23º domingo toc 2016 bene pagola

58 %
42 %
Information about 23º domingo toc 2016 bene pagola

Published on September 10, 2016

Author: NuriaMNezElissetche

Source: slideshare.net

1. 4 de setembro de 2016 23º Tempo ordinario – C (Lucas 14, 25-33) José Antonio Pagola Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música:Murmullos de esperanza

2. Os exemplos que emprega Xesús son moi diferentes, pero a súa ensinanza é a mesma: o que emprende un proxecto importante de maneira temeraria, sen examinar antes se ten medios e forzas para lograr o que pretende, corre o risco de terminar fracasando.

3. Ningún labrador se pon a construír unha torre para protexer as súas viñas, sen tomar antes un tempo para calcular se poderá concluíla con éxito, non sexa que a obra quede inacabada, provocando as burlas dos veciños.

4. Ningún rei decide entrar en combate cun adversario poderoso, sen antes analizar se aquela batalla pode terminar en vitoria ou será un suicidio.

5. Á primeira vista, pode parecer que Xesús está invitando a un comportamento prudente e precavido, moi afastado da audacia con que fala de ordinario aos seus. Nada máis lonxe da realidade.

6. A misión que quere encomendar aos seus é tan importante que ninguén ten que comprometerse nela de forma inconsciente, temeraria ou presuntuosa.

7. A súa advertenciaA súa advertencia cobra gran actualidade nestescobra gran actualidade nestes momentos críticos e decisivos para o futuromomentos críticos e decisivos para o futuro da nosa fe. Xesús chama, antes que nada, áda nosa fe. Xesús chama, antes que nada, á reflexión madura: os dous protagonistas dasreflexión madura: os dous protagonistas das parábolasparábolas «sentan»«sentan» aa reflexionar.reflexionar.

8. Sería unha grave irresponsabilidade vivir hoxe como discípulos de Xesús, que non saben o que queren, nin a onde pretenden chegar, nin con que medios teñen que traballar.

9. Cando nos imos sentar para unir forzas,Cando nos imos sentar para unir forzas, reflexionar xuntos e buscar entre todos o camiñoreflexionar xuntos e buscar entre todos o camiño que temos que seguir?que temos que seguir? Non necesitamos dedicar máis tempo, máisNon necesitamos dedicar máis tempo, máis escoita do evanxeo e máis meditación paraescoita do evanxeo e máis meditación para descubrir chamadas, espertar carismas edescubrir chamadas, espertar carismas e cultivar un estilo renovado decultivar un estilo renovado de seguimento a Xesús?seguimento a Xesús?

10. Xesús chamaXesús chama tamén aotamén ao realismo.realismo. EstamosEstamos vivindo unvivindo un cambiocambio socioculturalsociocultural sensen precedentes.precedentes. É posibleÉ posible contaxiar a fecontaxiar a fe neste mundoneste mundo novo que estánovo que está nacendo, sennacendo, sen coñecelo ben ecoñecelo ben e sensen comprenderlocomprenderlo desde dentro?desde dentro?

11. ÉÉ posible facilitar o accesoposible facilitar o acceso ao Evanxeo ignorando oao Evanxeo ignorando o pensamento, os sentimentospensamento, os sentimentos e a linguaxe dos homes ee a linguaxe dos homes e mulleres do noso tempo?mulleres do noso tempo? Non é un erro responder aosNon é un erro responder aos retos de hoxe con estratexiasretos de hoxe con estratexias de onte?de onte?

12. Sería unha temeridade nestes momentos actuar de maneira inconsciente e cega. Expoñeriámonos ao fracaso, á frustración e ata ao ridículo. Segundo a parábola, a «torre inacabada» non fai senón provocar as burlas da xente cara ao seu construtor.

13. Non temos que esquecer a linguaxe realista e humildelinguaxe realista e humilde de Xesús que invita os seusde Xesús que invita os seus discípulos a serdiscípulos a ser «fermento»«fermento» no medio do pobo ouno medio do pobo ou puñado depuñado de «sal»«sal» que ponque pon sabor novo á vida dassabor novo á vida das xentes.xentes.

14.   REALISMO RESPONSABLE   Os exemplos que emprega Xesús son moi diferentes, pero a súa ensinanza é a mesma: o que emprende un proxecto importante de maneira temeraria, sen examinar antes se ten medios e forzas para lograr o que pretende, corre o risco de terminar fracasando. Ningún labrador se pon a construír unha torre para protexer as súas viñas, sen tomar antes un tempo para calcular se poderá concluíla con éxito, non sexa que a obra quede inacabada, provocando as burlas dos veciños. Ningún rei decide entrar en combate cun adversario poderoso, sen antes analizar se aquela batalla pode terminar en vitoria ou será un suicidio. Á primeira vista, pode parecer que Xesús está invitando a un comportamento prudente e precavido, moi afastado da audacia con que fala de ordinario aos seus. Nada máis lonxe da realidade. A misión que quere encomendar aos seus é tan importante que ninguén ten que comprometerse nela de forma inconsciente, temeraria ou presuntuosa. A súa advertencia cobra gran actualidade nestes momentos críticos e decisivos para o futuro da nosa fe. Xesús chama, antes que nada, á reflexión madura: os dous protagonistas das parábolas «sentan» a reflexionar. Sería unha grave irresponsabilidade vivir hoxe como discípulos de Xesús, que non saben o que queren, nin a onde pretenden chegar, nin con que medios teñen que traballar Cando nos imos sentar para unir forzas, reflexionar xuntos e buscar entre todos o camiño que temos que seguir? Non necesitamos dedicar máis tempo, máis escoita do evanxeo e máis meditación para descubrir chamadas, espertar carismas e cultivar un estilo renovado de seguimento a Xesús? Xesús chama tamén ao realismo. Estamos vivendo un cambio sociocultural sen precedentes. É posible contaxiar a fe neste mundo novo que está nacendo, sen coñecelo ben e sen comprendelo desde dentro? É posible facilitar o acceso ao Evanxeo ignorando o pensamento, os sentimentos e a linguaxe dos homes e mulleres do noso tempo? Non é un erro responder aos retos de hoxe con estratexias de onte? Sería unha temeridade nestes momentos actuar de maneira inconsciente e cega. Expoñeriámonos ao fracaso, á frustración e ata ao ridículo. Segundo a parábola, a «torre inacabada» non fai senón provocar as burlas da xente cara ao seu construtor. Non temos que esquecer a linguaxe realista e humilde de Xesús que invita os seus discípulos a ser «fermento» no medio do pobo ou puñado de «sal» que pon sabor novo á vida das xentes.   José Antonio Pagola

Add a comment