Guia da mostra bibliográfica 70 anos de rock. biblioteca provincial da deputación da coruña

50 %
50 %
Information about Guia da mostra bibliográfica 70 anos de rock. biblioteca provincial da...

Published on October 20, 2016

Author: Bibliotecadicoruna

Source: slideshare.net

1. 70anosderock G U Í A I N F O R M A T I V A S O B R E A E X P O S I C I Ó N Q U E R E C O L L E M A T E R I A L D A B I B L I O T E C A P R O V I N C I A L D A C O R U Ñ A

2. 70 ANOS DE ROCK | 1 Sumario Contexto histórico-----------------2 Rock’n’roll---------------------------6 Hard rock---------------------------10 Heavy metal-------------------------------------13 Punk rock----------------------------------------15 Glam rock---------------------------17 Rock alternativo------------------20 Rock español----------------------22 Catálogo de obras na exposición----------33 Outros materiais na Biblioteca------------44

3. 70 ANOS DE ROCK | 2

4. 70 ANOS DE ROCK | 3 O nacemento dun novo xénero musical vén dado por unha serie de cuestións sociais e históricas, e o rock non podería ser menos. Inseparable da Historia dos Estados Unidos, o seu é un relato de protesta tras protesta, de rebelión ante as normas arcaicas establecidas. Para empezar a buscar as súas orixes debemos remontarnos aos anos 20, aos cabarés e vodeviles, cando a música máis consumida eran as cancións de musicais de Broadway vendidas ao público polo Tin Pan Alley, nome polo que eran coñecidas as principais editoras de cancións de Nova York. Tratábase dun mercado monopolizado pola ASCAP (American Society of Composers, Authors and Publishers), que menosprezaba todo canto non encaixase no seu estilo de música. Por isto foi que nace en 1939 a BMI (Broadcast Music Incorporated) da man dun sector de profesionais da radio para integrar aos autores minoritarios, isto é, artistas de folk, country, jazz, blues, etc. Non comezou a gañar fama gradual ata 1941, pero foi a editora de todos os xéneros que conformaron a antesala do rock’n’roll, repartíndose con ASCAP o mercado musical dende os anos 50 de modo máis equitativo. Ao mesmo tempo que tiñan lugar estas loitas de poder entre editoriais, novos fenómenos culturais cambiaban a dirección que tomaría a música no futuro: se ven antes da Segunda Guerra Mundial as grandes orquestras eran amplamente populares e o jazz era a forma de innovación por excelencia, as baixas nos conflitos armados reduciron o seu número. Á súa vez ocorreu en 1942 a primeira folga do sindicato de músicos estadounidenses, deixando sen son aos programas musicais de radio, que naquel momento seguían a facerse en directo. A solución foi o cantante sen orquestra, converténdose estes anos no gran momento de triunfo dos crooners como Frank Sinatra, Nat King Cole ou Perry Como. 1 Nat King Cole Pero a mesma Guerra tamén foi detonante para que viran a luz numerosas formas culturais antes ocultas polo racismo. Se ben os estilos musicais de negros e brancos sempre se mantiveran separados, o sufrimento compartido nas trincheiras por ambas razas axudou a integralos. Unha vez de volta en casa, producíronse grandes movementos demográficos da poboación negra cara ás grandes cidades en busca de maiores liberdades e oportunidades. Tamén emigraron por suposto moitos músicos, convertendo os novos lugares de residencia en núcleos musicais: Nova York, de gran repercusión por estar rodeada polas cidades máis conservadoras,

5. 70 ANOS DE ROCK | 4 converteuse no berce do folk; na zona coñecida como o Delta do Mississippi, eminentemente negra, consagráronse estilos como o blues ou o posterior rhythm & blues; Memphis foi parada obrigatoria para tal cantidade de músicos que foi a cidade que veu nacer os primeiros estudios de gravación. Pero o último gran destino da emigración foi Chicago, fogar de numerosos selos discográficos e da maioría de éxitos do rhythm & blues dos 50. 2 Fats Domino Así e todo, o racismo seguía a facerse moi evidente na industria musical e a súa promoción: os brancos vendía miles de discos en todas partes mentres os negros tiñan a súa música incluída en listas aparte. Por poñer un exemplo: antes da aparición de Elvis Presley estaba Fats Domino, primeiro superventas do rhythm & blues e gañador de oito discos de ouro entre 1952 e 1955. En 1956, o coñecido como Gran Ano de Presley, ambos recibiron catro discos de ouro, convertendo a sociedade a Elvis no “rei do rock’n’roll” e a Fats nun descoñecido, non reivindicado ata a actualidade como pai dese mesmo estilo. Pero aínda e todo, esta nova música comezou a popularizarse entre os brancos a través dun público minoritario. No seu artigo “Escoitando música popular” o sociólogo David Riesman diferenciaba dous grupos: o público maioritario que escoitaba as opcións que ofertaba a industria musical sen considerar nada externo a ela, e o público minoritario conformado principalmente por estudantes sobre os que da notas moi interesantes. O grupo minoritario é pequeno. Comprende aos oíntes máis activos, que non se interesan tanto pola melodía ou a canción como polo arranxo ou virtuosismo técnico. […] O grupo tende a detestar as orquestras de renome, a maioría de vocalistas (excepto aos cantantes negros de blues) e os anuncios da radio. […] Unha preferencia polas pequenas orquestras non anunciadas antes que polas orquestras de renome; o desenvolvemento dunha linguaxe privada que se abandona cando é adoptado polo grupo maioritario […]; e un profundo resentimento contra a comercialización da radio e dos músicos. […] Unha preferencia polos músicos negros; unha actitude igualitaria cara aos papeis, no amor e no traballo, dos dous sexos. 1 Un grupo minoritario que, en resumo, non se conforma coas imposicións da industria, 1 Riesman, David. (1950). Listening to Popular Music. American Quarterly, 2, 359-371.

6. 70 ANOS DE ROCK | 5 e que nin cambiou aínda nin chegará a facelo. Así xurdiu pouco a pouco o rock’n’roll, grazas ás pequenas discográficas que deron oportunidades a voces ata o momento afogadas. A pesar de que a gran máquina industrial da música xa comezou a apoiar estes xéneros nos anos 40 na súa xusta medida, non o fixo con todo o seu poder ata que non quedou demostrado o seu poder para triunfar: cando un disco gravado por tres músicos vendeu millóns máis que outro gravado por sesenta, cando Elvis se converteu nun fenómeno social, é cando a industria decidiu que amaba o rock’n’roll. Estas son as orixes culturais do rock pero, cales son as raíces musicais? A resposta pode remontarnos aos primeiros momentos da creación musical, pero resúmense na suma da música tradicional negra e branca norteamericana. A principios do século XX a música feita por artistas negros proviña da tradición africana, do ritmo dos tambores, así como das cancións dos escravos nos campos de traballo. Estes cantos melancólicos cargados de sentimento eran tamén coñecidos como “espirituais” e foron a antesala do gospel e, a través da fusión con outros estilos, do soul e incluso do hip hop. Pero un importante xénero ao que deron pé foi o blues (en inglés “tristeza”), un lamento repetido sobre unha base musical onde o acompañamento instrumental podía ser tan escaso como un ritmo golpeado no chan. Contrario ao blues atopamos o jazz, baseado na improvisación e pai do swing dos anos 30. A comezos dos anos 40 a fusión do blues e mailo swing foi coñecida como rhythm & blues, un blues con ritmo que gañou popularidade en moi pouco tempo. Pola rama da música branca debemos volver á tradición dos violíns irlandeses que na década de 1920 en Estados Unidos evolucionaría no hillbilly, un estilo de música tocada principalmente con instrumentos de corda facilmente recoñecible polos “bailes de palleiro”. Nos anos 50 pasou a coñecerse como country. É da combinación do rhythm & blues e o country que nace o rock’n’roll, pero este non tería visto a luz sen a invención da guitarra eléctrica. A principios dos anos 40 un músico de nome Les Paul, interesado polos avances da electrónica, inventou a primeira guitarra eléctrica, a Les Paul Guitar, adaptada inmediatamente pola Gibson Corporation. Ao mesmo tempo, Leo

7. 70 ANOS DE ROCK | 6 Fender creou a famosa guitarra Fender, ambas aínda utilizadas na actualidade.

8. 70 ANOS DE ROCK | 7

9. 70 ANOS DE ROCK | 8 O rock é, sen dúbida, un dos xéneros musicais máis coñecidos e universais. Xurdiu como tal no s. XX co rock’n’roll e o rockabilly dos anos 50 e caracterízase polo uso de instrumentos básicos como a guitarra eléctrica, o baixo tamén eléctrico, o contrabaixo e a batería, aínda que existen tantas variantes como subxéneros. Desde os seus inicios, o rock tivo connotacións alén do musical, por ter servido a diferentes movementos socioculturais para defender unha nova forma de vida ou visión do mundo, convidar ao activismo político, rebelarse contra as xeracións precedentes etc. De feito, pódese dicir que cada subxénero do rock nace cargado de reivindicacións que traspasan as fronteiras do artístico-musical. O nome do xénero deriva de “rocking and rolling”, unha expresión orixinariamente mariñeira (referida ao movemento dos barcos), usada con connotacións sexuais na música negra das décadas anteriores, como My Man Rocks Me (With One Steady Roll) de Trixie Smith (1922) ou Rock It For Me de Chick Webb e Ella Fitzgerald (1938) entre outros. A versión curta “rock and roll” foi usada e utilizada por primeira vez polo pinchadiscos estadounidense Alan Freed, quen bautizou así a mestura de música que el mesmo presentaba nunha cadea de radio durante os anos 50. O seu uso tamén se lle atribuíu a Leo Mintz, xefe de Freed, quen o impulsou a difundir ese estilo de música. 3 Alam Freed A expresión á súa vez, foi tomada por Freed da propia música negra que difundía, que adoitaba estar contida nas letras das cancións como o Rock and rolling (1939) de Bob Robinson, Rock and rolling mamma (1939) de Buddy Jones e Cherry Red (1939) de Joe Turner. Outras cancións incluíndo no título o termo Rock and roll foron grabadas a fins da década de 1940, (creadas por Paul Bascomb en 1947, Wild Bill Moore en 1948 e Doles Dickens en 1949), para entón a expresión era de uso común nas letras do rhythm & blues, tanto é así que no 1949 Erline Harris, gravou o tema Rock and Roll Blues, no que repite constantemente l expresión e que lle valeu o apodo de Erline “Rock and Roll” Harris.

10. 70 ANOS DE ROCK | 9 A expresión tamén foi incluída en 1950 na publicidade do film Wabash Avenue, protagonizado por Betty Grable e Victor Mature, onde se dicía que Grable era “a primeira dama do rock’n’roll”. Para rematar esta referencia ás orixes do termo, apuntar que a voz en castelán segundo a Real Academia Española é Rocanrol, ten dúas acepcións: o xénero musical “de ritmo moi acentuado, derivado da mestura de diversos estilos do folclore estadounidense, e popularizado dende a década de 1950”; e o baile que se executa a ritmo dese xénero. En galego, a Real Academia Galega mantén o termo na súa forma orixinaria e ten unha grande coincidencia coa definición que a RAE aporta. Na década de 1950, nos Estados Unidos, os adolescentes buscaban novos sons, novas sensacións. Por vez primeira, unha música dirixíase directamente a eles: o rock and roll. 4 Chuck Berry A partir dos anos 60 tivo un importante desenvolvemento e evolución que se expresou a través de gran cantidade de bandas, ritmos e estilos que o converteron nun fenómeno cultural e musical que se estendeu ao redor do mundo. Consiste nunha conxunción rítmica que se cimenta esencialmente sobre a música negra. A súa popularización serviu para que moitos músicos puidesen expresarse e chegar a difundirse en medios locais e nacionais. Esa é a historia de moitos rockers negros, como o mesmo Chuck Berry, quen plasma a realidade social do su entorno na canción Johnny B. Goode. Non é se non a partires dos anos 1960, cando decae e deixa de ser o ritmo que representaba aos xoves rebeldes nos 50, dando paso al xénero denominado rock ou música rock, que marcaría un fito entre a nacente xeración xoven dos 60. Nembargantes, del naceron distintos subxéneros como o rockabilly, o doo wop ou o hard rock, e fenómenos como o dos Teen-Idols ou as Girl-Groups; e del derivaron xéneros como o garage rock, o punk rock, o rock progresivo ou o glam rock, goth rock, etc; e entre todos eles seguen a existir elementos comúns provintes do rock’n'roll. Así algúns artistas de hard rock como AC/DC ou Dr. Feelgood agrádalles definirse como músicos de rock’n'roll, para poñer en evidencia a súa influencia musical. A finais da década de 1960, referida como a era dourada ou o período do rock clásico, xurdiron distintos subxéneros distintivos do rock, híbridos como o blues rock, folk rock, country rock e o jazz rock fusión,

11. 70 ANOS DE ROCK | 10 moitos dos cales contribuíron ao desenvolvemento do rock psicodélico, influenciado pola escena psicodélica contra-cultural. Os novos xéneros que emerxeron desta escena inclúen o rock progresivo, que estendeu os elementos artísticos; o glam rock, que resaltou o espectáculo en vivo e o estilo visual; e o subxénero maior, diverso e lonxevo que é o heavy metal, que se centraba no volume, o poder e a velocidade. A música rock tamén abarcou e serviu de vehículo para os movementos culturais e sociais, levando á creación de subculturas importantes incluíndo os mods e os rockers no Reino Unido, e a contracultura hippie que se propagou en San Francisco na década de 1960. De forma similar, a cultura punk da década de 1970 orixinou as subculturas visualmente distintivas emo e gótico. Herdeira da tradición folclórica da canción de protesta, a música rock foi asociada co activismo político así como os cambios nas actitudes sociais sobre o racismo, o sexo e o uso de drogas, e é usualmente vista como unha expresión da rebelión xuvenil contra o consumismo e conformismo. Un dos primeiros subxéneros do rock’n’roll que aínda perdura na actualidade é o rockabilly, unha mestura do rock e o hillbilly pero con influenzas do rhythm & blues, boogie boogie ou o folk nada no Sur dos Estados Unidos. Caracterízase pola velocidade e a conxunción de guitarra batería e contrabaixo sobre a cal o cantante usa polo xeral unha voz sensual imitando efectos de eco, gruñidos, xemidos e outras distorsións. Dicir que rockabilly e o rock son versións máis rápidas do rock’n’roll pode ser confuso, pero a diferenza ven daba pola maior furia do rock, convertendo o rockabilly nunha música máis bailable. Se ben podemos considerar a Bill Haley como o primeiro artista deste xénero, o pai é Carl Perkins co seu Blue Suede Shoes (1956) popularizado despois por Elvis Presley. 5 Buddy Holly and The Crickets A época dourada do rockabilly durou ata finais dos anos 50 e o seu fin debeuse a unha serie de incribles coincidencias: a morte de Eddie Cochran, Buddy Holly, Ritchie Valens, The Big Bopper, Johnny Burnette e Gene Vincent; a hospitalización de Perkins; o retiro de Wanda Jackson e Janis Martin, o servizo militar de Presley, a entrada no cárcere de Chuck Berry… Todo nun curto espazo de tempo. Dende entón este xénero nunca volveu a ser tan popular pero na actualidade segue habendo grupos de rockabilly, sen esquecer que a súa estética de tupés, pelo engomado e coiro volve a estar de moda cada pouco tempo.

12. 70 ANOS DE ROCK | 11

13. 70 ANOS DE ROCK | 12 Debido a gran explosión que o rock’n’roll constituíu para o mundo da música, era inevitable que de el xurdiran novos subxéneros. A evolución natural do rock’n’roll foi o rock, un tipo de música centrado na guitarra eléctrica, xeralmente acompañada por voz, baixo e batería e, en ocasión, piano ou teclado; as súas cancións falaban nun principio case exclusivamente do amor romántico pero os temas sociais e políticos son moi tratados na actualidade. Despois dos primeiros anos 60, a coñecida como época do rock clásico, apareceron tal cantidade de variantes diferentes deste mesmo estilo que a palabra perdeu o seu significado: o rock xa non é un xénero musical, senón un superxénero que agrupa a moitos outros, incluso a aquel que lle deu a vida: o rock é o tronco de onde nacen as ramas de rock’n’roll, heavy, punk, etc. Unha das “ramas” máis prolíficas e populares é o hard rock, un termo que abarca aos subxéneros máis rudos e pesados do rock. Caracterízase polo uso dos efectos de distorsión nas guitarras, un ritmo máis alto da batería e gran complexidade nas letras e melodías de voz, así como nos solos de guitarra, practicamente imprescindibles. A primeira era do hard rock foi a de finais dos 60 en Gran Bretaña grazas a The Rolling Stones, The Who, The Jimi Hendrix Experience (que vivía naquel momento en Londres) ou o endurecemento do son de The Beatles; era que se consolidou nos 70 cando alcanzaron fama mundial bandas como Led Zeppelin, T. Rex, Deep Purple ou Black Sabbath. Outros grupos pioneiros que apoiaron este estilo foron Queen, ZZ Top, Status Quo, Aerosmith, Alice Cooper ou Kiss. 6 The Rolling Stones O hard continuou a expandirse durante os anos 70 coa axuda dos sons de pesados riffs de guitarra dos Rolling en albumes coma It’s Only Rick’n’Roll (1974). Led Zeppelin experimentou unindo elementos da música popular e o hard rock en Led Zeppelin III (1970) e Led Zeppelin IV (1971). Mentres tanto, Deep Purple agregou influencias da música clásica xunto a tempos máis rápidos de execución, especialmente no álbum Machine Head (1972). O Live at Leeds (1970) de The Who é visto como o arquetipo do rock duro en directo. En 1979 sae á venta un clásico: o Higway to Hell de AC/DC. Na actualidade o hard rock xa non vive como un xénero propio senón a través dos seus subxéneros, algúns deles (o heavy e o punk) tanto ou máis populares que o hard orixinal. En calquera caso, a popularidade do hard rock e a súa asimilación por parte da sociedade fixo que o gran público

14. 70 ANOS DE ROCK | 13 comezase a velo como o “rock normal”. Esta sería unha das causas de que o termo pop/rock se utilice agora mesmo para definir un tipo de música, máis suave e alegre pero igualmente forte na guitarra e batería, que na década dos 60 podería ser considerada rock sen influenzas pop. Os subxéneros máis coñecidos do hard rock son o heavy metal, o punk e o grunge. Este último, de efémera duración, naceu a principios dos 90 baixo o influxo do punk, con un son cru e unha estética pesimista e opaca. O seu principal expoñente foi Nirvana, aínda que Alice in Chains ou Pearl Jam tamén tiveron o seu momento de gloria grunge. O movemento desapareceu rapidamente en parte debido á morte de Kurt Cobain e a separación posterior do seu grupo, Nirvana. Podemos destacar como anécdota que foi no grunge no que se iniciaron os californianos Maroon 5 (antes Kara’s Flowers), hoxe en día coñecidos por un estilo pop pseudo-dance. 7 Kurt Cobain de Nirvana

15. 70 ANOS DE ROCK | 14 A comezos dos 70 no mundo anglosaxón nace o heavy metal. Trátase dun estilo de guitarras fortes e distorsionadas, voces agudas e maior densidade dos sons do baixo e batería; a dificultade de definición débese a que resulta ao oído moi similar ao hard rock: o heavy é simplemente un endurecemento do seu xa duro predecesor que o gañou en popularidade. Non está claro cal foi a primeira banda de heavy, fálase de Led Zeppelin e Deep Purple, pero a crítica reserva case sempre este posto a Black Sabbath, mentres que as innovacións de Judas Priest á hora de eliminar as últimas influencias do blues da súa música convérteos nos definidores do xénero. 8 Black Sabbath O metal caracterízase principalmente por guitarra e voz. A guitarra eléctrica sempre foi para todos os tipos de rock o pilar

16. 70 ANOS DE ROCK | 15 fundamental; máis agora que a súa amplificación provén da distorsión e os volumes moi altos sendo os solos imprescindibles, ás veces levados a cabo a modo de duelo co vocalista. Os cantantes de heavy caracterizáronse nun primeiro momento por unha voz aguda, vibrato e amplitude de octavas, dándolle máis importancia ao ton que á propia letra. Ian Gillian de Deep Purple ou Bruce Dickison de Iron Maiden exemplifican estas características. Outra técnica é a do falsete, un canto moito máis agudo do normal que non é posible para todos os cantantes como si o é por exemplo para Rob Halford “Deus do Metal” de Judas Priest. Outra corrente de cantantes como Freddie Mercury en Queen víanse influídos pola ópera. Esta mesma banda, especialmente A Night at the Opera (1975), é un dos mellores representantes da crecente relación entre o heavy e a música clásica. 9 Rob Halford de Judas Priest O heavy metal é un dos xéneros musicais ao redor do cal xurdiron máis polémicas: os temas falando sobre ocultismo, prostitución, morte ou drogas non axudaron á súa recepción por parte dos sectores máis conservadores da crítica; como tampouco o fixo a imaxe violenta de coiro, pelo desaliñado e roupa con pinchos. A partires dos 80 comezaron a xurdir diversos subxéneros como o glam metal (con Bon Jovi como recoñecidos embaixadores), fillo do metal e unha estética herdada do glam rock do que falaremos máis adiante; ou o trash metal, unha variante aínda máis dura do heavy metal, de voces rudas e sonidos guturais, da que Metallica, Megadeth, Anthrax ou Slayer son abandeirados. Tamén pode falarse do power metal, unha combinación do heavy e a música neo-clásica moi popular nos países nórdicos e Sudamérica que polo xeral trata temas sobrenaturais ou mitolóxicos; Manowar e Stratovarius son algúns dos seus principais representantes. Outros subxéneros son o death metal, o doom metal ou o black metal.

17. 70 ANOS DE ROCK | 16 A mediados da década dos 70 nace o punk rock, un estilo musical caracterizado pola actitude independente dos seus artistas. Comezou con melodías simples e cortas, sinxelas; guitarras amplificadas ruidosas; poucos arranxos e tempos rápidos. O baixo é simple, a batería leva un ritmo acelerado, e as voces poden ir dende as expresións máis desgarradas case caricaturescas ata formas máis melódicas. As súas orixes poden atoparse nun foco moi localizado: o CBGB de Nova York. Tratábase dun club de Manhattan no que en 1974 comezaron a tocar bandas como Television, cuxas camisetas rotas e chaquetas de coiro crearían a base da estética punk. Ese mesmo ano foron descubertos por Patti Smith, quen acudiría a cotío a ese mesmo club. Ese mesmo ano debutaron Ramones no CBGB, banda inesquecible por ser a representación perfecta, tanto estética como ideolóxica e musical, do movemento. Outros grupos de renome habituais do club foron Blodie ou Talking Heads. Seguindo a estela do club estadounidense debutaron en Londres en 1975 os Sex Pistols, dando comezo á revolución do punk británico: The Damned, The Clash, Buzzcocks… Todos naceron baixo a súa influenza.

18. 70 ANOS DE ROCK | 17 10 Johnny Ramone de Ramones A partires dos 80 comezaron a aparecer novos subxéneros como o New Wave de Blondie, que incluía novos instrumentos e ritmos bailables ou o post-punk de Joy Division, de sons escuros rozando o atonal. Unha terceira variante moi popular é o hardcore de Misfits nos seus primeiros momentos ou Bring Me the Horizon na actualidade, un punk caracterizado por ritmos moi rápidos e agresivos, cancións gritadas e letras políticas. Un último subxénero digno de mención é o pop punk, que combina as letras románticas e as melodías típicas do pop coa velocidade do punk. O seu camiño xa comezaron a pavimentalo The Ramones; pero a popularidade da que disfrutan grupos actuais como Paramore ou Fall Out Boy é responsabilidade do American Idiot (2004) de Green Day, un álbum icónico que se converteu en 2009 nunha obra musical representada en Broadway. As novas cancións do Tin Pan Alley. Máis que polas características musicais, o punk defínese por unha ideoloxía, un modo de ver a vida. O punk enaltece a transgresión das normas que considera obsoletas e acartonadas: a propia adopción do termo “punk” (en inglés, “basura” ou “despoxo”) para nomearse a si mesmos xa o demostra. É moi importante a idea de DIY (“do it yourself”, faino ti mesmo) tanto no mundo da moda como no da industria musical. Aquí considérase a pioneira a Patti Smith e a súa produtora Mer Records. 11 Pete Wentz de Fall Out Boy

19. 70 ANOS DE ROCK | 18

20. 70 ANOS DE ROCK | 19 O glam rock é un estilo visual dentro de xéneros musicais nacido en Gran Bretaña, cuxo apoxeo tivo lugar entre 1971 ata a década dos 80. O seu nome é un apócope da palabra glamour. Naceu nunha época na que o rock psicodélico derivou cara a uns estilos que abusaban do virtuosismo e os longos desenvolvementos nas cancións, en prexuízo da frescura que se podía atopar no vello rock'n'roll. Por iso, moitos artistas, como Marc Bolan de T.Rex e David Bowie, comezaron a buscar esa espontaneidade perdida. Se por algo se caracterizaba este estilo era por dar tanta importancia á súa música como á súa estética. Así que fronte á imaxe de macho-rock imperante neses días, rebeláronse dando uso masculino a elementos do vestir tradicionalmente femininos e exhibindo unha actitude descarada e provocativa. 12 Queen O pioneiro foi Marc Bolan, entre cuxos "achados" estéticos atópanse os estampados de leopardo, as chisteras, as boas de pluma e a purpurina. Conforme ía crecendo o xénero, fóronse popularizando os traxes futuristas brillantes, as botas con plataforma, os peiteados imposibles e os quilos de maquillaxe e purpurina que utilizaban. David Bowie tamén contribuíu á estética como na maquillaxe ao inspirarse nas travestis neoiorquinas da contorna de Andy Warhol, por cuxa estética sentía predilección. Así naceu a extravagante imaxe glam, que só podía darse nunha década tan propensa aos excesos estéticos como a do 70's. 13 Marc Bolan A guinda no pastel púxoa a teatralidade que ostentaban nas súas actuacións, tomada directamente das performances de Lindsay Kemp e do teatro de vangarda. O termo acuñouse facendo honra a Gary Glitter, despois do enorme éxito que obtivo no ano 1971 a súa canción Rock & roll e fai referencia á facción do glam máis festiva e comercial. Foi creada por Marc Bolan, o primeiro artista glam e o que mellor soubo reunir na súa música un pouco de todas as correntes que caracterizaban ao xénero. Bolan puxo as bases do glam rock canónico co seu boogie rock pegadizo, inspirado en melodías bailables e en potentes riffs de guitarra, engadindo unhas letras

21. 70 ANOS DE ROCK | 20 hedonistas e superficiais e unha forma de cantar premeditadamente sexy. Baixo a súa sombra xurdiron multitude de grupos e artistas como Slade, Gary Glitter, Sweet, Mott The Hopple, Cockney Rebel ou Suzi Quatro, quen non sobreviviron ao declive do movemento. Boa parte do éxito de moitos destes artistas debeuse ás producións e composicións de Nikky Chinn e Mike Chapman. Paralelo a esta corrente, varios artistas cuxos talentos transcenden a calquera clasificación estilística, tamén adoptaron a filosofía e o son glam, pero dotándolles de moita máis sofisticación e profundidade tanto na música como nas letras. Estes son os chamados Xenios do Glam. Por unha banda estaba David Bowie, quen se converteu na maior estrela do movemento cando se converteu en Ziggy Stardust, un personaxe da súa invención cuxas vicisitudes conta en The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars, disco que inxectou ao glam grandes doses de dramatismo, converténdose no álbum clave do xénero e considerado un dos mellores discos da historia do rock. Outra banda que merece recoñecemento pola súa achega á música glam-rock é Queen. Os seus cinco primeiros álbumes da banda liderada por Freddie Mercury e Brian May son claros exemplos da estética e o son glam, mesturados cos entón nacentes hard rock e heavy metal. Esta mestura de influencias queda patente no seu seguinte traballo, A Night at the Opera (1975), amplamente encomiado pola crítica musical. Pola súa banda, Roxy Music, facían un art rock no que cabían as baladas vangardistas e a experimentación electrónica. Outro subxénero e o shock rock, mestura de glam e hard creada por Alice Cooper e adoptada por Kiss. E por suposto cabe destacar a aparición de óperas glam como Rocky Horror Picture Show (Jim Sharman, 1975), unha película sobre un extraterrestre travestido sedento de sexo. Na actualidade a herdanza do shock rock é levada ao límite por artistas de rock industrial como Marilyn Manson, mentres que un dos cantantes de glam rock máis influentes é Adam Lambert, quen é hoxe en día a voz que canta con Queen nas súas xiras. 14 Adam Lambert

22. 70 ANOS DE ROCK | 21

23. 70 ANOS DE ROCK | 22 O rock alternativo é un xénero que utiliza sons e elementos non tradicionais apegándose ao estilo underground ou anticomercial. O rock está considerado na actualidade como un xénero masivo de alta popularidade polo que o novo estilo alternativo poñía o énfase noutra maneira de facer rock, movéndose por pequenos clubs en lugar da radio para gañar adeptos e gravando en discográficas independentes, recollendo así a herdanza do estilo punk. Debido á dicotomía “rock clásico/hard rock” da que falamos anteriormente, o termo rock alternativo utilízase erroneamente en ocasións para definir a todo o rock. 15 Michael Stipe de R.E.M. Durante os 80 o éxito comercial dalgúns destes grupos como R.E.M. ou The Cure supuxo que se entendera o xénero como unha alternativa á música comercial; definición que tomou forza co éxito de determinados subxéneros. O son alternativo é polo xeral depresivo e desgarrado, utilizando elementos non tradicionais e deixando de usar en ocasións os que si o son, incluso a harmonía e o ritmo; a creación musical céntrase máis no son xeral que nun só instrumento e as voces carecen de todo sentimento; o ritmo é lento; as cancións longas; os versos non riman… O rock alternativo tivo distinta acollida en distintos lugares: mentres que en Estados Unidos os grupos desta corrente considerábanse de culto por ser ignorados polas principais emisoras, no Reino Unido eran amplamente divulgados pola principal estación de radio do país, a BBC One. Nese mesmo país o alternativo evolucionou a partires do post-punk como fixeron U2 ou The Smiths. Un dos subxéneros nacidos nos 80 foi o shoegazing (en inglés, mirarse os zapatos) de The New Order ou The Jesus and Mary Chain, unha mestura da música pop ou indie envolta nun muro de ruidosas guitarras; recibiu este nome pola costume dos cantantes de actuar en directo mirando ao chan. Mentres tanto nos Estados Unidos combinaban o punk coa música folk e sons máis comerciais, sendo R.E.M. o primeiro en alcanzar o éxito. Durante os 80 e 90 numerosas bandas de harcore foron cambiando paulatinamente o seu son cara ó rock alternativo, como fixeron Minneapolis Hüsker Dü ou Bad Religion. Grupos de éxito internacional hoxe en día son os americanos Pixies ou os británicos Muse.

24. 70 ANOS DE ROCK | 23 16 Muse

25. 70 ANOS DE ROCK | 24

26. 70 ANOS DE ROCK | 25 Para entender a chegada do rock a España non debemos esquecer as condicións da situación política existente entre 1939 e 1975. O réxime de Franco defendeu un sistema de illamento internacional durante gran parte da posguerra. A aposta autárquica foi mudada máis tarde e o ditador empezou a buscar aliados no exterior. Tras o rexeite de Europa, o Réxime franquista acudiu á Arxentina e os Estados Unidos. O xigante americano negociou duro e vendeu moi cara a súa complicidade coa ditadura militar materializándose nuns acordos que se asinaron no 1953. De saída, España quedou fóra do plan de axuda ás nacións europeas para a reconstrución do continente tras a II Guerra Mundial, pero ademais EE.UU. certificou o seu espírito expansionista coa instalación das bases militares en España. Paradoxalmente, o desembarco dos soldados norteamericanos foi o pulo definitivo para a introdución do rock’n’roll en España. Ata ese momento os sons dos pioneiros (Billy Halley & His Comets, Chuck Berry, Elvis Presley, etc,) chegaran con contagotas, grazas á labor heroica dalgúns locutores de radio como Ángel Álvarez. Os discos importábanse de forma artesanal, coma se de auténticas valixas diplomáticas se tratase -nalgúns casos eran os propios pilotos de ‘iberia’ os que traían os microsulcos do estranxeiro anglosaxón-. Os primeiros solistas e grupos que probaron a facer rock’n’roll en España pertencían polo xeral a familias de certa posición social, que podían custearse instrumentos musicais. Eran eles os que escoitaban nos guateques os EPs e singles de quen primeiro fixeron rock’n’roll en castelán: os mexicanos. De todos os nomes que sacudiron as terras aztecas a finais dos 50, un nome impactou no noso país por encima dos demais: os Teen Tops. O cuarteto de Enrique Guzmán amosara que se podía cantar en lingua castelá e a veda quedaba aberta. 17 Teen Tops A influencia do primeirizo rock británico, francés e italiano calou en diferente medida segundo a zona xeográfica, o que dotou de matices aos distintos conxuntos segundo a súa procedencia. Aínda así, o descoñecemento dos idiomas era unha carga demasiado forte. España era por entón o reino da canción melódica promovida desde as instancias oficiais mediante os festivais da canción. A outra alternativa había que buscala na copla, reserva espiritual dunha maneira de entender a música que non pasaba do folclorismo e os clichés. O inimigo para bater era por tanto un tótem artístico con pés de barro. Resultaba inevitable que o rock’n’roll sacudise as conciencias e os corpos e se apropiara das vidas dos mozos urbanos de mediados dos 50.

27. 70 ANOS DE ROCK | 26 De 1955 a 1960 a situación mellorou progresivamente, e con ela as posibilidades dun lecer alternativo ao existente. Grazas para o efecto benéfico do turismo e as divisas enviadas polos emigrantes, España coñeceu un crecemento inesperado da súa renda per cápita, á vez que abriu a súa mente á influencia “do estraxeiro”. Ser ye- yé xa estaba ao alcance de calquera, e mesmo se converteu nunha moda. Claro que como ye-yé entendíase case todo: desde o Dúo Dinámico -os Everly Brothers españois- ata Concha Velasco (parodiando un xénero ao que supostamente honraba) ou Raphael. Rock’n’roll ou rockabilly houbo a contagotas. Ata a aparición de The Beatles, o grupo favorito dos nosos pioneiros foi The Shadows. Tanto as súas pezas instrumentais como as cantadas gañaron terreo fronte a Elvis ou os salvaxes músicos negros e brancos ao estilo de Little Richard ou Carl Le Perkins. Outro Richard, o líder dos The Shadows, Cliff Richard, foi o primeiro ídolo das nosas avoas ou nais. A mellor demostración de por onde ían os gustos musicais en España atopámola no esmagador éxito do Dúo Dinámico. O seu triunfo masivo deu pé ao primeiro fenómeno de fans no noso país. Foi así como os gustos maioritarios consagraron á parella menos rockeira de cuantos rockeiros optaban ao trono. Outro fenómeno curioso foi o das mozas ye-yé. As mulleres que máis calaron na sociedade española foron Gelu e sobre todo Karina, a Brenda Lee española. Nestes tempos de torpe iniciación tamén existiu unha certa confusión entre a natureza do twist -o ritmo de baile que máis arrasaba-, e o xenuíno rock’n’roll. Máis tarde veu La Yenka, pero nin unha nin outra danza eran a solución. Só o tempo logrou ensinar aos mozos españois o que de verdade significaba o rock’n’roll. Os instrumentos dos primeiros músicos nacionais eran tesouros só ao alcance duns privilexiados. Extra oficialmente, a primeira guitarra eléctrica que houbo en España localízase nos créditos do grupo Los Estudiantes, no que militan uns novísimos Pepe Barranco e o entón batería Fernando Albex. Barranco era un vocalista que rendía pleitesía a Elvis, aínda que aos poucos a emulación deixou paso a un estilo máis persoal. Gravaron tres EPs de puro rock’n’roll dos 50 e participaron noutras tantas películas. Desapareceron tras a accidentada morte de dúas dos seus compoñentes. Outros estudosos do rock español sinalan a Kurt Savoy como o primeiro guitarrista eléctrico da nosa escena. Savoy foi un curioso personaxe que comezou como rocker e terminou sendo coñecido co sobrenome de “o rei do asubío”. O seu verdadeiro nome era Francisco Rodríguez, procedía de Xaén e xa en 1960 gravou o tema Full And Rock. Aquí e alá xurdiron os chamados conxuntos. Esta vía de escape para a mocidade era percibida como menos “perigosa”: mozos de aspecto aseado, co pelo ben cortado e emulando aos seus ídolos cunha moderación tipicamente española. Practicamente todo os grupos pasaron polo mesmo proceso. A súa iniciación nunca se producía con temas orixinais, senón con versións en castelán

28. 70 ANOS DE ROCK | 27 dos temas que arrasaban en Francia, Italia, Gran Bretaña e Estados Unidos. Cando os músicos trataban de dar saída ás súas inquietudes tiñan que lidar coa figura do director artístico, que lles impoñía as cancións dun autor contratado para o efecto. A figura do produtor non existía como tal. Cada compañía tiña os seus propios mestres, compositores profesionais con gran capacidade de adaptación ás modas do momento. Este bloqueo foi o causante de que a emancipación artística dos conxuntos españois dos 60 sufrise un notable atraso. A súa liberación só chegou cando demostraron que podían superar as limitacións das versións coas súas propias músicas e letras. Os ensaios facíanse nas casas particulares, os garaxes dos pais ou mesmo nos colexios onde estudaban os músicos en cuestión. Ata os gardamobles servía para xuntar a varios conxuntos e dar saída aos seus entretementos privados. As tendas de instrumentos facían o que podían fronte á demanda de guitarras e baixos eléctricos. A final de contas, pasaran de vender bandurrias para a tuna para comercializar guitarras importadas e rudimentarios amplificadores. Os mozos que non podían custearse a súa compra tiñan dúas opcións: ou pagar a prazos, ou fabricarse os seus propios equipos con pezas prestadas ou de segunda man. O formato estrela era o EP, un vinilo de catro cancións, do que había que vender un bo número de copias se se prentendía gravar un longa duración (long-play ou LP). As compañías adoitaban impoñer o repertorio a versionar, deixando a cara B destes primitivos ‘maxis’ para que os músicos liberasen as súas aspiracións musicais de autor. O primeiro conxunto en rexistrar un disco de longa duración foi Los Sonor, formación pola que pasaron futuros músicos dos Bravos e que terminaría acompañando a Miguel Ríos cando aínda era Mike. Corría o ano 1964. 18 Los Brincos En canto ás unidades de gravación, dúas pistas era o usual, catro un luxo ao alcance unicamente dos grandes e seis un milagre exclusivo dos técnicos italianos e os seus hábiles trucos de estudo. A medida que medraba o movemento de música pre-beat fóronse vencendo os prexuízos do poder establecido, que dalgunha maneira toleraba este entretemento inocuo. Só así se explica o espellismo das “Matinais do Price”, que deron lugar ao primeiro gran mito do rock español. O Price era un circo permanentemente situado en pleno centro de Madrid. Tratábase dunha imitación fidedigna das matinais do teatro Olimpia de París, nas que varios grupos actuaban de forma consecutiva a modo de mostrario musical de actualidade. Como nos festivais de hoxe en día, pero con recitais moitos máis

29. 70 ANOS DE ROCK | 28 curtos. O toque xenuíno ao local dáballo a inclusión de artistas de variedades que pouco ou nada tiñan que ver cos conxuntos. Esta nota de cor, ou frivolidade segundo se mire, permitía que cómicos, actrices e caras coñecidas do mundo do espectáculo participasen da cerimonia rockeira con total normalidade. Unha orde de peche acabou coa diversión matinal, confirmando o receo que xa empezaba a espertar a música moderna de raíz anglosaxona. O primeiro festival celebrouse o 18 de novembro de 1962, alcanzando as súas sesións ata dous anos despois. O creador da idea foi o locutor Miguel Ángel Nieto, quen ademais de coordinar a organización encargábase de presentar aos invitados. Polo seu escenario transitaron conxuntos hoxe completamente esquecidos e outros precursores que aínda sobreviven. Por outra banda, en varios países suramericanos acuñouse o termo ‘nova onda’ para englobar a aqueles artistas que adoptaron a influencia musical do rock de Estados Unidos e dos patróns da cultura pop de Europa. Este estilo de pop mesturado con twist, beat e rock chegou a cultivar gran popularidade en Latinoamérica. Con todo o estalido que viría coa chegada da onda inglesa que se deu a mediados da década sería determinante para o desenvolvemento do rock en español. 19 Los Gatos O fenómeno da invasión británica afectou o mundo hispanofalante e a todo o planeta. Os novos sons chegados do Reino Unido (e tamén dos EE.UU.) como a música beat, o rythm & blues, a psicodelia, o soul, o folk-rock ou o pop impuxéronse por todo o mundo, exercendo unha notable influencia nos países de fala hispana e impulsando o desenvolvemento do rock nas súas respectivas escenas. A influencia dos novos sons fíxose patente enseguida con Los Brincos, El Kinto, Los Bravos (estes coa maior parte do seu repertorio en inglés), Los Shakers, Los Gatos ou The Speakers, e o xa mencionado Miguel Ríos. Tamén notable foi o caso dos Saicos, unha das bandas pioneiras do proto-punk no mundo. A banda Santana obtivo un gran éxito mundial coa súa mestura de rock e sons latinoamericanos, un estilo que deu en chamarse rock latino. Aínda que é digno de mencionar que o seu repertorio expresábase maioritariamente en inglés, quedou algún éxito en castelán como Oye como va. Esta tendencia do rock latino seguiría desenvolvéndose durante o final da década e a seguinte mesturando sons

30. 70 ANOS DE ROCK | 29 folclóricos doutras rexións co rock. Pero este feito non quere dicir que deixase de ser influído o rock en castelán polo anglosaxón pois durante o cambio de década seguirían sendo determinantes os estilos dominantes en inglés como o rock ácido, o blues rock ou o hard rock; así como o rock progresivo onde xa se deixaba entrever en bandas como Almendra cuxo cantante Luís Alberto Spinetta sería unha peza crave no rock interpretado en castelán durante a seguinte década. Baixo a amálgama de influencias que se produciu durante a década dos 60, o rock en castelán queda marcado pola psicodelia quedando presente cos Dug Dug's, Pescado Rabioso ou La Revolución de Emiliano Zapata, (aínda que de cando en cando interpretaban en castelán durante esta etapa), o blues con Manal, e o rock progresivo con Invisible, Sui generis cunha liña máis marcada cara ao folk, Témpano, Los Jaivas (rock e música de raíz folclórica andina), Vox Dei ou Triana (cunha alta influencia do flamenco). 20 Triana Triana foi unha banda pioneira do rock andaluz, unha derivación do rock progresivo e do rock sinfónico cunha forte presenza do flamenco, estilo que quedaba fusionado á música rock de maneira totalmente homoxénea. Aínda que ese tipo de fusións, en ocasións, foron aínda máis aló, deixando de lado o sinfonismo e mesturando o flamenco a outros tipos de rock que ancoraban as súas raíces no rock’n’roll tradicional, o blues ou o folk, como fixo a banda Veneno. O hard rock abriuse pasou a inicios dos setenta con bandas como Pappo's Blues e outras bandas seguirían ese camiño, pero tamén influído por estilos como o rock progresivo e o blues rock; e cuxo máximo estandarte foi o grupo Leño. 21 Leño A migración de músicos arxentinos cara a España tras a represión que seguiu ao golpe do 1976, deu lugar a unha conexión hispano-arxentina, que tivo notables consecuencias no devir do rock en español, conectando as dúas escenas máis potentes de fala hispana. Exemplos deste movemento foron Tequila e Moris. Nos anos 80, cando xa o rock progresivo estaba en declive no resto do mundo, na escena hispana aínda daba os seus últimos acertos con Chac Mool ou Frágil coas súas

31. 70 ANOS DE ROCK | 30 últimas grandes achegas á escena progresiva. A escena punk que aínda que xa tivo pioneiros durante a década anterior, sería ao longo desta cando resultaría ser máis prolífica; xusto cando no mundo angloparlante estaba en declive. Destacan La Polla Records, Siniestro Total ou Los Violadores. 22 La Polla Records Con todo no punk anglosaxón había derivado en novas tendencias, algo que tampouco pasou desapercibido para a escena en español. Da movida madrileña, un movemento contracultural que captou a atención internacional, xurdiron numerosas bandas na liña da new wave e o post-punk como Alaska e Dinarama, Radio Futura, La Unión ou Gabinete Caligari; englobando outras de diferentes propostas estilísticas como o rock’n’roll tradicionalista de Loquillo y os Trogloditas, o pop rock de Nacha Pop ou o synth pop de Aviador Dro e Mecano. Doutra banda, a escena de heavy metal estando influída polo hard rock da década anterior e do movemento que se coñeceu como a nova onda do heavy metal británico ía tomando forma rapidamente con bandas como Riff, Kraken ou Barón Rojo. Na década dos 90, o heavy metal estaba a sufrir unha recesión en favor de novos estilos como o grunge. Con todo, tardarían algo máis os estilos de rock alternativos en ser dominantes na escena hispanofalante, pois xusto cando transcorría a eclosión do grunge en EE.UU, o heavy metal en castelán alcanzou novas cotas de popularidade co éxito de Rata Blanca. Por suposto outros estilos menos clásicos xurdiron como o death metal de Brujería, e o thrash metal de Ekhymosis ou Transmetal. Tamén foi notorio o rexurdimento do punk con bandas como Attaque 77, Todos tus muertos ou Ska-P. Doutra banda, moitas das bandas pop rock estaban na súa etapa de esplendor como Jarabe de palo, Los Rodríguez, Celtas Cortos, Julieta Venegas, Juanes, Ely Guerra, Los Pericos, Shakira e Maná. A pesar das incursións de Héroes del Silencio no hard rock, non é habitual catalogar á banda como representante do devandito xénero. Con todo, este seguía tendo presenza con outros grupos que poden recoñecerse máis claramente na etiqueta; falamos da Renga, Cuca ou Extremoduro. 23 Héroes del Silencio

32. 70 ANOS DE ROCK | 31 O rock alternativo fíxose patente na escena hispanofalante e xurdiron diversas bandas que se deixaron influenciar polo seu son, pero cabe sinalar que a escena indie rock, da cal podemos destacar aos Planetas, non ha de ser confundida coa do rock alternativo aínda que ás veces poida chegar a existir certo solapamento entre ambas. Con todo, a nova tendencia do rock alternativo deixouse influenciar pola música autóctona latinoamericana e outros ritmos como o reggae ou o ska, formando así o alterlatino. Lonxe de ser algo anecdótico, a escena foi moi prolífica con numerosas bandas de éxito como o artista Manu Chao e a súa banda Mano Negra, Los Fabulosos Cadillacs, Café Tacuba, Aterciopelados, Bersuit Vergarabat, Amparanoia ou Molotov. 24 Manu Chao con Mano Negra Estilisticamente, o novo século comezou como unha extensión máis do que ocorrera durante a década de 1990. Os sons do rock alternativo ou do alterlatino seguían deixándose ver. A música electrónica sería a base doutras que ancorarían as súas raíces no rock alternativo como o trip hop de Plastilina Mosh, o electrofolk de Juana Molina ou o electropop de Belanova e Miranda. E é que se tivésemos que destacar algunha tendencia nova, sen dúbida, sería a de incorporar a electrónica. Con todo, os estilos máis clásicos non caeron no esquecemento. Afastados desas vertentes, na escena pop rock podemos nomear a Estopa (vencellables á rumba flamenca), Bacilos (pop latino), Natalia Lafourcade, cun estilo máis propio do folk e o pop barroco, Fito & Fitipaldis (máis declinado cara ao rock’n’roll) ou outros máis próximos á canción de autor como Nacho Vegas, Jorge Drexler ou Fiel a la Vega. Tamén notable é o funklatino de Los Amigos Invisibles, estilo que se desmarca de todos os mencionados. En canto ao rock feito en Galicia, é difícil facer un percorrido pola súa historia debido á falta de traballos centrados en abordar este tema. As dificultades que apuntábamos para o conxunto do estado español (en falta de medios, a distancia cos pioneiros e o uso do idioma propio) son tamén unha dificultade no caso galego. Podemos falar de rock en Galicia a partires dos sesenta, mais teremos que agardar ata os 90 para que o uso do galego se espalle para facer música rock. Neste aspecto, a música folk ou pop foron máis madrugadoras. Aínda que non está dentro das características ro estilo rock, moitos son os que consideran aos Tamara como os precursores do pop e rock en Galicia. Estes pioneiros do pop incluso a nivel estatal aparecen no ano 1958. A primeira referencia de rock instrumental galego é Generación 49 que xorden en torno ao 1967 na Coruña. Comezan a súa carreira con un son beat versionando a

33. 70 ANOS DE ROCK | 32 grupos ingleses e españois de finais da década dos sesenta. A pesar de encadrarse nun estilo máis pop- folk, o feito de ser pioneiro no uso do galego para as súas cancións obriga a citar a Andrés do Barro. Este ferrolano comeza a súa carreira a finais dos 60 e manterase durante a década seguinte, ao contrario que moitas das formacións xurdidas neste momento. Nos anos 70 xurde unha das cantantes máis esquecidas da nosa escena, Tara (Mª Teresa Pérez Guerra) alcumada a Janis Joplin galega. Esta cantante rock conta con certo éxito no seu momento, con canción en inglés e castelán e proxección a nivel estatal e internacional. 25 N.H.U. Será no ano 1974 cando surxa N.H.U., o primeiro gran grupo de rock sinfónico e progresivo galego. O nome é un acrónimo de Una hermosa noche á inversa, inspirado no grupo psicodélico de San Francisco It’s a Beautiful Day. Trátase dun dos principais estandartes do rock progresivo español e un dos primeiros grupos de rock en utilizar o galego nas súas composicións. Roberto Abal, Tino Grandío, Xosé Ferreiro Garea e Xurxo Pérez foron os fundadores, mais a formación mudaría en diversas ocasións ao longo da súa historia, formando parte do mesmo artistas que logo triunfaron en solitario ou novos grupos como foi o caso de Xoán Piñón, Emilio Cao ou Cuchús Pimentel entre outros. Tras varios discos, vendas cativas e moi boas críticas a banda disólvese a finais da década. 26 Los Contentos Goma 2, outro dos poucos grupos rock que usaban o galego nos 70 nacen en Portonovo e foron considerados os pais do rock bravú. A pesares de ter compartido escenario con Miguel Ríos ou Triana, esta banda caeu no esquecemento despois de editar un disco e ter a oportunidade de tocar no programa televisivo Aplauso (aínda que rexeitados logo por acusárselles de apoloxía do terrorismo polo seu explosivo nome). No ano 1982 ten lugar na Coruña un evento musical de importancia, o Concurso Rock Ciudad de La Coruña onde participaron Alaska y Pegamoides e Loquillo e onde tocaron grupos como Metro (Carballo), gañadores do evento ou Bar (Vigo) entre outros. En ningún dos dous casos acadaron recoñecemento. Unha sorte moi diferente correría o grupo vigués Golpes Bajos, que se fixeron un oco na historia da música, co disco que leva o

34. 70 ANOS DE ROCK | 33 mesmo nome do ano 83, a pesar da fugacidade da súa existencia. Durante a década dos 80 xurdirían moitos dos grupos máis recoñecidos do país como Os Resentidos, Siniestro Total ou Aerolineas Federales. No caso dos primeiros, a utilización do galego, a súa irreverencia, unha marxinación poética e reivindicativa das súas raíces, e a fusión con vocación experimental foron os seus acenos de identidade. O seu líder e axitador intelectual, Antón Reixa, é un dos personaxes máis polifacéticos da nosa escena. O seu éxito durou ata mediados dos 90. Outros foron menos coñecidos como Moncho e Mailo Sapoconchos. Alén das bandas viguesas, na Coruña agromaron tamén diferentes grupos durante a prolífica década dos 80. No ano 1981 aparece Radio Océano e no 1982 Viuda Gómez e Hijos, facendo punk e post punk autóctono. Tamén foi nesta época cando xurdiron bandas de garaxe como Los Cafres (Vigo), Los Contentos de Lugo, ou os rockeiros La Rosa, Cosecha Roja de Ourense. Por suposto, tamén procedente da cidade das burgas están Los Suaves, aínda funcionando como banda ata hoxe, e un dos referentes do rock do país. Xurden na década dos 90 en Galicia numerosos grupos musicais de gustos heteroxéneos que comparten tanto a fachenda pola súa cultura como un compromiso político e cultural co país. Coa axuda de experimentos anteriores coma Os Resentidos, Fuxan os Ventos, The Pogues, The Clash, Mano Negra ou Negu Gorriak as novas xeracións de roqueiros galegos ademais de amosar unha ampla cultura musical deixan acantoados vellos complexos como utilizar o galego para o rock. 27 Diplomáticos de Monte Alto Canalizan deste xeito unha rebeldía inherente ao sector máis creativo da mocidade contra o ambiente socio-político e introducen nas súas cancións os problemas cotiáns da mocidade da época: paro, obxección ao servizo militar, o sexo, os problemas da aldea e a persistencia do sistema caciquil. Liderados por artistas como Xurxo Souto ou Antón Reixa, agrupáronse no chamado Rock Bravú, cuxos principios chegou a formular o escritor Xavier Valiño no libro A paixón que queima o peito. En esencia, o bravú é un rock "sen capar" (en palabras dos seus membros) que comezou a xerarse cando as guitarras chegaron ás aldeas. Formulado dende a periferia da Galiza, o mundo rural, este movemento é a expresión propia dos fillos de campesiños e pescadores, así como da mocidade das barriadas urbanas: insurxente, marcado por un son bravío e sen aditivos, non ten reparos en facerlle as beiras ó heavy e aos latexos caribeños. Unha identidade que mira, así mesmo, as tradicións populares máis auténticas: sexan orquestra de verbena, gaitas de romaría, pandereiteiras,

35. 70 ANOS DE ROCK | 34 charangas, cantos de traballo, lemas sindicais ou slogans futbolísticos. Podemos considerar grupos senlleiros do bravú a Os Diplomáticos de Monte-Alto, Herdeiros da Crus e Os Skornabois. Outros grupos destacados desta época son Xenreira, Skárnio, Os Papaqueixos, Túzaros, O Caimán do río Tea, Kaos, Ruín Bois, Os Impresentables... 28 Os Rasteros e O Caimán do Río Tea O auxe e a caída do bravú coincide coa segunda fase da explosión do denominado novo folk galego, unha posta ao día da música popular que viñan dende hai vinte anos espallando por todo o mundo formacións tan carismáticas como Milladoiro. Aínda que o bravú foi un movemento maiormente musical, tamén tivo apoios por parte de escritores e xornalistas, algunha mesmo tan importante como a creación da etiqueta. Autores como o propio Xurxo Souto e Santiago Jaureguizar contribuíron á apoiar o movemento en determinadas da súas obras. Tamén Manuel Rivas se identificou en determinados aspectos coa xeración dos novos, e o xornalista Xosé Manuel Pereiro creou e dirixiu a revista Bravú, unha publicación sen periodicidade fixa que serviu como punto de expresión artística a moita xente vinculada co fenómeno. A revista Bravú serviu como unha plataforma para dalos a coñecer, ó acompañar varias veces as súas entregas con discos recompilatorios dos grupos, como Selección Xa!. Tamén serve de mostra o recompilatorio Unión Bravú. Alén do gran éxito que hoxe dIsfrutan coñecidas bandas de pop do pais, segue a haber interpretes de estilos máis achegados ao rock ou incluso artífices de novas fusións evolucionadas dese estilo. Os desaparecidos Deluxe ou Los Piratas foron referentes dende finais dos noventa e comezos dos dous mil, facendo rock alternativo en castelán ou incluso inglés. Tamén dese momento son The Killer Barbies, unha das poucas formacións de rock liderada por unha muller (Silvia Superstar) que acadan recoñecido éxito. 29 The Killer Barbies Doutra banda seguen a aparecer grupos con sons máis clásicos como Nao, banda de metal en galego da Estrada, que xurde no 2005, The Phantom Keys (garaxe sesentero) Catpeople (postpunk ou neorock) ou o punk de Novedades Carminha; ou apostas por sons máis fusionados como Holywater (rock

36. 70 ANOS DE ROCK | 35 independente), ou Triangulo de Amor Bizarro (noise rock). Hai coincidencia para os profesionais en apuntar a boa saúde do panorama rock do país, tanto en cantidade como en calidade, o que asegura un presente e un futuro cheo de sons clásicos e revolucionarios feitos en Galicia.

37. 70 ANOS DE ROCK | 36 Libros SIGNATURA Abad, Javier Música y cerveza : Nick Lowe, Ian Dury, Elvis Castello, Graham Parker y otros malvividores del Pub Rock / Javier Abad. -- Lleida : Milenio, 2002 ISBN 84-9743-041-7 3W/1075 According to the Rolling Stones : Mick Jagger, Keith Richards, Charlie Watts, Ronnie Wood / edición coordinada por Dora Loewenstein y Philip Dodd ; asesor editorial, Charlie Watts. -- Barcelona : Planeta, 2003 ISBN 84-08-04936-4 3W/1165 Auserón, Santiago Canciones de Radio Futura / Santiago Auserón ; con prólogo de Luis

38. 70 ANOS DE ROCK | 37 Puig y Jenaro Talens. -- Valencia : Pre-Textos, D.L. 1999 ISBN 84-8191-254-9 3W/785 Babas, Kike Maneras de vivir. Leño y el origen del rock urbano / biografía oral de Kike Babas y Kike Turrón. -- Madrid : ImpresiónArte, 2013 ISBN 978-84-616-4457-3 3W/1653 Behar, Susie Elvis / Susie Behar. -- Guipúzcoa : Libro Divo, D.L. 2012 ISBN 978-84-939125-1-2 3W/1609 Belisle, David R.E.M. Hello / fotografías por David Belisle ; introducción por Michael Stipe ; [traducción, Oriana Somarriba Hubacher]. -- [Barcelona?] : Caelus Books, [2008] ISBN 978-84-96650-02-2 3W/1493 Bianciotto, Jordi Guía universal del rock : de 1990 hasta hoy / Jordi Bianciotto. -- Barcelona : Manontroppo, D.L. 2008 ISBN 978-84-96222-73-1 3W/1484 Bob Dylan : el álbum, 1956-1966 / compilado por Robert Santelli. -- Barcelona : Global Rhythm Press, cop. 2005 ISBN 84-934213-5-9 3W/726 Bon Jovi (Grupo musical) Bon Jovi : when we were beatiful / conversaciones con Phil Griffin. -- [Barcelona] : Libros Cúpula, [2010] ISBN 978-84-480-6810-3 3W/843 Campoy, César Érase una vez Los Brincos y Juan & Junior / César Campoy. -- Valencia : Midons, D.L. 2006 3W/1417

39. 70 ANOS DE ROCK | 38 ISBN 84-95749-02-5 Carulla Hernández, Santiago Los Mustang : ¡toda una historia! / Santi Carulla. -- Lleida : Milenio, 2000 ISBN 84-89790-21-3 3W/871 Casal, Alberto ¿Rock & Grelos? / Alberto Casal ; fotografías de Tono Arias. -- Santiago : Lea, D.L. 1995 ISBN 84--88553-75-7 GAL/5440 Cobain, Kurt Diarios / Kurt Cobain ; edición de Clara Drechsler y Harald Hellmann ; traducción de Angeles Leiva. -- Barcelona : Mondadori, 2003 ISBN 84-397-1013-5 3W/1168 Davis, Stephen Led Zeppelin : el martillo de los dioses / Stephen Davis ; traducción de David Agustí Hernández. -- Barcelona : Robinbook : Ma non troppo, D.L. 2008 ISBN 978-84-9624-25-3 3W/1564 Domínguez, Salvador Bienvenido Mr. rock-- : los primeros grupos hispanos 1957-1975 / Salvador Domínguez. -- Madrid : Sociedad General de Autores y Editores, 2002 ISBN 84-8048-466-7 3W/1135 Draper, Jason Los Rolling Stones : inédito / texto de Jason Draper ; introducción de Paul du Noyer. -- Madrid : H. Kliczkowski, [2011] ISBN 978-84-96592-95-7 3W/1655 Echols, Alice

40. 70 ANOS DE ROCK | 39 Janis Joplin : las cicatrices del dulce paraíso / Alice Echols ; traducción de Beatriz López-Buisán. -- Barcelona : Circe, 2001 ISBN 84-7765-197-3 3W/963 Elliott, Paul Black Sabbath / Paul Elliot. -- Barcelona : Cúpula, 2014 ISBN 978-84-480-1937-2 3W/1691 Emerick, Geoff El Sonido de los Beatles : memorias de su ingeniero de grabación / Geoff Emerick y Howard Massey ; prólogo de Elvis Costello. -- Barcelona : Urano, 2011 ISBN 978-84-937954-4-3 3W/1589 Engleheart, Murray AC/DC. Hágase el rock'n roll / Murray Engleheart y Arnaud Durieux ; traducción de Jordi Planas. -- Barcelona : Global Rhythm Press, 2008 ISBN 978-84-96879-35-5 3W/1506 Escotet, Marta Rock en Rusia : la música que estremeció al Kremlin / Marta Escotet. - - Madrid : Cátedra, 1991 ISBN 84-376-1030-3 3W/454 Evans, Mike Los Tesoros de David Bowie / Mike Evans ; [trad. Francesc Xavier Teixidor Planella]. -- Barcelona : Libros Cúpula, 2013 ISBN 978-84-480-0891-8 3W/1659 Ewing, Jerry Metallica, el origen del thrash metal / Jerry Ewing. -- [Barcelona] : Libros Cúpula, 2014 ISBN 978-84-480-1932-7 3W/784 Fernández Marcos, Lois

41. 70 ANOS DE ROCK | 40 Historia del rock and roll / Lois Fernández Marcos. -- Vigo : Cardeñoso, 2006 ISBN 84-8190-420-1 GAL/12597 Freddie Mercury : una vida en imágenes / [texto, Sean O'Hagan ; leyendas de las imágenes, Greg Brooks y Phil Symes]. -- Barcelona : Libros Cúpula, 2013 ISBN 978-84-480-0873-4 3W/1661 Gaar, Gillian G. Green Day / Gillian G. Gaar. -- Barcelona : Libros Cúpula, 2013 ISBN 978-84-480-0868-0 3W/1663 García, Jordi Loquillo : rock & roll star / Jordi García, Miguel Pérez. -- Madrid : Martínez Roca, 2012 ISBN 978-84-270-3921-6 3W/1620 Gillett, Charlie Historia del rock : el sonido de la ciudad / Charlie Gillett ; traducción de Joan Sardá. -- Barcelona : Robinbook, D.L. 2003 ISBN 84-95601-68-0 3W/1121/1 3W/1121/2 Godes, Patricia Alaska y los Pegamoides : el año en que España se volvió loca / Patricia Godes. -- Madrid : Lengua de Trapo, 2013 ISBN 978-84-8381-206-8 3W/1676 Hendrix, Jimi Empezar de cero / Jimi Hendrix ; traducción de Raquel Vicedo. -- Madrid : Sexto Piso, 2013 ISBN 978-84-15601-36-4 3W/1657 Henke, James Lennon la leyenda : biografía ilustrada / James Henke. -- Barcelona : 3W/728

42. 70 ANOS DE ROCK | 41 Libros Cúpula, 2008 ISBN 978-84-480-4782-5 Hertsgaard, Mark Los Beatles : un día en la vida / Mark Hertsgaard ; traducción de Irene Saslavsky. -- Barcelona : Grijalbo, 1995 ISBN 84-253-2852-7 3W/566 Hill, Tim Imágenes de Los Beatles / Tim Hill ; fotografías del Daily Mail. -- Reino Unido : Parragon Books, 2008 ISBN 978-1-4075-4793-0 3W/849 Lillo, Alejandro Young americans : la cultura del Rock (1951-1965) / Alejandro Lillo y Justo Senra. -- Madrid : Punto de vista editores, 2014 ISBN 978-84-7737-910-2 3W/1703 Marcus, Greil Mystery train : imágenes de América en la música rock & roll / Greil Marcus ; trad. de Joan Riambau. -- Barcelona : Contra, 2013 ISBN 978-84-940938-5-2 3W/1658 Marmonnier, Christian Vinilos cómic : 50 años de complicidad entre el cómic y la música / textos Christian Marmonnier. -- [Barcelona] : Somoslibros, imp. 2009 ISBN 978-84-937119-4-8 3W/851 McMillian, John Los Beatles vs. los Rolling Stones : la rivalidad más grande en la historia del rock / John McMillian ; traducción de Ricard Gil Giner. -- Barcelona : Indicios, 2014 ISBN 978-84-15732-06-8 3W/74 Ochs, Meredith

43. 70 ANOS DE ROCK | 42 Los Tesoros de Bruce Springsteen : un homenaje único ilustrado con más de cien fotografías y documentos extraíbles / Meredith Ochs. -- Barcelona : Planeta, 2015 ISBN 978-84-480-2143-6 3W/1735 Peellaert, Guy Rock dreams / Guy Peellaert & Nik Cohn ; introduction by Michael Herr. -- Köln : Taschen, cop. 2003 ISBN 3-8228-2612-X 3R/827 Presley, Elvis Canciones : 40 años de rock'n'roll / Elvis Presley ; traducción de Alberto Manzano. -- Madrid : Fundamentos, 2009 ISBN 978-84-245-0667-4 3W/1533 Prieto, Carlos Cajas de música difíciles de parar o El desencanto de Nacho Vegas / Carlos Prieto. -- Madrid : Lengua de Trapo, 2012 ISBN 978-84-8381-128-3 3W/1628 Prieto, Miguel Angel La Música del diablo : satanismo, maldiciones y leyendas negras en el rock / Miguel Angel Prieto. -- Madrid : T & B, 2006 ISBN 84-96576-27-2 3W/1413 Prince 21 noches / Prince ; Randee St. Nicholas. -- España : Caelus Books, [2008] ISBN 978-84-96650-03-9 3W/739 Ramone, Marky Punk Rock Blitzkrieg : mi vida en los Ramones / Marky Ramone con Richard Herschlag. -- Barcelona : Libros Cúpula, 2015 ISBN 978-84-480-2139-9 3W/1729

44. 70 ANOS DE ROCK | 43 Rego, Fernando F. 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega / Fernando F. Rego. -- Obre, Noia (A Coruña) : Toxosoutos, 2010 ISBN 978-84-92792-38-2 GAL/15099 + un CD en Información Bibliográfica Rej, Bent Los Rolling Stones en sus inicios / Bent Rej. -- Barcelon

Add a comment