22º domingo toc 2016 bene pagola

67 %
33 %
Information about 22º domingo toc 2016 bene pagola

Published on August 28, 2016

Author: NuriaMNezElissetche

Source: slideshare.net

1. 28 de agosto de 2016 22º Tempo ordinario – C (Lucas 14, 1.7-14) José Antonio Pagola Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música: Haendel Adagio Sen esperar nada a cambio

2. Xesús está comendo invitado por un dos principais fariseos da rexión. Lucas indícanos que os fariseos non deixan de espialo.

3. Xesús, con todo, séntese libreXesús, con todo, séntese libre para criticar os invitados quepara criticar os invitados que buscan os primeiros postos e,buscan os primeiros postos e, incluso, para suxerir ao que oincluso, para suxerir ao que o convidou a quen ten queconvidou a quen ten que invitar en adiante.invitar en adiante.

4. É esta interpelación ao anfitrión a que nos deixa desconcertados. Con palabras claras e sinxelas, Xesús indícalle como ten que actuar: «Non«Non invites os teus amigos nin os teus irmánsinvites os teus amigos nin os teus irmáns nin os teus parentes nin os veciños ricosnin os teus parentes nin os veciños ricos».».

5. Pero, hai algo máis lexítimo e natural que estreitar lazos coas persoas que nos queren ben? Non fixo Xesús o mesmo con Lázaro, Marta e María, os seus amigos de Betania?

6. Dos eivados, coxos e cegos, nada se pode esperar. Por iso, non os invita ninguén. Non é isto algo normal e inevitable? Ao mesmo tempo, Xesús sinálalle enAo mesmo tempo, Xesús sinálalle en quen ha de pensar:quen ha de pensar: ««Invita os pobres, eivados, coxos e cegosInvita os pobres, eivados, coxos e cegos».». Os pobres non teñen medios para corresponderOs pobres non teñen medios para corresponder á invitación.á invitación.

7. Xesús non rexeita o amor familiar nin as relacións amigables. O que non acepta é que elas sexan sempre as relacións prioritarias, privilexiadas e exclusivas.

8. Aos que entran na dinámica do reino de Deus buscando un mundo máis humano e fraterno, Xesús lémbralles que a acollida aos pobres e desamparados ten que ser anterior ás relacións interesadas e aos convencionalismos sociais.

9. É posible vivir de maneira desinteresada?É posible vivir de maneira desinteresada? Pódese amar sen esperar nada a cambio?Pódese amar sen esperar nada a cambio? Estamos tan lonxe do Espírito de Xesús que,Estamos tan lonxe do Espírito de Xesús que, ás veces, ata a amizade e o amor familiarás veces, ata a amizade e o amor familiar están mediatizados polo interese.están mediatizados polo interese. Non temos que enganarnos.Non temos que enganarnos.

10. O camiño da gratuidade é case sempre duro e difícil. É necesario aprender cousas como estas: dar sen esperar moito, perdoar sen apenas esixir, ser máis pacientes coas persoas pouco agradables, axudar pensando só no ben do outro.

11. Sempre é posible recortar un pouco osSempre é posible recortar un pouco os nosos intereses, renunciar de vez en candonosos intereses, renunciar de vez en cando a pequenas vantaxes, poñer alegría na vidaa pequenas vantaxes, poñer alegría na vida do que vive necesitado, regalar algo dodo que vive necesitado, regalar algo do noso tempo sen reservalo sempre paranoso tempo sen reservalo sempre para nós, colaborar en pequenos servizosnós, colaborar en pequenos servizos gratuítos.gratuítos.

12. Xesús atrévese a dicir ao fariseofariseo que o invitou: «Ditoso ti se non poden pagarche». Esta benaventuranza quedou tan esquecida que moitos cristiáns non oíron falar nunca dela.

13. Non obstante, contén unha mensaxe moi querida para Xesús: «Ditosos os que viven para os demais sen recibir recompensa. O Pai do ceo ha recompensalos».

14. SEN ESPERAR NADA A CAMBIO   Xesús está comendo invitado por un dos principais fariseos da rexión. Lucas indícanos que os fariseos non deixan de espialo. Xesús, con todo, séntese libre para criticar os invitados que buscan os primeiros postos e, incluso, para suxerir oa que o convidou a quen ten que invitar en adiante. É esta interpelación ao anfitrión a que nos deixa desconcertados. Con palabras claras e sinxelas, Xesús indícalle como ten que actuar: «Non invites os tus amigos nin os teus irmáns nin os teus parentes nin os veciños ricos». Pero, hai algo máis lexítimo e natural que estreitar lazos coas persoas que nos queren ben? Non fixo Xesús o mesmo con Lázaro, Marta e María, os seus amigos de Betania? Ao mesmo tempo, Xesús sinálalle en quen ten que pensar: «Invita os pobres, eivados, coxos e cegos». Os pobres non teñen medios para corresponder á invitación. Dos eivados, coxos e cegos, nada se pode esperar. Por iso, non os invita ninguén. Non é isto algo normal e inevitable? Xesús non rexeita o amor familiar nin as relacións amigables. O que non acepta é que elas sexan sempre as relacións prioritarias, privilexiadas e exclusivas. Aos que entran na dinámica do reino de Deus buscando un mundo máis humano e fraterno, Xesús lémbralles que a acollida aos pobres e desamparados ten que ser anterior ás relacións interesadas e aos convencionalismos sociais. É posible vivir de maneira desinteresada? Pódese amar sen esperar nada a cambio? Estamos tan lonxe do Espírito de Xesús que, ás veces, ata a amizade e o amor familiar están mediatizados polo interese. Non temos que enganarnos. O camiño da gratuidade é case sempre duro e difícil. É necesario aprender cousas como estas: dar sen esperar moito, perdoar sen apenas esixir, ser máis pacientes coas persoas pouco agradables, axudar pensando só no ben do outro. Sempre é posible recortar un pouco os nosos intereses, renunciar de vez en cando a pequenas vantaxes, poñer alegría na vida do que vive necesitado, regalar algo do noso tempo sen reservalo sempre para nós, colaborar en pequenos servizos gratuítos. Xesús atrévese a dicir ao fariseo que o invitou: «Ditoso ti se non poden pagarche». Esta benaventuranza quedou tan esquecida que moitos cristiáns non oíron falar nunca dela. Non obstante, contén unha mensaxe moi querida para Xesús: «Ditosos os que viven para os demais sen recibir recompensa. O Pai do ceo ha recompensalos».   José Antonio Pagola

Add a comment