Claudio Rodríguez Fer

67 %
33 %
Information about Claudio Rodríguez Fer
Education

Published on February 19, 2014

Author: Asnosasletras

Source: slideshare.net

Description

Entrevista realizada polos alumnos de literatura galega do século XX e da actualidade a Claudio Rodríguez Fer

Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer naceu en Lugo no ano 1956. Comezou a carreira de Filoloxía Hispánica en Lugo para rematala en Santiago de Compostela. Na actualidade é profesor na Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo). O seu labor desenvólvese especialmente en poesía (Tigres de ternura/ Ámote, vermella/ Amores e clamores...) narrativa (Metarelatos/ Contos e descontos...) e o ensaio (José Angel Valente/ Ánxel Fole...) Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados lunes 17 de febrero de 2014

Claudio Rodríguez Fer 1. Observando datos da súa xuventude axiña nos decatamos da súa precocidade en determinados aspectos literarios, sociopolíticos... (escribir versos con 8 anos, militancia antifranquista xa como estudante de bacharelato...) A que poderiamos achacar esta precocidade? Foron aquelas persoas, circunstancias... as que serviron de alicerce do seu futuro persoal e literario? Supoño que, para comezar a escribir tan cedo, influíu ter sido fillo de mestra de escola unitaria, pois a miña nai levoume con ela ao colexio dende moi pequeno e por tanto medrei oíndo ler e falar en alto a ela e ao alumnado maior. De feito, eu nacín na propia escola, que estaba nunha dependencia anexa da nosa vivenda, pois, como era a peza máis grande da casa, a miña nai decidiu ter alí o parto. En canto á militancia antifascista, tivo que influír ser fillo de pai represaliado polo franquismo, que mesmo chegara a estar preso, aínda que el trataba de que eu non me metese en nada subversivo para que non me pasase o mesmo. 2. Outro aspecto seu que poderiamos considerar realmente precoz foi o do seu contacto cos cinepoemas. Está o futuro da nosa poesía, ou da poesía en xeral, na súa interacción con outras artes coma o cinema, a música?... Eu creo que a poesía non debe reducirse á literatura, porque tamén se manifesta no cine, na música e no resto das artes. Así o entendín dende moi novo e por isto tratei de fusionar cine e poesía nos cinepoemas e por isto compuxen tamén poesía visual, como o poema que acabo de facer en Nova York con fotos da miña infancia. 3. Considérano a Vostede como o “pai” da poesía erótica escrita en galego. Como comezou en vostede esa devoción por esta temática xa alá polos oito anos? Foi produto de circunstancias ou ben se centrou máis no seu “eu”? Eu sentín xa de neno a chamada do erotismo, pois lembro que me gustaban moito as nenas dende que teño memoria de min, así que compuxen axiña algúns versos inspirados por elas, como uns que dicían: "Quisiera cantar tu pelo como hacen los poetas / y más acariciarte el pecho cuando te salgan las tetas". De mozo, inspiráronme as mozas e dende entón xa nunca deixaron de inspirarme as mulleres, pero non só pola beleza do seu corpo, senón tamén da súa mente. Iso si, sempre de maneira concreta e nunca inventada. lunes 17 de febrero de 2014 Claudio Rodríguez Fer de neno, A aventura dos rañaceos

Claudio Rodríguez Fer 4. Outra precocidade súa foi a dos seus primeiros pasos no xornalismo alá por finais da ditadura. Como lembra aquela etapa marcada por unha forte represión e censura? En efecto, comecei a publicar na prensa, aos dezaseis anos, aínda durante o franquismo, e por tanto tiven problemas coa censura. Por exemplo, prohibíuseme publicar un artigo sobre o cine do director sueco Ingmar Bergman porque foi considerado antiteolóxico e tamén me censuraron noutro varias alusións á presenza da guerra civil na literatura. A censura franquista prohibía, sobre todo, cuestionar a ditadura militar, a relixión católica e a represión sexual, pois o que pretendía a ditadura era ter súbditos submisos, obedientes e reprimidos, exactamente as tres cousas que eu non era nin quería ser. 5. O seu contacto con Santiago de Compostela tras a caída do franquismo supuxo un cambio radical en Vostede ou máis ben unha continuación daqueles feitos precoces aos que antes aludimos? Que supuxo para Vostede aquela efervescencia cultural e política dos últimos anos da década dos setenta? Para min. Santiago sucedeu a Lugo naqueles tempos de grande iniciativa, esperanza e creatividade, nos que participei con entusiasmo. Neses anos escribín boa parte dos meus primeiros libros e entrei en contacto con intelectuais de toda Galicia. Claro que tras a morte do ditador aínda continuou a represión, mesmo con mortos na rúa, porque o posfranquismo durou ata os anos oitenta e, a algúns efectos, perdura ata hoxe. 6. Na súa triloxía sobre memoria histórica (Lugo Blues / A loita continúa / Ámote vermella) foron máis de vinte anos os que transcorreron... Puido marcar este tempo os puntos de vista, a temática... destas obras poéticas? A memoria da represión do meu lugar inmediato, a cidade de Lugo, fóra ocultada e negada, e para reivindicala escribín Lugo Blues. Logo, para reivindicar toda a memoria antifascista galega escribín A loita continúa. Mais aínda dentro dos esquecidos estaban máis esquecidas as mulleres que os homes, cando elas padeceran moitas veces o dobre, por sumarse á represión política fascista a represalia machista: rapadura do pelo, violacións e outras barbaridades, así que para reivindicar ás vítimas de tanto sufrimento escribín Ámote vermella. De todas esas vítimas son e síntome fillo. Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer nos anos 70 lunes 17 de febrero de 2014

Claudio Rodríguez Fer 7. Temos unha cita súa que di: “A auténtica poesía é o último bastión de resistencia ao capitalismo e á deshumanización”. Cre Vostede que a súa poesía (erótica, de vitalismo intercultural, de apertura intercultural...) contribuíu a esta resistencia e en que medida contribuíu? A poesía é e debe ser irredutible e non debe someterse a ningún poder, así que o simple feito de cultivala con esta concepción subversiva e libertaria en todos os terreos xa contribúe, aínda que sexa modestamente, á loita polo humanismo, pola liberdade e pola xustiza, principios que combateu directamente o fascismo, pero que continúa negando tamén o capitalismo deshumanizado que trata de comprarnos e de vendernos como se fósemos mercancías. 8. Até que punto a poesía medieval, especialmente aquela de temática erótica, puido influír na súa poesía? Considérase vostede un vangardista neotrobadoresco coma o propio Cunqueiro? Claudio Rodríguez Fer, ante o seu poema Paz para sempre, na Coruña Eu comecei facer poesía erótica antes de coñecer a poesía medieval, pero cando a lin quedei fascinado precisamente polo seu erotismo e pareceume que podía asimilala dende a miña posición vangardista, aínda que sen facer neotrobadorismo. Ademais gustábame moito a presenza de animais na poesía medieval, como a dos cervos, que aparecen xa no meu primeiro libro. Logo introducín outros animais, tanto na miña obra poética (Tigres de ternura, Cebra) como na narrativa (“A muller loba”, “A raposa boreal”, “A osa que chove”, etc.). Sempre me encantaron os animais e, de neno, tiven gatos e dúas cadelas chamadas Lilith e Lúa. 9. Segue vostede a pensar que o erotismo é “o impulso máis auténtico da vida” ou tamén teriamos que considerar outros temas coma o social, o cultural... para amosar ese impulso? Todos os temas son importantes, pero o erotismo é o que está máis naturalmente entrañado coa vida, posto que esta vén del, así que para min segue a ser o pulo vital máis auténtico. lunes 17 de febrero de 2014 Claudio Rodríguez Fer nun tranvía da illa de Man

Claudio Rodríguez Fer 10. Que a un escritor ou escritora lle editen unha publicación onde se recolleite toda a súa obra (como ocorreu coa súa obra Contos e descontos onde se recolleitou toda a súa narrativa) supón que se lle marque unha liña final para seguir a publicar ese xénero? Seguiu Vostede a escribir narrativa despois do 2011? A reunión de obras faise necesaria para facilitar a súa lectura cando se esgotan as edicións anteriores, pero non ten porqué influír na escritura, que adoita provir de causas máis profundas. Dito isto, eu escribín sempre moita menos narrativa que poesía e, en consecuencia, seguín escribindo poesía dende que se reuniron as miñas obras poéticas en Amores e clamores e non, polo menos de momento, relatos, dende que se reuniron as miñas obras narrativas en Contos e descontos. O último conto que escribín, incluído nesta obra, é “O neno que non quería ir á guerra”, composto por tres historias sobre a miña infancia: “Eu teño un canciño”, “A vaca con zocas” e “A republiquiña dos animais”. 11. Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer. Que atrancos e que realidades, anécdotas... tivo Vostede cando se mergullou na literatura galega durante a guerra civil para a súa tese doutoral? Tiven moitas dificultades, porque non me deixaban acceder a determinados arquivos e porque moita xente non quería que se investigase ou que se soubese a verdade, así que mesmo recibín algunha ameaza, sobre todo en Galicia. Fóra de Galicia había outro tipo de obstáculos máis técnicos; por exemplo, foime imposible dar en Rusia cos álbums de debuxos publicados por Castelao alí durante a guerra civil. Polo contrario, houbo outras persoas que me axudaron moito, por exemplo as agradecidas viúvas de escritores represaliados, como Dieste, Carballo Calero, Ángel Johán ou Aníbal Otero, que case me adoptan como fillo. 12. Non podiamos deixar de lle preguntar polo papel desempeñado especialmente na súa obra literaria por Carmen Blanco. Carmen Blanco inspiroume moitos poemas e algún relato, polo que lle dediquei expresamente varios libros, dende o meu inicial Poemas de amor sen morte. Ademais, ela deseñou por completo Tigres de ternura para as súas tres primeiras edicións e ilustrou Historia da lúa, A muller núa e Vulva, todos dedicados a ela, como tamén Cebra, A boca violeta, Extrema Europa e A unha muller descoñecida. Mais tamén aparece poetizada na triloxía da memoria e no meu último poemario publicado, Unha tempada no paraíso. Por outra parte con ela promovín os cadernos Unión libre, os caderniños Poesía para Tod@s e a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, entre outros moitos proxectos culturais e cívicos comúns. lunes 17 de febrero de 2014

Claudio Rodríguez Fer 13. Que supón para Vostede cada vez que ve unha obra súa traducida a outro idioma? Considera Vostede que traducir lírica é algo perigoso ou, cando menos, unha diminución do seu significado? Gústame moito que se fagan traducións da miña poesía, aínda que partindo de que o resultado ten que ser unha obra diferente, porque as linguas non son nomenclaturas, senón sistemas complexos con sons e asociacións intraducibles. Pero diferente, non quere dicir peor, senón simplemente distinta, porque mesmo pode saír enriquecida ou mellor que o orixinal. 14. Foi Vostede amigo e especialista na obra de José Ángel Valente. Que nos podería dicir brevemente deste autor e da súa obra? Supuxo a súa obra algún influxo para Vostede? Valente foi un gran escritor políglota que viviu en distintos lugares da Europa máis avanzada sen deixar de ser antifranquista e galego, pois aínda que escribiu fundamentalmente en castelán, tamén cultivou a nosa lingua por ser a falada polos inmigrantes galegos en Suíza, onde el era funcionario internacional. A súa obra é dunha perfección e dunha apertura extremas e supuxo un exemplo mundial para moitos escritores e artistas. A min, dende que o lin, xa antes de coñecelo, estimuloume o sentido do rigor, da profundidade e da universalidade, que son as características que trato de imprimir ás miñas obras sobre el e á Cátedra Valente que dirixo na Universidade de Santiago de Compostela. 15. José Ángel Valente e Claudio Rodríguez Fer E finalmente, chámanos a atención que Vostede, un autor especialista en lírica, centrase unha gran parte da súa obra ensaística en Ánxel Fole, un especialista en narración. A que se debeu esta empatía co seu conveciño? Fole, a quen coñecín sendo adolescente, foi para min como un avó que me contaba as historias prohibidas dos tempos libres da Segunda República e que me falaba da lingua, da literatura e da cultura galegas, entón completamente marxinadas no ensino e na sociedade. Os seus preciosos contos de misterio, cheos de intriga e humor, déronme a coñecer de novo a Galicia máis profunda e arredada e quedeille agradecido para sempre. Ademais, a miña empatía con el proviña tamén de que fora profesor particular da miña nai e de que o seu xeneroso humanismo me recordaba ao do meu pai. Ánxel Fole e Claudio Rodríguez Fer nos anos 70 lunes 17 de febrero de 2014

Retrato de Claudio Rodríguez Fer realizado por: Alex Vede Cabalar, alumno do MGB IO R A N IO T ES U C lunes 17 de febrero de 2014

obra a unh /-a e gos? utor gale a a /ha raria oesí Un lite eap o anc ovo. l nB aN e arm e Olg C d Un personaxe galego e un estranxeiro? Un p erson axe l i iden terario c o qu tifiq Alex e se ue? is Z A estranxeira na súa patria de Rosalía de Castro e, para mal, O Gran Inquisidor de Dostoievski. orba , de N Kaz antz icos akis . nto Unha película de cine? me onu bel? e m tá s d as Dersu Uzala de olo im Un lien erm vít sa X . Akira Kurosawa. al “ polas oruña i r a mo ade” na C obr e a O m iberd smo nh s? u e l qui a e xeiro e paz fran or/ ran Unha obra teatral? t sd u do a a ia est olla n. eF a n/h erar Antígona de Sófocles. U lit ges hitm Bor t W Cal é a súa fonte de uis Wal e L de inspiración org O amor. lunes 17 de febrero de 2014 J a erb h

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Un feito histórico? A resistencia antifascista galega e mundial. Para visitar, Nova York; para descansar, a Illa de Man. r io po e anc r? Un liza os rea es a c Depende do momento, pero, en xeral, mundo urbano e montaña. li is fe todo, a r má sobre Face is e, ero. a dem uen qu q Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Un/ha autor/-a con quen se identifique? Autora, Emily Dickinson; autor, André Breton. Outro entretemento ademais da lectura? Viaxar. lunes 17 de febrero de 2014 Un tipo de músi ca? Unh a canción ? O blues e “Ton style” de Léo Ferré. Un l O av ugar a xeita lectu do para ra? a ión, pero calq uera tamén outro . a? topí u nha U e ond a, tari esión, liber opr pía uto tira nin , nin A exis xustiza der. o non n in in p n ni sión e repr

Add a comment

Related presentations

Related pages

Claudio Rodríguez Fer – Wikipedia

Claudio Rodríguez Fer (* 1956 in Lugo, Galicien) ist ein galicischer Schriftsteller, der zahlreiche Essays verfasste, sowie Lyrik und Prosatexte schrieb ...
Read more

Claudio Rodríguez Fer - Wikipedia, a enciclopedia libre

Claudio Rodríguez Fer, nado en Lugo o 6 de abril de 1956, é un escritor galego que cultiva a poesía, a narrativa, o teatro, o estudo, o ensaio e o ...
Read more

Claudio Rodríguez Fer - Wikipedia, la enciclopedia libre

Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 6 de abril de 1956) es un poeta, narrador y ensayista en lengua gallega e hispanista en lengua castellana.
Read more

Claudio Rodriguez Fer - Wikipedia, the free encyclopedia

Claudio Rodríguez Fer (Lugo, Galicia, 1956) is a Galician writer. He is the author of numerous literary works (poetry, narrative, theatre and essay) in ...
Read more

Claudio Rodríguez Fer — Wikipédia

Claudio Rodríguez Fer Biographie Naissance 1956 Lugo Nationalité Espagnol Activités Poète , dramaturge , essayiste , professeur des universités ...
Read more

Claudio Rodríguez Fer - A media voz

Biografía y amplia selección de poemas de Claudio Rodríguez Fer. Antología de la poesía hispanoamericana. Poesía sensual, perdurable y romántica.
Read more

Claudio Rodríguez Fer - Viquipèdia, l'enciclopèdia lliure

Claudio Rodríguez Fer (Lugo, Galícia, 1956). Escriptor gallec. És autor d'una quinzena d'obres poètiques i cinc de narrativa en llengua gallega, així ...
Read more

Claudio Rodríguez Fer – Wikipédia, a enciclopédia livre

Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) é um escritor galego. É autor de uma trintena de obras poéticas e de narrativa em língua galega, assim como de ...
Read more

Claudio – Wikipedia

Claudio ist ein männlicher Vorname, die italienische und spanische Form von Claudius. ... Claudio Rodríguez Fer (* 1956), spanischer Schriftsteller;
Read more

Claudio Rodríguez Fer - Wikipedia, entziklopedia askea.

Claudio Rodríguez Fer (Lugo, Galizia, 1956ko apirilaren 6a) idazle galiziarra da.
Read more