advertisement

Letras Galegas2008 Sfx

50 %
50 %
advertisement
Information about Letras Galegas2008 Sfx

Published on May 11, 2008

Author: Encarna

Source: slideshare.net

advertisement

Letras galegas 2008 Xosé María Álvarez Blázquez Biblioteca CEIP San Francisco Xabier

Naceu en Tui, nunha familia numerosa, era o terceiro de seis irmáns. Seu pai, médico de profesión foi fusilado ao comezo da guerra e el mesmo estivo suspendido de emprego e soldo. Casou con María Luísa Cáccamo e foron pais de seis fillos. A súa filla maior, María Luísa de nome pero chamada por todos Colorín, inspiroulle un fermoso libro de poemas. Foi mestre, poeta, editor, membro da Academia Galega, xornalista, crítico literario... un home polifacético que deixou unha enorme pegada na cultura de Galicia.

Le con atención estes feitos da biografía de Álvarez Blázquez e sitúa o ano en que aconteceron Nace en Tui un 4 de febreiro. Escribe os seus primeiros poemas en galego. Casa con María Luísa Cáccamo Frieben o 10 de decembro O 12 de marzo morre a súa filla Colorín, a quen dedicará o seu libro "Roseira do teu mencer" Morre o día 2 de marzo. O 30 de xuño a Academia Galega decide dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2008 2007 1985 1970 1946 1928 1915

 

Hai moitos anos naceu en Vigo unha nena que non tiña nome. Os seus pais, que andaban a rir, ao vela tan colorada de alegría e cos ollos azuis como auga dunha fonte, souberon que se chamaba Colorín. E así a chamaron sempre os seus pais, os seus irmáns e os seus amigos. Cando a nena tiña un ano, o pai escribiu este libro para contar como chegara Colorín voando co vento. ... de súpeto, entrou por debaixo da porta un arrecendo de rosas. Era Colorín, que viña de non se sabe. Acababa de nacer. Xosé María Álvarez Cáccamo ( fillo do poeta e irmán de Colorín)

Autor Ilustrador Editorial Colección Xerais Manolo Uhía Merlín Xosé María Álvarez Blázquez Título Roseira do teu mencer RELACIONA ESTES DATOS DO LIBRO

Era un airiño suave que se ergueu pola mañán e viña de non se sabe. Era un recendo de .......................... da roseira de ningures, que se meteu pola .......................... Era unha cantiga leda que nacía non sei onde e petaba na ..................................... Era unha gracia sutil que baixaba das ......................... Eras ti! Este é o primeiro poema do seu libro "Roseira do teu mencer". Complétao coas imaxes. Se o queres escoitar cantado preme aquí.

Imos agora a copiar a Xosé María Álvarez Blázquez inventando estrofas semellantes: Era unha ................... núa que soñaba cos seus froitos e durmía baixo a ................. Era un ..................... amarelo que brillaba no horizonte e quentaba o .................. enteiro. Era un .................. de cores que voaba baixo as nubes e se pousaba nas ......................

Maruxiña voa, voa, que eí che vén o cuco-rei e non fala cousa boa co bico de mala lei. Voa, maruxiña, e tórnate axiña. Maruxiña voa, voa, que eí che vén o ferreiriño e se estás coma unha estoa vaiche levar pra o seu niño. Que xa me pesa na man a túa carga levián! Voa maruxiña, e tórnate axiña, que xa me pesa na man a túa carga levián. Maruxiña voa, voa, que eí che vén o verderol enfeitado coa coroa do circo roxo do sol. Voa maruxiña, e tórnate axiña. Maruxiña voa, voa, que eí che vén o papafigo cunha carga de boroa e unha presa de pantrigo. Que xa me pesa na man a túa carga levián. Imos ler esta poesía entre todos e todas. Todo o grupo lerá os versos en azul e un neno ou nena lera os versos en vermello.

Pon xunto a cada animal o seu nome: formiga vagalume abella caracol escarabello bolboreta araña mosca xoaniña cempés

Imos ao campo, isca da cama, que a mañán nova fóra nos chama cos asubíos, dende moi cedo dos estorniños no abeledo. Imos ao campo, miña pequena, que a mañanciña xa nos acena coas mans lixeiras dos ameneiros que andan á roda polos regueiros E agora un poema para saudar ao día...

Coloca cada froito xunto á árbore que o dá castiñeiro limoeiro pexegueiro maciñeira pereira plataneiro abeleira nogueira cerdeira amendoeira figueira plataneiro

Un conxunto de... figueiras é un ... laranxeiras é un ... limoeiros é un ... maceiras é un ... palmeiras é un ... castiñeiros é un ... abeleiras é un ... amendoeiras é un ... bidueiros é un ... ameneiros é un ... figueiral laranxal limoeiral pomar palmeiral souto abelanedo amendoal bidueiral amieiral

A este poema escapáronlle algunhas palabras. A ver se podemos poñelas no seu sitio. Ti e mais eu, miña ......................, andamos a brincar ás ................... na praia e aos ................... no mar. As casas son de .................., os barcos de ........................, e ti e mais eu seremos feitos de nacre inxel. ... Que ............. é, miña nena, traballar para res, facer .............. de cunchas e ................... de papel. nena casas cuncha papel ledo casiñas barcas navíos

No rego do prado canta a cotovía -paxariño amado que che ben quería-. No ramo frolido o merlo a cantar -paxaro belido para o teu ollar-. No verde loureiro troba o reiseñor -paxaro lixeiro para o teu amor-. Busca nesta sopa de letras o nome de oito paxaros C A Ñ I R O D N A X L O O P H M O P C O D L T S A p I E V L V E M O C M I G A P R O P U V C S A A O A O P O M I R U L M D O P N S E A S O B P A R D A L S A L A P I O O U C S A R B R O Ñ E S I E R E B S G A I V O T A M M C N M I O B D A C E PARDAL PEGA POMBA ANDORIÑA MERLO REISEÑOR GAIVOTA COTOVÍA

Es capaz de relacionar agora cada paxaro co seu nome? COTOVÍA MERLO GAIVOTA ANDORIÑA POMBA REISEÑOR PARDAL PEGA

O año pitaño vai no paraño. A cabuxa luxa marchou onda a bruxa. O gato cegato fuxiu ao buraco. O coello vello anda no cortello. O galo ralo rubiuse no valo, e a galiña tiña está na cociña. Anda, neniña, déixaos estar, e imos brincar cas cunchas do mar. Coloca cada animal xunto á súa definición Mamífero de pelo espeso, xeralmente gris, orellas longas e patas posteriores máis longas cá anteriores. Mamífero carniceiro, de cabeza redonda, lingua áspera e patas curtas. Mamífero rumiante moi áxil e con cornos enroscados cara atrás. Ave con cabeza adornada cunha crista de cor vermella. Femia do galo Mamífero rumiante que nos dá la e carne.

O pitaño vai no paraño. O vello anda no cortello. A luxa marchou onda a bruxa O ralo rubiuse no valo. Se lembras o poema anterior, daraste conta de que os animais están mal colocados. Ponos no seu sitio. A tiña está na cociña. O cegato fuxiu ao burato.

... Un barco por cada anceio, un barco que corre e voa coma un paxariño ledo. Deixa o barco navegar que hoxe che vai traguer un peixiño de cristal

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA Viaxan nun banco e non se sentan. Non teñen cu e teñen rabo. Textos de Gloria Sánchez

Se vai á festa córtanlle os brazos e cómeno en anacos.

Neno dos mares, brincando, xogando; golfiño che din. Que mal lles fas ti?

Polo mar, cabalo crecho; o rabo preso, rebirichado. Fuciño agudo de trompeteiro pasea engorde cabalnadando.

Anda polos mares fríos, non é peixe nin navío. Ten chafariz non é fonte. Canta cancións de amor que se oen desde lonxe

1 2 3 4 5 6 Completa coas palabras definidas e sairache na diagonal unha palabra do título do libro de poemas de Álvarez Blázquez 2. Río pequeno. 1. Verme que vive en terreos húmidos; utilízase para pescar. 3. Día da semana posterior ao luns. 5. Montaña que bota lume 4. Mananciais de auga que brotan da terra. 6. Mover o corpo ao son da música.

Polo laranxal tres avelaíñas andan a voar. unha, dúas, tres, de présa que voan, vense e non se ven. Polo laranxal tres avelaíñas andan a chuchar. Polo frío ............................... tres ............. ..................... andan a ....................... Unha, dúas, tres, de présa que .........................., vense e non se ven. Polo frío ...................... tres .................................. andan a ....... ................... Atreveste a completar este poema?

Polo verde ............................ tres ....................... andan a ....................... Unha, dúas, tres, tres ........................ vense e non se ven. Polo verde .................. tres ...................... andan a .......................... E ESTES? Polo .................... tres ............... andan a .................. Unha, dúas, tres, tres ................ vense e non se ven. Polo .................... tres ................. andan a ...................

Arco da vella vaite de aí que as nenas bonitas non son para ti

Forma a segunda e a terceira estrofa deste poema cos versos escritos en negro. Arco da vella vaite de aí que as nenas bonitas non son para ti. ......................................................... ......................................................... .......................................................... .......................................................... ........................................................... ........................................................... ........................................................... ........................................................... Ai, miña neniña, nena, non se vai o arco da vella! Fuxe chuvia, fuxe sol, fuxe roda de color que a neniña quer brincar coas areas do areal. Vaite néboa, vaite vento, vaite cara de mal tempo que a neniña quer correr polas areas do ler.

Á frol, á frol...! Imos apañar as bágoas do sol. Andar, andar! Todos a coller a luz do luar. Sorrir, sorrir! Todos a xuntar ................................... Soñar, soñar! Imos recoller .................................. Onde colocarías os versos escritos en negro? a chuvia de abril as ondas do mar lúas de papel Correr, correr! Imos a pintar ............................... Ao sol, ao sol! Todos a gardar .................................. a luz do solpor

Ordena agora estes versos e formas estrofas semellantes ás anteriores: Cala. cala! Imos a pisar a area da praia Mira, mira! Imos a pintar as casas da vila Abril, abril! Imos a plantar flores no xardín Volver, volver! Imos a mirar a luz do mencer

Unha fermosa cantiga de berce para a súa nena que di así Anda, neniña, pequerrechiña, durme, que xa durmen os años na curtiña. Dúrmete axiña... Se non te durmes, vén o morcego manto de crego, vén a curuxa cara de bruxa, vén o vencello pernas de vello ...

Imos agora a continuar inventando pareados a esta cantiga de berce Se non te durmes, vén a .............................................................................., vén o ..............................................................................., vén a ..............................................................................., vén o ................................................................................, vén a ................................................................................

E agora a escoitar e cantar un poema de Álvarez Blázquez "Romance do pescador-peleriño" musicado por Suso Bahamonde. Para escoitalo preme no barco

Andivo todos os mares baixo o corazón da vela. Mariñeiro era por gala dos mariñeiros da terra, pescador nas outas augas onde aboian as estrelas, atal que brancas alfoias para enfeitar as sereas. El navegar, navegaba unha dorna mariñeira; nos ollos sempre un relanzo de escumas cantaroleiras ¡Ai Dios Santo!- no corazón unha arela. ( El gobernar, gobernaba unha dorna mariñeira.) Ninguén escoitou a voce, acolá na noite pecha, co mar bruando arredor ladaíñas agorentas: -¡Líbrame, Señor Sant-Yago, pescador da Galilea; meu Sant-Yago navegante en branca dorna de pedra! Si me librares, Señor, irei verte a Compostela, descalciño dos dous pés, no meu peito unha vieira. Escoitar, ben escoitara Sant-Yago feito de pedra. Vel ahí vai o peleriño polas valgadas da terra; sobor das cangadas costas a crus de remos lle beila. Nos ollos sempre un relanzo de escumas cantaroleiras; no corazón ¡ai Dios Santo!- no corazón unha vela.

Add a comment

Related pages

Letras galegas2008 sfx - formo.info

Letras galegas2008 sfx. Descargar 445 b. Título: Letras galegas2008 sfx: Fecha de conversión: 05.04.2016: Tamaño: 445 b. Tipo: Documentos ...
Read more

Diapositiva 1 - edu.xunta.es

Letras galegas 2008 Xosé María Álvarez Blázquez Biblioteca CEIP San Francisco Xabier E agora a escoitar e cantar un poema de Álvarez Blázquez ...
Read more