advertisement

Escalas De Temperatura

100 %
0 %
advertisement
Information about Escalas De Temperatura
Education

Published on December 1, 2008

Author: mrmoleman

Source: slideshare.net

advertisement

ESCALAS DE TEMPERATURA

ESCALAS DE TEMPERATURA As escalas térmicas ou escalas de temperatura máis importantes son a Fahrenheit, a Celsius e a Kelvin (tamén coñecida por escala absoluta). Cada escala considera dous puntos de referencia, un superior e outro inferior, así como un número de divisións entre as referencias sinaladas. Existen máis escalas, como por exemplo a Réaumur, ou a Rankine, pero non acadaron a mesma relevancia que as anteriores en ningún momento da historia.

ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA CELSIUS: A escala Celsius é á que estamos máis acostumados porque é a máis utilizada no mundo. Cando damos unha temperatura nesta escala utilizamos a seguinte simboloxía “ºC” (léese graos Celsius). Toma como puntos de referencia o punto de ebullición da auga (100ºC) e o punto de fusión da auga (0ºC). Entre estas dúas referencias existen 100 divisións.

ESCALAS DE TEMPERATURA Anders Celsius foi un físico e astrónomo sueco. Profesor de astronomía na universidade de Uppsala (1730-1744). Publicou 316 observacións sobre auroras boreais. En 1736 participou nunha expedición a Laponia, para medir un arco de meridiano terrestre, confirmando a teoría de Newton de que A Terra achatábase nos polos. É coñecido como inventor da escala centesimal do termómetro.

Anders Celsius foi un físico e astrónomo sueco. Profesor de astronomía na universidade de Uppsala (1730-1744). Publicou 316 observacións sobre auroras boreais. En 1736 participou nunha expedición a Laponia, para medir un arco de meridiano terrestre, confirmando a teoría de Newton de que A Terra achatábase nos polos.

É coñecido como inventor da escala centesimal do termómetro.

ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA KELVIN: A escala Kelvin (ou escala absoluta) é a utilizada no mundo científico. Cando damos unha temperatura nesta escala utilizamos a seguinte simboloxía “K“ (léese simplemente Kelvin, isto é, non hai que dicir a palabra graos diante que é un erro moi habitual). Básase nos principios da Termodinámica nos que se predice a existencia dunha temperatura mínima e inalcanzable na que as partículas carecerían de enerxía e polo tanto de movemento. Esta temperatura correspóndese co 0K. A temperatura de fusión da auga (0ºC) equivale a 273'15K, mentres que a temperatura de ebullición (100ºC) equivale a 373'15K.

ESCALAS DE TEMPERATURA William Thomson, primer barón Kelvin, foi un físico e matemático británico. Destacou polos seus traballos en Termodinámica (descubrimento e cálculo do cero absoluto) e Electrónica. Desenrolou a escala absoluta de temperaturas. Ten moitas outras contribucións claves no desenrolo da Física.

William Thomson, primer barón Kelvin, foi un físico e matemático británico. Destacou polos seus traballos en Termodinámica (descubrimento e cálculo do cero absoluto) e Electrónica.

Desenrolou a escala absoluta de temperaturas.

Ten moitas outras contribucións claves no desenrolo da Física.

ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA FAHRENHEIT: Outra escala moi utilizada (polo xeral en nacións de fala inglesa) é a escala Fahrenheit. Cando damos unha temperatura nesta escala utilizamos a seguinte simboloxía “ºF“ (léese polo tanto graos Fahrenheit). O punto de referencia inferior é o punto de fusión dunha mestura de sales con xeo (0ºF) e como punto de referencia superior o punto de ebullición da auga (212ºF).

ESCALAS DE TEMPERATURA Gabriel Fahrenheit foi un físico alemán autor de numerosos inventos como o termómetro de auga ou o de mercurio. A súa aportación teórica máis importante foi o deseño da escala termométrica que leva o seu nome, aínda hoxe a máis utilizada en USA e, ata fai moi pouco, tamén no Reino Unido.

Gabriel Fahrenheit foi un físico alemán autor de numerosos inventos como o termómetro de auga ou o de mercurio.

A súa aportación teórica máis importante foi o deseño da escala termométrica que leva o seu nome, aínda hoxe a máis utilizada en USA e, ata fai moi pouco, tamén no Reino Unido.

ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA RÉAUMUR: O grao Réaumur é unha unidade de temperatura en desuso. Cando damos unha temperatura nesta escala utilizamos a seguinte simboloxía “ºRé; ºRe ou ºR“ (léese polo tanto graos Réaumur). O punto de referencia inferior corresponde co punto de fusión da auga (0ºRe) e como punto de referencia superior o punto de ebullición da auga (80ºRe). O grao Réaumur foi utilizado ampliamente en Europa, particularmente en Francia, Alemaña e Rusia, pero finalmente impúsoxe o uso do grao Celsius.

ESCALAS DE TEMPERATURA René Antoine Ferchault de Réaumur naceu en Francia. Foi un científico con importantes contribucións no mundo da entomoloxía, temperaturas, metalurxia e porcelana. Ten moitos traballos que tratan sobre historia e botánica. No ano 1730 inventou o termómetro de alcohol con graduación directa.

René Antoine Ferchault de Réaumur naceu en Francia. Foi un científico con importantes contribucións no mundo da entomoloxía, temperaturas, metalurxia e porcelana.

Ten moitos traballos que tratan sobre historia e botánica.

No ano 1730 inventou o termómetro de alcohol con graduación directa.

ESCALAS DE TEMPERATURA ESCALA RANKINE: Denomínase Rankine á escala de temperatura que se define medindo graos Fahrenheit sobre o cero absoluto, polo que carece de valores negativos. O grao Rankine ten o seu punto de cero absoluto a -459'67ºF e os intervalos de grao son idénticos aos intervalos de grao Fahrenheit. A escala Rankine é usada comunmente en Estados Unidos como medida de temperatura termodinámica.

ESCALAS DE TEMPERATURA William John Macquorn Rankine foi un enxeñeiro e físico escocés (naceu en Edimburgo), do século XIX. Desenrolou unha técnica, coñecida como método de Rankine, que utilizou para establecer relacións entre a temperatura, a presión e a densidade dos gases. En 1885, formulou unha ciencia da enerxética.

William John Macquorn Rankine foi un enxeñeiro e físico escocés (naceu en Edimburgo), do século XIX.

Desenrolou unha técnica, coñecida como método de Rankine, que utilizou para establecer relacións entre a temperatura, a presión e a densidade dos gases.

En 1885, formulou unha ciencia da enerxética.

ESCALAS DE TEMPERATURA Created by: Fabio Salvado Vara

Add a comment

Related presentations

Related pages

Escalas de Temperatura - FREE Study Skills Resources for ...

La temperatura es el nivel de calor en un gas, líquido, o sólido. Tres escalas sirven comúnmente para medir la temperatura. Las escalas de Celsius y de ...
Read more

Cuáles son las escalas de temperatura? | MATE-FISICA Y +

Cuáles son las escalas de temperatura? 21/02/2009 at 9:30 pm 192 comentarios. Que es la Escalas de temperatura? Es una graduación de mercurio cuando se ...
Read more

Temperatura - Wikipedia, la enciclopedia libre

Las escalas de medición de la temperatura se dividen fundamentalmente en dos tipos, las relativas y las absolutas.
Read more

ESCALAS DE TEMPERATURA - TERMODINAMICA | Hace parte de la ...

Lo que se necesita para construir un termómetro son puntos fijos, es decir, procesos en los cuales la temperatura permanece constante. Ejemplos de ...
Read more

Escalas de Temperatura - Scribd - Read books, audiobooks ...

ESCALAS DE MEDIDAS. Los diferentes termómetros que existen se basaron en ideas con apariencia distinta, al usar diferentes puntos de partida en sus ...
Read more

Escala de temperaturas - Scribd - Read books, audiobooks ...

Escalas de Temperatura. y La temperatura es el nivel de calor en un gas, líquido, o sólido. Tres escalas sirven comúnmente para medir la temperatura.
Read more

Escalas de temperatura - SOCIEDAD ANDALUZA DE EDUCACIÓN ...

Introducción: En la actualidad se emplean diferentes escalas de temperatura; entre ellas están la escala Celsius —también conocida como escala ...
Read more

La temperatura y sus escalas - YouTube

Las escalas de temperatura Celsius y Fahrenheit son utilizadas en el mundo entero para el comercio y en el mundo ´de la tecnología ...
Read more

Escalas de temperatura - hiru.eus - Home

Medida de la temperatura . La temperatura se mide por medio de diversos instrumentos y dispositivos, de los que el más conocido es el termómetro de mercurio.
Read more

Temperatura – Wikipédia, a enciclopédia livre

A temperatura de um gás ideal está relacionada com a energia cinética média das partículas deste gás. Nesta animação, em escala, a relação entre ...
Read more