Día do libro 2018 con música

25 %
75 %
Information about Día do libro 2018 con música
Education

Published on April 22, 2018

Author: 3primaria

Source: authorstream.com

Slide1: DÍA DO LIBRO OLA! 23 DE ABRIL Slide2: Por qué se celebra o día do libro? Slide3: * Celébrase para fomentar a lectura, a industria editorial e a protección do dereito do autor . * Pero o máis importante para vós é para fomentar a lectura e para valora-la. Slide4: Por que o celebramos o día 23 de abril? Slide5: Porque o 23 de Abril é o día no que se morreron “ Shakespeare , Cervantes e Garcilaso de la Vega ”. Foron 3 escritores moi importantes. Pero para nós o máis importante será Cervantes. Slide6: Quen era Cervantes? Slide7: Miguel de Cervantes , tamén coñecido como o “manco de Lepanto ”, x a que perdeu un brazo nesa batalla, é o autor do noso libro máis importante “ Don Quijote de la Mancha ”. Slide8: “DON QUIJOTE DE LA MANCHA” “Alonso Quijano ” é un f idalgo pobre da Mancha, que de tanto ler novelas de cabalería acaba enlouquecendo e crendo ser un cabaleiro andante, nomeándose a se mesmo como “Don Quijote de la Mancha”. As súas intencións son axudar aos pobres e desfavorecidos, e lograr o amor da suposta Dulcinea do Toboso , que é en realidade unha campesiña chamada Aldonza Lorenzo. Slide9: A primeira saída a fai só, pero regresa en pouco tempo a casa e decide nomear a Sancho Panza , un empregado seu, o escudeiro. X untos realizan a segunda saída, na que viven máis dunha aventura: Don Quijote mira e ataca a uns x igantes que en realidade resultan ser muíños de vento, confunde un rabaño cun exército, ten máis dunha disputa, unha delas cun vizcaíno , e chega a enfrontarse a uns leóns. Slide10: Finalmente, e tras facer penitencia nun bosque, é capturado polo cura e o barbeiro do seu pobo e levado a casa nunha gaiola tras ser enganado para axudar á suposta princesa Micomicona . Slide11: Na terceira e derradeira saída, as aventuras máis destacadas son as da Cova de Montesinos , onde Don Quijote soña mil marabillas, o orneo de Sancho Panza , e para finalizar, a derrota de Don Quijote ante o Cabaleiro da Branca Lúa, razón pola que se retira ao seu f ogar, onde, tras adquirir de novo a cordura, falece. Slide12: MIGUEL DE CERVANTES Slide13: Como se celebra o día do libro nas distintas cidades? Slide14: Nas cidades sóese realizar a “Feira do Libro” onde se acostuma poñer casetas con moitos libros. Slide15: Ademais, por exemplo, en Cataluña celébrase tamén o 23 de Abril, o día de San Jordi (o seu patrono ) E alí a costume é agasallar cun libro e cunha rosa. Slide16: RECORDA QUE : CADA VEZ QUE LES UN LIBRO, MÉTESTE NUNHA AVENTURA MARABILLOSA. NON DEIXES DE FACELO! Slide17: FELIZ DÍA DO LIBRO

Add a comment

Related presentations