Cova dos cristais Naica

63 %
38 %
Information about Cova dos cristais Naica
Education

Published on March 22, 2014

Author: iesasorey

Source: slideshare.net

A cova de Naica é unha das maiores maravillas xeolóxicas que pode contemplarse no mundo, xa que contén os maiores cristais de selenita coñecidos.

A Cova dos Cristais, tamén chamada cova de Naica, está en Saucillo, Chihuahua (México).

A cova conecta coa mina de Naica a 300 m por debaixo da superficie. A cámara principal contén xigantescos cristais de selenita, algúns dos cristais naturais máis grandes xamáis atopados. O cristal máis grande atopado na cova ata esta data mide 12 m de longo e 4 m de diámetro e acada as 55 toneladas de peso.

A cova é extremadamente quente, as condicións son mortais para as persoas pasados apenas 10 minutos, xa que supera os 50 graos. As persoas, antes de baixar, teñen que beberse 2 litros de líquidos isotónicos, a mesma cantidade que se perde en 10 minutos na cova. Teñen que baixar a algúns puntos con traxes, e mascariñas especiais para poder respirar.

COMO SE FORMOU ? Hai uns 25 millóns de anos unha enorme bolsa de magma quente ascendeu desde o interior da Terra ata encaixar a uns 3 km da superficie na zona de Naica. Ese foco caldeou as augas circundantes, que ascendían moi quentes e altamente mineralizadas, rebosantes de sulfuros, e que arrancaban o calcio das paredes por onde pasaban. Nos puntos onde esas augas se xuntaban coas máis próximas á superficie, máis frías e ricas en osíxeno, producíase un depósito de sulfuros de prata ou chumbo, pero tamén de anhidrita, un sulfato de calcio procedente da disolución da rocha calcaria da montaña. Cando o foco do calor foi apagándose, a temperatura da cova chegou a rondar os 120 graos e logo descendeu por debaixo de 58. A esa temperatura a anhidrita comezou a volverse inestable e disolverse, orixinando unha lentísima deposición de xeso que se mantivo ao longo de millóns de anos formando os megacristais de selenita que agora forman a cova de Naica.

SELENITA É unha variedade de xeso cristalizado (sulfato de calcio hidratado, CaSO4·2H2O) en forma de cristais transparentes ou de masas cristalinas Debe o nome ao seu brillo, similar ao da lúa (Selene para os gregos).

Mencía Bóveda Oubiña

Add a comment

Related presentations

Related pages

Cueva de Naica, maravilla natural mexicana - YouTube

Naica A Caverna dos Cristais NatGeo - Duration: 1:33:55. Ambientalistas em rede 33,547 views. 1:33:55 CERRO DE LA ESTRELLA - CUEVA DEL DIABLO ...
Read more

NAICA - A Caverna dos Cristais Gigantes - YouTube

Naica a caverna dos cristais gigantes 1ª pt - Duration: 9:40. ... 9:40 Cueva de Naica, maravilla natural mexicana - Duration: 7:02.
Read more

Caverna dos Cristais – Wikipédia, a enciclopédia livre

Caverna dos Cristais (em castelhano Cueva de los Cristales) é uma caverna situada na mina de Naica no estado mexicano de Chihuahua. Esta caverna, com ...
Read more

Caverna dos cristais gigantes | Bouquet de Cravos & Conchavos

Caverna dos cristais gigantes: As Cavernas de Naica se localizam no coração de uma mina que pertence às Indústrias Peñoles no sul do estado de ...
Read more

Equipe da BBC visita Caverna dos Cristais no México

Uma equipe de televisão da BBC conseguiu chegar à Caverna dos Cristais ou Caverna Naica, no norte do México. A caverna foi descoberta em 2000, por acaso ...
Read more

NAICA – A CAVERNA DE CRISTAIS GIGANTES – MÉXICO | [C ...

A Caverna dos Cristais Gigantes de Naica, está localizada numa área de exploração mineral, no estado de Chihuahua ao norte de México.
Read more

Naica, a caverna dos cristais gigantes no México ...

A mina de Naica no México é conhecida pelos seus cristais extraordinários. Em grutas gigantes os exploradores encontraram cristais de selenite com um ...
Read more

Ciências da Vida e da Terra: Gruta de Naica

A serra de Naica, no Norte do México ... falhas que ainda hoje controlam a ascensão dos ... destes cristais no interior das grutas foi possível devido a ...
Read more