface de cabaza, pícalle os ollos, recórtao, colócalle unha goma e xa es unha auténtica cabaza con pernas.

21. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 21 A SOPA DE CABAZA Colorea a bruxa que está a preparar unha rica sopa de cabaza e recórtaa.

22. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 22 O ESTANDARTE DO SAMAÍN (1 DE 2) Colorea a cabaza das dúas fichas. Pícalles os ollos, nariz e boca. Pégalle papel celofán pola parte posterior. Recorta as cabazas, decóraas con pa- peis de cores, pega unha coa outra e colócalle un paíño polo medio.

23. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 23 O ESTANDARTE DO SAMAÍN(2 de 2) Colorea a cabaza das dúas fichas. Pícalles os ollos, nariz e boca. Pégalle papel celofán pola parte posterior. Recorta as cabazas, decóraas con pa- peis de cores, pega unha coa outra e colócalle un paíño polo medio.

24. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 24 UN CREBACABEZAS Colorea as pezas, recórtaas e monta unha cabaza.

25. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 25 UN RATIÑO Pintalle os bigotes, colorea, recorta, dobra pola liña discontínua, pégalle as orellas ao ratiño e cun cacho de la faille o rabo. 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 123456789012345 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890 12345678901234567890

26. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 26 UN ANTEFACE DE MORCEGO Colorea, pica, recorta, colócalle unhas gomas e xa tes o anteface para asustar á xente.

27. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 27 O MÓBIL Colorea, recorta, pica e monta as pezas deste móbil do Samaín.

28. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 28 UN PIN DO SAMAÍN Colorea, recorta, plastifica a cabaza e pégalle pola parte posterior unha pinza ou un clip e poderás lucir o pin conmemorativo do Samaín deste ano. SAMAÍN, 2016

29. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 29 CON ÁS DE MORCEGO Para facer un auténtico morcego-pinza só precisas unhas pinzas da roupa, colorear e recortar estas ás, pegarllas á pinza nos laterais e colocar o mor- cego-pinza na camisa, nun libro... onde ti queiras. 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 123456 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345 12345

30. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 30 A PANTASMA Para facer esta pantasma só precisas dun prato de cartón, para a cara, un folio para facerlle o corpo, colorear os ollos e a boca, recortar e pegarlle os brazos.

31. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 31 UN ESQUELETO PARA O SAMAÍN Colorea de negro o borde do esqueleto, os ollos, o nariz... e deixa sen colorear os ósos. Recorta o esqueleto polo borde exterior, plastifícao e pégalle unha pinza pola parte posterior. Xa tes listo un pin para lucir este Samaín, 2013!

32. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 32 E OUTRO MORCEGO MÁIS ... Colorea de negro o corpo e as ás do morcego. Pega o corpo e as ás, os ollos e os cairos. Picalle ao morcego un furadiño na parte posterior, colóca- lle un fío e xa o tes listo para colgar na aula, na casa, no portal, no...

33. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 33 UN CRANIO PELADO, PELADO... Colorea de negro os ollos, o nariz, a beira da boca e pega todas as pezas pola parte anterior e posterior. Terás dúas caveiras nunha soa. Faille un furadiño na parte posterior, colócalle un fío e... a colgala!.

34. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 34 UN MONICREQUE Colorea o morcego polas dúas partes. Recórtao e pegao cunha palliña ou un pau pequeniño polo medio. Xa podes xogar co teu monicreque. SAMAÍN,2016

35. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 35 UNHA GUIRNALDA DE CAVEIRAS Colorea de negro as caveiras, recórtaas, xúntaas cos do resto da clase e pégadeas nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores...

36. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 36 UNHA GUIRNALDA DE CABAZAS Colorea da cor que queiras as cabazas, recórtaas, xúntaas cos do resto da clase e pégadeas nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores...

37. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 37 UNHA GUIRNALDA DE MORCEGOS Colorea de negro os morcegos, recórtaos, xúntaos cos do resto da clase e pégadeos nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores...

38. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 38 UNHA GUIRNALDA DE MOUCHOS Colorea de negro os mouchos, recórtaos, xúntaos cos do resto da clase e pégadeos nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores...

39. SAMAÍN,2016.AFESTADASCABAZAS.AFESTADOSCALACÚS 39 UNHA GUIRNALDA DE PANTASMAS Recorta as pantasmas, xúntaas coas do resto da clase e pégadeas nun fío para conseguir a guirnalda coa que decorar a aula, os corredores...

Add a comment