10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS

50 %
50 %
Information about 10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS
Education

Published on March 14, 2014

Author: angelciencia

Source: slideshare.net

Description

ALGUNHAS CURIOSIDADES SOBRE A AUGA.

10 curiosidades da auga que nunca imaxinarías! Raúl López Carballeira. Yolanda Losada Álvarez. IES ÁNXEL FOLE. 1º BAC. FORUM INTERNACIONAL DE INNOVACIÓN SOBRE A AUGA CAMPUS DE OURENSE (17-22 DE MARZO DE 2014)

1. Por que é tan especial a auga? Sabías ca auga é a única substancia que podemos atopar na Natureza nos seus tres estados, tanto líquido, como sólido e gasoso? Isto débese á distancia entre as súas moléculas. Cando están unhas preto doutras, unidas por enlaces por pontes de hidróxeno, a auga atópase en estado sólido ou líquido. Cando as moléculas están espalladas, a auga atópase en estado gasoso.

2. Por qué os icebergs flotan sobre a auga?  Isto débese a que a densidade da auga en estado sólido é 9% menos ca da líquida.

3. A auga sempre está nos ríos? Durante un periodo de 100 anos unha molécula de auga pasa:  98 anos no océano 20 meses en forma de xeo 2 semanas en lagos e ríos E menos dunha semana na atmosfera.

4. Canta auga temos no corpo? De media, cada ser humano adulto ten un 66% de auga no seu corpo, é dicir, unha media de 37 l.

5. Por que os zapateiros poden “camiñar” sobre a auga?  Esta cuestión tan asombrosa, débese á forza da tensión superficial da auga que fai que se comporte como unha delgada película elástica. Isto permite a insectos como o zapateiro “camiñar” sobre a auga.

6. Que tipo de animais está desaparecendo a ritmo alarmante sen que nos decatemos? Todos podemos pensar nos animais terrestres e na súa clara extinción, pero os animais de auga doce estanse a extinguir moito máis rápido.

7. Cal é o país do mundo que máis auga está a consumir? O enorme país de Estados Unidos é o maior consumidor de auga do mundo, consumindo por habitante unha media de 190L ó día. Pola outra banda están moitos dos países do continente africano cunha media de 10L de auga por persoa ó día. En Europa consumimos unha media de 90L ao día.

8. Sabemos o desperdicio que produce unha billa de auga pingando? Calcúlase que máis de 75L por día!

9. Canta auga contaminada hai na terra? As reservas de agua subterráneas abastecen ao 80% da poboación mundial. Calcúlase que o 4% desas reservas xa están contaminadas.

Cantos litros de auga desperdiciamos por culpa dos coches?  Calcúlase que se precisan ata 7.000 L de auga para refinar un barril de petróleo cru e ata 148 para construír un automóbil.

Se queredes saber máis curiosidades da auga….  Podedes visitar esta páxina: http://blog.nuestroclima.com/?p=16 55) ou investigar pola vosa conta para axudar ó medio ambiente e o mantemento da auga. Todos xuntos podemos aportar o noso gran de area para vivir nun planeta máis feliz e mellor!

Add a comment

Related presentations

Related pages

10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS - Education

ALGUNHAS CURIOSIDADES SOBRE A AUGA. ... 1. 10 curiosidades da auga que nunca imaxinarías! Raúl López Carballeira.
Read more

Nunca Seremos.... - Documents

... era alto y corpulento 10. ... 10 curiosidades sobre a auga que nunca imaxinarÍas algunhas curiosidades sobre a auga.
Read more