Elaborar un climograma con calc de OpenOffice

50 %
50 %
Information about Elaborar un climograma con calc de OpenOffice

Published on October 10, 2016

Author: rubempaul

Source: slideshare.net

1. ELABORAR UN CLIMOGRAMA CON CALC DE OPENOFFICE PASOS: • Iniciar o programa openoffice ou LibreOffice e buscar calc • Seleccionamos todas as celdas que utilizamos e axustamos o tamaño das mesmas. • Introducir datos na folla de cálculo (por esta orde e en horizontal): ◦ Na celda A2 poñemos precipitacións (PRECIP). ◦ Na celda A3 poñemos temperatura (TEMP). ◦ Dende a celda B1 ata a M1 as iniciais dos meses do ano (centradas). ◦ Introducimos os datos numéricos de precipitacións e temperaturas. • Calcular: ◦ Precipitación total anual: situarse na celda N2 e clicamos sobre o icono suma ( ) daƩ barra de fórmulas e dámoslle intro. ◦ Temperatura media anual: fórmula:=media(). Dentro da paréntese temos que seleccionar a primeira celda con datos de temperatura e arrastramos ata a última que teña datos de temperatura, pechamos a paréntese e dámoslle a intro (Nota: se o calc está en castelán no canto de media poñemos promedio). Podemos usar tamén o asistente de funcións. Para que o dato da temperatura media anual apareza cun ou dous decimais pulsamos o botón da dereita do rato: formato de celdas/ números/ opción (1 ou 2 decimais). • Elixir o tipo de gráfico: ◦ Seleccionamos a táboa, tamén as palabras PRECIP e TEMP, pero non os datos da Precipitación total anual nin a Temperatura media anual. ◦ Pulsamos na barra de ferrmanetas na icona Gráfico e actívase un asistente de gráficos: ▪ Tipo de gráfica: columna e liña. (clicar seguinte) ▪ Intervalo de datos: Serie de datos en filas (clicar seguinte) ▪ Serie de datos: non modificamos nada. (clicar seguinte) ▪ Elementos de gráficos: Título/Subtítulo/Eixo X (poñemos Meses)/Eixo Y (Precipitacións en mm). Desmarcamos Presentar lenda. (Dámoslle a Rematar). • Eixo de temperaturas: ▪ Pulsamos o botón dereito do rato sobre o eixe da dereita: Inserir eixo/eixos secundarios/Eixo secundario Y/aceptar. ▪ Para poñer a escala á metade das precipitacións: doble clic no eixe das temperaturas e ábrese un cadro de diálogo: Eixo Y secundario/máximo (desactivamos automático e poñemos a metade do valor que aparece)/Aceptar. ▪ Pulsar co botón dereito sobre a liña do eixe: Inserir título (editámolo e escribimos Temperatura en ºC) • Axustar liña de temperaturas ao eixo secundario (Temperaturas): ▪ Doble Clic sobre a liña de temperaturas e ábrese un cadro de diálogo: Series de datos/ Aliñar serie de datos a/Eixo Y secundario/Aceptar © Rubén Pol Valiño Profesor de Xeografía e Historia

Add a comment