advertisement

A situacion actual do bretón no ensino superior e universitario

67 %
33 %
advertisement
Information about A situacion actual do bretón no ensino superior e universitario
Education

Published on November 24, 2008

Author: snl_udc

Source: slideshare.net

Description

Presentación correspondente á conferencia de Robert Neal Baxter nas V Xornadas de Lingua e Usos. Lingua e Docencia Universitaria.
A Coruña, novembro de 2008
advertisement

Robert Neal Baxter Universidade de Vigo A situación actual do bretón no ensino superior e universitario

1. A SITUACIÓN XERAL DA LINGUA

Perda de terreo O territorio do bretón non parou de se reducir desde o século IX e, sobre todo, desde o XIX Tamén foi minguando o número de falantes, pasando de ser a lingua maioritaria da Baixa Bretaña ao principio do século XX a representar menos de 9% da poboación total en 1999

Distribución por idades A renovación xeracional non compensa a perda anual de falantes, cifrada en 10,000 persoas por ano Hai un envellecemento acentuado da poboación britófona.

Nivel de alfabetización A maioría das/os falantes son funcionalmente analfabetos en bretón Ao non saberen ler e escribir en bretón resultan impermeábeis a seren educados/as nesta lingua

2. O BRETÓN NA EDUCACIÓN BÁSICA

Proporción territorial Consolidouse o ensino en bretón en todo o País, aínda que de xeito desigual

Evolución da matrícula O crecemento da demanda tamén non para de aumentar en todos os sistemas bilingües

Crecemento da demanda Nos últimos anos, no entanto, rexistrouse un desaceleración constante da taxa de crecemento da demanda

3. O BRETÓN NA EDUCACIÓN SUPERIOR

LICENCE : 1981. Roazhon Brezhoneg ha keltieg Brest Langue et culture régionales: spécialité breton et celtique CAPES : 1985 DEUG : 1989 (suprimido en 2005)

O nivel dos estudos non se reparte de xeito igual en todos os tipos de centro As dúas universidades públicas absorben a grande maioría da matrícula total Repartición da matrícula

Evolución da matrícula Todos os ciclos experimentaron unha baixada na matrícula ao longo dos últimos anos Aínda que fican consolidados os estudos de filoloxía bretoa, a matrícula global está á baixa

Outros estudos universitarios Optativa Roazhon2 Sant-Brieg (desde 2004) Brest An Oriant Diploma Brest: Yezhoù ha sevenadur Breizh Máster An Oriant: Ingénierie de la Formation

Estudos extinguidos Diploma Karaez-Plougêr (2000-2002) $Máster An Naoned (até 2002) Formación continua Daoulamm Roazhon (1972/1975)

Universidade privada Diploma Aradon Gwengamp (desde 2001) Métiers et Langue bretonne

No estranxeiro

A situación do bretón consolídase entre as outras “linguas rexionais”. Mais neste ámbito tamén a demanda non para de diminuír Formación do profesorado

4. CONCLUSIÓNS Tras unha perda de falantes importante e unha política agresiva, a situación mellorou moito nos últimos anos, cunha política voluntarista por parte da Région a favor da promoción da lingua. Esta política nútrese e alimenta a un tempo o actual clima favorábel cara ao bretón na sociedade en xeral. Esta melloría faise sentir no ámbito educativo, desde os niveis básicos que experimentaron e seguen a experimentar un crecemento importante, como tamén na creación e consolidación dos estudos universitarios. Mais a situación está lonxe de estar plenamente normalizada, e a perda de falantes procede a un ritmo moito maior do que a aumento de novos falantes, e o número de alumnas/os escolarizadas/os en bretón segue a ser moi minoritario no conxunto da poboación escolar, tendencia que se acentúa cada vez máis a medida que se vai achegando aos niveis superiores de educación. A pesar de a situación se ter estabilizado e consolidado, rexistra en todos os niveis educativos unha tendencia recente cara á desaceleración da taxa de crecemento, así como un estancamento nos niveis superiores.

A presenza do bretón como materia de estudo ao nivel universitario está máis desenvolvida nas dúas Universidade públicas de Roazhon e Brest, mais totalmente ausente da parte do País oficialmente fóra da Région administrativa. A universidade privada ofrece un formación superior, mais de máis baixo nivel, absorbendo unha pequena porcentaxe das/os estudantes. O número total de estudantes que estudan o bretón nas diferentes universidades é esperanzador, mais enganoso, ao ser de lonxe a modalidade de materia optativa a que máis se cursa, polo que o nivel medio de competencia lingüística acadado polas/os estudantes matriculadas/os nas diferentes modalidades de bertón ofertadas nas universidades é insuficiente como para as/os capacitar para seguiren aulas impartidas en bretón. Tamén é moi desigual, e en moitas ocasións deficiente, o nivel de competencia lingüística acadada polas/os alumnas/os provenientes das escolas secundarias bilingües, incapacitadas/os na súa maioría para se desenvolveren academicamente nesta lingua a nivel universitario, moitas veces nin sequera por pasiva. Outro atranco que empece a impartición de aulas en bretón áchase na falta de docentes capacitadas/os para ensinaren e inclusivo para corrixiren traballos redactados en bretón. Por todas estas razóns, o uso do bretón dentro da Universidade vese restrinxida á propia área de Filoloxía bretoa, sen que haxa indicios de que esta situación puider mudar nin a medio nin a longo prazo.

Add a comment

Related presentations

Related pages

A situación actual do bretón no ensino superior e ...

Información del artículo A situación actual do bretón no ensino superior e universitario
Read more

Formulario e. Universitario (1) - Documents

NO SE DEBE ENVIAR IMAGEN HACIENDO GESTOS EXTRAÃ ... Centro Universitario De Ciencias Exactas E ... A situacion actual do bretón no ensino superior e ...
Read more

Robert Neal Baxter - Wikipedia

Baxter, Robert Neal (2009: er gwask) "A situacion actual do bretón no ensino superior e universitario", "Actas das V Xornadas Lingua e Usos: ...
Read more

Lingua e docencia universitaria : V Xornadas sobre Lingua ...

O galego no ensino superior. ... A promoción do catalán no sistema universitario de ... A situación actual do bretón no ensino superior e universitario.
Read more

Situacion Actual Del Jaguar - Documents

Situacion actual de la pyme española en el mundo digital 1. ... A situacion actual do bretón no ensino superior e universitario
Read more

Artigos· Papers - Neal's Web - sites.google.com

Unha listaxe completa dos meus artigos e capítulos en libros, algúns dispoñíbeis na rede ou para seren descargados na sección "Artigos". A complete ...
Read more