Enfermedades de los sentidos

45 %
55 %
Information about Enfermedades de los sentidos
Health & Medicine

Published on March 16, 2014

Author: angelitopalacio

Source: slideshare.net

Description

Principales enfermedades de los sentidos

AS ENFERMIDADES DOS ÓRGANOS DOS SENTIDOS Carlos de Troya Fernández Ángel Palacio Iglesias Manuel González Crespo Álvaro Concheiro Díaz Javier Rubio López 3º ESO “A”

1) INTRODUCIÓN Os sistemas de relación e coordinación desempeñan un papel fundamental no organismo. Por iso, cando se ven afectados por algunha enfermidade, as consecuencias acostuman ser graves. Os receptores sensoriais son células especializadas na captación de estímulos, que representan a vía de entrada da información no sistema nervioso dun organismo. Ata o momento sabemos que poseemos cinco sentidos: o olfacto, a vista, o gusto, o tacto e o oído. Cada un deles cumpre unha función diferente, aunque en certos casos, están conectados. O tacto permítenos sentir a textura das cousas, se están fríos ou quentes; o olfacto permítenos percibir o aroma, e o gusto, o sabor dos alimentos. A vista permítenos ver todo o que nos rodea e o oído, captar ondas sonoras para que poidamos escoitalas. Son moi frecuentes as alteracións que poden afectar aos nosos órganos dos sentidos. A meirande parte delas poden corrixirse, aínda que para outras non se encontrou solución. Nalgúns casos, chégase a perder totalmente o uso dalgún sentido importante, coma poden ser a vista ou o oído.

A continuación, expoñemos as afeccións máis frecuentes dos nosos órganos dos sentidos:

2) ENFERMIDADES DO OÍDO O oído é o órgano responsable non só da audición, senón tamén do equilibrio. Encárgase de captar as vibracións e transformalas en impulsos nerviosos que chegarán ao cerebro, onde serán interpretadas. O oído divídese en tres zonas: externa, media e interna.

2.1. Enfermidades do Oído Externo: O oído externo está conformado polo pavillón auricular e o conduto auditivo externo (CAE). O pavillón está conformado por unha estrutura cartilaxinosa cuberta con pel. As patoloxías do oído externo pódense dividir en:

Enfermidades Infecciosas: a otite externa é a inflamación ou infección do oído externo. Hai varios tipos de otite externa, coma a bacteriana, a bacteriana localizada, a necrotizante ou otite externa maligna (que invade e destrúe os texidos brandos, cartilaxe e ósos). Enfermidades Alérxicas: - Dermatite de contacto: Prodúcese polo uso de champús, lacas para o pelo, perfumes, tapóns para oídos, aros (níquel). - Eczema: é similar á anterior pero máis agresiva e incluso acompañada de infeccións bacterianas secundarias.

Tapón de Cerumen: o tapón está conformado por produtos das glándulas sebáceas, ceruminosas, restos de descamación epitelial e pelos. Implántase nas paredes do CAE producindo diminución auditiva e sensación de obstrución. Enfermedades Traumáticas - Trauma: hematomas do pavillón auricular como consecuencia dun traumatismo directo, que provoca a acumulación de sangue entre a cartilaxe eol pericondio.. Se este coágulo se organiza e calcifica, pode producir necrosis da cartilaxe subyacente, originándose a orella en coliflor. - Corpos estraños no CAE: obsérvanse principalmente en nenos. Nunca tentar a súa estración sen os coñecementos ou o instrumental necesarios.

Enfermidades Tumorais: - Lesiones Benignas: Son varias. Por unha banda, as cicatrices queloideas derivadas da hipertrofia do texido conectivo en áreas traumatizadas. O lugar máis común é o lóbulo, pola colocación dun piercing. En segundo lugar a Exostosis o sobrecrecimiento do periostio na porción ósea do CAE. É frecuente nos nadadores de augas frías. Pode producir tapóns de cerumen oclusivos. Raramente preséntase pérdida auditiva significativa. - Lesións Malignas: localízanse principalmente no pavillón auricular. As do CAE son pouco frecuentes. Representan menos do 5% de todos os cánceres de pel de cabeza e pescozo. O máis común é o carcinoma de células escamosas. A quimioterapia e radioterapia son aconsellables, dependendo do avance da enfermidade.

Malformaciones Congénitas: pódense presentar en un dos oídos ou en ambos. As malformacións máis frecuentes están relacionadas co tamaño, a forma ou a posición do pavillón auricular: - Tamaño: Cando o pavillón auricular é máis pequeno ou máis grande do normal, ou cando existe unha completa ausencia do pavillón auricular. - Forma: Cando o pavillón auricular presenta formas raras: en asa (“lop ear”) ou con forma élfica. Outras veces prodúcese a ausencia do óso. - Posición: Cando o pavillón auricular non está situado no seu sitio correcto.

2.2. Enfermidades do Oído Medio

 A infección do oído medio: coñécese coma otite media. Abrangue todas as infeccións do oído por bacterias. Pode ser aguda ou crónica. Pode producir sordera. Algúns nenos que padecen otite aguda presentan dificultades para o desenvolvemento da linguaxe. É a enfermidade máis común do oído. Debe vixiarse e tratarse de forma axeitada porque, en caso contrario, pode dar lugar a importantes complicacións.

• Calcificacións: Acúmulo de sales de calcio na capa media fibrosa do tímpano. Obsérvanse á otoscopia coma “manchas brancas” no interior da membrana.

 Perforación do tímpano Malia que a membrana timpánica atópase moi ben protexida pola súa ubicación nas profundidades do óso temporal, frecuentemente resulta dañada como resultado de traumatismos, os cales clasifícanse en directos (pola introdución de obxectos que perforan o tímpano) e indirectos (por un aumento o diminución súbita da presión no oído externo).

2.3. Enfermidades do Oído Interno:

As enfermidades do oído interno poden afectar ao equilibrio e producir síntomas de mareos. As máis destacadas son as siguintes:

 O vértigo: É a consecuencia de lesións producidas nos canais semicirculares e produce náuseas e pérdida da capacidad auditiva.

 Destrución traumática do órgano de Corti: é o responsable da produción dunha sordeira total.

 Enfermidade de Ménière: é un trastorno do oído interno que afecta ao equilibro e á audición. Descoñécese a causa exacta da enfermidade de Meniere. Pode ocurrir cando a presión do líquido en parte do oído interno chega a estar demasiado alta. Nalgúns casos, a enfermidade de Ménière pode estar relacionada cun traumatismo cranial ou cunha infección do oído medio ou do interno. Outros factores de riesgo son as alerxias, o estrés, o consumo de alcohol ou o tabaquismo, os antecedentes familiares, a existencia dunha enfermidade viral recente ou unha infección respiratoria.

3) ENFERMIDADES DA VISTA Aínda que o ollo é denominado moitas veces como o órgano da visión, en realidade o órgano que efectúa o proceso da visión é o cerebro. A función do ollo é traducir as vibracións electromagnéticas da luz nun determinado tipo de impulsos nerviosos que se transmiten ao cerebro a través do nervio óptico (nervio sensitivo e craneal).

Enfermidades da visión:  Hemeralopia: está causada por unha incipiente opacidade nun ou máis dos texidos oculares.  Cegueira para as cores ou Daltonismo: A ceguera para as cores é unha enfermidade xenética provocada pola ausencia dunha serie de xenes no cromosoma X. Esta patoloxía afecta 6 veces máis aos homes que ás mulleres. Existen unha serie de tests cos que os oftalmólogos comproban o tipo de cegueira para as cores que ten unha persoa. O máis famoso destes tests é o das coñecidas como “tablas de Ishihar”, consistentes nunhas cartuliñas con manchas de cores nas que as persoas que non teñen problemas poden identificar rápidamente un patrón, un texto ou un número. Existen outros tipos de test como o Munsell; incluso outro denominado daltonismo inverso, no que se mostran imáxenes nas que só as persoas que padecen algún grado de daltonismo poden atopar unha figura en relevo que está oculta para os demáis.

 Diplopía, visión doble ou estrabismo: son causados pola debilidade ou parálise dos músculos externos do globo ocular.   Cegueira: pode ser causada pola presión do nervio óptico. Tamén pola separación da retina dende o interior do globo ocular.  A conjuntivite: produce enroxecimento, inflamación, molestias e constante lagrimeo. Durante o sono, prodúcese unha secreción de pus que, ao secarse, fai que as pestanas se peguen entre sí. A prevención desta enfermidade lógrase mediante a práctica de medidas hixiénicas coma lavarse regularmente ben os ollos, usar toallas limpas, non frotar os ollos coas mans sucias, aplicar só os medicamentos (colirios ou cremas) receitados polo médico.

 Presbicia ou dificultade para enfocar obxectos próximos. Coñécese vulgarmente como vista cansa. É debida ao endurecemento do cristalino coa idade.  Astigmatismo: Deformación da córnea ou alteración da curvatura da lente ocular. Provoca unha visión distorsionada debido á imposibilidade de que converxan os raios luminosos nun so punto da retina. Pódese corrixir con lentes ou quirúrxicamente.

 Miopía. A miopía é un defecto refractivo consistente en que o punto focal fórmase diante da retina cando o ollo se atopa en repouso, en lugar de na mesma retina, como sería normal. Porén, o ollo é incapaz de enfocar obxectos afastados, facendo que aparezcan borrosos. A maioría das miopías considéranse como unha variación da visión normal, máis que unha patoloxía. Existen dúas causas posibles: a córnea está demasiado curvada ou o globo ocular é demasiado grande. Pódese corrixir con lentes diverxentes ou quirúrxicamente.

 Hipermetropía. É un defecto ocular que consiste en que os raios de luz que inciden no ollo, enfócanse nun punto situado detrás da retina, en lugar de na mesma retina como sería normal. A consecuencia é unha mala visión a distancias curtas. Pódese corrixir mediante a utilización de lentes convexas ou quirúrxicamente.

 Glaucoma. Na mayor parte dos tipos de glauncoma, o sistema de drenaxe do ollo tápase e o fluído intraocular no pode drenar. Ao acumularse, causa un aumento de presión no interior do ollo que dana o nervio óptico, que é moi sensible, levando á perda da visión. Existen dous aspectos claves para sospeitar o diagnóstico de glaucoma: a elevación da presión intraocular por riba de 21 mm de mercurio e a presenza dun disco óptico escavado. Calquera de estas dúas circunstancias fan probable o diagnóstico, especialmente se existen antecedentes familiares da enfermidade e a idade é superior aos corenta anos. Visión correcta Visión con glaucoma

 Cataratas. Pérdida progresiva da transparencia do cristalino, que pode chegar a impedir a visión (pode compararse a unha ventá que se "empana" con vapor). Non é unha tea ou capa que cubre o ollo.  Conxuntivite. É a inflamación da membrana mucosa que recobre o interior das pálpebras (membrana conxuntiva) e que se estende á parte anterior do globo ocular. Presenta como manifestacións comúns enroxecimento, fotofobia e lagrimeo, así coma outras dependentes da súa causa (lagañas matutinas nas infecciosas, ganglios aumentados de tamaño nas víricas, etc), con unha duración entre unha e tres semanas.

4) ENFERMIDADES DO OLFACTO Este sentido permite percibir os olores. O nariz, equipado con nervios olfactivos, é o principal órgano do olfacto. Os nervios olfactivos son tamén importantes para diferenciar o gusto das sustancias que se atopan dentro da boca, é dicir, moitas sensacións que se perciben coma sensacións gustativas, teñen a súa orixe no sentido do olfacto. Tamén é importante dicir que a percepción dos olores está moi relacionada coa memoria: determinado aroma é capaz de evocar situacións da infancia, lugares visitados ou persoas queridas. A captación dos olores é o primeiro paso dun proceso que continúa coa transmisión do impulso a través do nervio olfactivo e acaba coa percepción do olor polo cerebro.

Enfermidades do olfacto e o nariz:  Arrefriado: é unha enfermidade infecciosa aguda do tracto respiratorio, causada por certo tipo de virus. Provoca conxestión, e evita o normal funcionamento do olfacto, excesiva secreción nasal, dor de garganta e tos.  Rinite: trastorno inflamatorio da membrana mucosa do nariz. Caracterízase por secreción nasal acuosa, con conxestión e dificultade para respirar polo nariz.  Febre do feo: é unha forma de rinite estacional causada por alerxia ao pole. Provoca ataques intensos de esbirros, inflamación da mucosa nasal e os ollos, e respiración defectuosa.  Alerxias nasais: causan irritación pola respiración de contaminantes, etc.

5) ENFERMIDADES DO GUSTO Esta facultade humana, que tamén posúen os animais, actúa polo contacto de substancias solubles coa lingua. O ser humano é capaz de percibir un amplo repertorio de sabores como resposta á combinación de varios estímulos, entre eles textura, temperatura, olor e gusto. Analizándoos de forma illada, o sentido do gusto só percibe catro sabores: doce, salgado, ácedo e amargo.

Enfermidades do sentido do gusto:  Perda do sentido: para conservar este sentido débese manter unha hixiene bucal axeitada, que se consigue con cepillos e dentífricos.  Embotación da sensibilidade gustativa: cando se saborean substancias moi ácedas ou moi fortes (picantes, etc.)  Irritación da mucosa lingual: ocorre por exceso de fume do tabaco, provocando que diminúa a percepción dos sabores.  Previr enfermidades coma a carie en dentes e moas, periodontite e/ou xenxivite, nas enxivas.

6) ENFERMIDADES DO TACTO O tacto, é outro dos cinco sentidos dos seres humanos e doutros animais. A través do tacto, o corpo percibe o contacto coas distintas substancias, obxectos, etc.

A pel: Posúe, nun corte transversal, tres capas: a epiderme, que é a que intervén principalmente na función do tacto, xa que é a máis externa. A derme, que é a capa do medio e a capa subcutánea. Os seres humanos presentan terminacións nerviosas especializadas na epiderme, que se chaman receptores do tacto. Estos receptores transportan as sensacións cara ao cerebro a través das fibras nerviosas. Hai sectores da pel que posúen maior sensibilidade, xa que o número de receptores varía en toda a pel. A pel detecta tamén sensacións coma a temperatura e a dor.

Enfermidades do tacto:  Urticaria: alteración alérxica da pelu caracterizada pola aparición repentina o reiterada de manchas, ronchas ou outras manifestacións. Polo xeral son coma inflamacións.  Psoriase: É unha enfermidade crónica. Caracterízase pola aparición de placas escamosas, dunha cor vermella ou parda, cubertas por pequenas escamas brancas. Xeralmente afecta aos xeonllos, ao coiro cabeludo e ao peito.

 Dermatite: é a inflamación da pel, en concreto da derme. Os síntomas son enroxecemento, dor e exudación da zona afectada. Cando se presenta por un longo período, soe presentar ronchas, costras e moita sequedade da pel. É debida a parásitos ou irritantes físicos ou químicos.  Micose: é unha enfermidade producida por fungos, causa moita molestia porque xera moita picazón e irritación da pel.

 A tiña: É unha infección en forma de anel. Os fungos atacan os folículos pilosos, do coiro cabeludo ou da barba. Preséntanse erupcións molestas e desagradables, escomezando con erupcións vermellas, que cada vez se fan máis grandes e máis vermellas, acompañadas de moita picazón.  A Pedicuros (Piollos): está causada por parásitos externos chamados piollos.

 A Sarna: És unha enfermidade da pel producida por un ser microscópico chamado ácaro. Este animal, cava galerías debaixo da pel; alí pon os seus ovos e alí se desenvolven as súas crías, as cales producen gran picazón. Esta enfermidade é moi contaxiosa, porque o ácaro pode pasar dunha persoa a outra. A mellor forma de controlar esta enfermidade, é practicar correctamente a hixiene persoal.  O acné: É unha afección da pel consistente nunha retención da secreción das glándulas sebáceas que se inflaman e infectan. Pode ser causado por problemas hormonais, especialmente na pubertade. Preséntase tanto en nenos coma en nenas. Esta irritación xeralmente se presenta no rostro, pero tamén se localiza nas hombreiras e no lombo. O acné pode ser tratado con cremas especiais, receitadas por médicos dermatólogos. Tamén é moi importante o consumo de alimentos baixos en graxas.

Carlos de Troya Fernández Ángel Palacio Iglesias Manuel González Crespo Álvaro Concheiro Díaz Javier Rubio López 3º ESO”A” CON LA COLABORACIÓN DE:

Add a comment

Related presentations

Related pages

Enfermedades de los 5 sentidos - Conoce tus sentidos y la ...

En este vicio de refacción, los rayos luminosos procedentes del infinito se enfocan por delante de la retina, lo que condiciona una disminución de la ...
Read more

Los sentidos: Enfermedades que afectan los cinco sentido

Es la pérdida del olfato. Uno de los primeros síntomas en su detección es qu Enfermedades que afectan los cinco sentidos:
Read more

ENFERMEDADES DE LOS SENTIDOS - es.scribd.com

INTRODUCCION. El tema desarrollado, nos ayuda a conocer de manera mucho más amplio los cinco sentidos del hombre. Conociéndoles como cinco importantes ...
Read more

LOS 5 SENTIDOS Y SUS ENFERMEDADES - prezi.com

EL OLFATO El olfato es el sentido encargado de detectar y procesar los olores. Es un quimiorreceptor en el que actúan como estimulante las partículas ...
Read more

Los sentidos y sus enfermedades - Enfermedades de los sentidos

Los sentidos son procesos de recepcion y reconocimiento de estimulos sensaciones, que provienen tanto del ambiente como del interior de nuestro cuerpo.
Read more

Órganos de los sentidos | Enfermedades del cuerpo humano ...

Los sentidos nos proporcionan la información vital que nos permite relacionarnos con el mundo que nos rodea de manera segura e independiente. Esto, por ...
Read more

Trastornos del gusto y del olfato: MedlinePlus en español

Los sentidos del gusto y el olfato nos brindan gran placer. ... Muchas enfermedades y lesiones pueden provocar trastornos del gusto y del olfato, ...
Read more

Enfermedades De Los Òrganos de Los Sentidos - YouTube

en este video se describen algunas de las enfermedades de los organos de los sentidos , espero les guste LIKE Y SUB si quieren mas videos ...
Read more

Trastornos del gusto | NIDCD

Los sentidos del gusto y del olfato están estrechamente relacionados. ... como son las enfermedades del corazón, la diabetes, los ataques al cerebro y ...
Read more