Organización da nosa biblioteca

50 %
50 %
Information about Organización da nosa biblioteca
Education

Published on April 25, 2014

Author: mrcdspnt

Source: slideshare.net

Description

Educación Documental

QUE É UNHA BIBLIOTECA? A palabra biblioteca ven da unión de dúas palabras gregas: •Biblion que significa libro ou documento •Teke que significa caixa. Polo tanto literalmente biblioteca significa “caixa de libros”. Etimoloxicamente significa “garda e almacenamento de libros”. Na actualidade a biblioteca non é so un lugar onde almacenar e conservar libros senón que almacena todo tipo de materiais documentais: libros, películas, CDs de música,… Todos estes materiais están debidamente catalogados e clasificados para que nos sexa doado atopalos.

COMO ESTÁ ORGANIZADA UNHA BIBLIOTECA? A biblioteca é como unha pequena aldea no que atopamos dez casas. No noso caso cada casa recibe o nome de “materia” e nela vive unha familia de libros.

A primeira casa leva o número cero e ten cor marrón. A familia de libros que vive aquí leva o nome de XENERALIDADES. É a casa onde viven os dicionarios, as enciclopedias, revistas, periódicos,… Son libros de consulta e case nunca saen da biblioteca. Así que se algún día queres consultar algo ou facer un traballo podes vir aquí.

Fíxate que todos os libros levan o seu número nunha etiqueta colocada no lombo. Esta etiqueta en castelán recibe o nome de “tejuelo”. O “tejuelo” e como a matrícula dos coches pero nos libros. Proporciónanos tres informacións: 1. O número da casa a que pertence 2. As tres primeiras letras do apelidos do autor, van sempre en maiúsculas. 3. As tres primeiras letras do título, sempre van en minúsculas. O “tejuelo” axúdanos a non perdernos pola biblioteca.

A casa número 1 é de cor azul claro. A familia de libros que vive aquí leva o nome de FILOSOFÍA E PSICOLOXÍA. Os libros desta casa teñen fama de pensar moito e buscarlle os tres pes ao gato, iso sí, sempre están dispostos a escoitarnos. Axúdannos a entender mellor a nosa vida e a dos demais.

A casa número 2 ten cor vermella e ten fama de que alí respírase paz e tranquilidade. A familia que vive aquí é a dos libros de RELIXIÓN E MITOLOXÍA. Aquí atoparemos libros de todas as relixións: católica, islámica, budista,… Cada un respecta a relixión dos outros e intenta aprender das demais. Cada unha delas ten un número distinto para diferencialas pero todas empezan polo dous.

A casa número tres é de cor laranxa. A familia que vive aquí é a materia que chamamos CIENCIAS SOCIAIS. É unha familia moi grande e podemos atopar libros de moitas clases: Socioloxía, Política, Economía, Dereito, Educación, Folclore, etc.

A casa número catro está valeira, de momento non vive ninguén aquí. Parece unha casa fantasma e a súa cor é negra. Son cousas da Clasificación Decimal Universal, mais coñecida como a CDU. A CDU é un sistema de clasificación polo que cada libro, dependendo do que trate, vai a unha familia ou a outra. É decimal porque emprega números e divídese en dez grupos que a súa vez se divide en outros dez e así sucesivamente. Dise que é universal porque abarca todos os ámbitos do coñecemento e ademais emprégase en todos as bibliotecas do mundo. Ao mellor dentro duns anos vai vivir aí unha nova familia de libros.

A casa número cinco é verde. Aquí atopamos a familia das CIENCIAS PURAS. Nela viven os libros de Matemáticas, Astronomía, Física, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Botánica, Zooloxía,…

Na casa número seis atopamos a familia das CIENCIAS APLICADAS. É de cor azul escuro. Aquí atópanse os libros de Medicina, o Corpo Humano, Enxeñería, Agricultura, Gandería, Transportes, Oficios,…

A casa número sete é onde se agrupan todos os libros relacionados co ARTE, XOGOS E DEPORTES. Atoparás libros de Arquitectura, Escultura, Pintura, Música, Manualidades,… A cor que define esta casa é o rosa

Na casa número oito agrúpanse todos os libros de LINGUA E LITERATURA. A súa cor e o amarelo. Neste grupo atoparás libros de poesía, teatro, narrativa, idiomas,… Os libros deste grupo ademais levar unha pegatina amarela na parte superior do lombo levan un gomet doutra cor que nos indica si o libro é para o alumnado de infantil, 1º ciclo, 2º ciclo ou 3º ciclo

A última casa ten o número nove e é de cor branca. A familia de libros que vive nesta casa leva o nome de XEOGRAFÍA E HISTORIA. Se queres saber cousas sobre o pasado, sobre distintos países, xente famosa,… este é o teu sitio.

QUE SE FAI CUN LIBRO RECÉN CHEGADO Á BIBLIOTECA? Antes de colocar o libro no seu andel e grupo correspondente temos que rexistralo no ordenador xa que estamos conectados en rede con outras bibliotecas para así poder compartir os nosos fondos. O rexistro consiste en anotar todos os datos do libro: título, autor, editorial, o ano de publicación, de que trata o libro,… Ademais disto temos que pórlle o selo da biblioteca, un número de rexistro na portada e o “tejuelo” que nos axudará a atopar o libro cando o precisemos. Por último colocámolo no andel correspondente a súa materia

COMO ESTÁN COLOCADOS OS LIBROS NA BIBLIOTECA? Os libros están colocados nos andeis de abaixo arriba e de esquerda a dereita. Clasifícanse tendo en conta a materia e por orden alfabético das tres primeiras letras do apelido do autor. A clasificación das obras dun mesmo autor faise por orden alfabético dos títulos.

SE QUERO LEVAR UN LIBRO DA BIBLIOTECA, QUE TEÑO QUE FACER? TILANDR A Biblioteca C.E.I.P Os Tilos Se queres levar un libro para ler na casa tes que facerte socio da biblioteca,é dicir, tes que solicitar o carné da biblioteca. Unha vez que elixiches o libro que queres levar tes que ir xunto as encargadas da biblioteca para que fagan o empréstito. Cando o devolvas tamén tes que pasar pola zona de xestión para que as encargadas fagan a devolución.

Add a comment

Related presentations

Related pages

A nosa biblioteca

Este blog contén tódalas actividades de xestión e organización da biblioteca, así como tamén actividades de formación de usuarios e axudantes.
Read more

Organización dos documentos da biblioteca

Esta biblioteca pertence á rede PLAMBE. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. ... Organización dos documentos da biblioteca
Read more

Buscar en Mergullador - Inicio - Bibliosaúde

A Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia está constituída pola rede de bibliotecas ... 25º Aniversario da transferencia de ...
Read more

Biblioteca do cole

Organización da biblioteca: os axudantes; ... O canal Youtube da nosa biblioteca. Entra e mira os nosos vídeos. Tamén estamos en Facebook. Biblioteca Do ...
Read more

A nosa biblioteca | IES Muralla Romana

Organización e funcionamento das bibliotecas escolares. ... AVISO DA BIBLIOTECA. ... A nosa biblioteca dispón de 54 prazas de lectura e seis ordenadores.
Read more

A Institución - Organización - Real Academia Galega

Organización Seccións ... a Biblioteca da Academia recolle os títulos esenciais da ... A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso ...
Read more

A nosa organización - Consellería de Sanidade - SERGAS

A nosa organización Estrutura ... Biblioteca virtual. Buscador de centros. ... Quero coidar da miña saúde;
Read more

A nosa CDU by Sergio Pereira - issuu

Dependendo da materia de que trate, cada libro terá un código da nosa CDU. 82.1 LITERATURA Prelectores. Tódolos libros da biblioteca teñen unha ...
Read more