A poesía galega durante a ditadura

56 %
44 %
Information about A poesía galega durante a ditadura

Published on March 9, 2014

Author: trafegandoronseis

Source: slideshare.net

A POESÍA GALEGA DURANTE A DITADURA XERACIÓN DO 1936 PROMOCION DE ENLACE XERACIÓN DO 50

GALICIA NO PRINCIPIO DO FRANQUISMO Uniformización política e lingüística a través da imposición, a censura e o terror. Ensino: principal ámbito de imposición da cultura española. Nacionalismo galego: fusilamentos; exilio; fuxidos; cárcere; silenciados. Economía: retroceso con respecto á tímida modernización iniciada na etapa anterior. Grandes fluxos migratorios (237.000 persoas nos 50) a América Latina e Europa.

1954 Os colectivos de emigrantes en América denuncian ante a UNESCO a marxinación e persecución do idioma galego.

POESÍA A PARTIR DE 1947 (LENTO PROCESO DE RECUPERACIÓN) Cómaros verdes (1947), de Aquilino Iglesia Alvariño. 1950. GALAXIA

TENDENCIAS DA POESÍA DE POSGUERRA INTIMISTA ANOS 50 SOCIALREALISTA ANOS 60 Ademais, hai outras tendencias menores: NEOTROBADORISMO HILOZOÍSMO

XERACIÓN DO 36 Non hai unha sucesión “normal” de xeracións poéticas. Tres xeracións simultáneas porque entre 1939 e 1947 a literatura galega é un ermo. PROMOCIÓN DE ENLACE XERACIÓN DOS 50

XERACIÓN DO 36 Nacen entre 1910 e 1920 A guerra civil marca a súa vida e obra. É a xeración que serve de ponte entre a literatura de preguerra e os autores máis novos.

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO (1909-1961) Publicou unha colección de sonetos de gran perfección formal titulada Señardá (1930) na que se observa a influencia do saudosismo, do simbolismo e do modernismo

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO  De día a día  Lanza de soledá.  Nenias  Paisaxe humanizada (Hilozoísmo)  Temas: soidade, paso do tempo e morte

CÓMAROS VERDES En Cómaros verdes (1947) abandona a rima e a paisaxe é o elemento temático máis importante, ás veces como pretexto para expresar a intimidade do poeta. Ademais contén poemas hilozoístas e neotrobadorescos, así como outros que amosan a influencia do surrealismo, de Lorca e da Xeración do 27. -Riqueza léxica -Paisaxe e vivir aldeán. - Abandono da rima. 

XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO  Nimbos “Penélope” (frustración histórica da sociedade galega). “Un paso adiante e outro atrás, Galicia”. A preocupación por Galicia vai parella á resolución dos problemas básicos do ser: morte, tempo e vida. Virxilianismo: lírica de estilo clasicista e de contido existencial e relixioso.

LUÍS PIMENTEL Autor da xeración do 22, formaba parte da xeración das vangardas, pero publica as súas obras na posguerra. Participou nas iniciativas máis renovadoras da década de 1920, como a revista poética «Ronsel» (1924) Busca a sinxeleza expresiva, pero tentando captar a beleza das pequenas cousas.

LUÍS PIMENTEL Obras publicadas na posguerra : Triscos, 1950 e Sombra de aire na herba, 1959) Lirismo intimista intenso e persoal (simbiose con Lugo, presenza de obxectos e instantes íntimos, descrición de interiores suntuosos) Poesía social: “Cunetas” Visión pesimista da vida.

ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981)  A súa obra poética iniciouse con Mar ao norte (1932), poemario de corte vangardista e temática marítima, próximo á poesía de Manuel Antonio. É un conxunto de breves poemas bastante abstractos e non sempre de doada interpretación.

ÁLVARO CUNQUEIRO  En Poemas do si e non (1933) continúa a liña vangardista, abordando agora a temática erótica. Tende á abstracción e amosa a influencia do surrealismo

ÁLVARO CUNQUEIRO  En Cantiga nova que se chama ribeira (1933) achamos o seu contributo á poesía neotrobadoresca, así como a influencia da poesía popular de Lorca e Alberti. Tamén se sitúa dentro do neotrobadorismo o seu primeiro libro de poemas da posguerra, titulado Dona de corpo delgado (1950), aínda que algúns poemas presaxian a súa evolución cara a unha poesía máis íntima e orixinal

ÁLVARO CUNQUEIRO O libro Herba aquí e acolá (1980) recolle a poesía das derradeiras décadas da súa vida. Algúns poemas inspíranse nos materiais que Cunqueiro recompilaba para escribir os seus relatos. A obra ten un marcado carácter culturalista e estrutúrase en dúas partes, tituladas “As historias” e “Vellas sombras e novos cantos”. Na primeira parte recrea personaxes históricos e literarios como Edipo e Ulises. Na segunda encontramos versos tristes e melancólicos, escritos cando xa presentía a morte.

CELSO EMILIO FERREIRO Nace en Celanova en 1913 e morre en Vigo en 1979. Desenvolveu unha grande actividade cultural e política. Durante a Guerra Civil estivo condenado a morte. É o máximo representante da poesía social de ideoloxía marxista. Os seus equivalentes na poesía en lingua castelá foron Gabriel Celaya e Blas de Otero. Porén, non todo é realismo social na súa obra, dado que tamén mostra a influencia da poesía paisaxística e intimista e mais do existencialismo.

Celso Emilio Ferreiro Liña social: denunciadora de males sociais como a falta de liberdade, fascismo, guerra… defensa do idioma.  A voz lírica é portavoz da sociedade.  Liña intimista: desacougo existencial, infancia, amor, paso do tempo.  Liña irónica: segue as cantigas de escarnio e maldicir, a lit. quevediana… 

LONGA NOITE DE PEDRA-1962 (poética do compromiso) O poeta convértese na voz do pobo para denunciar a situación de Galicia, a emigración, a guerra civil, o capitalismo internacional, o imperialismo norteamericano… Sinxeleza expresiva, onde importa máis a mensaxe que a forma. Renovación da linguaxe con rexistros da fala cotiá. Humor, ironía e sarcasmo

O SOÑO SULAGADO (1954)  Poesía introspectiva ( o sentido da vida, o tempus fugit, o paraíso perdido da infancia, o amor…)  Poesía social (guerra, emigración vista desde unha óptica positiva e negativa, rural/urbano…)

ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA- 1975 Poesía intimista coa que volve ás orixes (O soño sulagado)  Nostalxia ante o recordo da infancia e a terra.  Serenidade ante o paso do tempo e a cercanía da morte.  Amor a Moraima. “Moraima: diario de a bordo”. 

POESÍA SATÍRICA  Viaxe ao país dos ananos (1968). Ataque aos dirixentes da “Hermandad Gallega” de Caracas.  Cantigas de escarnio e maldicir.  Antipoemas (1972). Antipoesía: fuxir dos recursos e temas tradicionais.

PROMOCIÓN DE ENLACE  Nados entre 1920-1930.  Fórmanse culturalmente baixo a opresión da ditadura  Predomina neles unha poesía intimista.

ANTÓN TOVAR Arredores -1962 Poesía con moitas preocupacións relixiosas (procura dun deus que o poeta non consegue ver) A partir dos anos 60, poesía social.

LUZ POZO Poesía chea de luz, optimismo, amor e sensualidade (O paxaro na boca1952) Lirismo presidido pola sombra, o desamor, a angustia e a morte (Verbas derradeiras1976) Tamén cultivará a poesía social, pero en menor medida.

XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS, XERACIÓN DOS 50, ESCOLA DA TEBRA  Nados entre 1930 e 1940.  Non viviron directamente a guerra civil.  Recuperan o compromiso político na clandestinidade.  Participan nas denominadas “Festas Minervais” (1953-1964).  Poesía existencialista -ESCOLA DA TEBRA-. Conflito do individuo consigo mesmo e coa vida. Poesía de preocupación relixiosa.  Renovación da linguaxe poética (combina tradición e vangarda con influencias europeas e norteamericanas).

CUÑA NOVÁS Fabulario novo (1952) Exploración do EU fronte ao mundo problemático Encádrase dentro d’ A escola da Tebra, de carácter existencialista, que reflicte o pesimismo, a anguria e a desesperanza da posguerra.

MANUEL MARÍA Poesía intimista e desacougado( Muiñeira de brétemas- 1952)  Paisaxismo (Terra Cha1954)  Social (Documentos persoaes-1958)  Motivos recorrentes: defensa das clases populares, a lingua e o país, sensibilidade ecoloxista, protesto contra as inxustizas, imperialismo… 

UXÍO NOVONEYRA  Poesía dialogante coa paisaxe coureliana (metonimia de Galicia enteira), onde hai unha comuñón coa mesma.    Os eidos- 1955 Composicións breves Fonosimbolismo (“o lobo!, os ollos o lombo do lobo!”)  Disposición dos versos.

XOHANA TORRES  Do sulco -1959  Poemario intimista  Amor, morte e soidade  Ritmo e musicalidade  Outros títulos: Estacións ao mar- 1980

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS  O tempo no espello, 1980,recompila trinta anos de poesía. Sentimento de saudade pola patria, sentida desde Colombia.  Cantos caucanos -1985 (natureza exótica colombiana),  As torres no ar, 1989

BERNARDINO GRAÑA  Profecía do mar.  Poeta do mar  Mar e vida mariñeira.  Visión optimista da vida.  Tema do amor.

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN  Autor clave na evolución da literatura galega contemporánea.  Voce na néboa: literatura existencial  Pseudónimo de Heriberto Bens: poesía sociopolítica  Con pólvora e magnolias: culturalismo

Add a comment

Related presentations

Related pages

A cultura e a lingua galega baixo a Ditadura. Poesía ...

A cultura e a lingua galega baixo a Ditadura. Poesía galega de posguerra. Celso Emilio Ferreiro. Publicado o 29/05/2008 | 3 Comentarios.
Read more

Literatura galega do século XX - Wikipedia, a ...

Se anteriormente se mostrou como o teatro e poesía contaron con testemuños en lingua galega durante ... durante a ditadura ... poesía galega nesta ...
Read more

Literatura Galega Contemporánea: poesía

A poesía galega durante a guerra civil e inmediata posguerra. ... (coord.), Cinco impactos poéticos en ditadura. A Coruña: Universidade da Coruña, ...
Read more

Cultura na Ditadura | Ditadura

Durante a Ditadura, mesmo com a censura, a cultura brasileira não deixou de criar e se expalhar pelo país e a arte se tornou um instrumento de ...
Read more

descargas - lg4

Materiais de apoio para os curso de Lingua galega e literatura de 4º de ESO. lg4. Pesquisar este site. Páxina principal. ...
Read more

Literatura galega do exilio - Wikipedia, a enciclopedia libre

A Literatura galega do exilio é a produción literaria ... Esta poesía caracterízase por retomar ... chegado á Arxentina durante os primeiros ...
Read more

Ditadura Militar: Músicas e Poesias

... percebidas de imediato como uma afronta ao período militar. Estão abaixo letras de algumas músicas e poesias sobre a ditadura.
Read more

resúmenes maritech: resumen literatura galega 1ª ...

resumen literatura galega 1ª ... A NARRATIVA, O GALEGO NAS DÉCADAS DA DITADURA, ... desenvolveuse principalmente a prosa narrativa e a poesía, ...
Read more