Nutrición animais

50 %
50 %
Information about Nutrición animais
Education

Published on February 21, 2014

Author: adaneco

Source: slideshare.net

Description

Nutrición animal. O aparello dixestivo. Nivel 1º Bacharelato

Profesor: Adán Gonçalves

1. A NUTRICIÓN HETERÓTROFA Todos os seres vivos precisan realizar un intercambio de materia e enerxía para levar a cabo as funcións vitais. A nutrición son o conxunto de procesos polos cales os organismos toman substancias do exterior e transfórmanas en materia propia e enerxía. enerxía A alimentación é o proceso de tomar alimentos e está incluido dentro dos procesos da nutrición. Os alimentos son as substancias que inxiren os seres vivos para obter materia e enerxía. Os alimentos conteñen substancias máis simples chamadas nutrientes que son incorporadas ás células. Os nutrientes poden ser orgánicos (glícidos, lípidos e proteínas) ou inorgánicos (auga e sales minerais). Os animais teñen unha nutrición heterótrofa xa que precisan tomar materia orgánica elaborada (doutros organismos ou dos seus restos), xa que son inacapaces de fabricala eles mesmos.

1.1. Procesos da nutrición Nos animais máis sinxelos o intercambio de materia e enerxía ocorre directamente entre as células e o medio que as rodea, como sucede en todos os unicelulares, e incluso nos pluricelulares máis simples como poríferos ou cnidarios o proceso é moi similar. En animais máis complexos esto non é efectivo, e precísase un sistema de absorción e transporte eficaz para levar os nutrientes a todas as células. O proceso realízase en varios pasos:  Dixestión: transformación dos alimentos en nutrientes que pasan do aparello dixestivo ao sangue que os transportará a todas as células.  Intercambio de gases: captación do O2 que se necesita para o metabolismo aerobio e eliminación do CO2 producido neste proceso. Faino o aparello respiratorio.  Transporte: Os nutrientes e o O2 son levados cara as células e as substancias de refugallo e o CO2 son recollidos para ser expulsados fóra do organismo. Realiza este proceso o aparello circulatorio.  Metabolismo: uso dos nutrientes dentro das células para obter enerxía e materia propia.  Excreción: eliminacións dos refugallos procedentes na súa maioría do metabolismo

1.2. Procesos no aparello dixestivo Os procesos dixestivos que ocorren no aparello dixestivo nos permiten captar o alimento e transformalo en nutrientes (substancias útiles) para as células e expulsar os refugallos. Fases do proceso dixestivo: 1. Inxestión: toma do alimento do exterior. 2. Dixestión: é a descomposición do alimento para obter os nutrientes. 3. Absorción: paso dos nutrientes dende o aparello dixestivo ata o sangue para levalos a todas as células. 4. Exestión: eliminación dende o dixestivo da parte non dixerida do alimento. Son transformados en feces e expulsados cara o exterior.

Inxestión Hai unha gran variedade de mecanismos de captura do alimento nos animais. De xeito resumido podemos dicir:  Inxestión pasiva: característico de animais de vida sésil ou con pouca mobilidade. Realizan a incorporación mediante procesos de difusión ou posúen mecanismos de filtración da auga para atrapar o alimento. As esponxas posúen células especializadas (coanocitos) que posúen flaxelos que lles permiten establecer correntes de auga e capturar as partículas alimenticias ou os bivalvos que teñen cilios no bordo das branquias que lles permiten a filtración. Inxestión activa: característico de animais móbiles e con estruturas especializadas para a captura e inxesta do alimento como pode ser a rádula dos moluscos, os cnidoblastos dos cnidarios ou os dentes dos vertebrados.

Dixestión A dixestión é a degradación dos alimentos en moléculas sinxelas que poidan ser absorbidas e traspasadas ao aparello circulatorio. Hai dous tipos:  Mecánica: é unha degradación física que consiste na mastigación, trituración e fragmentación do alimento para facilitar a dixestión química. Para realizala hai órganos especializados: dentes mamíferos, rádula de moluscos, apéndices bucais de insectos, lanterna de Aristóteles en equinodermos...  Química: baseada na segregación de enzimas dixestivos que degradan as moléculas. Hai tres tipos: 1. Intracelular: sucede dentro das células. Propia dos animais máis sinxelos: unicelulares e poríferos. O alimento é dixerido grazas aos lisosomas. 2. Extracelular: ocorre fóra das células. Propia de animais con tubo dixestivo. Os enzimas vértense no interior do tubo. Soe existir unha trituración previa. 3. Mixta: hai unha dixestión extracelular nunha cavidade gástrica onde se excretan as enzimas e finaliza no interior das células. P.e: Cnidarios.

Absorción A absorción consiste no paso dos produtos da dixestión cara o medio interno. Nos animais con tubo dixestivo, estes nutrientes atravesan o tubo dixestivo e pasan ao circulatorio. Exestión É a eliminación dos produtos non asimilados no proceso dixestivo. Se hai tubo dixestivo realízase a través do ano (defecación).

2. APARELLO DIXESTIVO EN INVERTEBRADOS O proceso evolutivo trouxo un aumento da complexidade que tamén se reflicte no aparello dixestivo dos invertebrados:  Paso dunha dixestión intracelular a unha extracelular.  Aparición de estruturas trituradoras que realicen a dixestión física previa.  Aparición do tubo dixestivo (dúas aberturas: boca e ano).  Rexionalización do dixestivo en órganos especializados con funcións concretas: inxestión, mastigación, dixestión química e absorción.  Formación de glándulas dixestivas, como o hepatopáncreas, que elaboran os enzimas dixestivos.

2.1. Diferentes aparellos dixestivos nos invertebrados Os aparellos máis sinxelos son os de poríferos e cnidarios, de feito, son só sistemas de captación do alimento.  Poríferos ou esponxas: son filtradores. Teñen unha epiderme recuberta de poros inhalantes polos que entra a auga cara unha cavidade central chamada atrio. No atrio son recollidas as partículas polas células (coanocitos) mediante fagocitose e auga sae por unha abertura superior denominada ósculo. As correntes son provocadas polos movementos dos flaxelos dos coanocitos. Teñen dixestión intracelular.  Cnidarios ou celentereos: os pólipos e medusas capturan as presas inxectándolles un veleno paralizante que posúen células especializadas (cnidoblastos) presentes nos seus tentáculos. A presa é introducida dentro do animal o través dunha única abertura que fai as veces de boca e ano. A dixestión é mixta e comeza na cavidade gastrovascular e continúase dentro das células.

2.1. Diferentes aparellos dixestivos nos invertebrados  Platihelmintos: son os vermes planos. Teñen unha boca ventral-central e un tubo dixestivo cego. Teñen dixestión mixta e os refugallos non asimilados expúlsanse pola boca. Hainos parasitos, como a tenia que non posúen dixestivo e absorben os nutrientes a través da pel.  Anélidos: Teñen un tubo dixestivo rexionalizado con boca, farinxe musculosa, esófago, boche, moega, intestino e ano. Dixestión extracelular. Tenia Anélido

2.1. Diferentes aparellos dixestivos nos invertebrados  Moluscos: A maioría teñen un tubo dixestivo con boca e ano e con glándulas anexas (salivares, hepatopáncreas...). Algúns grupos posúen unha lingua raspadora (rádula). Nos cefalópodos hai na boca unha estrutura chamada bico de loro para roimper as cunchas. Dixestión extracelular.  Artrópodos insectos: aparello dixestivo con boca, farinxe, boche, moega ou “muíño gástrico”, estómago con cegos gástricos, intestino e ano. Segundo o seu tipo de alimentación presentan distintos apéndice bucais para succionar, mastigar, perforar, lamer... Insectos Moluscos Bico de loro

2.1. Diferentes aparellos dixestivos nos invertebrados  Equinodermos: boca ventral, con esófago e estómago, que nas estrelas penetra nos brazos formando cegos pilóricos. O intestino remata nun ano dorsal. Os ourizos posúen un aparello mastigador chamado lanterna de Aristóteles. Lanterna de Aristóteles

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS É máis complexo que nos invertebrados. Está formado por un tubo dixestivo que vai da boca ao ano e con glándulas dixestivas que facilitan a dixestión química. En determinadas zonas entre rexións do tubo hai aneis musculosos (esfínteres) que controlan o paso de substancias. 3.1. Órganos do dixestivo  Boca: pode posuír peteiro, dentadura, glándulas salivares e lingua. En moitos mamíferos está provista duns labios para succionar. - Peteiro: típico de aves e quelonios. A súa forma e tamaño depende da alimentación, como xa vimos. - Dentadura: formada polos dentes que varian segundo o animal. Nos peixes, anfibios e réptiles serven para agarrar a presa. As aves non os teñen, e nos mamíferos están adaptados ao tipo de alimentación ( incisivos para cortar, caninos para esgazar e premolares e molares para esmiuzar).

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS  Glándulas salivares: non existen nos peixes.  Lingua: nos mamíferos é onde se sitúan as papilas gustativas e serve para mover e distribuir a saliva por toda a boca. Nas aves é córnea, e nalgúns réptiles e anfibios serve para capturar as presas. Nos peixes, existe, pero é inmóbil.  Farinxe: situada na parte posterior da boca e rodeada de músculos para empurrar a comida. Compartida polo respiratorio e o dixestivo, conecta co esófago e a larinxe, e cara arriba, a través das coanas coas fosas nasais. Posúe epiglote que é un repregamento que impide o paso do bolo alimenticio cara o respiratorio.  Esófago: tubo musculado que conecta a flarinxe co estómago. Cos movementos peristálticos das súas paredes axuda no avance do alimento. Se comunica co estómago a través dun esfínter (o cardia). Nas aves dilátase nun boche (almacena o alimento).

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS  Estómago: dilatación do tubo dixestivo. Posúe paredes con glándulas gástricas que segregan zumes gástricos responsables da dixestión química e fortes músculos que mesturan o alimento con eles formando o quimo. A saída do estómago é un esfínter denomínado píloro que comunica co intestino delgado. O estómago pode ser monogástrico (unha cavidade) ou digástrico (máis dunha cavidade). Nas aves hai un proventriculo (glandular) e unha moega (trituración). Nos mamíferos rumiantes posúe catro cavidades e no home ten só unha cavidade con tres rexións: fundus, corpo e rexión pilórica que comunica co delgado.  Intestino delgado: tubo dobrado de ata sete metros que nos mamíferos divídese en tres rexións: duodeno, xexuno e íleo. No dueodeno continúa a dixestión química grazas a bile (producida polo fígado e almacenada na vesícula biliar) e ao zume pancreático (formado no páncreas). A mucosa interna posúe vilosidades intestinais e microvilosidades que aumentan a superficie de absorción como xa vimos.

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS  Intestino groso: de maior diámetro co delgado. No home comeza na válvula ileocecal que comunica a un cego que posúe un apéndice vermiforme. Tras o cego segue o colon (ascendente, transverso, descendente e sigmoidal) con paredes con repregamentos para aumentar a superficie de absorción. O final e o recto que conecta co ano.  Ano: orificio de saída ou exestión dos produtos non asimilados. Posúe esfínteres que regulan o paso das feces. En anfibios, réptiles e aves hai unha cloaca, un órgano que é un ensanchamento do ano onde desembocan o excretor e o dixestivo.

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS Os vertebrados ao longo do seu tubo dixestivo poden posuír diversas glándulas anexas:  Glándulas salivares: na boca. No home hai tres pares: parótides (no maxilar superior baixo a orella), submaxilar (na mandíbula) e sublinguais (baixo a lingua). A súa función é fabricar saliva que segregan á boca. A saliva é fundamentalmente auga, mucina (lubrica e hidrata), amilasa (enzima que hidroliza o amidón) e lisozima (bactericida).  Glándulas gástricas: atópanse na parede mucosa do estómago. Teñen forma tubular e están constituídas por dous grupos de células: parietais (producen HCl) e principais (sintetizan pepsina). Na mucosa gástrica hai tamén células caliciformes que producen mucina que lubrica e protexe da acidez.

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS  Glándulas intestinais: na capa mucosa das paredes do intestino. Hai dous tipos: - Glandulas de Brünner: producen mucina. - Glándulas de Lieberkühn: producen zume intestinal con enzimas dixestivos: disacaridasas (degradan disacáridos), peptidasas (degradan péptidos), e nucleasas (degragan ácidos nucleicos).  Fígado: localízase baixo o diafragma. Constituído por hepatocitos que realizan distintas funcións: - Segregan bile que se almacena na vesícula biliar. - Convirten a glicosa e glucóxeno que almacenan. - Transforman os aminoácidos en ácidos graxos e urea. - Almacenan ferro e vitaminas. - Detoxifican substancias (alcohol, medicamentos, toxinas…)  Páncreas: glándula mixta situada tras o estómago. A parte exócrina está formada polas glándulas alveolares que producen o zume pancreático(proteasas:tripsina e quimiotripsina; amilasa, lipasas e nucleasas pancreáticas e bicarbonato que reduce a acidez) que verten ao duodeno e a parte endócrina produce dúas hormonas que regulan o contido de azucre en sangue (insulina-glicagón).

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

3. APARELLO DIXESTIVO EN VERTEBRADOS

4. DIXESTIÓN EN VERTEBRADOS Poñeremos como exemplo a dos mamíferos. 5.1. Dixestión na boca Tras a inxestión:  Dixestión mecánica: mastigación e trituración coa dentadura.  Dixestión química: a amilasa salivar rompe os enlaces glicosídicos do amidón producindo maltosa (un disacárido). A mucina hidrata e lubrica formando o bolo alimenticio que empurrado pola lingua cara a farinxe facilita a súa deglución. Da farinxe pasa ao esófago onde se move grazas aos movementos peristálticos das súas paredes.

4. DIXESTIÓN EN MAMÍFEROS  Dixestión no estómago: O bolo entra polo cardia no estómago e pasa a denominarse quimo. Actúan os zumes gástricos que son unha mestura de pepsina e HCl. A pepsina rompe as proteínas e precisa un medio moi ácido (pH= 1,5-2). O HCl proporciona ese medio ácido e é tamén bactericida. Os movementos peristálticos do estómago mesturan o alimento cos zumes gástricos.  Dixestión no intestino: O quimo pasa polo píloro cara o duodeno onde é atacado polo zume intestinal e as secreccións do fígado e o páncreas transformándose no quilo. A presenza de lípidos provoca que a vesícula biliar verta o seu contido no duodeno. A bile emulsiona as graxas facilitando a acción das lipasas.

4. DIXESTIÓN EN VERTEBRADOS Principais enzimas a nivel intestinal:  Amilasa pancreática: degrada o amidón en maltosa.  Disacaridasas: degradan disacáridos (maltosa, sacarosa e lactosa)  Lipasas: degradan os triglicéridos a glicerina e ácidos graxos.  Tripsina e quimiotripsina: rompen polipéptidos a péptidos menores.  Peptidasas: degradan os péptidos menores a aminoácidos.  Nucleasas: rompen os ácidos nucleicos en ácido fosfórico, pentosas e bases nitroxenadas. O alimento permanece unhas 8 horas no intestino delgado e pasa ao groso a través da válvula ileocecal.

5. ABSORCIÓN E EXESTIÓN EN VERTEBRADOS Hai distintos mecanismos:  Difusión simple: o paso de substancias sucede a favor de gradiente de concentración.  Difusión facilitada: prodúcese coa axuda de proteínas de transporte e a favor de gradiente.  Transporte activo: precisa proteínas de transporte e sucede en contra de gradiente de concentración polo que precisa enerxía. A absorción prodúcese ao longo de todo o tubo dixestivo, por exemplo boa parte do alcohol absórbese a nivel bucal, pero a maior parte das moléculas da dixestión son absorbidas a nivel do intestino delgado. No groso prodúcese a reabsorción de auga e sales minerais.

5.1. Absorción no intestino delgado Absorbe a maioría dos nutrientes:  Os glícidos sinxelos son absorbidos por difusión facilitada e transporte activo.  Os aminoácidos e os dipéptidos absórbense por transporte activo. Os glícidos e os derivados peptídicos pasan aos capilares das vilosidades intestinais e de aquí a vea porta que os leva ao fígado onde remata o seu procesamento.  Os ácidos graxos, glicerina,, colesterol e vitaminas liposolubles (A, D, E e K) entran por difusión pasiva nas células da mucosa, únense a proteínas (lipoproteínas chamadas quilomicróns) e de aquí pasan ao linfático que os levará ao torrente sanguíneo.  As vitaminas hidrosolubles (complexo B e vitamina C) absórbense no delgado, excepto a B12 que absórbese no íleo.

5.2. Absorción no intestino groso A absorción da auga e as sales minerais sucede dende o intestino delgado ata o colon. O proceso pode levar a recuperación de ata un 70% da auga dos residuos da dixestión. Ademais no groso hai bacterias simbióticas que producen aa e vitamina K que deben ser absorbidas, asi mesmo tamén son responsables da degradación e putrefacción dos restos ( de ahí o seu cheiro). As irritacións do colon poden conlevar un tránsito máis rápido que impida a absorción de auga provocando diarreas e perdas de auga. 5.3. Exestión Os restos non dixeridos transfórmanse en feces (bacterias) e son expulsados fóra (exestión ou defecación). É un proceso involuntario, pero o esfínter anal externo pode manter as feces temporalmente de xeito voluntario.

6 DIXESTIÓN NOS RUMIANTES Os rumiantes son herbívoros cun proceso dixestivo moi diferente. Mastigan a comida brevemente, tragana e regurgitana para mastigala de novo e volver a tragala. Posúen un estómago dividido en catro cavidades: o bandullo ou rume; o retículo; o libro ou omaso e a calleira ou abomaso.O proceso podémolo resumir do seguinte xeito:  A comida mastigada brevemente pasa ao rume.  No rume hai bacterias simbiontes que lle permiten degradar a celulosa.  O alimento pasa ao retículo e regresa cara a boca para sofrer unha nova mastigación.  A comida, xa triturada e medio dixerida pasa ao libro onde se reabsorbe gran cantidade de auga.  Pasa a calleira onde se completa a dixestión química mediante enzimas.

6 DIXESTIÓN NOS RUMIANTES

6 DIXESTIÓN NOS RUMIANTES Ademais desta dixestión particular, os rumiantes, igual que outros herbívoros, posúen unha dentinción especializada baseada nunha diminución ou incluso desaparición de pezas (incisivos e caninos) fronte a un desenvolvemento enorme dos molares adaptados a trituración de produtos vexetais.

GRAZAS POR ATENDERME

Bibliografía e webgrafía: Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de Compostela. España. http://web.altagenetics.com/chile/Article/Print/1941 http://www.asturnatura.com/articulos/equinodermos/erizos.php www. bachibiology.wordpress.com http://csbiologicas2.blogspot.com.es/2010_09_01_archive.html http://docentes.educacion.navarra.es/metayosa/1bach/1nutriani2.html http://lacienciaesbella.blogspot.com.es/2013/11/hoy-tenemos-examen-de-nutricion-de-los.html http://mundozoologia.wordpress.com/2013/06/02/clasificacion-de-reptiles/ http://roxanaluque.blogspot.com.es/2013_08_01_archive.html http://www.slideshare.net/adaneco/nutricion-28774400 http://www.slideshare.net/adaneco/os-invertebrados http://www.slideshare.net/adaneco/vertebrados-18869396

Add a comment

Related presentations

Related pages

Nutricion animal. (Book, 1988) [WorldCat.org]

Get this from a library! Nutricion animal.. [P McDONALD] -- El animal y su alimento, Carbohidratos, Lipidios, Proteinas y acidos nucleicos, Vitaminas ...
Read more

Tema 1- A Nutrición nos Animais - Cienciasdjm

1. As funcións dos seres vivos. 2. A composición dos seres vivos. 3. A alimentación dos animais. 4. A transformación dos alimentos en nutrientes.
Read more

Nutrición - Wikipedia, a enciclopedia libre

Nutrición é o proceso biolóxico a través do cal os ... Entre os organismos hetrótrofos están as bacterias e os animais. A nutrición pode ser ...
Read more

TEMA 1. A NUTRICIÓN NOS ANIMAIS - Centro ARTAI

CIENCIAS DA NATUREZA. 2º ESO DIARIO DE CLASE. 2015-2016 TEMA 1. A NUTRICIÓN NOS ANIMAIS 1. As funcións dos seres vivos. - Cales son as funcións vitais.
Read more

La Nutrición en Los Animales (un mini resumen)

LA NUTRICIÓN EN LOS ANIMALES Los animales, igual que las plantas, realizan la función de nutrición para poder obtener. la energía que necesitan para ...
Read more

NUTRICIÓN NOS ANIMAIS | DEPARTAMENTO CIENCIAS NATURAIS I ...

NUTRICIÓN NOS ANIMAIS. Publicado o Maio 2, 2012 por teogonzalez. Esquema tema: imaxen. NUTRICIÓN INVERTEBRADOS: + Poríferos (esponxas): imaxen
Read more

Herbívoro - Wikipedia, la enciclopedia libre

Nutrición autótrofa; Referencias ...
Read more

NUTRICIÓN ANIMAIS | DEPARTAMENTO CIENCIAS NATURAIS I.E.S ...

Arquivo da categoría: NUTRICIÓN ANIMAIS. NUTRICIÓN NOS ANIMAIS. Publicado o Maio 2, 2012 por teogonzalez.
Read more