As linguas e o galego

53 %
47 %
Information about As linguas e o galego

Published on March 10, 2014

Author: noagaliza

Source: slideshare.net

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) As linguas no mundo

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) As vinte linguas maternas Mapa Linguas Europa

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) PERDER A LINGUA Abrín a boca e dixen aaaaaaa. E saquei a lingua. Vermella. Vina asomar por debaixo do nariz. Volvín metela na boca. Seguía aí. Uf. Eu só son unha nena e sei que aínda non comprendo moitas cousas. Umm, por exemplo, non comprendo por que temos dedos nos pés ou por que eu escribo coa man esquerda. Sei algunhas cousas. Gústame darlle voltas ás cousas. Sei por exemplo que as palabras se fan dentro da boca. Algunhas nacen máis adentro, aquí, na gorxa. E moitas na lingua. Se eu penso unha palabra, pas!, nese momento aparece na lingua e só teño que movela e a palabra sae voando cara a fóra, aínda que non se ven. Verse só se ven cando están escritas. Cando estaba aprendendo a ler un día pensei que gardaba na barriga todas as palabras do mundo. Despois descubrín que non, que as palabras son como os pensamentos, están e non están. É como cando dis... teño unha idea, e a idea aparece na cabeza nese momento, como as palabras que aparecen na lingua nada mais pensalas. É así. Resulta que hoxe non deixo de mirarme a lingua. Aaaaaaaaaaa. Porque estou preocupada. Porque no autobús escoiteille a unha señora dicíndolle a outra algo así como que “O problema máis grande, é que os nenos están perdendo a lengua”. Dixo iso: Os nenos están perdendo a lingua. Que eu estaba ao seu lado e escoiteina ben. E a outra señora dixo ahá, con cara de preocupada. Eu tiven que baixar do autobús na seguinte parada porque mamá me levaba da man e tiñamos que ir á carnizaría. E cando chegamos á carnizaría, cando collín o número na máquina, díxenlle a mamá: “Mamá, é certo que os nenos están perdendo a lingua?”. E ela miroume como se lle fixese unha pregunta rara e púxose seria como cando me está explicando o número nove, que para min é o número máis difícil, e díxome: “Si, hai moitos nenos e nenas que están perdendo a lingua. Sobre todo nas cidades.”

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) “Douscentos gramos de queixo, por favor.” Así que eu collín un pouco de medo porque, claro, eu vivo nunha cidade e aínda son unha nena. E abrín a boca e aaaaaa, mirei a ver se a lingua seguía alí. De volta no autobús, outra vez. Na radio, despois dunha canción de non sei quen, ponse perda da lingua estase estendendo por todo o país... E dixo "estendendo" como se fose unha enfermidade, como cando falan da gripe, ou como no verán cando os incendios se estenden polos montes e non poden apagalos. E eu díxenlle a mamá: E que se pode facer para non perder a lingua? E ela díxome Pois falar moito. Como de moito? Moito. Tes que falar seguido, dixo. Eu, cando non me vía volvín aaaaaaaa sacar a lingua para ver se a perdera. Uff. E por iso levo hoxe todo o día que non paro de darlle á lingua. “Ola, ola, bos días, ola boas tardes”, fun saudando a todo o mundo pola rúa. E á veciña do terceiro no ascensor conteille que mamá mercara douscentos gramos de queixo e douscentos de chourizo e trescentos de salchichón e tres bistés de porco e cando cheguei á casa púxenme a cantar a canción do camarón, ron, ron e así. E seguín cantando e falando para min e tanto falei que mamá na cea díxome: “Non se fala mentres se come”. De cando en vez saco a lingua aaaaaaaaa, e dígolle Ola, estás aí? Olaaaaaaa. Uf. Eu non comprendo como se pode perder unha lingua. De verdade que non o comprendo. Como pode perder alguén a súa lingua? Parece incríbel. Aínda que se toda a xente fala diso debe ser certo... Eu por se acaso espero non deixar de falar nin en soños. Ha! Nin en soños vou perder eu a miña lingua! Séchu Sende

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) Linguas minoritarias / minorizadas de Europa En Europa fálanse moitas máis linguas das que son consideradas oficiais. En total, calcúlase que no vello continente, fálanse máis de 80 linguas, pero no mundo máis de 4.000! A protección da que gozan as linguas de Europa é moi distinta e a situación de cada unha das linguas minoritarias, diversa. Isto supón que linguas consideradas minoritarias, coma o catalán, teñan máis falantes que algunhas linguas oficiais, coma o danés, ou que haxa comunidades cunha literatura e unha educación obrigatoria na lingua propia e outras das que só se conservan uns poucos falantes.

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) LINGUA MINORIZADA E LINGUA MINORITARIA. Definición, semellanzas e diferenzas Os lingüistas teñen catalogado arredor de 6000 linguas no mundo. Aínda que tendemos a crer que en cada Estado se fala só unha lingua, aínda que tendemos a identificar a lingua maioritaria dese Estado cos nomes políticos dos Estados (por exemplo Francia con francés, italiano con Italia, belga con Bé1xica, inglés con Inglaterra), isto non é certo, posto que xeralmente os Estados non son monolingües. Cinguíndonos a Europa, os únicos estados monolingües son Portugal, Mónaco, Liechstenstein, Islandia. Todos os outros posúen máis dunha lingua, unha maioritaria potenciada polo poder político que pretende unificar e varias minorizadas non potenciadas, mais que non son minoritarias, porque no lugar en que son propias son maioritarias: por exemplo, en Francia fálase bretón, occitano, euskera, catalán, neerlandés, alemán... Linguas hexemónicas son as que gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia. Cantas máis funcións matrices cumpra unha lingua, maior prestixio social acada. O inglés é a lingua hexemónica por excelencia, xa que é a que maior prestixio social posúe actualmente no mundo e tamén a que se emprega en moitos países de gran potencial económico, é a lingua das finanzas, das multinacionais... Linguas minorizadas son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións de uso. A competencia desigual con unha ou varias linguas alleas de maior prestixio constitúe o factor básico desencadeante. Algunhas linguas minorizadas europeas son: Alsaciano, Aragonés, Aranés, Asturiano, Bretón, Catalán, Corso, Frisón, Galego, Gaélico, Galés, Lapón, Luxemburgués , Maltés , Occitano, Romanche, Éuscaro Hai que ter en conta que non se deben confundir linguas minorizadas con linguas minoritarias. Estas últimas, independentemente da consideración social que teñan, son as que posúen un escaso número de falantes. Desde un punto de vista sociolingüístico convén non confundir lingua minorizada con lingua minoritaria: a primeira ten unha dimensión cualitativa e funcional (responde a pregunta ¿para que se usa?); a segunda, meramente cuantitativa (¿cantos a usan?). Por esta razón, podemos atopar

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) linguas minoritarias que están minorizadas, por teren restrinxidos os seus usos; pero tamén linguas minoritarias perfectamente normalizadas, no sentido de que son o instrumento habitual de interacción entre os seus falantes. Polo que se refire ás linguas con moitos falantes, serán máis comúns as situacións normalizadas, pero non é excepcional que algunha delas se encontre nalgún contexto en situación de minorización, xa que unha mesma lingua pode estar normalizada nun territorio e minorizada noutro Ao falarmos de linguas minorizadas deberemos ter en conta dous aspectos: a) A non existencia dun estado que as recoñeza como oficiais. Normalmente as linguas minorizadas son linguas sen estado; excepcións a esta norma en Europa son o maltés, o luxemburgués e o gaélico irlandés, linguas que, aínda sendo oficiais dos correspondentes estados (Malta, Luxemburgo e República de Irlanda, respectivamente), atópanse nunha situación de minorización. b) A non coincidencia de fronteiras políticas e fronteiras lingüísticas. As fronteiras políticas foron establecidas de maneira artificial (mediante tratados, a través de concesións, por herdanza...), mentres que as lingüísticas responden a criterios de formación naturais e históricos; por iso é raro que as fronteiras políticas e lingüísticas dun país coincidan. En xeral, a situación destas linguas é preocupante; algunhas, coma o córnico ou o manxés xa non posúen falantes; outras, coma o lapón, apenas chegan aos 30 000. Na meirande parte dos casos, os estados néganlles o seu estatus de lingua ou simplemente son ignoradas. Así e todo, a actitude dos diferentes estados é diversa e vai desde o recoñecemento —coma no caso español en que o galego, o catalán e o éuscaro están recoñecidos legalmente na Constitución e son linguas cooficiais nas respectivas Comunidades Autónomas, xunto co castelán— ata un certo obstruccionismo — como é o caso francés, onde a política centralista levada a cabo polo Estado provoca que as linguas non oficiais do seu territorio (coma son o alsaciano, o éuscaro, o bretón, o occitano ou o corso) se atopen nunha situación realmente difícil para poder subsistir—.

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) Dentro da Unión Europea as linguas minorizadas, coma o galego, son recoñecidas, aínda que só as linguas oficiais dos estados son linguas oficiais da Unión. Existen diferentes programas para estudar e protexer as linguas menos estendidas. No futuro é pouco probable que estas linguas xoguen un papel importante no conxunto da Unión, pero tampouco o van xogar as linguas da maioría dos estados membros, e nestes momentos as linguas efectivamente empregadas no traballo das institucións europeas (fóra dos actos protocolarios) redúcense a unhas poucas, cun predominio claro do inglés e, secundariamente, do francés. A maioría das linguas minorizadas en Europa están nunha situación social moi deteriorada: fálaas unha minoría e moitas delas están reducidas aos falantes máis vellos e menos integrados na cultura urbana (o bretón e o occitano, en Francia; o ladino dolomítico en Italia, etc.). Fronte a isto, os estudios feitos desde a Unión Europea poñen de relevo que o galego conta con moitas posibilidades de futuro. É a lingua maioritaria de Galicia, onde ten recoñecemento de lingua oficial e como tal emprégano as institucións; ademais está presente nos medios de comunicación (entre eles, nalgúns dos de maior audiencia, como é a TVG), no ensino e na vida normal das cidades. Tamén ten unha literatura prestixiosa que é traducida fóra das nosas fronteiras. Todos estes son indicadores da súa vitalidade. Segundo os criterios aplicados nos estudos sobre linguas minorizadas, o galego aínda non é unha lingua que vexa ameazada a súa supervivencia. Non obstante, como se viu, o declive no número de falantes, o descenso na transmisión dunha xeración á seguinte, bota sombras sobre o futuro. Hai indicios de que a situación podería cambiar, como a existencia de grupos de xuventude urbana que adoptan o galego. E tamén cabe ter en conta que a poboación acepta de bo grao e considera positiva a normalización do galego. Texto de: Fernando Torreiro González (Profesor do Instituto Cruceiro Baleares, A Coruña)

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) Linguas no Estado español En España a realidade lingüística é rica e plural. Ademais do castelán, a lingua oficial en todo o territorio, hai tres linguas máis cun status de cooficialidade nas comunidades autónomas nas que se falan. Son os casos do éuscaro, do catalán e do galego. A isto debemos engadir outras linguas que contan cunha protección legal menor, como son o asturiano, o aragonés e o aranés. Ademais, nas Illas Baleares falan catalán e en Valencia tamén, só que alí coñecen a súa lingua como “valenciano”. O portugués, lingua próxima ao galego, fálase en todo Portugal, pero tamén nalgúns núcleos fronteirizos de Estremadura e Castela. En Portugal tamén se fala o mirandés e o barranqueño.

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) Linguas cooficiais Localización territorial do galego O galego é unha das linguas cooficiais de España, con status oficial en todo o territorio que comprende a Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, a realidade das linguas normalmente transcende as fronteiras administrativas, polo que o galego se fala en áreas que quedan fóra do territorio da Comunidade autónoma de Galicia. Nas áreas máis occidentais das provincias de León e Zamora e en parte de Asturias hai núcleos de falantes habituais de galego, así como no Val do Ellas, en Estremadura.

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) Bloques dialectais do galego O galego ten unha norma oficial, que comprende unha gramática e un léxico unificado, como calquera outra lingua oficial. Pero como ocorre en moitas outras comunidades lingüísticas, dentro da fala, o que se chama galego coloquial, hai unhas diferenzas dialectais. As pequenas variacións dan lugar a que se divida o galego falado en tres grandes bloques: occidental, central e orientalAs fronteiras que dividen este bloques son as isoglosas. Os tres principais bloques dialectais son: (1) galego oriental, que inclúe os dialectos falados fóra da Galicia administrativa, dos que o máis importante hoxe é o galego de Asturias; (2) galego central, onde salientan a área norte ou mindoniense, e a área sur ou lucu-auriense; e (3) galego occidental, onde salientan a área fisterrá no norte e tudense e baixo limega no sur.

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) Os principais trazos dialectais: (1) fonéticos: - gheada (en lugar do fonema oclusivo velar sonoro /g/ existe un fonema fricativo ou aproximante, con realizacións xordas ou sonoras, en palabras como gato ou pagar), característica do galego occidental e boa parte do galego central; - seseo (presenza de /s/ nas mesmas posicións nas que en galego común hai un /θ/, en palabras comocen ou cazar), característico do galego occidental; (2) morfolóxicos: - nos substantivos, terminación -án (<latín -ANU & -ANA: irmán <latín GERMANU, GERMANA) nos dialectos occidentais, fronte á terminación -ao (<latín -ANU) e á (<latín -ANA) (irmao/irmá) dos dialectos dos bloques central e oriental; - na formación do plural dos nomes rematados en -n, terminación -óns (<latín -ONES) nos dialectos do bloque occidental, fronte á terminación -ós dos dialectos do bloque central e -ois nos do bloque oriental; - nos verbos, o sufixo de persoa -is para a segunda persoa do plural (andais) nos dialectos orientais, fronte ao sufixo -des do galego común (andades). Os dialectos orientais (especialmente o galego de Asturias) posúen outras moitas particularidades.

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014) Galego: lingua habitual? Dentro de Galicia, hai xente que fala galego, hai xente que fala castelán e hai quen fala as dúas linguas. As zonas onde se fala menos galego son as comarcas das cidades atlánticas de Vigo, A Coruña e Ferrol, onde o castelán é a lingua predominante. No resto das comarcas o galego é a lingua maioritaria. Seguindo a gradación de cores que temos no mapa, nos seguintes dous tramos sitúanse o resto de comarcas urbanas, a saber, Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense. As comarcas costeiras de Pontevedra quedan tamén incluídas no corte intermedio. Nas comarcas da Coruña oriental, as do sur de Lugo e todas as ourensás, o uso do galego é elevado. No resto, o uso do galego é case xeral.

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014)

Actividade introdutoria Lingua e Cultura Galegas Universidade de Sâo Paulo (curso 2014)

Add a comment

Related presentations

Related pages

O galego para... aprendelo - O Portal da Lingua Galega

O galego no exterior A difusión da lingua ... adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas no nivel B2. É o material empregado para ...
Read more

Lingua galega - Wikipedia, a enciclopedia libre

O galego está oficialmente recoñecido no ámbito da ... que sen as citar garante a oficialidade das "outras linguas españolas" se así o ...
Read more

O galego e as linguas raras e rexionais - YouTube

Creo que é moi divertido falar linguas que son "raras" ou que moitas persoas non queren aprender
Read more

O Galego Português - História da Língua Portuguesa

A separação entre o galego e o português se iniciará com a independência de Portugal (1185) ...
Read more

O galego, lingua propia de Galicia - A USC e o galego - USC

Novidades; Matrícula (Inicio de Grao) Arquivo Histórico Universitario; USC. Universidade de Verán 2016; Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC ...
Read more

as linguassuman by mesturas - issuu

o galego é a lingua propia de Galicia; ... En Galicia temos dúas linguas e o sistema educativo debe conseguir que se dominen as dúas. ...
Read more

O galego, entre o 2,4% das linguas máis faladas no mundo ...

O galego atópase entre o 2,4% das linguas máis faladas do mundo. Supera o millón de falantes, como só 389 do total estimado de 6.633 que se ...
Read more

Celga - O Portal da Lingua Galega

Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.
Read more

E se eu vos digo que o galego é a lingua do amor ...

Todas as linguas son útiles, fermosas, non hai linguas nin máis doces nin máis brutas, nin unhas máis modernas ca...
Read more