Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima

50 %
50 %
Information about Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima
Education

Published on March 8, 2009

Author: vcqpanches

Source: slideshare.net

Description

Presentación sobre a meteoroloxia, os seus elementos e efectos

A meteoroloxía Traballo realizado por: Violeta Corujo Quinteiro

¿Que estudia a meteoroloxía? A diario experimentamos moitos fenómenos atmosféricos, pero a maioría das veces non nos damos conta que ocorren. A interacción entre o Sol e a atmosfera é a principal causa destes fenómenos.

Estas diferencias de temperatura á súa vez producen variacións de presión na atmosfera e, xa que a atmosfera busca sempre o equilibrio de temperatura, o aire desprázase dun lugar a outro. Este desprazamento do aire , coñécese popularmente como “Vento”.

Estos procesos combinados coa topografía do terreo causan outros fenómenos meteorolóxicos, como por exemplo a formación das nubes. A rama da ciencia que estuda estos e outros comportamentos da atmosfera é chamada “meteoroloxía”.

Cando o Sol quenta o aire e a superfície da Terra, prodúcense diferencias de temperatura ( diferencias térmicas) entre unhas zonas e outras.

Termo que fai referencia ao estudo científico do tempo, procede das palabras gregas "meteoron" (algo alto no ceo) e "logos"(discurso). Que é a meteoroloxía?

Como se predí o tempo? Para entender o complexa que é a meteoroloxía hai que pensar que é necesario recopilar os datos meteorolóxicos (temperatura, presión, humidade, visibilidade, forza e dirección do vento, etc…)

Todos estes datos que son recollidos por miles de estacións meteorolóxicas de diferentes organizacións nacionais e internacionais distribuidas por todo o planeta, deben ser moi precisos, xa que do contrario poden provocar erros importantes á hora de realizar os cálculos necesarios para facer o pronóstico.

A maior parte da información que manexan os meteorólogos obtéñena de pequenas estacións meteorolóxicas que hai na Terra, a maior parte delas automatizadas. Moitas utilizan a enerxía solar como fonte de enerxía e transmiten os datos vía satélite aos centros meteorolóxicos máis cercanos. Quedan algunhas nas que aínda hai que recoller as lecturas persoalmente e despois anotalas manualmente.

Todo isto é posibel grazas á tecnoloxía da información. Desde os potentes ordenadores que fan correr os programas especialmente diseñados para isto usando toda a información que cada unha das miles de estacións meteorolóxicas lle envían, ata os satélites meteorolóxicos, que con imaxes e datos axudan a ver o estado actual da atmosfera dunha forma máis global.

As variables atmosféricas cambian constante-mente, e os meteorólogos deseñaron o que se coñece como “modelo atmosférico”, que non son nen máis nen menos que ecuacións matemáticas que describen as principais variables da atmosfera (a temperatura, a presión atmosférica e a cantidade de vapor de aire) e como poden evolucionar co paso do tempo.

O resultado final é un mapa indicando a posición das diferentes borrascas e anticiclóns xunto coa posición das isobaras.

Masas de aire, frontes, isobaras, presión… ¿Que son? O aire da Terra circula libremente por toda a atmosfera impulsado por enormes motores coñecidos como anticiclóns e borrascas. A circulación do aire ao redor destas zonas de altas (anticiclóns) ou baixas ( borrascas) presións varía dependendo da latitude, o hemisferio no que se se atope e a velocidade á que se mova.

Cando o aire xira ao redor dun anticiclón alónxase do seu centro e iso favorece que o aire que se atopa a máis altura descenda ata a superficie. Isto en meteoroloxía denomínase situación estable e está asociado con tempo seco e xeralmente sen nubes. Os anticiclóns soen ser máis estáticos cas borrascas e poden chegar a permanecer sobre algunhas zonas do planeta de forma case perpetua.

En España o anticiclón máis coñecido é o anticiclón das Azores, que mantén o seu centro ancorado de forma case permanente nas illas Azores, de aí o seu nome. Proporciona tempo seco e soleado durante gran parte do ano a España e outras zonas do Sul de Europa e Norte de África, ao desviar os frentes e borrascas por latitudes superiores.

Unha borrasca fórmase cando se xuntan dúas masas de aire, unha fría e outra quente. O aire frío pesa máis e levanta ao cálido favorecendo o desenvolvemento de nubes.

No centro dunha borrasca o aire converxe e despois ascende, e ao facelo enfríase. Este enfriamento favorece a formación de nubes que soen producir precipitacións de diferente intensidade e tamaño.

Pero no todas las borrascas traen la misma cantidad de precipitación. Algunas son mucho más activas y destructivas que otras. Por ejemplo la fuerza destructiva de un huracán (que no es más que una borrasca de dimensiones desproporcionadas) no es comparable con las borrascas que se dan en nuestras latitudes. Pero non todas as borrascas traen a mesma cantidade de precipitacións. Algunhas son moito máis activas e destructivas que outras. Así, por exemplo, a forza destructiva dun furacán non é comparable coas borrascas que se dan nas nosas latitudes.

Un furacán non é máis que unha borrasca de dimensións desproporcionadas.

En España as borrascas non adoitan ser tan frecuentes como noutros países de Europa. As que nos visitan achéganse polo Atlántico ás nosas costas a ao Cantábrico . Coas calores do verán, as baixas presións tamén se instalan na Península favorecendo a formación das típicas treboadas de verán.

Na formación dunha borrasca, as masas de aire frío e quente atópanse e retórcense formando unha espiral . O resultado son dúas rexións claramente diferenciadas pola temperatura e pola humidade do aire. Entre estas hai unha liña divisoria, como unha fronteira.

Estas fronteiras da natureza coñécense como frontes e aparecen a cotío nos mapas do tempo dos medios de comunicación. En España as frontes, ao igual que as borrascas, soen chegar polo Atlántico avanzando primeiro por Galicia, Asturias e Castela- León para acabar 24 horas máis tarde nas comunidades do Mediterráneo.

Hay catro tipos de frontes : Frías Cálidas Ocluídas Estacionarias

Fronte cálida Fronte fría Fronte estacionaria Fronte ocluída

As frontes frías aparecen debuxadas cunha raia continua de cor azul con triángulos adosados que tamén nos indican a dirección de avance da fronte. Provoca chubascos e incluso treboadas ao seu paso e un descenso significativo das temperaturas. Quente

As frontes cálidas nos mapas do tempo están debuxadas cunha raia vermella cuns semicír-culos espaciados simétricamente apuntando á dirección de avance da fronte. Acostuman levar choivas e tras o seu paso hai aumento das temperaturas.

Fronte estacionaria Na fronte estacionaria como o seu nome indica, as masas de aire ao redor desta fronte non se atopan en movemento. Será semellante á fronte cálida e producirá condicións climáticas similares.

A fronte ocluída fórmase cando a fronte fría substitúe á fronte cálida en superficie, é dicir, o aire cálido é levantado polo aire frío que empurra á fronte fría.

As frontes ocluídas debúxanse en cor morada ou lila e intercálanse triángulos e semicírculos. Poden traer choivas débiles ou algún chubasco, pero as temperaturas varían de forma moi lixeira respecto das que había antes do seu paso.

Mapas do tempo Son os mapas que xeralmente vemos na TV e no xornal. Amosan unhas liñas, chamadas isobaras, que arrodean aos anticiclóns ( nos mapas aparecen cunha A) ou ás borrascas (aparecen sinaladas cunha B)

¿Pero que son as isobaras? As isóbaras son unhas líñas que debuxan os meteorólogos unindo tódolos puntos que están á mesma presión.

Cando as isobaras están moi xuntas significa que nunha distancia peque-na haberá variacións de presión moi grandes. Canto máis xuntas estean as isoabaras, máis forte soprará o vento.

Este vento vese reflectido no mapa de símbolos que é o mapa no que o meteorólogo sintetiza de forma máis visual e entendible para o público o que se representa no mapa de previsións. O vento represéntase cunhas frechas que, según o número de raias que as atravesen, nos indican a forza do mesmo.

Sempre que se fala de precipitacións hai que referirse aos diferentes estados (sólido e líquido) nos que a auga se precipita dende as nubes ata chegar ao chan. Tipos de precipitacións

Podemos distinguir: Precipitacións líquidas: Precipitacións sólidas:

Choiva : o diámetro das gotas é maior ca un milímetro. Chovizna : o diámetro das gotas é igual ou inferior a medio milímetro. Aquí en Galicia e tamén en Asturias coñécese como “orvallo”, “xirimiri” no país basco e “calabobos” noutras comunidades. Chubascos ou chaparróns: cando a precipitación comeza e remata de forma súbita. Precipitacións líquidas

Precipitacións sólidas: Neve: está composta por cristais de xeo que se unen entre sí para formar un copo . Granizo: está composto por anacos de xeo ou pedrisco con diámetros que oscilan entre 0.5 e 5 cm.

Métodos populares de previsión do tempo En Portugal é típica a figuriña do galo que muda a súa cor según o tempo. Din que a cor do galo anuncia cambios de tempo, ainda que se trata dunha capa de cloruro de cobalto que cambia de tonalidade en función do aire. A súa fiabilidade non é sempre elevada, pero distingue ben os tempos secos dos húmidos en función do aire, asociados ao sol ou ás choivas respectivamente.

Un monxe benedictino popularizou un sistema parecido. Trátase dunha variña máxica feita con tripa de vaca que, ao aumentar a humidade, se alonga ata a escala de tiempo revolto ou chuvioso. Con vento seco contráese e o monxe indica bo tempo.

Os animais tamén saben predicir o tempo Os insectos son uns dos mellores meteorólogos. As abellas soen voar ao seu panal cando se achega unha treboada. Tamén poden anticipar o tempo que se aveciña: cando en outono hai máis abellas do normal, é probable que o inverno sexa frío e con abun-dantes nevadas .

As formigas, cando se espera a chegada de tempo de choiva ou inestabel, aumentan a súa actividadde e camiñan en liña recta.

O grilo tamén nos proporciona moita información. No verán aumenta a frecuencia dos seus chirridos a medida que aumenta a temperatura do aire. Son un perfecto termómetro.

Cando o gato se lava a cara. Se as mulas moven moito as orellas. Se os animais teñen calambres. Se os palomos se dan un baño. A aparición de formigas aladas. Sinal de choiva probable:

Cando o galo canta durante o día. A tranquilidade xeral dos animais. Cando as cicatrices antigas de feridas e amputacións en humanos doen ou pican. Cando os gatos corren e saltan é sinal de vento. Sinais de cambio de tempo:

Refráns relativos ao tempo En febreiro, entra o sol no regueiro. Flor de febreiro, non chega ao fruteiro. En maio, ainda a vella queima o tallo . Ata o 40 de maio, non te quite-lo saio. Arco da vella, auga na terra . Cando chove e sarabea, fai un frío que rabea . Ceo empedrado, terreo mollado . Maio ventoso, ano fermoso. Marzo, marzadas: vento, frío, sol e saraibadas . En xaneiro pon o alleiro. Que outros sabes ti?

Fin

Add a comment

Related presentations

Related pages

El tiempo de AEMET - Agencia Estatal de Meteorología

Vigilancia del clima Vigilancia del clima. Resúmenes climatológicos; Análisis estacional; Vigilancia de la sequía meteorológica; ... App "El Tiempo de ...
Read more

Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima - Education

Home; Education; Meteorologia tiempo atmosferico nubes clima; Download. of 46 ×
Read more

Tiempo atmosférico - Wikipedia, la enciclopedia libre

El tiempo es el estado de la ... influenciando así el clima a largo plazo y el cambio ... desplazamiento y energía transportada por las nubes, ...
Read more

Tiempo y clima - thales.cica.es

Con frecuencia se confunde el tiempo atmosférico y el clima de un lugar. El tiempo atmosférico a una hora ... , cantidad de nubes, humedad etc., ...
Read more

Nubes, mecanismo del tiempo atmosférico – nuestroclima.com

El clima; 0; Nubes, mecanismo del ... nos dispersamos sin apreciar el efímero espectáculo que ciertos parámetros del tiempo ... La formación de las ...
Read more

Meteorología - Wikipedia, la enciclopedia libre

... características climáticas como las nubes y los ... al inferir esas conexiones entre tiempo y clima, ... della meteorologia. Wallace, J ...
Read more

METEOROLOGIA/ASTRONOMIA/IMPORTAN - astromia.com

El objetivo de la meteorología es predecir el tiempo que va a hacer en ... que estudia el clima y sus variaciones a lo largo del tiempo. ... Las nubes ...
Read more

14. El tiempo atmosférico y el clima. 4º Conocimiento del ...

Todos los videos de Primaria ordenados por materias en www.videoprofe.net. Skip ... clima y tiempo atmosferico ... Tiempo, Clima y ...
Read more

El Tiempo

Previsión del tiempo para hoy, mañana y los próximos días. El Tiempo en 200.000 ciudades. Inicio Volver. ... Desvelamos el misterio de este tipo de nubes.
Read more