Febreiro 2014

50 %
50 %
Information about Febreiro 2014
Education

Published on March 2, 2014

Author: iesasorey

Source: slideshare.net

febrero february février fevereiro

Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisiestos.

Foi chamado así en honra ás festas “februas”, o festival da purificación na antiga Roma, que naqueles tempos coincidían co fin de ano.

A pedra de febreiro é a amatista e a flor a violeta.

Na natureza aparecen os primeiros sinais do final do inverno. Comezan a inchar as xemas das árbores. Carballo

Florecen os salgueiros, as mimosas, as acacias, os amendoeiros, os pexegueiros, as magnolias, o romeu, os loureiros, os narcisos, os xacintos, os toxos, os cáncaros, as violetas, a herba de namorar... salgueiro (flores femininas)

magnolia

amieira en flor

nabicol en flor

toxo

narcisos

Os gatos, os lobos e os esquíos entran en celo. esquío

No mar desovan os abadexos e as raias; nos ríos as troitas. ovos e alevíns de troita

Aparecen os primeiros niños: pardais, merlos xiríns... Escóitanse os mouchos. Comezan a marchar as aves invernantes. Saen as primeiras ras. rula

pardal

os traballos lábranse e fertilízanse as terras

fanse as parras

pódanse e átanse as viñas

Nacen as patacas do cedo. -En febreiro patacas ao carreiro.

O TEMPO (Estación Castrelo) TEMPERATURA MÁXIMA-Media (ºC) TEMPERATURA MÍNIMA-Media (ºC) TEMPERATURA MEDIA (ºC) HUMIDADE MEDIA (%) VELOCIDADE DO VENTO (km/h) CHUVIA TOTAL (l) DÍA CHUVIA MÁXIMA (l/m2) DIAS CHUVIA 13,1 6,8 10,22 88 6,48 299,3 4 (35 l) 27

Sábada 1 de febreiro

2-2-2014

Arao loro Os temporais de febreiro deixaron unha gran cantidade de animais mortos nas praias.

Os días medraron 60 minutos -Polo San Brais, dúas horas máis. -Por Santa Eulalia se chove e venta o inverno entra. -Se chove o día de Santa Eulalia, chove sete días e unha semana.

-A xeada de febreiro mata a vaca e mais o leiro.

-Pola Candelaria, se chove e venta, o inverno entra; se rí e chora, medio inverno vai fóra; se non chora nen rí, o inverno está por vir; se chora e deixa de chorar, a metade do inverno está por pasar; e se non chove nen implora, o inverno xa vai fóra.

-Vaite febreiro cos teus vinteoito, se chegas a ter máis catro non queda can nin gato. -En febreiro, sete capas e un sombreiro. -Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.

-Tal o vintesete, tal o mes seguinte, se o vinteoito consinte. -Antroido á raxeira, Pascuas á lareira. -Auga de febreiro enche o cabaceiro. -Por Santa Eulalia trompos á borralla.

DÍAS SINALADOS O termo “transistor é a contracción en inglés de transfer resistor (resistencia de transferencia) 1 de febreiro de 1948 descubrimento do transistor nos laboratorio Bell de EE.UU. Jonhn Bardee, Walter Houser Brattain e William Bradford Shokley, que recibiron o premio Nobel de Física en 1956 O transistor é un dispositivo electrónico semicondutor que cumple funcións de amplificador, oscilador, conmutador ou rectificador. Actualmente atópanse prácticamente en todos os aparellos domésticos de uso diario: radios, televisores, grabadoras, reproductores de audio e video, fornos de microondas, lavadoras, automóviles, equipos de refrixeración, alarmas, reloxos de cuarzo, computadoras, calculadoras, impresoras, lámpadas fluorescentes, equipos de raios X, tomógrafos, ecógrafos, reprodutores mp3, teléfonos móviles...

En conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional, especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, o 2 de febreiro de 1971.

2 de febreiro de 1907: morre Dimitri Mendeleyev, químico ruso, creador da TÁBOA PERIÓDICA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS. Nacido o 8 de febreiro de 1834.

febreiro de 2004: descóbrese en Guipúzcoa, nunha sima do monte Ernio, o primeiro río de leite de lúa en estado líquido do mundo. 1 O leite de lúa está composto xeralmente por carbonatos de calcio e magnesio, aínda que poden aparecer outros minerais como calcio, xofre, sílice, carbono ou xeso.

3 de febreiro de 1878: nace en lalín Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego.

3 de febreiro de 1966: A sonda soviética Lúa 9 é a primeira en pousarse sobre a superficie da Lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas.

4 de febreiro DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

6 de febreiro: Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina

7 de febreiro de 2006: un equipo de científicos alemáns consegue un rexistro histórico ao taladrar o xeo da Antártida ata acadar os 2774 m de profundidade.

10 de febreiro de 1926: o hidroavión “Plus Ultra”, tripulado por Ramón Franco, Julio Ruiz de Alda, Juan Manuel Durán e Pablo Rada, chega a Bos Aires. Realiza o primeiro voo entre España e América. 31-1 4-2

12 de febreiro de 1809 nacemento de Charles Darwin, científico inglés autor da teoría da Evolución.

12 de febreiro Día Mundial contra a utilización dos nenos soldado Según datos de Amnistía Internacional, máis de 300.000 menores participan en conflictos bélicos nuns 86 países do mundo. O 40% son nenas, que tamén son empregadas como escravas sexuais.

14 de febreiro DÍA DOS NAMORADOS

14 de febreiro: Día Mundial da Enerxía

14 de febreiro 1779: morre James Cook, explorador británico.

15 de febreiro de 1564: nace Galileo Galilei, astrónomo, físico e filósofo italiano.

15 de febreiro de 2013: o asteroide 2012 DA14 pasou a 27.860 km da Terra a unha velocidade de 28.100 km/h. A maior aproximación tivo lugar ás 19.24 horas.

15 de febreiro de 2013: Chuvia de meteoritos en Rusia. Un deles, de 17 metros deixou máis de 1.100 de feridos na provincia de Cheliabinsk, liberou unha enerxía de 500 kilotóns, trinta veces superior á bomba atómica de Hiroshima.

16 de febreiro de 2005: entra en vigor o Protocolo de Kioto, convenio mundial para a redución de gases do efecto invernadoiro.

18 de febreiro de 1745: nace Alessandro Volta, físico italiano.

18 de febreiro de 1930 o astrónomo estadounidense Cyde William Tombauh descubre Plutón desde o observatorio Lowell en Arizona.

19 de febreiro de 1473: nace Nicolás Copérnico, astrónomo polaco.

19 de febreiro de 1941: na provincia de Pontevedra, un furacán abate unhas 150.000 árbores e destrúe as torres de máis de 300 igrexas.

21 de febreiro DÍA INTERNACIONAL DA LÍNGUA MATERNA

24 de febreiro de 1837 nace Rosalía de Castro, a escritora galega máis relevante

28 de febreiro de 1953: Francis Crick e James Watson descobren a estrutura helicoidal da molécula de ADN.

28 de febreiro de 1981 morre en Vigo escritor galego Álvaro Cunqueiro

29 de febreiro de 1968: a astronoma irlandesa Jocelyn Bell Burnell descobre o primeiro pulsar.

Departamento de Ciencias FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon Daporta FEBREIRO 2014

Add a comment

Related presentations

Related pages

Orde do DOG nº 34 do 2014/2/19 - Xunta de Galicia

I. Disposicións xerais. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto ...
Read more

Febreiro | 2014 | InnovArte Educación Infantil

Está aberto o prazo para a solicitude do programa Voz Natura para o vindeiro curso 2014/15, centrándose nesta ocasión na creación de hortas ecolóxicas.
Read more

Febreiro, 2014 | Ollaparo. O universal é o local sen muros

Un proxecto documental dirixido por Xosé Abad onde sete estudantes de Bacharelato Artístico do IES Adormideras de A Coruña se introducen na memoria ...
Read more

Orde do DOG nº 34 do 2014/2/19 - Xunta de Galicia

III. Outras disposicións. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do ...
Read more

Decreto DOG Martes, 25 de febreiro de 2014 - igvs.xunta.gal

DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 7995 ISS1130-22N Depósito legal C.-1http.xunta.esdiario-oficial-galicia I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Read more

Trailer Tolemias febreiro 2014 - YouTube

Trailer dos concertos gravados por Casa de Tolos, que poderán verse por primeira vez a partir do mes de febreiro no canal Tolemias, en R ...
Read more

Febreiro | 2014 | Blog Xerais

«Cadeas» ou a novela como límite. Sobre o Premio Xerais de Novela 2013. Anotación en Brétemas. Publicado o 28 Febreiro, 2014 nas categorías Blogs ...
Read more

Febreiro 2014 - Ourense por Barrios by Ourense por Barrios ...

Neste número analizamos os procesos xudiciais nos que está inmerso o Concello de Ourense, ademais de prestar atención ao Entroido. | Issuu is a digital ...
Read more

Febreiro 2014 - cig-ensino.gal

Febreiro 2014 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com Un novo auto do TSXG obriga a Educación ofrecer os recoñecementos ...
Read more

As crebas » 2014 » Febreiro

(Cabeceira da entrevista. Premer na imaxe para agrandar o tamaño) Sigo desde a súa creación, o 6 de xaneiro deste 2014, se non estou nun erro, a ...
Read more