Os ecosistemas

67 %
33 %
Information about Os ecosistemas
Education

Published on March 28, 2014

Author: adaneco

Source: slideshare.net

Description

Primeira parte do tema de Ecosistemas para 2º de ESO. Compoñentes dun ecosistema. Factores bióticos e abióticos. Ecosistemas terrestres e acuáticos.

28/03/14 http://open-office.es 1 OS ECOSISTEMAS Profesor: Adán Gonçalves

28/03/14 http://open-office.es 2 1. INTRODUCIÓN

28/03/14 http://open-office.es 3 1. INTRODUCIÓN O jeep detívose no corazón do parque do Serengeti (Tanzania). Dende o vehículo contemplábase a inmensidade da sabana africana na que centos de animais herbívoros (ñús, gacelas,cebras...) comían a abundante herba. Un dos biólogos do parque, o doutor De la Fuente, díxolle aos investigadores en prácticas- sabedes que” Serengeti” significa na lingua Masai “chaira sen fin”?. De feito, o parque posúe uns 13000 Km2 e nel habitan algunhas das máis grandes manadas de herbívoros do mundo. Estos animais migran estacionalmente (ata un millón e medio de ñúes, douscentas cincuenta mil cebras e medio millón de gacelas Thomson) en dirección a reserva Masai- Mara, en Kenia, percorrendo uns 2700 Km. na estación seca, de maio a outubro, na procura de pastos frescos e non regresarán ata o inicio da estación húmida a finais de outubro-. Doutor, segundo din os nativos este ano as chuvias foron especialmente abundantes- comentou un dos investigadores-como cre que afectará isto ó ecosistema?. Teño a esperanza de que axude na recuperación das poboacións de leóns e guepardos tras anos de descensos poboacionais, nalgúns casos chegando a estar por debaixo dos 2000 individuos para os leóns e dos 90 exemplares no caso dos guepardos-indicou De La Fuente-.

28/03/14 http://open-office.es 4 Cuestións: 1) Por que se produce a migración dos herbívoros? 2) Por que pensa o doutor que un ano de boas chuvias permitirá recuperar as poboacións de felinos do parque? 3) Cal pensas que é a razón de que haxa un número maior de gacelas que de guepardos? 1. INTRODUCIÓN

28/03/14 http://open-office.es 5  A EcoloxíaEcoloxía é a ciencia que estuda as relacións dos seres vivos co medio ambiente no que habitan.  Todos os seres vivos pertencen a algunha especieespecie, é dicir, cada un dos tipos de seres vivos que existen.  Os individuos dunha especie normalmente non están illados, senón que habitan un área determinada formando unha poboaciónpoboación.  Polo xeral, as poboacións tampouco están illadas. O conxunto de poboacións de distintas especies que comparten un territorio e establecen relacións entre elas denomínase comunidade ou biocenosecomunidade ou biocenose.  O territorio ocupado por unha biocenose e que presenta unhas características físicas e climáticas chámase biotopobiotopo. 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS

28/03/14 http://open-office.es 6  O conxunto formado pola biocenose (os seres vivos) e o biotopo (medio físico onde se asentan) é un ecosistemaecosistema.  Os ecosistemas non teñen límites definidos. Podemos considerar o estudo do ecosistema dunha bosta de vaca ou ampliar o estudo ó prado onde se encontra. De feito,ampliando, a nosa observación a Terra constitúe por si mesma un enorme ecosistema que chamamos EcosferaEcosfera e a súa biocenose é a BiosferaBiosfera. En conclusión, os compoñentes dun ecosistema son a súa comunidade biolóxica (biocenose) e o lugar onde se asenta (biotopo). Por iso, os factores dun ecosistema poden ser bióticos ( referidos aos seres vivos) ou abióticos ( referidos ó medio físico no que os atopamos). 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS

28/03/14 http://open-office.es 7 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS COMPOÑENTESCOMPOÑENTES DUNDUN ECOSISTEMAECOSISTEMA Os ecosistemas Biótopo (medio físico) Biocenose (comunidade biolóxica)

28/03/14 http://open-office.es 8 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS FACTORES DUN ECOSISTEMA BIÓTICOS ABIÓTICOS

Os compoñentes dun ecosistema • ECOSISTEMA = +BIOCENOSE BIOTOPO Factores bióticos Factores abióticos

28/03/14 http://open-office.es 10 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS Algúns factores abióticos poden ser:  A temperatura  A luz  A humidade  A salinidade  A presión  A cantidade de osíxeno  A estacionalidade  O substrato onde viven os organismos (fondo arenoso ou rochoso, solo pobre ou fértil...)

28/03/14 http://open-office.es 11 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS Observa as distintas imaxes de ecosistemas e indica cales pensas que son os factores abióticos máis relevantes en cada caso. IMAXE 1

28/03/14 http://open-office.es 12 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS IMAXE 2 IMAXE 3 IMAXE 4 IMAXE 5 IMAXE 6 IMAXE 7

28/03/14 http://open-office.es 13 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS IMAXE 8 IMAXE 9 IMAXE 10

28/03/14 http://open-office.es 14 2.2. OS SERES VIVOS: FACTORES BIÓTICOS Os factores bióticos dun ecosistema son os seres vivos (biocenose ou comunidade) que nos atopamos nese ecosistema e as asociacións ou relacións que establecen entre sí. Podemos falar de dous tipos de asociacións: intraespecíficas (entre individuos da mesma especie) e interespecíficas (entre individuos de distintas especies). ACTIVIDADE: Pensade durante 5 minutos en asociacións entre seres vivos que podemos atoparnos na natureza. Imaxina como se poden relacionar individuos da mesma e de distintas especies.

28/03/14 http://open-office.es 15 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS Entre organismos da mesma especie:  FAMILIA:FAMILIA: conxunto de individuos con alto grao de parentesco que conviven e se axudan mutuamente no coidado das crías, a obtención do alimento e/ou a defensa. Ex. Leóns  COLONIAL:COLONIAL: constituidas por organismos unidos e comunicados entre eles orixinados todos a partir dun mesmo proxenitor. Ex. Corais.  GREGARIA:GREGARIA: reunión de individuos de distintas familias para conseguir un obxectivo concreto. Ex. Banco de peixes, manada de ñúes.  SOCIEDADE:SOCIEDADE: está integrada por individuos que presentan diferencias anatómicas e fisiolóxicas e entre os cales existe división do traballo. Ex. Abellas, formigas, termitas.  COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA:COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA: todos os individuos dunha especie loitan entre sí polos recursos do medio .Ex. Loita polo alimento, loita dos machos polas femias, loita polo espacio...

28/03/14 http://open-office.es 16 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS FAMILIAFAMILIA

28/03/14 http://open-office.es 17 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS COLONIACOLONIA

28/03/14 http://open-office.es 18 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS GREGARISMOGREGARISMO

28/03/14 http://open-office.es 19 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS SOCIEDADESOCIEDADE Tamaño: Obreiras, raíña e zánganosTamaño: Obreiras, raíña e zánganos

28/03/14 http://open-office.es 20 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS COMPETENCIA INTRAESPECÍFICACOMPETENCIA INTRAESPECÍFICA

28/03/14 http://open-office.es 21 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS Son as que se establecen entre individuos de distintas especies.  COMPETENCIA INTERESPECÍFICA:COMPETENCIA INTERESPECÍFICA: individuos de distintas especies loitan por un recurso (alimento ou espazo). p.e. O coello e a lebre.  DEPREDACIÓN:DEPREDACIÓN: o individuo dunha especie (presa) serve de alimento ó de outra especie. (predador) p.e.: a foca e os peixes.  MUTUALISMO:MUTUALISMO: individuos de distintas especies que se relacionan e obteñen un beneficio mutuo. Cando a relación perpetúase no tempo e hai dependencia, fálase de simbiose.simbiose. p.e. Un líque.

28/03/14 http://open-office.es 22 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS  PARASITISMO:PARASITISMO: relación entre individuos de distintas especies, na que un individuo (parásito) vive a expensas da outra (hóspede), pero sen darlle morte, polo menos de xeito inmediato. p.e. Unha carracha e un can.  COMENSALISMO:COMENSALISMO: unha soa das especies (comensal) benefíciase, sen que a outra (hóspede) resulte afectada pola súa presenza ou acción. p.e. A quenlla e a rémora.

28/03/14 http://open-office.es 23 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS COMPETENCIACOMPETENCIA INTERESPECÍFICAINTERESPECÍFICA

28/03/14 http://open-office.es 24 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS DEPREDACIÓNDEPREDACIÓN http://verdeesvida-utilizalas3r.blogspot.com/

28/03/14 http://open-office.es 25 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS MUTUALISMOMUTUALISMO (SIMBIOSE)(SIMBIOSE) http://elrenglon.com/mutualismo-y- simbiosis.php http://www.moonmentum.com/blog/ navio/evolucion-y-simbiosis

28/03/14 http://open-office.es 26 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS PARASITISMOPARASITISMO ACCÉSIT RELACIONES INTERESPECÍFICASACCÉSIT RELACIONES INTERESPECÍFICAS Juan Carlos Martínez - ParasitismoJuan Carlos Martínez - Parasitismo

28/03/14 http://open-office.es 27 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS COMENSALISMOCOMENSALISMO http://cuartodediver.blogspot.com/2009/02/comen salismo-pez-remona-y-tiburon.html http:imedea//www..uib.es/bc/gep/images/stories/ news/ buitre%20basurero%20camia.jpg

3. HÁBITAT E NICHO ECOLÓXICO  Hábitat:Hábitat: é o lugar físico onde viven os individuos dunha especie.  Nicho ecolóxico:Nicho ecolóxico: é o papel que desempeña a especie no ecosistema. Dúas especies poden compartir o mesmo hábitat, pero non soen ocupar o mesmo nicho ecolóxico. Se o ocupan entran en competencia e unha delas pode desaparecer. O nicho ecolóxico dun organismo é o resultado da adaptación ao ambiente en que vive.

Hábitat e Nicho ecolóxico Mesmo hábitat, pero diferente nicho. Se as condiciones ambientales cambian, os organismos poden cambiar o seu nicho. Competidores

28/03/14 http://open-office.es 30 4. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS FLUXO DA ENERXÍA A enerxía utilizada polos seres vivos provén do SOLSOL en último termo. A través da fotosíntese as plantas e algas obteñen a enerxía do sol e almacenan a súa propia materia orgánica.  Os animais conseguen enerxía ó alimentarse de plantas ou doutros animais.  Esta enerxía de plantas e animais emprégase en distintos procesos (respirar, moverse, xerar calor, medrar, reproducirse...).

28/03/14 http://open-office.es 31 4. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS Esta enerxía empregada deixa de estar dispoñible para os seres vivos. Polo que a enerxía que atravesa un ecosistema é UNIDIRECCIONALUNIDIRECCIONAL FLUXO DA MATERIA A materia orgánica morta é transformada en materia inorgánica por algúns microorganismos (fungos e bacterias). Esta materia inorgánica é aproveitada polos autótrofos que xeran nova materia orgánica que será o alimento dos heterótrofos.

28/03/14 http://open-office.es 32 4. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS  Cando morren os autótrofos e os heterótrofos, son transformados en materia inorgánica polos microorganismos; e de novo comeza o ciclo. Polo tanto, o fluxo de materia nun ecosistema é UN CICLO PECHADOUN CICLO PECHADO

28/03/14 http://open-office.es 33 4.1. NIVEIS TRÓFICOS O conxunto de organismos que obteñen alimento (materia e enerxía) de xeito similar constitúen un nivel tróficonivel trófico. Podemos diferenciar tres niveis tróficos: • PRODUTORES:PRODUTORES: son os autótrofos (básicamente plantas e fitoplancto) que captan a enerxía solar, e mediante a fotosíntese, a empregan en obter materia orgánica a partir de materia inorgánica. • CONSUMIDORES:CONSUMIDORES: son principalmente os animais, que obteñen a materia e a enerxía alimentándose doutros animais ou plantas.

28/03/14 http://open-office.es 34 4.1. NIVEIS TRÓFICOS Os consumidores poden ser:  Consumidores primarios (herbívoros):Consumidores primarios (herbívoros): aliméntanse dos produtores. p.e..: elefantes, antílopes, roedores...  Consumidores secundarios (carnívoros):Consumidores secundarios (carnívoros): aliméntanse dos primarios p.e.: lobos, leóns, paxaros insectívoros...  Consumidores terciarios:Consumidores terciarios: aliméntanse dos secundarios. • p.e.: algunhas serpes, aves rapaces... As veces, podemos falar incluso de consumidores cuaternariosconsumidores cuaternarios que se alimen tan dos terciarios, aínda que rara vez é dun xeito exclusivo. p.e. O home, algunhas rapaces e peixes grandes e en xeral grandes super- predadores.

28/03/14 http://open-office.es 35  DESCOMPOÑEDORES:DESCOMPOÑEDORES: son as bacterias e os fungos que transforman os restos orgánicos e inorgánicos (cadáveres, excrementos...) en materia útil para os produtores. 4.1. NIVEIS TRÓFICOS

28/03/14 http://open-office.es 36 4.2. CADEAS TRÓFICAS Unha cadea tróficacadea trófica é a representación lineal das relacións alimentarias que se dan entre os distintos niveis tróficos.

28/03/14 http://open-office.es 37 4.3. REDES TRÓFICAS Como na natureza é habitual que un consumidor se alimente de máis dunha especie do nivel inferior e ésta a súa vez serve de alimento a varias do nivel superior. As cadeas tróficas teñen conexións entre sí. A representación de todas estas relacións denomínase rede tróficarede trófica.

28/03/14 http://open-office.es 38 5. BIOMAS: OS ECOSISTEMAS DA TERRA Un biomabioma é un conxunto de comunidades que ocupan unha área cunhas características xeográficas e climáticas determinadas. Podemos diferenciar entre biomas terrestres e acuáticos. Os grandes biomas distribúense dun xeito uniforme no planeta dependendo da latitude e da altitude, é dicir, das características climáticas.

Zona fría Zona fría Zona templada Zona templada Zonacálida Ecuador Trópico de Cáncer Trópico de Capricornio ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA

BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS Deserto polar e tundra Taiga BIOMAS DE CLIMAS TEMPLADOS Bosque caducifolio Bosque mediterráneo Estepa Deserto Sabana Selva tropical BIOMAS DE CLIMAS CÁLIDOS 4.1. BIOMAS TERRESTRES

4.1. BIOMAS TERRESTRES Desertos fríos:Desertos fríos: Os polos. Xeos permanentes. Baixas precipitacións e temperaturas. Fauna característica: pinguíns (hemisferio sur) e oso polar (hemisferio norte). Sen vexetación.

4.1. BIOMAS TERRESTRES Tundra:Tundra: Temperaturas baixas e escasas precipitacións Solo conxelado (permafrost) Flora: brións e liques e algunhas herbaceas e gramíneas. Fauna: lemmings, raposo ártico, reno, lobo gris, perdiz nival...

4.1. BIOMAS TERRESTRES Taiga:Taiga: Precipitacións abundantes en forma de neve. Invernos longos e fríos. Bosque de coníferas: abetos, piñeiros e piceas. Fauna: lince, oso, alce, reno, lebre ártica, lobo.

4.1. BIOMAS TERRESTRES Estepas:Estepas: Chuvias escasas e irregulares. Veráns secos e calurosos e invernos longos e fríos. Flora: herbáceas (gramíneas) e árbores dispersos. Fauna: bisontes, gacelas, cabalos salvaxes, grandes rapaces, réptiles coiotes.

4.1. BIOMAS TERRESTRES Bosque caducifolio:Bosque caducifolio: Chuvias abundantes todo ano. Estacións marcadas. Bosques de carballos, faias e castiñeiros. (Bosque atlántico) Fauna: oso, raposo, gato montés, lobo, esquío, porco bravo, rapaces nocturnas.

4.1. BIOMAS TERRESTRES Bosque mediterráneo:Bosque mediterráneo: Clima mediterráneo (3 meses de sequía estival). Mediterráneo, e zonas de Chile, Sudáfrica e Australia. Flora: Sobreiras, aciñeiras, matogueiras e plantas aromáticas (romeiro, tomillo...) Fauna: corzos, xabaríns, coellos, réptiles, insectos, xenetas, gran variedade de aves.

4.1. BIOMAS TERRESTRES Desertos cálidos:Desertos cálidos: Escasez de chuvias. Diferenza marcada de temperatura día-noite. Vexetación xerofítica (adaptada a falta de auga): cactos e euforbias. Fauna: camelos, dromedarios, lagartos, canguros...

4.1. BIOMAS TERRESTRES Sabana:Sabana: Altas temperaturas con pouca variación anual. Precipitacións moi irregulares (estación seca longa e húmida curta). Flora: herbas, matogueiras e algunha árbore (acacias). Fauna: gacela, ñús, cebras, leóns, guepardos, leopardos, elefantes.

4.1. BIOMAS TERRESTRES Bosque tropical e ecuatorial:Bosque tropical e ecuatorial: No ecuador e arredores. Precipitacións moi abundantes (no tropical unha estación máis seca). Flora: típicas selvas. Lianas, grandes árbores de folla perenne. Fauna: gorilas, chimpances, monos aulladores, tucáns, anacondas, iguanas.

28/03/14 http://open-office.es 50 4.2. BIOMAS ACUÁTICOS Básicamente dous: Mariños e de auga doce

28/03/14 http://open-office.es 51 4.2. BIOMAS ACUÁTICOS Ecosistemas mariños:Ecosistemas mariños: Formados polas augas de mares e océanos. Básicamente dúas zonas: Zona peláxica: comprende dous ambientes nerítico (cercano a costa) e oceánico (mar aberto). Nas zonas iluminadas abunda o plancto e os organismos nadadores. Zona abisal: Por debaixo dos 4000 m de profundidade. Ausencia de luz e grandes presións. Organismos bentónicos (do fondo) e peixes peláxicos adaptados a estas condicións.

28/03/14 http://open-office.es 52 cienciasnaturales2mcrespo.blogspot.com

28/03/14 http://open-office.es 53 4.2. BIOMAS ACUÁTICOS Ecosistemas de augas doce:Ecosistemas de augas doce: Dous tipos: Augas correntes: ríos e torrentes. Organismos adaptados as fortes correntes nos cursos altos. No curso baixo animais filtradores e vexetación acuática. Augas estancadas: lagos, charcas e pantanos. Tres zonas: - Litoral: na beira. Ben iluminada. Abundan as algas, aves, anfibios, insectos, plantas acuáticas (xuncos)... - Augas libres: afastada da beira, pero ben iluminada. Predominan os peixes o fitoplancto e os crustáceos. - Profunda: lonxe da beira e mal iluminada. Sen vexetais e co pouco osíxeno. Hai bacterias, bivalvos, anélidos, algúns peixes e larvas de insectos.

28/03/14 http://open-office.es 54 www.jmarcano.com

GRAZAS POR ATENDERME

28/03/14 http://open-office.es 56 ANEXO: ACTIVIDADES INTERACTIVAS PROXECTO BIOSFERAPROXECTO BIOSFERA: http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/2ESO/Energia_ecosistemas/actividades.htm

Add a comment

Related presentations

Related pages

Ecosistema - Wikipedia, a enciclopedia libre

Clasificación: Os ecosistemas divídense en tres xéneros: Os microecosistemas, os ecosistemas máis pequenos, acostúmase a utilizar este termo para os ...
Read more

La Eduteca - Los ecosistemas - YouTube

Este vídeo del área de CONOCIMIENTO DEL MEDIO, está dedicado a los ecosistemas y su estudio. CONTENIDOS: - Elementos del ecosistema. No ...
Read more

What is an Ecosystem? - Aula365 - YouTube

Los Ecosistemas factores Abiótico y Bióticos - Duration: ... QUÉ ES UN ECOSISTEMA- GUADALUPE - Duration: 9:01. Giuliana Churano 109,474 views.
Read more

ECOSISTEMAS DE GALICIA - OS ECOSISTEMAS

Galicia está situada na zona temperada do hemisfeiro Norte á beira do Atlántico. Pola súa posión ten clima oceánico, suavizado nas zonas próximas á ...
Read more

Os ecosistemas

Os seres vivos que habitan nun lugar + o lugar no que habitan = forman un ecosistema. Os ecosistemas poden ter tamanos distintos e poden estar dentro de ...
Read more

Os ecositemas by Eco Dinamiks on Prezi

Os ecosistemas. Ecosistemas acuáticos Ecosistemas de España: Os ecosistemas: Os seres vivos conviven formando comunidades nun mesmo lugar e relaciónase ...
Read more

ECOSISTEMAS ACUÁTICOS - OS ECOSISTEMAS

Os ríos son compoñentes esenciais da paisaxe continental e forman parte dos principais ecosistemas acuáticos. Son correntes naturais e constantes de ...
Read more

OS ECOSISTEMAS by Emila Gil - issuu

OS ECOSISTEMAS OS. ELEMENTOS DUN ECOSISTEMAS. Un mar,un bosque...son lugares habitados por seres vivos e neles podemos distinguir tres compoñentes: O ...
Read more

Definición de ecosistema - Qué es, Significado y Concepto

Los ecosistemas aglutinan a todos los factores bióticos (es decir, a las plantas, animales y microorganismos) de un área determinada con los factores ...
Read more

Ecosystem - Wikipedia

Ecosystem goods include the "tangible, material products" of ecosystem processes—food, construction material, medicinal plants—in addition to less ...
Read more