advertisement

Ciclo da auga

43 %
57 %
advertisement
Information about Ciclo da auga
Education

Published on March 12, 2014

Author: angelciencia

Source: slideshare.net

Description

O ciclo da auga.
advertisement

O CICLO HIDROLÓXICO visto por William Shakespeare: “Por iso, os aires, chamándonos en van coa súa música, absorberon, como en vinganza, as néboas contaxiosas do mar, as cales, caendo sobre os campos, encheron de tanta soberbia aos máis humildes ríos, que inundaron as súas ribeiras”. (De “Soño dunha noite de verán”).

O CICLO HIDROLÓXICO DENDE O NOSO PUNTO DE VISTA Maqueta do ciclo hidrolóxico realizada polos autores.

A auga da terra (hidrosfera) distribúese en tres reservas principais: os océanos, os continentes e a atmosfera, e pode presentarse en tres estados: sólido, líquido e gas. A circulación e conservación de auga na Terra recibe o nome de ciclo da auga ou CICLO HIDROLÓXICO

O ciclo comeza coa evaporación das augas superficiais (lagos, mares e océanos) cando son quentadas polo sol. O vapor de auga é transportado pola circulación atmosférica, arrefría e condénsase logo de percorrer distancias que poden superar os 1000 km. A auga condensada dá lugar á formación de néboas e nubes e, posteriormente, á precipitación.

A precipitación tamén inclúe a auga que pasa da atmosfera á superficie terrestre por condensación do vapor de auga (orballo) ou por conxelación do vapor (xeada) e por interceptación das gotas de auga das néboas (nubes que tocan o chan e o mar).

A auga que precipita na terra pode ter varios destinos. Unha parte é devolta directamente a atmosfera por evaporación; outra parte escorrega pola superficie do terreo, que se concentra en sucos e vai orixinar as liñas de auga. A auga restante penetra na terra por infiltración.

A auga filtrada pode volver a atmosfera por evaporación ou pola transpiración das plantas ou afondar, recargando os acuíferos subterráneos.

A enerxía solar é a fonte de enerxía térmica necesaria para o paso de auga dende as fases líquida e sólida á fase de vapor, e tamén é a orixe das circulacións atmosféricas que transportan o vapor de auga e moven as nubes. O outro motor do ciclo é a forza da gravidade.

O ciclo hidrolóxico é un axente modelador da codia terrestre debido á erosión, o transporte e deposición de sedimentos que produce. Regula o clima e condiciona a cobertura vexetal e, dunha forma máis xeral, a vida na Terra.

O ciclo hidrolóxico é un proceso continuo e irregular no espazo e no tempo que funciona como unha depuradora natural da auga. O home actúa introducindo cambios importantes no ciclo hidrolóxico como desecar zoas pantanosas, modificar o curso dos ríos, construír encoros ou mesmo talar bosques.

Cada vez que malgastas auga, botas lixo no chan ou na auga, deixas de reciclar os envases dos produtos que consumes ..., ti tamén estás a poñer en perigo o equilibrio do ciclo da auga que constitúe a base da nosa supervivencia.

Alumnas: Amanda Fariñas Pardo Lara Fernández Gómez Curso: 1º de BAC A I.E.S Ánxel Fole (Lugo) Fontes de informacion: www.google.es www.elpais.es www.wikipedia.com Música: www.youtube.es

Add a comment

Related presentations

Related pages

o ciclo da água - YouTube

desenho animado feito para o Codau, mostrando os caminhos da água até chegar na casa das pessoas, estações de tratamento de água e esgoto.
Read more

Ciclo Hidrológico - YouTube

Vídeo educativo da ANA que explica O Ciclo Hidrológico. Conheça outras animações da ANA pelos links abaixo: A Lei das Águas - http://youtu ...
Read more

Ciclo da água - Banco Internacional de Objetos Educacionais

O ciclo hidrológico é essencial para a renovação da água sobre a Terra. Para que ele não seja alterado, temos que conservar as florestas e mananciais.
Read more

Ciclo hidrológico – Wikipédia, a enciclopédia livre

O ciclo da água, conhecido cientificamente como o ciclo hidrológico, refere-se à troca contínua de água na hidrosfera, entre a atmosfera, a água do ...
Read more

Ciclo hidrológico - Wikipedia, la enciclopedia libre

Ciclo hidrológico . El agua existe en la Tierra en tres estados: sólido (hielo, nieve), líquido y gaseoso (vapor de agua). Océanos, ríos, nubes y ...
Read more

Ciclo Agua

Ciencias da Natureza 5º ano Ciclo da agua by tquelhas in Types > School Work e cn5
Read more

ciclo da água - Wiktionary

ciclo da água. Definition from Wiktionary, the free dictionary. Jump to: navigation, search. Portuguese Noun . ciclo da água m (plural ciclos da água) ...
Read more

O CICLO DA ÁGUA - Download, Play - 4shared - LUCIMAR MENDEL

O CICLO DA ÁGUA - download at 4shared. O CICLO DA ÁGUA is hosted at free file sharing service 4shared.
Read more