Novastecnoloxiaspdf

33 %
67 %
Information about Novastecnoloxiaspdf

Published on November 17, 2016

Author: jmsantaeufemia

Source: slideshare.net

1. As novas tecnoloxías e o medio ambiente •Introdución •Simulacións •Teledetección •Outras tecnoloxías

2. As novas tecnoloxías e o medio ambiente:Aspectos positivos e negativos da tecnoloxía AVANCES TECNOLÓXICOS Esgotamento dos recursos Impactos ambientais Detección e valoración dos problemas ambientais

3. As novas tecnoloxías e o medio ambiente: revolución tecnolóxica Melloras nas comunicacións Facilita o traballo colaborativo Cambios Sociais Revolución da tecnoloxía da información INTERNET TELEFONÍA MÓBIL ORDENADORES SATÉLITES ESPACIAIS Favorece o desenvolvemento humano Acceso limitado a minorías + -

4. As novas tecnoloxías e o medio ambiente: simulacións con ordenadores aplicado a problemas ambientais Evolución da erosión e avance da desertización Comportamento do sistema climático (Cambio climático global, secas, etc.) Crecemento dunha poboación Simulacións coa axuda dos ordenadores Evolución do sistema económico e ecolóxico mundial (World–2,World-3) Poden prever o comportamento de sistemas complexos Evolución do burato de ozono

5. As novas tecnoloxías e o medio ambiente: simulacións con ordenadores aplicado a problemas ambientais Modelos de simulación do sistema ecolóxico mundial:World (encargo do CLUB DE ROMA) World 2 (Forrester, 1972) Conclusións recollidas no informe “Os límites do crecemento”: • o actual ritmo de crecemento leva ao colapso • a estabilidade require reducións na natalidade, no consumo de recursos, na contaminación, no gasto de capital, nos alimentos producidos Datos a partir de 1900 e simulación ata 2100

6. As novas tecnoloxías e o medio ambiente: simulacións con ordenadores aplicado a problemas ambientais Modelos de simulación do sistema ecolóxico mundial:World (encargo do CLUB DE ROMA) World 3 (Discípulos de Forrester, 1991) Conclusións recollidas no informe “Máis aló dos límites do crecemento”: • Se continua a tendencia actual o sistema ecolóxico mundial chegará ao colapso en 100 anos • Se consideramos posible que se dupliquen os recursos (novos xacementos, mellora do rendemento agrícola, etc. ) o colapso tamén se produce e é aínda maior Modelo actualizado e perfeccionado

7. As novas tecnoloxías e o medio ambiente: simulacións con ordenadores aplicado a problemas ambientais Modelos de simulación do sistema ecolóxico mundial:World (encargo do CLUB DE ROMA) World 3 (Discípulos de Forrester, 1991) Conclusións recollidas no informe “Máis aló dos límites do crecemento”: • Aínda é posible acadar a estabilidade ecolóxica e económica cara ó futuro se se toman de forma inmediata as medidas axeitadas (DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE) • Canto antes comecemos a traballar máis probabilidades de éxito haberá Modelo actualizado e perfeccionado

8. As novas tecnoloxías e o medio ambiente: simulacións con ordenadores aplicado aos problemas ambientais Modelos de simulación do sistema ecolóxico mundial:World (encargo do CLUB DE ROMA) Críticas aos modelos WORLD e ás súas previsións: • Modelo malthusiano que bota a principal culpa ao crecemento da poboación mundial • Son só modelos que simplifican a realidade • Foron os primeiros modelos elaborados a partir de datos reais • Son modelos útiles que lembran a necesidade de atallar os graves problemas ambientais dentro dun enfoque global

9. SISTEMAS DE TELEDETECCIÓN Aplicacións medioambientais Radiacións electromagnéticas Compoñentes dun sistema de teledetección Imaxes obtidas Tipos de órbitas Tipos de sensores As novas tecnoloxías e o medio ambiente

10. SISTEMAS DETELEDETECCIÓN:APLICACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS Cartografías do relevo Pedicións meteorolóxicas e climáticas Planificación de usos do solo (Ordenación do territorio) Predición, prevención e valoración de desastres naturais Observación de procesos naturais (avance dos desertos, retroceso dos xeos, etc.) Detección de impactos ambientais Observación e avaliación do estado dos recursos naturais: agrícolas, forestais, minerais, hídricos, forestais As novas tecnoloxías e o medio ambiente

11. TELEDETECCIÓN: RADIACIÓNS EMPREGADAS As novas tecnoloxías e o medio ambiente Banda azul (B) Banda verde (G) Banda vermella (R) Coresprimariasdabandavisible MICROONDAS: captadas polo radar, imaxes nocturnas ou con ceos nubrados IRM: percepción da humidade e da vexetación IRP: vigor da vexetación e concentración de humidade IRT: Detección de cambios térmicos: cambio climático, incendios

12. As novas tecnoloxías e o medio ambiente FONTE DE ENERXÍA: pode ser a solar reflictida polo terreo, infravermella que emite o terreo e a vexetación (sensores pasivos) ou o reflexo da radiación que emite o propio satélite (sensores activos) SENSOR: Compoñente capaz de captar , codificar e transmitir as imaxes TRANSMISIÓN: a información recollida polo sensor é transmitida á terra por ondas de radio (codificación dixital) CENTRO DE RECEPCIÓN: procesa, almacea e corrixe as imaxes se é necesario Receptor: lugar provisto de medios de captación (antenas) que reciben a información do satélite TELEDETECCIÓN: COMPOÑENTES DUN SISTEMA SISTEMA DE DISTRIBUCIÓN: distribúe as imaxes para que os usuarios dispoñan delas APLICACIÓN: Diferentes usos polo usuario final que accede á información mediante internet

13. TELEDETECCIÓN: CARACTERÍSTICAS DAS IMAXES As novas tecnoloxías e o medio ambiente • As imaxes dixitais están divididas en pequenos recadros (píxeles) e o que nós vemos é o resultado da unión deles a modo dun mosaico • Cada pixel pode ter só un ton de gris uniforme (as imaxes obtidas polos sensores dos satélites son monocromas) • PIXEL = picture + element, unidade é a mínima información na que se divide unha imaxe • A escala de grises pode variar entre sensores (valor habitual 256) • A codificación dixital transforma os tons de gris en números • Valor 0 indica mínima intensidade de luz, cor negra do pixel; • Valor 255 indica máxima intensidade de luminosidade, cor branca do pixel. • A CALIDADE ou detalle das imaxes dependen da RESOLUCIÓN

14. TELEDETECCIÓN:TIPOS DE RESOLUCIÓN DAS IMAXES As novas tecnoloxías e o medio ambiente A resolución é a capacidade para discriminar os detalles dunha imaxe Pódense considerar 4 tipos de resolución nas imaxes obtidas polos satélites: • Resolución espacial: tamaño do pixel, área máis pequena que pode distinguirse • Resolución temporal: tempo que transcorre entre a obtención de dúas imaxes semellantes • Resolución radiométrica: cantidade de tons de gris que pode captar o sensor • Resolución espectral: cantidade das diferentes bandas * nas que toma imaxes o sensor * Banda do espectro = cada unha das lonxitudes de onda ás que o satélite pode tomar imaxes

15. TELEDETECCIÓN:A RESOLUCIÓN ESPACIAL DAS IMAXES As novas tecnoloxías e o medio ambiente A resolución espacial aumenta canto menor sexa o tamaño de pixel, sendo maior o número de píxeles na mesma imaxe ou área, o que leva a unha maior definición da imaxe. A maior resolución maior calidade da imaxe, maior detalle, pero maior cantidade de datos almacenados polos sensores (CANTIDADE DE INFORMACIÓN OU BITS) Maior tamaño de pixel implica menor nº de píxeles/imaxe, e menor resolución A menor resolución corresponde co satélite LANDSAT MSS

16. TELEDETECCIÓN: RESOLUCIÓNTEMPORAL DAS IMAXES As novas tecnoloxías e o medio ambiente Cando os sensores dos satélites teñen unha elevada resolución temporal pódense obter datos dunha zona en diferentes momentos e coñecer así a evolución de diferentes procesos, como os satélites meteorolóxicos (METEOSAT toma imaxes cada 15 minutos, da mesma zona).

17. TELEDETECCIÓN:A RESOLUCIÓN RADIOMÉTRICA DAS IMAXES As novas tecnoloxías e o medio ambiente A elevada resolución radiométrica significa que o sensor do satélite pode captar unha grande cantidade de variacións de luminosidade, o que significa unha imaxe con moites niveis de gris e maior calidade.

18. TELEDETECCIÓN:A RESOLUCIÓN RADIOMÉTRICA DAS IMAXES As novas tecnoloxías e o medio ambiente A maior resolución radiométrica implica maior calidade da imaxe pero máis información (nº de bits). Unha imaxe de 256 niveis de grises equivale a 8 bits de información por pixel (28) O sensor MODIS ten 10 bits por pixel (210 = 1024 niveis de gris)

19. TELEDETECCIÓN:A RESOLUCIÓN ESPECTRAL DOS SENSORES As novas tecnoloxías e o medio ambiente Cando os sensores dos satélites teñen unha elevada resolución espectral significa que son capaces de captar numerosas bandas de radiación (diferentes zonas de lonxitude de onda). O LANDSAT TM opera en 7 bandas e por iso considerase MULTIESPECTRAL. Cando opera en múltiples bandas,, un satélite denomínase HIPERESPECTRAL (MODIS opera en 36 bandas do espectro). 3 bandas no espectro visible 4 bandas no espectro infravermello As bandas do espectro en que opera LANDSAT TM

20. TELEDETECCIÓN:TIPOS DE ÓRBITAS As novas tecnoloxías e o medio ambiente POLAR • Describen unha órbita paralela ao eixo de rotación terrestre • Son heliosíncronos • Toman datos de zonas diferentes do planeta. • Pouca altitude (1.000 Km) • Maior resolución espacial • Aplicacións cartográficas. XEOESTACIONARIA • Orbitan de W a E no plano ecuatorial • Situados a unha grande altitude, (36.000 Km) • Xeosíncronos • Semellan estar fixos sobre a mesma zona. • Apropiados para a observación de fenómenos cambiantes (gran resolución temporal.)

21. TELEDETECCIÓN:TIPOS DE SENSORES As novas tecnoloxías e o medio ambiente • SENSORES RGB: Rastrean as radiacións visibles e infravermellas reflectidas polas superficies • SENSORES MICROONDAS: Rastrean as sinais de onda longa (microondas) emitidas pola superficie terrestre (pasivos) ou emitidos polo propio sensor (RADAR)

22. TELEDETECCIÓN:TIPOS DE SENSORES (RGB ,VARRIDO MULTIESPECTRAL As novas tecnoloxías e o medio ambiente SENSORES RGB ou DEVARRIDO MULTIESPECTRAL: 1. As imaxes son captadas por un espello 2. As imaxes pasan por un prisma óptico que as separa por lonxitudes de onda en diferentes sinais 3. Cada sinal é enviada a un sensor que capta a lonxitude de onda correspondente 4. No interior de cada sensor a sinal eléctrica é transformada nun valor numérico (dixitalización). 5. As sinais son transmitidas cara a un centro de recepción que procesa e colorea as imaxes

23. TELEDETECCIÓN: IMAXES EN COR A PARTIR DE SENSORES RGB As novas tecnoloxías e o medio ambiente Na fotografía dixital, unha imaxe en cor obténse da combinación das imaxes en gris tomadas en 3 bandas diferentes do espectro

24. TELEDETECCIÓN: IMAXES EN COR A PARTIR DE SENSORES RGB (COR NATURAL OU VERDADEIRA) As novas tecnoloxías e o medio ambiente • A cada pixel da imaxe da banda 3, otorgámoslle a cor vermella, R. • A cada pixel da imaxe da banda 2, otorgámoslle a cor verde, G. • A cada pixel da imaxe da banda 1, otórgaselle a cor azul, B. • As intensidades dos cores vermella, verde e azul están determinados polo ton de gris que posúan cada unha das imaxes. • Combínanse as tres imaxes de cor para obter a imaxe de cor natural

25. TELEDETECCIÓN: IMAXES EN COR NATURAL RGB:321 As novas tecnoloxías e o medio ambiente Valores de intensidade lumínica nas diferentes bandas e cores resultantes (imaxes de cor natural RGB 321)

26. TELEDETECCIÓN: IMAXES EN COR A PARTIR DE SENSORES RGB (FALSA COR ) As novas tecnoloxías e o medio ambiente • Otórgase a cor vermella ás imaxes obtidas na banda 4 (Infravermello próximo) • A cor verde otórgase ás imaxes obtidas na banda 3 (radiación visible vermella) • A cor azul otórgase ás imaxes obtidas na banda 2 (radiación visible verde)

27. TELEDETECCIÓN: IMAXES EN FALSA COR As novas tecnoloxías e o medio ambiente Imaxe de Nápoles en falsa cor RGB = 432

28. TELEDETECCIÓN: IMAXES EN FALSA COR (VARIACIÓNS E EXEMPLOS ) As novas tecnoloxías e o medio ambiente • RGB = 7 5 4 • RGB = 7 4 2 • RGB = 7 4 3 • Serve para discriminar zonas queimadas • Discrimina zonas urbanizadas e cultivadas • Detecta as zonas encharcadas

29. TELEDETECCIÓN: IMAXES EN FALSA COR (VARIACIÓNS E EXEMPLOS ) As novas tecnoloxías e o medio ambiente Delta do Ebro (imaxes en cor verdadeira e en falsa cor

30. TELEDETECCIÓN: SENSORES DE MICROONDAS As novas tecnoloxías e o medio ambiente • Pasivos: captan os microondas que emiten os algúns obxectos da superficie terrestre (movementos do xeo, dos icebergs, desprazamentos de masas de neve) • Activos: emiten microondas e recollen o sinal de retorno, coñecidos por RADAR (Radio Detection And Ranging). • Realizan imaxes dixitais en tons de gris que se poden corear posteriormente. • Poden tamén valorar o tempo de retorno do sinal, o que permite calcular distancias, altitudes, etc.

31. TELEDETECCIÓN: CARACTERÍSTICAS DOS SENSORES DE RADAR As novas tecnoloxías e o medio ambiente • A partir da toma de imaxes do mesmo territorio con ángulos diferentes pódense crear imaxes estereoscópicas • Captación independiente da situación de visibilidade: poden captar imaxes con ceo cuberto, sen luz solar, etc. • Serven para representar o relevo: a radarmetría permite calcular a altitude de cada punto da superficie terrestre. • Detectan movementos do terreo e das superficies de auga: a interferometría pode tomar diferentes imaxes e a partir de cores en bandas detectar variacións topográficas. Par estereoscópico

32. TELEDETECCIÓN: CARACTERÍSTICAS DOS SENSORES DE RADAR As novas tecnoloxías e o medio ambiente Imaxes de RADAR tomadas no episodio do Prestige (tomas nocturnas onde se ven as manchas de fuel)

33. TELEDETECCIÓN: RADARES E INTERFEROMETRÍA As novas tecnoloxías e o medio ambiente A INTERFEROMETRÍA é unha técnica de teledetección na que se combinan varias imaxes de radar para detectar cambios na topografía: a partir de cores pódese mostrar cómo se eleva o descende o terreo. Por exemplo, o volcán Mount Longonot en Kenia aumentou 9 cm no período 2004-2006. Esta técnica permite mostrar a actividad volcánica e sísmica e así predecir terremotos e erupcións.

34. SISTEMASTELEMÁTICOS APOIADOS NATELEDETECCIÓN As novas tecnoloxías e o medio ambiente Un sistema telemático baseáse na interconexión entre ordenadores mediante unha rede de comunicacións co fin de realizar tareas comúns. •GPS •GIS (Geographic Information Systema, SIG, SIX) •SISTEMAS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL

35. SISTEMASTELEMÁTICOS APOIADOS NATELEDETECCIÓN: GPS As novas tecnoloxías e o medio ambiente GPS (GLOBAL POSITIONING SYSTEM) é un sistema formado por pequenos aparatos que captan as sinais emitidas desde satélites deseñados para tal fin. • Para averiguar a posición o GPS debe recibir sinais de alomenos 4 satélites, 3 para triangular e outro para corrixir os desfases • Na práctica o GPS recolle as sinais de 6 ou máis satélites. Hoxe hai 24 satélites movéndose continuamente en órbitas polares.

36. SISTEMASTELEMÁTICOS APOIADOS NATELEDETECCIÓN: GPS As novas tecnoloxías e o medio ambiente GPS ten numerosas aplicacións: • Determinar a posición (datos de latitude e lonxitude) dun punto xeográfico • Determinar a velocidade e dirección dun obxecto en movemento • Útiles para a navegación tanto na terra como no mar • Rescate de persoas • Coordinación de traballos de extinción de incendios • Realización de mapas • Seguimento de animais en extinción • Detección de mareas negras e de tsunamis

37. SISTEMASTELEMÁTICOS APOIADOS NATELEDETECCIÓN: SIG As novas tecnoloxías e o medio ambiente GIS (Geographic Information System) é un programa de ordenador (base de datos) que contén un conxunto organizado de datos xeográficos da mesma porción dun territorio. • Os datos soen representarse en CAPAS SUPERPOSTAS (diferentes mapas temáticos que inclúen hidrografía, pendentes, xeoloxía, tipos de vexetación, cultivos, carreteras, tendidos eléctricos, etc.) • Os SIX tamén poden incluir datos non representables en mapas: datos de catastro, de censo, de crecemento urbán, etc. • Os SIX serven para almacenar, representar gráficamente, manipular e xestionar unha información sobre o territorio. • A información gárdase en formato dixital que se pode transformar en visual, debendo de ser actualizada con frecuencia e estar dispoñible telemáticamente polos interesados.

38. SISTEMASTELEMÁTICOS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL As novas tecnoloxías e o medio ambiente A difusión e acceso á información favorece a cooperación internacional en temas de medio ambiente. Exemplos de colaboración son: • Sistemas de información meteorolóxica: • WMO (World Meteorological Organization) • TRMM pronostica os furacáns • Sistemas de alerta por tsunamis: • NOAA é unha organización cun programa de alerta para tsunamis para USA e Canadá. • Existe un sistema mundial de predición de tsunamis, organizado a partir da catástrofe de 2004

39. SISTEMASTELEMÁTICOS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL As novas tecnoloxías e o medio ambiente • Sistemas de información meteorolóxica: • WMO (World Meteorological Organization) impulsó o sistema de Vixiancia Meteorolóxica Mundial que analiza, coordina e envía a información que aportan os satélites e as estacións meteorolóxicas terrestres (de todo o mundo) aos diferentes CENTROS METEOROLÓXICOS NACIONAIS. • TRMM é unha institución onde participan estadounidenses e xaponeses, que pronostica a intensidade e o alcance dos furacáns, ciclóns e tifóns.

40. SISTEMASTELEMÁTICOS DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL As novas tecnoloxías e o medio ambiente • O sistema de predición e prevención de tsunamis mundial conta con numerosas boyas DART repartidas polo Pacífico e polo Índico, que captan os movementos do fondo do océano e transmiten a información ata o CENTRO DE CONTROL DE TSUNAMIS, onde se analiza; en caso de alerta avísase ás poboacións afectadas.

Add a comment