A monarquia borbónica no Antigo Réxime

100 %
0 %
Information about A monarquia borbónica no Antigo Réxime
Education

Published on October 1, 2014

Author: teresanecega

Source: slideshare.net

Description

Presentación en galego, sobre o tema da Monarquía borbónica na España do A.R. para 2º deBach. realizada a partir dos contidos do libro de texto da editorial consorcio.

QUE IMOS VER: 1. O ANTIGO Réxime trazos fundamentais. 1. Sistema económico predominantemente agrario. 2. Réxime demográfico antigo. 3. Sociedade estamental. 4. Analfabetismo e relixiosidade. 5. Persistencia do Réxime señorial. 6. Monarquía absoluta e soberanía real. 2. Os borbóns e a Coroa de España no século XVIII. 1. Filipe V e o centralismo borbónico. 2. Fernando VI e o pacifismo. 3. Carlos III e o reformismo ilustrado. 4. Carlos IV e o impacto da Revolución francesa.

1. TRAZOS CARACTERÍSTICOS. 1. SISTEMA ECONÓMICO PREDOMINANTEMENTE AGRARIO.  As actividades agrícolas e gandeiras eran a base da economía, a principal fonte de riqueza e onde se ocupaba a meirande parte da poboación. A colleita. Pieter Brueghel. O Vello. 1520-1569.

 Carácter de subsistencia e pago de rendas.  Os excedentes pagaban as rendas, non iban a innovacións.  Técnicas e instrumentos rudimentarios.  Rendementos moi baixos, mínima subsistencia.  Innovacións escasas. (algunhas zonas introdúcese o millo (XVII) e as patacas, (Finais do XVIII) en Galicia, cornixa Cantábrica. Extensión do regadío, vide e moreira en Cataluña e Valencia.  Nivel de vida dos campesiños case de extrema pobreza sobre todo en Andalucía, Extremadura, Castela e Galicia. Os Segadores. Pieter Brueghel. O Vello. 1520-1569. View slide

 O Réxime de propiedade da terra seguía modelos medievais: Poucos campesiños propietarios: 21 % no censo do 1797, 30% arrendatarios e 48% xornaleiros.  A meirande parte das terras eran de nobres, eclesiásticos ou concellos. E non se podían vender. Os propietarios das terras arendaban con contratos de curta duración (Castela, Andalucía) ou de longa duración (sistema de foros en Galicia). View slide

 Escaso desenvolvemento das actividades artesanais e comerciais, dependencia clara do estranxeiro.  Producción artesanal a nivel de taller, normas gremiais con control de prezos, calidades, e volume de producción. Limitaban ou impedían a liberdade de empresa. Producción para o consumo local. Produtos básicos, e algúns de luxo (nobres e Corte).  Desenvolvemento tecnolóxico escaso, tamén as técnicas de producción. Algunhas familias realizaban unha pequena producción artesanal para completar os ingresos: tecidos de liño en Galicia.

 Cataluña, unha excepción. Ao longo do XVIII desenvolve unha industrialización moderna baseada na produción de indianas (tecidos de algodón).

Comercio interior escaso, polo subsconsumo, a autosuficiencia dos campesiños e as dificultades de comunicación. Aduanas interiores. O comercio exterior: moi vinculado ao intercambio coas colonias americanas. A incapacidade española para abastecer ás Indias obrigou a importar produtos estranxeiros que se pagaban con produtos traídos de América (ouro e prata)  Papel interventor do Estado polo fomento e creación de manufactura e control de prezos e mercados.

2. Réxime demográfico antigo Familia extensa Elevadas taxas de natalidade e mortalidade. Crecemento moderado da poboación. Baixa esperanza de vida Fames e epidemias. Anque diminúen as epidemias continúan as crises de subalimentación , ou as climáticas.

3. SOCIEDADE ESTAMENTAL.  A clasificación social ven dada por: función, nacemento ou a honra dos individuos.  Non hai igualdade ante a lei.  Sociedade dividida en tres grupos, estamentos, estados ou ordes:  Rei. Poder absoluto. Alta aristocracia. Nobres e eclesiásticos. Minoría. Posúen provilexios e prerrogativas legáis e políticas.  Os non privilexiados: o resto: pobres, xornaleiros, campesiños, artesáns. Pecheros, Terceiro Estado, estado llano.

 A limpeza de sangue: valor clave. Manifestación da intolerancia relixiosa da época.

Nobreza • Alta: posuía propiedades cobraban dereitos señoriais, vida fastosa. • Baixa: situación máis delicada, buscaban alianzas e matrimonios coa burguesía adiñeirada que quería ennobrecerse.

Clero • Alto: fillos menores das familias nobres, posuían os señoríos eclesiásticos. • Baixo: procedían da xente do común o seu estado era como o do resto da xente do común.

- Xente do común/3º estado: • Campesiñado: o grupo máis numeroso; a meirande parte sometido ao réxime señorial. Só un 10 % son propietarios.

4. ANALFABETISMO E RELIXIOSIDADE.  Moi poucos saben ler ou escribir, algúns grupos de maior riqueza económica.  Número reducido de escolas. Coñecementos básicos para os fillos da fidalguía, campesinos acomodados ou comerciantes.  Reducido acceso á Universidade: estudos eclesiásticos e xurídicos.  Maioría de relixión católica e fondamente relixiosos. A defensa do catolicismo levou a algúns monarcas á intolerancia relixiosa (persecución e castigo das desviacións, control de ideas e crenzas, vixiancia e illamento fronte ás novidades).  A Inquisición: persegue manifestación e doutrinas relixiosas heterodoxas e desviacións na conduta moral.

5. PERSISTENCIA DO RÉXIME SEÑORIAL.  Continúa no seu vigor.  Todas as terras lugares e persoas están sometidos á autoridade directa do Señor, o dono do Señorío.  Os señores podían ser:  O Rei: señorío de Reguengo. Os nobres: señorío secular. Os clérigos e mosteiros: Señorío eclesiástico.  No señorío o Señor: exercía a xustiza, nomeaba autoridades, impoñía penas e castigos, esixían taxas e corveas, tiñan numerosos privilexios e monopolios.

6. MONARQUÍA ABSOLUTA E SOBERANÍA.  Soberanía real: o poder supremo e a soberanía pertence ao Rei.  Podía exercer o seu poder sen ningunha limitación xa que o seu poder recibíao de Deus (xustificación divina). No XVIII, a pesar do absolutismo Borbón, subsiste na Coroa de España un alto grao de diversidade xurídica e administrativa: mantivéronse os privilexios particulares de certos territorios (fueros vascos e navarros) e privilexios personais ( nobres e eclesiásticos).

http://barrocoemilioprados.blogspot.com.es/2011/04/monarquia-absoluta-y-monarquia.html

2. OS BORBÓNS E A COROA DE ESPAÑA NO SÉCULO XVIII  Dinastía de orixe francesa.  Filipe V: primeiro monarca. Reina entre 1701- 1746. No 1724 cede o trono ao seu fillo Luis I pero este morre e Filipe volver a reinar.  Fernando VI. 1746 – 1759.  Carlos III. 1759 – 1788.  Carlos IV. 1788 – 1808.

1700: Carlos II (Habsburgo) morre sen descendencia = deixa herdeiro da Coroa Española a Filipe de Borbón, neto de Luis XIV de Francia, emparentado cos Habsburgos por líña materna. Carlos II 2.1. Filipe V e o centralismo borbónico. Filipe V

Imaxe obtida de http://socialesmoriles.blogspot.com.es/2011/02/tema-10-el-fin-de-los-austrias-tratado.html

 Guerra de sucesión e cambio dinástico. O sistema de Utrech.  Filipe V é aceptado polas Cortes de Castela, Aragón, Cataluña, Sicilia, Nápoles e Milán. Xura respectar privilexios forais.  Os Habsburgo austríacos non aceptan o paso da Coroa aos Borbóns, teñen o seu propio candidato: Carlos de Austria, archiduque.  A posibilidade de unir as coroas de Francia e España atemorizou aos reinos europeos. 1701: formase unha alianza antiborbónica: Austria, Inlgaterra e Holanda, e logo Prusia, Portugal, Savoia = Guerra de Sucesión de España. 1701- 1715. Foi conflicto internacional e interno.  Para uns era evitar a acumulación de reinos en mans dos borbóns, para outros era conseguir a división das posesións españolas e obter vantaxes comerciais.

O enfrontamento esténdese por Europa ata que a morte do emperador Leopoldo convirte ao archiduque Carlos no herdeiro do Imperio = xa non interesa Carlos como alternativa a Filipe, pois a suma do Imperio + a Coroa Española era tan temido como a unión Francia + España.

 Tratados de Utrech. 1713. e Rastadt, 1714. Asínase a paz.  Filipe V é recoñecido como rei de España. Fai renuncia expresa aos dereitos da Coroa de Francia.  Gran Bretaña obtén Xibraltar e Menorca, un navío de permiso para comerciar coa américa hispana e o asento de negros ( a exclusiva no abastecemento ás colonias españolas de man de obra esclava).  Carlos de Habsburgo, emperador de Austria, quedase cos países Baixos españois, Nápoles, Milán e Sardeña. Holanda obten varias prazas para defensa e seguridade na fronteira cos PPBB españois.  O duque de Savoia recibía Sicilia e o título de Rei do Piemonte e Sicilia.  Portugal obtiña a colonia de Sacramento (actual Uruguai) moi importanto para o contrabando de portugueses e británicos na América Española.  Desde este momento a política exterior de España foi recuperar os dominios perdidos co apoio dos borbóns franceses. Imponse en España o modelo absolutista francés.

Imaxe obtida de http://socialesmoriles.blogspot.com.es/2011/02/tema-10-el-fin-de-los-austrias-tratado.html

Tratado de Utrecht. Cesión de Gibraltar a Inglaterra Articulo X. 13 de Julio de 1713: "El Rey Católico, por sí y por sus herederos y sucesores, cede por este Tratado a la Corona de la Gran Bretaña la plena y entera propiedad de la ciudad y castillos de Gibraltar, juntamente con su puerto, defensas y fortalezas que le pertenecen, dando la dicha propiedad absolutamente para que la tenga y goce con entero derecho y para siempre, sin excepción ni impedimento alguno. Pero, para evitar cualquiera abusos y fraudes en la introducción de las mercaderías, quiere el Rey Católico, y supone que así se ha de entender, que la dicha propiedad se ceda a la Gran Bretaña sin jurisdicción alguna territorial y sin comunicación alguna abierta con el país circunvecino por parte de tierra. Y como la comunicación por mar con la costa de España no puede estar abierta y segura en todos los tiempos, y de aquí puede resultar que los soldados de la guarnición de Gibraltar y los vecinos de aquella ciudad se ven reducidos a grandes angustias, siendo la mente del Rey Católico sólo impedir, como queda dicho más arriba, la introducción fraudulenta de mercaderías por la vía de tierra, se ha acordado que en estos casos se pueda comprar a dinero de contado en tierra de España circunvecina la provisión y demás cosas necesarias para el uso de las tropas del presidio, de los vecinos y de las naves surtas en el puerto.

 Reforma da monarquía e centralismo político. Reformas baseadas no modelo político francés, centralización do poder e unificación lexislativa e das institucións.  O Auto Acordado: Filipe V promulga o Auto Acordado, ou lei Sálica que impide o acceso das mulleres ao trono español, seguindo o modelo francés e en contra da tradición dos reinos hispánicos. FELIPE V, AUTO ACORDADO DE 1713 (LEY SÁLICA) LEY V. D. Felipe V. en Madrid a 10 de mayo de 1713. Nuevo reglamento sobre la sucesión en estos Reynos. […] Mando, que de aquí adelante la sucesión de estos Reynos y todos sus agregados […] vaya y se regule en la forma siguiente. Que por fin de mis días suceda en esta Corona el Príncipe de Asturias, Luis mi muy amado hijo, y por su muerte su hijo mayor varón legítimo, y sus hijos y descendientes varones legítimos y por línea recta legítima, nacidos todos en constante legítimo matrimonio, por el orden de primogenitura y derecho de representación conforme á la ley de Toro. A falta del hijo mayor del Príncipe, y de todos sus descendientes varones de varones que han de suceder por la orden expresada, suceda el hijo segundo varón legítimo del Príncipe, y sus descendientes varones de varones legítimos y por línea recta legítima […]. Y á falta de todos los descendientes varones de varones del hijo segundo del Príncipe suceda el hijo tercero y quarto, y los demás que tuviere legítimos; y sus hijos y descendientes varones de varones, asimismo legítimos y por línea recta legítima […], hasta extinguirse y acabarse las líneas varoniles de cada uno de ellos […].

 Organización administrativa:  Reduce o número de consellos, aumenta as funcións do Consello de Estado e do de Castela.  Potenciou as Secretarías de Despacho (antecedentes dos ministerios): estado, facenda, Guerra, Mariña, Xustiza, Indias.  Incrementou o número e poder dos capitáns xenerais, únicos representantes do poder real. Elimina aos vicerreis, agás en Navarra.  Crea os intendentes, encargados nas provincias, de manter os exércitos e do ofmento económico do seu territorio.  Inicia a transformación dos antigos reinos medievais en novas provincias e capitanías.  Diminúe o papel das Cortes, só se reuniron para xurar aos herdeiros da Coroa.  Abolición dos privilexios forais dos reinos da Coroa de Aragón. Estes reinos tomaran partido por Carlos de Austria = foron considerados rebeldes. Perderon a súa autonomía política e institucional.  Filipe V abolíu os privilexios e impuxo as leis de Castela.  Foron suprimidas as súas institucións particulares. Sustituídas por unhas baseadas en modelos casteláns.

 Decretos de Nova Planta: • Os reinos son transformados en provincias gobernadas por un capitán xeneral no nome do rei. • Suprimidas as aduanas interiores. • Tribunais xudiciais modificados coa creación de audiencias. • O castelán sustitúe ao catalán como lingua na administración. • Subsisten algúns particularismos políticos e xurisdiccionais: Navarra e as provincias vascas manteñen os seus privilexios forais e os seus réximes especiais.

 Do revisionismo de Utrech aos pactos de Familia.  Felipe V tentou revisar as condicións do Tratado de Utrech: non recoñeceu nin a renuncia ao trono de Francia nin a perda dos territorios italianos.  Moita importancia a súa segunda esposa Sabela de Farnesio.  Os sucesivos gobernos: Alberoni, Ripperdá e Patiño, procuraron recuperar os territorios italianas pola via diplomática. Sen éxito.  Os Pactos de Familia: buscan a Alianza con Francia sen renunciar aos seus intereses en Italia, para contrarrestar a Austria e Inglaterra: dous pactos, 1734 e 1743. Filipe V morre sen poder modificar os Tratados de Utrech e Rastadt. Colocou aos seus fillos como principes italianos independentes.

Julio Alberoni, España Firenzuola d´Arda (Ita) 1664 - Piacenza (Ita) 1752 Primer ministro - 5-12/1719 Johan Willen, barón de Ripperdá. Holanda Oldehove, Groninga 1680 - Tetuán 1737 José Patiño Milán 1670 - San Ildefonso 1736 Secretario de Estado 1734 - 1736

2. Fernando VI e o pacifismo. 1746–1759  Reinado caracterizado pola busca da paz. Neutralidade coas potencias europeas. • A partir de 1748, sinatura da paz, os seus gobernos dirixidos Xosé de Carvajal e Ricardo Wall, buscaran a neutralidade para manter o equilibrio entre potencias. Fernando VI. 1713-1759. Pellegrini.

Ricardo Wall y Devereux, (1694-1777) Xosé de Carvajal y Lancaster.(1698-1754)

o Desenvolvemento económico interior. • Os seus gobernos fomentarán o crecemento económico e o poder da monarquía. • Tarefa do Marqués da Ensenada: incrementa e racionaliza os ingresos fiscais, fomenta a gricultura, o comercio e a industria, mellorou a Armada (Ferrol e Cartaxena). • Xeneralízanse en España o sistema de intendencias, capitanías xenerais e provincias. Rómpese definitivamente coa organización medieval. Agás en Navarra. o Regalismo: intento de limitar o poder da Igrexa, controlando a súa riqueza, os nomeamentos eclesiásticos e o número de efectivos. En consonancia co abolutismo borbón. Concordato no 1753: O papa concédelle á Coroa o dereito de Padroado.

Zenon de Somodevilla, marqués de la Ensenada. 1702 – 1781. J. Mª Galván.

3. Carlos III e o reformismo Ilustrado. Carlos III era rei de Nápoles cando asume a Coroa española no 1759. Tiña ampla experiencia de goberno. Trazos da personalidade de Carlos III. Era o rei Carlos (…) ben feito, moi robusto, seco curtido, nariz longo e aquilino (…) que ofrecía a primeira vista un rostro moi feo, pero pasada esta impresión sucedía á primeira sorpresa outra maior, que era atopar na mesma faciana que quixo asustarnos unha bondade, un atractivo, e unha graza que inspiraba amor e confianza. Era de seu de xenio alegre e gracioso(…).Cando tíña que vestirse de gala poñíase de moi mala gana, e sobre a chupa de campo colocaba un rico vestido con botóns de diamantes (…) e, deste modo, presentábase á Corte (…) e logo pasaran as dúas ou tres horas de cerimonia, entrando na súa cámara, quitábase a casaca e botando un gran suspiro dicía: “Grazas a Deus!”(…) Pero era sumamente limpo no seu interior e exterior e non toleraba unha mancha nin que, ao sacarlle a camisa, rompesen os encaixes, que sempre usaba.(…) Conde de FERNÁN NÚÑEZ. Vida de Carlos III. Segunda metado do XVIII. [castelán]

 Despotismo ilustrado e Regalismo.  ao longo do XVIII exténdense por Europa teorías que defenden o reforzamento do poder absoluto dos reis.  Este poder será entendido como un medio para aumentar a riqueza do reino e lograr a riqueza e benestar dos seus súbditos.  O Rei = un déspota. Máis un Déspota Ilustrado.  O lema: “Todo para o pobo pero sen o pobo”.  Carlos III, é un prototipo destes monarcas. Impulsou numerosas reformas económicas, administrativas e culturais, apoiado nas ideas ilustradas e nos seus partidarios. Firme partidario do regalismo. Doc. 3. Carlos III, déspota ilustrado. Parece que este precepto da filosofía resoaba no corazón de Carlos III (…) traído pola Providencia para ocupar o trono dos seus pais. (…) A enumeración daquelas providencias e establecementos con que este benéfico soberano gañou o noso amor e gratitude foi xa obxecto doutros máis elocuentes discursos. A elección de novas colonias agrícolas, o repartimento de terras comunais, a redución dos privilexios da gandería, a abolición da taxa e a libre circulación dos grans, co que mellorou a agricultura (…). Gaspar Baltasar Melchor de JOVELLANOS. Eloxio a Carlos III. 1788. [Castelán] Doc. . A política regalista. O matrimonio (…) primeiro é civil ca relixioso e antes un convenio e obrigación de homes que non un ministerio e un sacramento (…). A utilidade social, o ben do Estado, o aumento e a prosperidade das súas familias, é o principio que debe gobernar neste punto; e como este sexa todo temporal, e en nada espiritual nin divino, nin na orixe, nin nas causas, nin nas persoas, nin no contrato, nin nos seus froitos e efectos, o matrimonio é e debe terse, para decretar e establecer sobre el, como unha cousa simplemente terreal e civil, deixando o sbrenatural e relixioso para os altísimos fins que Xesuscristo tivo presentes cando, elevándoo a sacramento da súa lei, se dignou a chamalo grande e o enriqueceu coa súa graza. J.A. MELÉNDEZ VALDÉS. Discursos forenses. 1821. (castelán)

 Problemas exteriores.  Problemas con Inglaterra e Portugal. Agresión ao comercio colonial, e nas fronteiras en América.  A política de Carlos III atopa apoio en Francia e enfrontamento con Inglaterra e Portugal:  Guerra dos sete anos, 1756. En Europa e nas colonias. Francia e Austria vs Inglaterra e Prusia.  Terceiro pacto de Familia con Francia, 1761. 1762, declaración de guerra Inglaterra a España. Portugal a favor dos ingleses.  Paz de París, 1763, Inglaterra quédase con case todo o Imperio colonial Francés. Obtén de España privilexios comerciais en América e a Florida. Francia cedía a España a Luisiana como compensación. 1776, sublevación das colonias inglesas de América do Norte. Guerra da independencia. Os Borbóns franceses e españoles axudan ás colonias. En 1783, asínase a paz no Tratado de Versalles, recoñécese a independencia da nova nación, EEUU de América, e España recuperaba Menorca e Florida.

 O apoxeo do reformismo ilustrado. Doc. 5. O impulso reformista. Cómpre comezar (…) por aumentar a poboación; logo establecer fábricas, facilitar o comercio interior e exterior e facer, en fin, que renaza por todas partes a industria (…). Pero non se farán grandes progresos na práctica se non están sostidas por un goberno iluminado, dotado dun supremo poder que triunfe sobre todos os obstáculos que se opoñan á súa execución. CONDE DE PEÑAFLORIDA. Ensaio da Sociedade Vascongada de Amigos do País. 1768. [castelán]  Gobernos de Wall, conde de Aranda, conde de Floridablanca: numerosos proxectos e reformas económicas e político administrativas para incrementar a riqueza e o benestar do pobo así como o poder da monarquía. As reformas non alteraban o sistema vixente: monarquía absoluta e sociedade estamental.

Resultados irregulares. Destacan:  Fortalecemento do Estado e do poder do rei.  Mellora da agricultura e do réxime de propiedade.  Fomento da producción artesanal e industrial.  Potenciación da industria popular.  A defensa do valor do traballo artesanal. Doc. 5b. Declaración sobre a honestidade dos oficios. Declaro que non só o oficio de curtidos, senón tamén as demáis artes e oficios de ferreiro, xastre, zapateiro, carpinteiro e outros dese tipo son honestos e honrados; que o uso deles non envilece a familia nin a persoa que o exerce, nin a inhabilita para obter os empregos municipais (…). Carlos III. Real Cédula. 18-3-1783. [castelán]

 O apoio ao desevolvemento do comercio. • Favorecer a liberdade de circulación dos produtos, suprimindo as taxas dos grans, mellorando a rede viaria, acondicionando portos. • Potenciar o comercio colonial: elimínase o monopolio exercido ata entón por Sevilla-Cádiz. Créase o Servicio de Correos Marítimo da Coruña, autorízase aos diferentes portos a comerciar entre sí. • Fomento da creación de compañías comerciais, con autorización para unha zona ou un produto concreto.  A Renovación da Educación: Fomento dunha educación útil e práctica baseada no coñecemento das novidades técnicas e científicas existentes. Creación de escolas populares. Intentos de reforma dos estudos universitarios, fundación de novas institucións culturais e científicas.

Doc. O pensamento ilustrado. Por isto o obxecto xeral da instrucción no home actual é a perfección das súas facultades físicas e intelectuais, como medios necesarios para aumentar a súa felicidade (…); pero a instrucción do cidadán aperta ademais o coñecemento dos medios de concorrer particularmente á prosperidade do Estado ao que pertencen e de ocmbinar a súa felicidade coa dus seus comembros. (…) Así que o home que (…) xace nunha preguiceira e estúpida ignorancia; o que podendo consagrar os seus talentos ao estudo de verdades útiles á causa pública, os emprega en especulacións inútiles e vas, (…) fáltalle de maneira enorme e groseira a unha das mías sagradas obrigas do cidadán. G.B.M. DE JOVELLANOS. Memoria sobre la educaicón pública. 1802. (castelán). Eu imaxino os nobres, que o son por nacemento, como uns simulacros que representan aqueles ascendentes seus (…), puramente imaxes que me traen á memoria a virtude dos seus maiores; deste xeito, o meu respecto todo se vai en endereitura a aqueles orixinais, sen que aos simulacros por si mesmos lles toque parte ningunha. Ao contrario, venero (…) a aquel que serve inútilmente á república, sexa ilustre ou humilde de nacemento (…). B. FEIJOO. Teatro crítico universal. 1724-1740. (Castelán).

 Dificultades das reformas. Atopáronse con moitos obstáculos debido a: - Ignorancia e miseria das masas populares. - Oposición da nobreza e clero que estaban satisfeitos coa sociedade. Doc. 6. A impotencia das reformas. Os nosos tribunais escasamente serven para o que foron creados (…); a agricultura clama por unha lei agraria (…); a liberdade civil xeme nunha mísera escravitude e os cidadáns non teñen ningunha representación (…). O erario está empeñado, e se non se lle alixeiran as cargas, cada día estarao máis; a suprema autoridade está repartida nunha multitude de consellos, xuntas e tribunais, que todos obran sen noticias uns de outros (…). Eu comparo a nosa monarquía no estado presente a unha casa vella sostida a forza de remendos, que os mesmos materiais con que se pretende compoñer un lado, derriban o outro, e só se pode enmendar botándoa a terra e reedificándoa de novo (…). León de ARROYAL. Cartas politicoeconómicas ao Conde de Lerena. 1786. [castelán]

 Motín de Esquilache. Ministro de orixe italiano que impulsou varias reformas. 1766 un decreto prohibe usar sombreiro de aba ancha e capa longa, isto provocou un tumulto pouplar en Madrid. Na orixe do tumulto está o descontento popular pola liberación do prezo do trigo para incrementar a competencia e a producción. A medida coincidíu cunhas malas colleitas o que aumentou a especulación e os prezos. Isto unido ao pouco aprezo que había polos ministros estranxeiros e as novas normas de Esquilache provocaron o motín. Esquilache. (Leopoldo de Gregorio; Mesina, Italia, 1700-Venecia, 1785)

Doc. 19. Carlos III ordena o recorte de capas e sombreiros. Prohibición de usar capa longa, sombreiro chambergo ou redondo, monteira calada e embozo na Crote e Sititos Reais. Non sendo suficiente para desterrar da Corte o mal parecido e perxudicial disfrace, o abuso do embozo con capa longa, sombreiro chambergo ou gacho, monteira calada, gorro ou rede, as Reais Ordes e bandos pblicados nos anos 1716,19, 23, 29, 37, 40 prohibindo eses embozos, e especialmente a Real Orde (…) que foi renovada no ano 1745, mando que ningunha persoa, de calquera calidade e estado que sexa, poida usar en ningunha paraxe, sitio nin arrabalde desta Crote e Sitios Reais, nin nos seus paseos ou campos fóra da súa cerca, o citado traxe de capa longa e sombreiro redondo para o embozo (…) e que se use capa curta (que lle falte polo menos unha cuarta para chegar ao chan), e perruca ou pelo propio e sombreiro de tres picos, de forma que de ningún modo vaian embozados nin oculten o rostro. CARLOS III. Bando. 10-3-1766. [castelán]

 Expulsión dos Xesuítas. A Compañía de Xesús, foi acusada de ser os principais instigadores dos motíns e no 1767 decretouse a súa expulsión de España e as colonias. Os Xesuítas opoñíanse ao regalismo e ás ideas absolutistas do rei. Modéranse as reformas por medo ás masas.

Doc. 20. Expulsión dos xesuítas. Don Carlos, pola graza de Deus rei de Castela, etc (…). Estimulado polas obrigas en que me atopo, relativas ás necesidades de manter en subordinación, tranquilidade e xustiza os meus pobos, xunto con outras urxentes, xustas e necesarias que me reservo no meu real ánimo, usando da suprema autoridade que o Todopoderoso depositou nas miñas mans para a proteción dos meus vasalos e respecto á miña Coroa: mando que saian de todos os meus dominios de España, Indias e Illas Filipinas os Regulares da Compañía, tanto sacerdotes como coadxutores e legos e os novicios que desexen seguilos; e que se ocupen todas as temporalidades da Compañía nos meus dominios. E para que se execute de modo uniforme en todos eles, din plenos poderes (…) ao Conde de Aranda, presidente do meu Consello, con facultade para proceder desde agora a tomar as providencias correspondentes (…). Prohibo que nunca máis poida volver a admitirse nos meus Reinos a ningún individuo da Compañía (…). Tampouco poderán ensinar, predicar nin confesar nestes Reinos (…). Todo o que tivese correspondencia cos xesuítas (…) será castigado en proporción á súa culpa. CARLOS III. Pragmática Sanción. 2-4-1767. [castelán]

 A vixilancia da Inquisición e o proceso de Olavide. A Inquisición (sometida á autoridade do rei) mantivo vixilancia sobre as ideas ilustradas polo que foi un freo ás ideas avanzadas. Non logrou impedir que as ideas chegaran, incluso as máis radicais. O proceso máis destacado dun ilustrado coa Inquisición foi o de Pablo Olavide, intendente de Andalucía. Este creou novas colonias en Serra morena, criticando o sistema de propiedade da terra. Denunciado pola nobreza e Igrexa, foi condenado.

 Lentitude das reformas e radicalización ideolóxica. Os poderosos puxeron atrancos ás reformas, de xeito que as novas ideas eran minoritarias. Os progresistas foron defendendo un novo concepto de poder, do goberno e da sociedade. Foi xurdindo entre os opositores, un pensamento conservador e reaccionario contrario a todo tipo de cambio e innovación.

4. Carlos IV e o impacto da Revolución francesa. Carlos IV comeza o seu reinado no 1788. Confía as cuestións de goberna á súa muller, Mª Luisa de Parma, o que foi obxecto de burlas na Corte. No seu reinado prodúcese a crise da monarquía tradicional. Doc. 7. O novo rei de España. Non se esperan grandes cousas do Príncipe de Asturias [Carlos]. É torpe, brusco, obstinado e carece de coñecementos que pola súa idade, xa nunca alcanzará. As súas paixóns son a caza, a comida e a muller. Pero o temor ao seu pai e ao confesor fano hipócrita ante a última. D.W. MOLDENHAWER. Viaxe por España. 1786. [Francés]

 O temor á expansión da revolución. Desde 1789, as noticias que proceden de Francia, causan un gran temor ao contaxio. O goberno de Carlos IV dirixido por Floridablanca, realizará un severo control da propaganda revolucionaria, sobre todo a través da Inquisición. Non se logrará frear a entrada das ideas revolucionarias: - Para ilustrados e reformistas: Francia é o modelo a imitar. - Para clero e nobreza, as novas ideas atentaban contra os valores tradicionais.

Doc. 9. Defensa da revolución. Chegou o tempo de ofrecer a verdade aos pobos (…). Esta revolución sublime que proclamou solemnemente os dereitos eternos da humanidade, que derrubou do seu trono de ouro a superstición e a tiranía para colocar sobre el a igualdade e a razón, non limitará as súas benéficas influencias ao estreito recinto da nación francesa (…). Igualdade, humanidade, fraternidade, tolerancia. Españois, ente é en catro palabras o sistema dos filósofos que algúns perversos vos fan mirar como uns monstros (…). Un só medio vos queda, españois, para destruir o despotismo (…); este é a convocatoria das vosas Cortes. Non perdades un momento; sexa Cortes, Cortes!, o clamor universal (…). Os Franceses fixeron a súa Constitución co fin de ser felices, e co de facer felices aos demais homes(…). Por conseguinte, non queren conquistar a ninguén, o que queren é destruir aos tiranos (…). Paz e guerra levarán consigo os franceses; paz aos homes e guerra aos tiranos reis. Xosé Marchena. Á nación española. 1972 [castelán] Doc. 8. Reacción ante a Revolución. Deus, a súa Igrexas, a súa fe, a súa relixión, as súas leis, os seus ministros, os seus templos, e todo o máis sagrado; o dereito de xentes, o respecto debido aos soberanos, e aínda o dereito sempre inviolable da humanidade, encóntranse inxustamente violados, impiamente desatendidos, e sacrílegamente atropelados neste desgraciado reino por unha multitude de homes cun proceder que lles acredita como fillos de Lucifer. Frei Diego Xosé de CÁDIZ. O soldado católico na guerra de relixión. 1794. [castelán] Doc. 10. Os reis ante a Revolución. O rei Carlos IV e Mª Luisa recibían cada día (…) unha impresión, un choque moral con cada noticia nova do que ocorría en Francia; era a época das angustias, das desgrazas do rei Luis XVI, de María Antonieta, e da súa infortunada familia (…) a veciñanaza dos reinos facía temer a cada instante que o incendio se comunicase dun a outro (…). As alteracións de Francia eran cada día máis graves; o perigo de contaxio, cada vez máis ameazador (…). O trono de Luis XVI acababa de afundirse; a República substituírao e non se falaba senón de revolucionar aos estados veciños de levar a cabo a propaganda e a guerra (…). Manuel GODOY. Memorias. 1836. [castelán]

Pedro Rodríguez de Campomanes José Moñino y Redondo, conde de Floridablanca

Doc. 8 Reacción ante a Revolución. Deus, a súa Igrexas, a súa fe, a súa relixión, as súas leis, os seus ministros, os seus templos, e todo o máis sagrado; o dereito de xentes, o respecto debido aos soberanos, e aínda o dereito sempre inviolable da humanidade, encóntranse inxustamente violados, impiamente desatendidos, e sacrílegamente atropelados neste desgraciado reino por unha multitude de homes cun proceder que lles acredita como fillos de Lucifer. Frei Diego Xosé de CÁDIZ. O soldado católico na guerra de relixión. 1794. [castelán] Doc. 9. Defensa da revolución. Chegou o tempo de ofrecer a verdade aos pobos (…). Esta revolución sublime que proclamou solemnemente os dereitos eternos da humanidade, que derrubou do seu trono de ouro a superstición e a tiranía para colocar sobre el a igualdade e a razón, non limitará as súas benéficas influencias ao estreito recinto da nación francesa (…). Igualdade, humanidade, fraternidade, tolerancia. Españois, ente é en catro palabras o sistema dos filósofos que algúns perversos vos fan mirar como uns monstros (…). Un só medio vos queda, españois, para destruir o despotismo (…); este é a convocatoria das vosas Cortes. Non perdades un momento; sexa Cortes, Cortes!, o clamor universal (…). Os Franceses fixeron a súa Constitución co fin de ser felices, e co de facer felices aos demais homes(…). Por conseguinte, non queren conquistar a ninguén, o que queren é destruir aos tiranos (…). Paz e guerra levarán consigo os franceses; paz aos homes e guerra aos tiranos reis. Xosé Marchena. Á nación española. 1972 [castelán]

A influencia francesa chega tamén ás colonias americanas, sobre todo entre o grupo crioulo. Ante os sucesos de Francia as monarquías europeas síntense ameazadas e saen en defensa dos dereitos reais dos monarcas atacando aos revolucionarios máis non os derrotaron.

En España, no 1792, Manuel Godoy é nomeado Secretario de Estado. Protexido da Raíña Mª Luisa, tivo unha fulgurante carreira. 1793, execución do rei francés, España entra na guerra contra os revolucionarios. Falta de preparación e derrotas fan que Godoy firme a paz no 1795 (Paz de Basilea) conseguindo o titulo de Príncipe da Paz. Desde este momento España intentará pactar con Francia contra o seu enimigo común Gran Bretaña, 1796 Tratado de S. Ildefonso.

 A fin do reformismo. O reformismo español foi progresivamente arrinconado polas accións de Estado. Os gobernos de Carlos IV apoiaron aquelas inciativas que se adecuaron aos seus intereses e anularon aquelas que supoñían un perigo ou unha crítica. Os ilustrados reformistas contaron co seu favor ou o seu rexeitamento segundo as circunstancias ou as propostas.

Destacados reformistas sufriron momentos de apoio oficial e tamén de persecución, Cabarrús, Jovellanos, Malaspina. Caso Jovellanos: co seu informe sobre a lei agraria, defendía una serie de cambios radicais na estrutura da propiedade e supuñan un ataque aos intereses da Igrexa e a nobreza. Foi condenado pola Inquisición a desterro e prisión en Mallorca.

Doc. 11. A necesidade de transformar a propiedade. Debe cesar a facultade de vincular (…), de maneira que todos os cidadáns poidan dispor de todos os seus bens en vida e morte(…). O mal que causaron os morgados é tan grande que no bastará evitar o seu progreso, se non se trata de aplicarlle outros remedios. O máis notable , se non o maior de todos os danos, é o que senten as mesmas familias para quen foi instituído. Nada é máis repugnante que ver sen establecemento nen carreira, e condenados á pobreza, ao celibato e á ociosidade, os individuos das familias nobres cuns primoxénitos que gozan pingües morgados(…) Sería pois máis xusto (…) conceder facultades para vender fincas vinculadas. É verdade que por este medio se extenuarán algúns morgados e se acabarán outros; pero oxalá que así sexa! Tan perniciosos son ao Estado os morgados inmensos (…) como os moi curtos (…). Dígnese pois V.A. de derogar dun golpe as bárbaras leis que condenan a perpetua esterilidade tantas terras comunais (…); as que estancando a propiedade privada nas eternas mans de poucos corpos e familias poderosas, encarecen a propiedade libre e os seus produtos (…); as que obran o mesmo efecto encadeando a libre contratación dos froitos e as que, agravándoos directamente no seu consumo, reúnen todos os graos de funesta influencia. Gaspar Melchor de JOVELLANOS. Informe sobre lei agraria. 1795 [castelán]

Os gobernos de Godoy aplicaron reformas para incrementar os ingresos da Coroa, necesitada de cartos polos gastos da guerra: aumentáronse os impostos, obrigaron aos ricos a contribuir cun donativo forzoso…e levaron a cabo a primeira expropiación e venda de terras e mans mortas, Desamortización de Godoy, 1798. Afectou a terras de institucións benéficas da Igrexa sobre todo en Castela. Non alterou a composición social da propiedade nin beneficiou aos campesiños, pero sentou un precedente para outras desamortizacións.  Despotismo de Godoy e alianza con Napoléon. Godoy vai acumulando títulos e confianza real, casa coa prima do rei, Mª Teresa de Borbón e a partir de 1800 será o máximo responsable de toda a política da Coroa. Alter ego do rei esixe obediencia personal a todas as autoridades.

Add a comment

Related presentations

Related pages

A MONARQUÍA BORBÓNICA NO ANTIGO RÉXIME

A MONARQUÍA BORBÓNICA NO ANTIGO RÉXIME Selección documental a partir da realizada por Xosé Alfeirán, Ana Brea e Ana Romero ÍNDICE 1. Recoñecemento ...
Read more

04. Monarquía borbónica no antigo Réxime - Historia de ...

Sempre hai novas sobre a Guerra Civil ... Tamén Galicia en 3D. Tipos de monumentos megalíticos
Read more

08-A Monarquía Borbónica no Antigo Réxime

A Monarquía Borbónica no Antigo Réxime •O Antigo Réxime: trazos fundamentais:
Read more

A MONARQUÍA BORBÓNICA NO ANTIGO RÉXIME

Traballando en Historia e Xeografía – IES Monte das Moas. Publicado o 15 Xuño, 2014 por anaromeromasia. A MONARQUÍA BORBÓNICA NO ANTIGO RÉXIME
Read more

4.1 A acción política dos Borbóns - Historia de España (2º ...

Monarquía borbónica no antigo Réxime. 4.1 A acción política dos Borbóns. 05. Guerra e revolución. 5.1 A política do derradeiro borbón:Carlos IV.
Read more

MI LENGUA VIPERINA: A crise do Antigo Réxime

A CRISE DO ANTIGO RÉXIME E O ... Foi desterrado e a monarquía borbónica voltou ... No século XIX xorde unha forma de pensamento político ...
Read more

Material complementario | cliomoas

a monarquÍa borbÓnica no antigo rÉxime ...
Read more