Manuel Curros Enríquez, 3º ESO

50 %
50 %
Information about Manuel Curros Enríquez, 3º ESO

Published on March 12, 2014

Author: trafegandoronseis

Source: slideshare.net

3º ESO

Manuel Curros Enríquez pasa por ser, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.

 Considera que a poesía debe estar ao servizo da sociedade, comprometida cos máis desfavorecidos.  Autor de dous libros: Aires da miña terra, publicado en 1880, e O Divino Sainete, publicado en 1888.  O seu primeiro poema, «Cántiga» foi escrito con tan só 18 anos.  En 1877 gaña o certame poético convocado en Ourense con «A virxe do cristal», «Unha voda en Einibó» e «O gaiteiro de Penalta»

O libro ten unha estrutura encadrada: ábrese cun poema de ton xustificatorio, a "Introdución" e féchase cunha esperanzada "Encomenda".

 Aínda que cre na poesía social e a maior parte dos poemas pertencen a esta temática, hai ademais outras temáticas: . Temática costumista: os tres poemas cos que gañou o certame están incluídos neste libro. . Temática intimista: poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade.

a) Cívica:  Nela o poeta adopta un punto de vista crítico. Preocúpase, de xeito altruísta, pola sociedade en que vive e trata de combater as inxustizas que se cometen coas clases populares.  Presenta as seguintes características xerais:  – Defensa dun programa de benestar, progreso e liberdade para todos os individuos, fronte ao fanatismo relixioso, o escurantismo, a opresión e a ignorancia reinantes.  – Critícase o abuso de poder da Igrexa, facendo sátira da figura-cumio (o Papa).  – Considéranse negativos para o pobo outros poderes como a monarquía, a Xustiza e a burocracia administrativa en xeral.  – Proponse liberar o agro de todos os males que o abafan: o inxusto reparto da terra, os trabucos e impostos en xeral, as levas para o servizo militar e as guerras, a escaseza de produtos de primeira necesidade (o sal), as supersticións...

b) Poesía costumista — Un costume. Recrea "Unha voda en Einibó", unha voda popular en tres romances: o noivado, a cerimonia e o xantar. — Un tipo. Neste caso trátase dun gaiteiro (influencias rosalianas). — Unha lenda tradicional. Curros elixe a coñecida en Celanova como da Virxe do Cristal. A peripecia reside no milagre realizado pola Virxe para salvar a honra dunha rapaza namorada. Trátase dun poema longo de máis de mil cen versos.

 c) Poesía intimista Poemas que se deben a sentimentos provocados por diferentes circunstancias como o nacemento dun fillo, a morte doutro ou a da súa nai, a anguria ou a soidade. • ―Ben chegado‖ • ―¡Ai!‖ • ―Na morte da miña nai‖ • ―A Rosalía‖ • ―Tempro deserto‖ • ―Sola‖

 Acompañado polo poeta Francisco Añón, fai un percorrido crítico, desde o seu punto de vista ideolóxico, polos sete vagóns que conteñen sete pecados capitais.  PREGUIZA – ENVEXA – GULA – IRA – LUXURIA – AVARICIA – SOBERBIA  Está concibida como unha réplica de A divina comedia de Dante. Curros sitúa a acción nun tren que se dirixe a Roma.

 É unha obra de agudo contido crítico e satírico. Curros critica o negocio das peregrinacións e satiriza a diversas personalidades e institucións da vida galega.  Tres obxectivos básicos: . Facer unha crítica ás institucións de goberno e aos sectores reaccionarios da sociedade en xeral e á Igrexa católica en particular. . Expresar unha defensa do Rexurdimento e das súas principais figuras e reivindicar a existencia da Literatura Galega. . Satirizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e literarios.

 Curros baseou o seu galego literario na fala popular, resultando en liñas xerais máis enxebre, depurado de castelanismos e rico que o de Rosalía, aínda que menos elaborado e culturizante que o de Pondal.  A súa poesía ten unha intención claramente didáctica e moralizante e a súa linguaxe procura ante todo sinxeleza, autenticidade e eficacia comunicativa.  Válese con frecuencia de recursos como a anáfora e o paralelismo.

Add a comment

Related pages

resúmenes maritech: resumen galego temas 7-8-9 3º eso ...

... rexurdimento:lÍrica, rosalÍa de castro, manuel curros enrÍquez, eduardo pondal ... resumen sociais 3º eso capitalismo e globalizaciÓn...
Read more

Manuel Curros Enríquez - Wikipedia, a enciclopedia libre

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, ...
Read more

Manuel Curros Enríquez - Wikipedia, the free encyclopedia

Manuel Curros Enríquez (1967) Florentino López Cuevillas (1968) Antonio Noriega Varela (1969) Marcial Valladares Núñez (1970) Gonzalo López Abente (1971)
Read more

Aulablog de 3º da ESO: Manuel Curros Enríquez

Blogue de aula de 3º da ESO. Profa: Gracia Santorum. mércores 27 maio 2015. Manuel Curros Enríquez
Read more

3º ESO | IES Castro Alobre - Consellería de Cultura ...

3º ESO; Start: 03/05/2015 16:52 . Timezone: ... MANUEL CURROS ENRÍQUEZ . Vídeo sobre a figura de Curros Enríquez . Enlace ao esquema de comentario de ...
Read more

Manuel Curros Enríquez - Wikipedia, la enciclopedia libre

Manuel Curros Enríquez; Información personal; Nacimiento: 15 de septiembre de 1851 Celanova, Orense: Fallecimiento: 7 de marzo de 1908 La Habana ...
Read more

Manuel Curros Enríquez - Wikipedia

Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851 - La Habana, 1908) zo ur barzh galizat eus marevezh ar Rexurdimento el lennegezh c'halizek. ...
Read more