Oso polar

50 %
50 %
Information about Oso polar
Education

Published on March 16, 2014

Author: iesasorey

Source: slideshare.net

OSO POLAR Ursus maritimus

Nome vulgar: OSO POLAR Outros nomes: OSO BRANCO Nome científico: Ursus marítimus Tipo: MAMÍFERO NOMES

É da familia dos ÚRSIDOS Vive no ÁRTICO É omnívoro, pero clasifícase como CARNÍVORO

Os machos poden acadar os 800 kg e os 3 m de lonxitude. As femias pesan uns 200/ 300 kg, e miden 2'10 m. Ao nacer os osos polares pesan entre 0'6 e 0'7 kg. PELAXE longo e denso, de cor branca. CABEZA alongada e aplanada por enriba. FUCIÑO de cor negra. OLLOS pequenos, negros e están protexidos da intensa luminosidade do xeo. ORELLAS: máis pequenas cás de calquer outro oso. Son redondas e están cubertas de pelo. COLA: curta e pequena, entre 8 e 12 cm de lonxitude. PATAS grandes e anchas. Teñen cinco dedos, palmeados ata a metade (para falicitar a natación). UNLLAS: curtas, robustas e moi aceiradas. DESCRICIÓN

O seu corpo está adaptado para a auga fría deses sitios nos que viven. As patas de adiante son máis longas para nadar mellor e mergullarse. O seu pelo íllao do frío e cobre todo o corpo, incluídas as patas (que teñen papilas que facilitan andar sobre o xeo). No verán a pelaxe vólvese amarela.

É un animal omnívoro, quere dicir, que come de todo, aínda que se clasifica como carnívoro. Sobre todo caza focas, que son a súa principal presa. ALIMENTACIÓN

RELACIÓN É un animal diúrno e solitario. Ten un olfato mi desenvolvido que lle permite detectar a súas presas a varios quilómetros. Os machos adultos ás veces atacan ós fillotes, e incluso poden chegar a matalos, e as femias deféndennos. Ós seis meses de vida un fillote pode escapar dun adulto. Os osos polares respectan moito a hixiene, despois de comer dedican uns 15 minutos a limparse, coa lingua, coas patas, auga ou neve.

O oso polar non hiberna no sentido estrito da palabra: entra nun estado de dormencia, no cal a súa temperatura corpórea non cae, pasando a subsistir das súas reservas de graxa corporal.

REPRODUCCIÓN Reprodúcense entre os meses de marzo e xuño. En primavera, os machos son atraídos polas femias en celo, que delatan o seu estado polo cheiro. A femia atrae a docenas de machos pero, só se deciden a seguila de lonxe. Despois de montala (co consentimento da femia), o macho segue ó seu carón varios días. Unha vez fecundada a femia, o desenvolvemento dos óvulos fertilizados tarda un período de tempo.

O período de xestación dura de 200 a 265 días, variando de acordo coas condicións ambientais. As crías (ata catro) nacen entre novembro e xaneiro, no abrigo invernal construído pela femia, e non se separan da nai ata completaren dous anos de idade. Nacen cegas e pesan moi pouco en relación ao peso adulto. As femias están aptas para a reprodución unha vez cada tres anos. Acadan a madurez sexual entre os 5 e 6 anos e en condicións naturais, viven unha media de 15 a 18 anos, aínda que poden superar os 30 anos.

HÁBITAT e DISTRIBUCIÓN -Zonas próximas de clima polar. Os osos polares concéntranse nas costas, xa que, as súas presas están nesa zona. -Atópanse nas áreas próximas ao Círculo Polar Ártico.

Está considerado como especie vulnerable. O encollemento das capas de xeo e o prolongamento do verán están a obrigar ós osos polares a buscaren comida en lugares habitados, colocando a especie en conflito coas persoas. A poboación actual de osos polares estímase entre 22.000 e 27.000 individuos, o 60% viven no Norte do Canadá. CONSERVACIÓN

LAURA BÚA CASTRO

Add a comment

Related presentations

Related pages

Ursus maritimus - Wikipedia, la enciclopedia libre

El oso polar u oso blanco (Ursus maritimus) es una especie de mamífero carnívoro de la familia de los osos (Ursidae). [2] Es junto con su pariente, el ...
Read more

Oso polar - Información y Características - Biología

Hábitat del oso polar. Habitan en Canadá, Groenlandia, Dinamarca, Noruega, Rusia, Alaska y existen ejemplares en Islandia. Alimentación del oso polar
Read more

Oso Polar | Flickr - Photo Sharing! - Flickr, a Yahoo ...

Explore Oso Polar's 3,859 photos on Flickr!
Read more

Eisdiele Oso Polar in Can Pastilla • HolidayCheck

Eisdiele Oso Polar Jetzt 7 Bewertungen & 3 Bilder beim Testsieger HolidayCheck entdecken und direkt Hotels nahe Eisdiele Oso Polar finden.
Read more

OSOPOLARPEDIA » Osos polares. Enciclopedia Experta

Existen muchos esfuerzos de conservación para el oso polar actualmente. A partir del año 2008 han estado en la lista de animales en peligro. Su ...
Read more

Knut (oso polar) - Wikipedia, la enciclopedia libre

Knut; Knut durante su primera aparición pública en el Zoo de Berlín el 23 de marzo de 2007. Especie: Oso polar: Nacimiento: 5 de diciembre de 2006 ...
Read more

oso polar - Deutsch-Übersetzung - bab.la Spanisch-Deutsch ...

Übersetzung für 'oso polar' im kostenlosen Deutsch-Wörterbuch. Weitere Deutsch-Übersetzungen für: oso
Read more

El oso polar ( VERSION ORIGINAL) cumbia sonidera playing ...

el oso polar by grupo massore version cumbia sonidera playing with guacharaca. El oso polar con guacharaca. cumbia sonidera el oso polar, grupo ...
Read more

Oso polar - Wikipedia, a enciclopedia libre

O oso polar (Ursus maritimus), también conocido como oso branco, é un mamífero da familia dos Úrsidos, típico de Ártico e actualmente o mayor ...
Read more

Oso Polar - Wiki Reino Animalia - Wikia

Oso Polar (Ursus maritimus) también llamado oso blanco, es el nombre común que recibe la especie de oso que habita en el hielo ártico y en las bahías ...
Read more