advertisement

A Astronomia Dende Outro Punto De Vista

45 %
55 %
advertisement
Information about A Astronomia Dende Outro Punto De Vista
Education

Published on February 10, 2009

Author: Agremon

Source: slideshare.net

Description

Introducción á relación entre astronomía e sociedade.
advertisement

Cursiño de Astronomía 1. O ceo, dende outro punto de vista Antonio Gregorio Montes

Un pouco de historia: No principio, era a nada. No principio, creou Deus os ceos e a Terra. Iso nos dí o libro do Xénese (Antigo Testamento). Pero, ¿Hai máis parecido que entre ceo e nada?

Todas as culturas miraron o ceo, ó comezo con incomprensión, para logo ir comprendéndoo pouco a pouco. Antes, os mitos cubriron o vacío de coñecemento: case tódolos 'deuses' habitan no ceo. O 'noso' Deus tamén o imaxinamos no ceo. O ceo representa un espacio inalcanzable e ideal. As nosas crenzas relixiosas están relacionadas con ese ideal.

Tamén, a noite da medo, non se ve. Hai que imaxinar “en vacío”. ... ¡Vaia reforzo para os mitos!

Somos polvo de estrelas. A nosa materia provén de estrelas xa mortas de xeracións anteriores, pó que se foi condensando para formar a Terra, e de aí, nós. ¿Lembras o do “polvo eres e en polvo haste converter”?

O Xénese dinos que, despois dos ceos e a Terra, Deus creou a luz. E iso é o que fan as estrelas, convertir a materia anterior a elas en luz. Iso levan facendo xa miles de millóns de anos e seguirán a facer moitos máis.

Os antigos concentraron os seus medos e ilusións personalizándoos en mitos. Así, nun xeito de personalización, agruparon as estrelas para construír imaxes que lles eran recoñecibles como esceas de mitos, dándolles nomes como Orión, o xigante que se enfrentou ó touro (Tauro), acompañado cos dous cans, o maior (Canis Maior) e o menor (Canis Minor). Aí a orixe das constelacións, agrupacións de estrelas que hoxe seguen a conservar o seu valor xeográfico no ceo. Os nomes das mesmas estrelas teñen moito que ver con eses mitos, como por exemplo, Betelgeuse, en Orión, chámase así por ser considerada o ombreiro do xigante.

 

As constelacións máis vellas nomeadas receben nomes asociados coa vida e crenzas naquel tempo e na cultura que as nomeou: Ursa – Osa Tauro – Toro Orión – Xigante mitolóxico Canis – Can Ofiucio – Domador de serpes As máis nomeadas máis de novo, tamén: as constelacións austrais foron nomeadas por mariños... Puppis – Popa (de barco) Sextans – Sextante ..... Cada época foi referíndose ó seu entorno para buscar semellanzas, como cando miramos a forma das nubes e lles asignamos o nome dunha figura recoñecible no noso entorno.

O oscurantismo asociado ó ceo comezou a minguar pouco a pouco, cando se observaron regularidades. Primeiro, da Lúa nas súas posicións e formas. E logo das estacións e as estrelas que as acompañaban, aplicándose para saber cando eran épocas adecuadas para a plantación ou recolleita. Máis tarde aínda, inspirando medidas cada vez máis minuciosas do tempo, centrándose en unidades como meses e horas. Así o tempo diario foi medido pola altura do sol no ceo. A orixe da división en múltiplos de 6, 10 e 12 e non só de 10 ven da mistura entre os antigos sistemas de cómputo.

Así como a posición do Sol no ceo marca as horas, a das estrelas fan o mesmo. Así como o Sol no ceo varía de altura coas estacións, as estrelas varían a súa posición dunha noite a outra. ... e a marca das estacións dinos cando vai vir máis frío ou máis calor, máis choiva ou menos, ...

O tempo diario foi medido pola altura do sol no ceo... A orixe da división en múltiplos de 6 e 12 e non só de 10 ven dos antigos sistemas de cómputo.

Máis adiante veu a demostración da Terra como corpo redondo. ¿Como? Comprobando a sombra mínima dun pao vertical en dúas cidades diferentes de Exipto, o mesmo día, e vendo que era diferente. Na imaxe podemos poñer como proporcionais o pao e lonxitude da sombra co radio da Terra e a distancia entre pao e pozo: R= h*d/L onde R=radio Terra, h=altura pao, d=distancia entre as cidades, L=lonxitude sombra.

Pero os mitos seguiron a ter vigor. - Os días da semana toman nomes de deuses / astros: Luns, da Lúa. Martes, de Marte. Mércores, de Mercurio. Xoves, de Xúpiter (Iupiter - Iovis en latín). Venres, de Venus. Sábado, de Saturno. O Domingo (Dominicus) pasou o seu actual nome de día do Señor a partir do seu primitivo de día do Sol (en inglés, aínda se chama así, 'Sunday'). - Seguía habendo un calendario luar, cecais por eso de que a Lúa impoñía máis medo ou chamaba máis á atención ó verse máis achegada e grande. O calendario solar tardou en impoñerse, e aínda hoxe o calendario relixioso é luar.

Lúa - cambio + visible -} 1ª influencia Sol – maior influencia -} influencia posterior, historia

O noso eu, o ego humano, seguía tendo moito peso, por outra banda. Apoiados ás veces na relixión, e na psicoloxía de vérmonos a nós como centro do noso mundo, mantívose que a Terra era o centro de Universo ate fai uns 500 anos.

Concebíase a Terra como centro, co resto de corpos celestes ó noso arredor. Estarían por exemplo, dispostos en esferas transparentes, máis quedas e inmutables a medida que nos alonxaramos da Terra. ... máis 'ceo' canto mías lonxe, recollendo as ilusións de felicidade, de eternidade...

Logo, pasou a considerarse o centro o Sol, ... e logo, o Universo quedou sen centro: todos os lugares do Universo son centros, depende só de como se mire, da perspectiva... e xa non somos o embigo do mundo.

A época na que isto sucedía as ideas comezaron a cambiar cunha certa rapidez, e a humanidade descubría ó tempo novas terras e novas miras no seu pensamento: ... era a época dos descubrimentos, non só no plano científico. Primeira volta ó mundo: Magallanes-Elcano Descubrimento dun novo “mundo”: Colón

Agora estamos noutra época de descubrimentos: os descubrimentos fora do noso pequeno planeta, enviando naves máis aló, mesmo lonxe del. ¿Que cambios de pensamento poderán ocurrir en consecuencia dos novos descubrimentos? Imaxinemos todo o que traixo a electrónica...

De calquera xeito, agora xa somos máis prácticos (iso pensamos), e por iso empregamos os nosos coñecementos e os nosos ceos de forma distinta. Hoxe dan cabida a multitude de satélites artificiais, encargados das transmisións a nivel mundial, ou sinxelamente de investigación do tempo ou espionaxe. ¿Non empezou a cambiar xa a nosa mentalidade ca era espacial? En particular, a mentalidade respecto do ceo.

Os ceos tiveron xa un papel grande noutros sucesos, científicos ou non, de diversas épocas: Os movementos da Lúa estáronse para a predicción das mareas, hoxe xa unha case reliquia científica.

O temor a un comenta propiciou a invasión de Inglaterra polos normandos: Considerouse como un mal augurio, os defensores loitaron ca certeza de que iban perder... e perderon.

Unha eclipse foi tamén a razón da toma de cidades, como parece ser o caso de Gabaón, referido no Antigo Testamento. Parece ser que os xudeus sabían que iba a suceder un eclipse cando a estaban cercando (os exipcios, de onde viñan, xa sabían bastante astronomía), co que fixeron parecer que controlaban o día: organizaron un desfile e, tras querer comezar a irse o Sol, voltou e non se acabou de poñer ate abondo tempo despois.

Os nosos ancestros, mesmo a comezos do século XX, non estaban informados dunha eclipse, o que deu lugar a algún descontrol...

Unha batalla deuse entre Astronomía e astroloxía. Empezaron sendo unha, pero acabaron loitando a morte. A astroloxía, predicción do futuro por interpretación dos astros, sucumbeu ante a científica astronomía, de prediccións moito máis sinxelas. Pero aínda hoxe, por cada palabra dedicada nos periódicos a sucesos astronómicos, tódolos días son publicados numerosos e acientíficos horóscopos. Semana x-y-z: Aries: Amor... diñeiro... viaxes... saúde...

No renacemento usouse con profusión un bó invento. A orientación no mar pola referencia das estrelas.

... E así, pódese ver hoxe en día a perspectiva da astronomía como xeografía ou medición do ceo ('astro' 'nomos'), ou na ladeira de investigación teórica, por non falar do campo de proba e uso de novas tecnoloxías. E, mirando cara atrás, as construccións astronómicas en honra de deuses e mortos, zigurats en Mesopotamia e pirámides en Exipto, os primeiros observatorios na India ou a referencia china ó cometa Halley, o impacto dun meteorito na Lúa, referido por un monxe na idade media, ...

E moitos outros datos, e datos,... co cambio das teorías sobre o ceo a mans de Copérnico, Galileo e Kepler, con duros enfrentamentos, por exemplo, ca Igrexa, como tivo Galileo. Polo estudo do ceo, Newton descubriu a lei da atracción universal e complicou a vida dos estudiantes de medias, Einstein puido comprobar a relatividade, ... e nós estamos reunidos arredor deste tema hoxe.

Como despedida, vaia unha boa entre astrónomos e aficionados: Que teñades ceos craros e boa visión.

...chegou o fin.

Add a comment

Related presentations

Related pages

A Astronomia Dende Outro Punto De Vista - Education

Introducción á relación entre astronomía e sociedade. ... 1. Cursiño de Astronomía 1. O ceo, dende outro punto de vista Antonio Gregorio Montes
Read more

Arbitraxe en Ourense | O fútbol dende outro punto de vista.

O fútbol dende outro punto de vista. Martes, 22 Decembro 2009. Calendario e grupos do torneo de Lugo Posted by arbitraxeourense under Sen categoría [6] ...
Read more

Search "Zambo Dende 5" (45661 documents found) - DOCUMENTS ...

A Astronomia Dende Outro Punto De Vista Introducción á relación entre astronomía e sociedade. Desfile De GolfiñOs Dende O Nauja Desfile ...
Read more

Astronomía - Wikipedia, a enciclopedia libre

Sendo a elección do punto de división o ... Ano Internacional da Astronomia ... pódense facer observacións só dende globos ...
Read more

Cielulosas, (Comeo Ti) on Vimeo - Vimeo: Watch, upload and ...

A fabrica de celulosas dende outro punto de vista, non queremos agardar o 2018, peche onte!!!!! Join ; Log in ; Create . Membership ... Cielulosas, (Comeo Ti)
Read more

Dende Outro Punto de Vista - O Solpor en Cambados ...

Dende Outro Punto de Vista. Skip to content. O Solpor en Cambados Dende Outro Punto de Vista. Men ...
Read more

O Solpor en Cambados – Dende Outro Punto de Vista

Dende Outro Punto de Vista. Skip to content. O Solpor en Cambados Dende Outro Punto de Vista. Men ...
Read more

assircopatas | sirco de rúa e pola rúa

Un xeito de ver as cousas dende outro punto de vista, unha visión de como adaptarse para seguir sobrevivindo.
Read more

dunas de corrubedo by pablo lagares - issuu

dunas de corrubedo | Issuu is a digital publishing platform that makes it simple to publish magazines, catalogs, newspapers, books, and more online. Easily ...
Read more